Amosando publicacións coa etiqueta Autodeterminación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autodeterminación. Amosar todas as publicacións

mércores, decembro 01, 2021

Artigos de André Abeledo - Pódese ser comunista nun Estado plurinacional - HE-Bildu non é ETA, a dereita sabeo


Pódese ser comunista nun Estado plurinacional

Pódese ser independentista e comunista, o que non se pode é ser comunista e estar contra o dereito de autodeterminación dos pobos.

Outra cousa é antepoñer o feito nacional por enriba da loita de clases ou entender que a loita pola liberación nacional está ao marxe da loita de clases, neste caso existe unha contradición. Pero o feito de sentirse parte dun pobo, dunha nación, e de defender o dereito a decidir non é incompatible coa militancia comunista consecuente.

É verdade que existen contextos en que o feito nacional pode ser usado pola burguesía para dividir a clase obreira. Pero é un erro formular a incompatibilidade de independentismo e comunismo, sobre todo cando o Goberno da metrópole é totalitario. Parece que non é sinxelo para unha parte da esquerda nacional entender a realidade plurinacional do Estado español. Nesa incomprensión comeza un grave problema de convivencia dentro do Estado.

É un erro formular a incompatibilidade de independentismo e comunismo, sobre todo cando o Goberno da metrópole é totalitario

O Estado español non é unha nación de nacións, nin é unha nación. O Estado español é en todo caso unha unión de nacións. Pero para que exista unidade e coexistencia, ten que existir respecto e comprensión. A unidade ten que ser entre iguais. Non poden existir nacións de primeira e de segunda categoría. Esta unidade ten que ser voluntaria, debe ser unha unión de nacións libres que deciden camiñar xuntas.

De non ser así o Estado español será sempre máis unha prisión de pobos que a casa de todos, será un Estado errado. É preciso abrir un debate necesario sobre o modelo de Estado, República e monarquía e o dereito de autodeterminación dos pobos dentro do Estado español.



HE Bildu non é ETA, a dereita sabeo

HE-Bildu non é ETA, a dereita sabeo, é consciente de que minte, do mesmo xeito que minte cando tenta prostituír a historia cando falamos do golpe de Estado, do xenocidio ideolóxico e a ditadura franquista.

A mentira está no ADN da dereita, pero no Estado español Goebbels, o ministro de propaganda da Alemaña NAZI, parece que mantén vixente o seu mantra de que unha mentira repetida mil veces pode ser convertida nunha "verdade".

Euskal Herria Bildu é unha coalición política de esquerdas creada no 2012.

A esquerda abertzale loxicamente ten aspiracións soberanistas e independentistas, e loita polo seu dereito a autodeterminación dun xeito pacifico.

A plataforma está constituída por Eusko Alkartasuna, Aralar, Sortu e Alternatiba, e non ten nada que ver con ETA, entre outras cousas porque por moito que lle pese a ultradereita, ETA xa non existe.

ETA xa non existe, fai 10 años que ETA decidiu deixar las armas, pero a dereita parece non poder vivir sin o seu recordo, precisa mantela viva para poder seguir incendiando a convivencia cos discursos de odio.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
1 de dezembro de 2021 00:20
1 de dezembro de 2021 00:43

_______

xoves, abril 08, 2021

- A Plataforma Vía Galega, que integra máis de 65 asociacións culturais e sociais, convoca unha manifestación nacional para o domingo 18 de abril en Santiago de Compostela co lema: 'Galiza nación, un pobo con dereitos' - Persoas referentes da sociedade galega como Manolo Rivas, Isabel Risco, Suso de Toro, Olaia Maneiro, Xurxo Souto, Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Neves Rodríguez, Antón Ruanova e Pilar Pallarés, que explicaron a súa percepción da condición nacional de Galiza - Vídeo


Vía Galega chama a participar na manifestación do 18 de abril en Compostela co lema: "Galiza nación, un pobo con dereitos"

Esta plataforma agrupa 65 asociacións culturais e sociais que defenden esixir o dereito á autodeterminación para construír unha sociedade galega con plena democracia, liberdade e igualdade


A Plataforma Vía Galega, que integra máis de 65 asociacións culturais e sociais, convoca unha manifestación nacional para o domingo 18 de abril en Santiago de Compostela co lema  “Galiza nación, un pobo con dereitos”.

O portavoz desta plataforma, Anxo Louzao, realizou un chamamento a participar nesta manifestación “para esixir o dereito á autodeterminación, a exercer o dereito a decidir, para construír unha sociedade galega con plena democracia, liberdade e igualdade e  benestar social”. A mobilización partirá o domingo 18 de abril ás 11.30 da Alameda de Compostela e rematará na Praza da Quintana, cun acto final conducido pola actriz Isabel Risco, coa intervención de María Xosé Bravo, da portavocía de Vía Galega, e a lectura dun manifesto por parte do escritor Suso de Toro e da actriz Neves Rodríguez.

Anxo Louzao insistiu, en rolda de prensa, na necesidade de facer fronte “á cada vez maior centralización política, como se comprobou coas actuacións relacionadas coa pandemia, e a combater o neoliberalismo e a españolización galopante á que esta entregado o Goberno de Feixoo, procurando destruír a nosa identidade, lingua e cultura e anularnos como pobo”.

Malia as limitacións e inconvenientes derivadas da pandemia, Vía Galega organizou ao abeiro desta campaña coloquios en 25 vilas e cidades sobre a condición nacional de Galiza e os seus dereitos como pobo, ademais de editar e distribuír milleiros de folletos explicativos e de cartaces.

A campaña tamén contou coa elaboración dun vídeo que define as características que conforman a nación galega e que fai un percorrido histórico e reivindicativo. Neste punto, agradeceu e destacou a participación de persoas referentes da sociedade galega como Manolo Rivas, Isabel Risco, Suso de Toro, Olaia Maneiro, Xurxo Souto, Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Neves Rodríguez, Antón Ruanova e Pilar Pallarés, que explicaron a súa percepción da condición nacional de Galiza.

Esta manifestación é a culminación da campaña que durante os últimos meses desenvolveu Vía Galega por todo o país para divulgar as características que conforman a nación galega e os dereitos que lle asisten como tal. Outro dos obxectivos foi “procurar  que  sexa máis pobo o que asuma conscientemente a realidade obxectiva de que Galiza é unha nación, con vontade colectiva de existir”, xunto con “apuntalar e estender a conciencia nacional, desterrando a mentira e o engano de que Galiza é un pais subsidiado”.

Acrecentar a autoestima como pobo e mostrar a necesidade de termos soberanía política, poder político pleno,  para rematar coas agresión se inxustizas  que  sufrimos como país  e construírmos por nós mesmos unha Galiza libre e con futuro”, foron outros dos fins marcados nesta campaña que conclúe o 18 de abril con este acto.

Como é obvio, neste acto cumpriranse todas as medidas e normas de seguridade impostas como consecuencia da COVID-19, “de aí que solicitamos dos e das manifestantes que eviten portar faixas, aínda que poden levar bandeiras e cartaces individuais”, explicou Anxo Louzao.

Santiago de Compostela, a 7 de abril, de 2021


Canle de Vía Galega.

Fonte: Vía Galega.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com
8 de abril de 2021 10:45

_______

xoves, novembro 02, 2017

Democracia e Liberdade: En Ferrol como noutras cidades da Galiza, este venres 3 de novembro, concentración en solidariedade co Pobo Catalá, contra a vaga represiva, ás 8 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do edificio da Xunta - Vídeo: L'Estaca


En Ferrol como noutras cidades da Galiza, este venres 3 de novembro, concentración en solidariedade co Pobo Catalá, contra a vaga represiva, ás 8 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Pola Democracia e a Liberdade, contra o golpe de estado do 155 e polo dereito á Autodeterminación.

Plataforma Galiza con Catalunya
http://galizaconcatalunya.blogspot.com.es/

---
#MúsicasGalegasambCatalunya

Músicas Galegas Amb Catalunya, é um grupo de músicas e músicos galegas que se juntarom para mostrar seu o apoio e solidariedade com Catalunya em favor do direito a votar e a decidir como povo.


https://youtu.be/uapqHra0zls

LETRA DE L'ESTACA EN GALEGO
O avô Siset falava, umha manhã no portal
enquanto o sol aguardávamos, e os carros víamos passar.
Siset, ti nom vês a estaca onde estamos bem atados?
Se nom podemos ceivar-nos nunca poderemos caminhar!
Todas puxando, ela cairá e muito tempo nom há durar
seguro que tombar, tomba, tomba, bem carcomida há estar já.
Se puxo forte para aqui, ti puxas forte para lá,
seguro que tomba, tomba, tomba, e havemo-nos liberar.
Mas, Siset, há muito tempo já, que tenho as mãos esfoladas
e quando a força me falta, ela é mais larga e mais grande
Bem sei que a estaca está podre, mas, pesa tanto, Siset,
que às vezes fico sem força, di-me outra vez o cantar.
Todas puxando, ela cairá e muito tempo nom há durar
seguro que tombar, tomba, tomba, bem carcomida há estar já.
Se puxo forte para aqui, ti puxas forte para lá,
seguro que tomba, tomba, tomba, e havemo-nos liberar.
O avô Siset nom di nada, um vento mau o levou
só el sabe para onde, e eu embaixo do portal.
E enquanto os novos passam, ergo o pescoço a cantar
o derradeiro canto do Siset,o derradeiro que ensinou.
Si estirem tots, ella caurà i molt de temps no pot durar.
Segur que tomba, tomba, tomba, ben corcada deu ser ja.
Si jo l'estiro fort per aquí i tu l'estires fort per allà,
segur que tomba, tomba, tomba, i ens podrem alliberar.
#MúsicasGalegasambCatalunya

Canle de GZmúsica publicado o 29 de setembro de 2017
---
________

domingo, outubro 29, 2017

A partir de agora,... Por Josep-Lluís Carod-Rovira - Agora ven a parte mais difícil, porque somos tan só o inicio dun camiño que, o digo convencido, xa non ten regreso atrás posíbel


A partir de agora


"
Agora ven a parte mais difícil, porque somos tan só o inicio dun camiño que, o digo convencido, xa non ten regreso atrás posíbel".


Por Josep-Lluís Carod-Rovira [*]
29.10.2017


Xa estamos, completamente, nunha dimensión descoñecida. Unha dimensión na que ninguén pode prever, por certo, que vai pasar e que non, ao longo das próximas semanas e meses. Finalmente, despois de 26 días de incerteza, unha xestión polo menos intrigante de situación, e navegación con cambios de leme moi repentinos, en plena ruta, o Parlamento proclamou a independencia, xesto histórico que merece o noso recoñecemento sincero e alegre Debemos felicitalos, porque o presidente, os membros do goberno que estiveron ao seu lado ata o final e os membros da cámara catalá, fixeron isto posible. Cumpriron a palabra dada e unha maioría democrática e lexítima aprobou a creación da República Catalá. Foron valentes e decididos, sabendo ao que estaban expostos, e por iso merecen a nosa gratitude. Culminaron un proceso polo cal tantas persoas e tantas xeracións loitaron, ao longo da historia, aínda que moitos destes loitadores, anónimos ou non, sufriron por parte doutros compatriotas desprezo e burla polas súas posicións independentistas e quizais agora non o poden ver. Todo vai ben, e pode acabar ben.

Pero a declaración clara e inequívoca de independencia non nos fai independentes. Agora vén a parte máis difícil, porque estamos só no inicio dun camiño, e eu digo con certeza, non é posible volver atrás. Hai moitas preguntas a responder e situacións novas, ás que nunca nos tiñamos enfrontado antes e temos que atopar as formas máis intelixentes para ir esquivándoas. Non se trata só de dar corpo e solidez á nova República, de cara a dentro, senón tamén buscan as complicidades no exterior, nun termo razoable, para desembocar nos primeiros recoñecementos internacionais  que, en xeral, non chegan de inmediato. E menos aínda nunha situación como a actual, de cohabitación de dúas legalidades no mesmo territorio: a da República Catalana e a do Reino de España. Agora vemos como os partidos que posibilitan a continuación do réxime de transición, a Fronte Nacional (PP, PSOE, de C’s) priorizan a integridade territorial do Estado Español tal e como o coñecemos ata o venres, poñendo o concepto localista da unidade de España, como valor supremo, por riba da noción universal da democracia. E que, todos xuntos, están dispostos a facer calquera cousa para mantelo.

De feito, o máis antigo destes partidos, xa ten unha certa tradición de  colaboración golpista, desde a Ditadura de Primo de Rivera, pasando polo 1934 e a fuxida para o exilio de Indalecio Prieto, o mesmo que, durante o franquismo, asinando con Juan de Borbón un pacto para a restauración da monarquía, ata a nunca explicada implicación socialista na Tejerada do 23 de febreiro de 1981. Sen a implicación total e absoluta do PSOE, a actual ofensiva de España contra Cataluña e o desmantelamento das súas institucións, unha versión contemporánea do Decreto de Nova Planta, non sería posible. Pedro Sánchez, polo tanto, pasou polo arco triunfal a súplica sonora de Miquel Iceta ("Pedro líbranos do PP!"), para facer xusto o contrario: pasar a servir ás súas ordes e lexitimar a súa política represiva. A unidade de España pasou por riba da democracia e por riba de Cataluña. Os poucos ou moitos votantes cataláns que aínda lle poden quedar no PSC, xa saben, por tanto, que uso se fai dos seus votos.

Agora é demasiado cedo para prever que autoridade acabará facendo-se cargo, realmente,  da gobernanza cotiá en Catalunya e en que termos. E tamén cal será a actitude cara ás eleccións anunciadas do 21 de decembro: participarán as forzas partidarias da independencia? Con cantas listas electorais o farán? Que candidatos a presidente encabezarán as candidaturas? Haberá algún partido  ilegalizado pola Fronte Nacional? Como concorrer, gañar con claridade e así legalizar, diante do mundo, a proclamación adoptada o 27 de outubro? Ou ben como boicotearlles, desde a conciencia de que, en este caso, todo o Parlamento elixido será contrario á  independencia proclamada? Espero e desexo que os nosos dirixentes políticos teñan o acerto de adoptar a mellor das decisións, sabendo que, a partir de agora, os ritmos aceleran-se e as cousas cambian dun momento a outro, especialmente se a economía española e europea resenten-se e produce-se algún tipo de movemento internacional máis favorable para a Catalunya, aínda que non sexa, polo de agora, en forma de recoñecemento do novo estado.

Mentres tanto, de España non chega nada novo, senón o que sempre nos ten chegado ao longo da historia: violencia e arrogancia. Todos os actos de violencia que foron vistos en Cataluña nos últimos días, meses e anos, todos sen excepción, foron protagonizados polas forzas policiais españolas uniformadas, actuando contra unha poboación indefensa e pacífica de todas as idades, cunha brutalidade nunca vista, chea de odio étnico contra os cataláns; por policías españois de paisano, borrachos e ignorantes, incapaces de distinguir entre a lengua catalana e a italiana, pensando que son os amos deste país e que pode facer o que queiran, ou ben por civís con bandeiras españolas que tentan asaltar un medio de comunicación público como Catalunya Radio, destruíndo equipos de BTV ou entrando agresivamente no CIC Barcelona, centro de ensinanza que acollía naqueles momentos nenos e adolescentes , todos menores de idade, que fuxiron e aterrados, como os feridos agredidos no paseo de Gràcia. Déixemo-lo  claro: a violencia, en Catalunya, alza só unha bandeira, a española, e o fai en nome dun só país, España. Xunto ca violencia física, tamén, hai unha violencia institucional que agora están empezando a aplicar, cunha legalidade pensada non  para garantir a democracia, senón a unidade de España.

A violencia expresa a ausencia total de argumentos para convencer e, agora, leva por diante os argumentos dos outros. E, finalmente, a arrogancia, aquela fachenda característica da “fidalguía castelá” que hai séculos que non gaña ningunha guerra e que sempre chega tarde ás citas coa historia. Coa violencia e a arrogancia non se convence ningún pobo, non se atrae a unha nación, non se seduce a un país, para que abandone a idea de liberdade e queira continuar nun estado do que só recibe menosprezo, saqueo económico e paus. É por iso, precisamente, que imos gañar. Porque xa non os tememos e non lles recoñecemos ningunha autoridade moral, por máis que aínda controlan o poder militar, xudicial, administrativo e diplomático. Non sabemos cando será, pero a desconexión definitiva xa a estamos a palpar, se non erramos no camiño que temos que recorrer, un só camiño e non setenta, asumido por todos aqueles que desexan este país libre e soberano. ¡Benvida, pois, República Catalá!

Publicado en El Món | 28.10.2017.

[*] Josep-Lluís Carod-Rovira, nado en Cambrils, Tarragona, Catalunya, o 7 de xuño de 1952, é un político e filólogo catalán. Licenciado en filoloxía catalá, director da Cátedra UPF sobre Diversidade Social e da revista dixital divÈrsia. Ten moitos amigos e libros, dos cales escrebeu uma quincena. Presidiu ERC e o Òmnium do Tarragonès e foi Vice-presidente da Governación da Generalitat e da Universidade Catalá de Verán. Foi deputado ao Parlamento e deputado electo ao Congresso de deputados español. Artigos publicados en El Món. En Facebook eTwitter.

--
Enviado por:
Lupe Ces
-lupeces@gmail.com-
29 de outubro de 2017 17:42
@lupeces
http://lupeces.blogspot.com/
_______________

venres, outubro 27, 2017

Lágrimas de emoción no instante en que se proclamou a República Catalana: Constituímos a República catalá, como Estado independente e soberano, de dereito, democrático e social - Concentración, hoxe, en Ferrol, como noutras cidades da Galiza, contra a aplicación do 155

Lágrimas de emoción no instante en que se proclamou a República Catalana
Foto de Francesc Melcion

"Constituímos a República catalá, como Estado independente e soberano, de dereito, democrático e social". A revolución democrática catalá escrebe hoxe unha páxina para a historia. O Parlament aprobou a declaración de independencia de Catalunya. Nace esa República nun contexto enormemente adverso, cun Estado español disposto a utilizar toda a súa forza para aplicar o artigo 155. Que foi aprobado polo Senado, este mediodía, por 214 votos a favor e 47 en contra.

O Parlamento declara a República e inicia o processo constituinte. Junts pel Sí e a CUP defenden a lexitimidade da Declaración da Independencia, en aplicación do "mandato" do referendo do 1 de Outubro.

Máis info no xornal cartalán Ara e no xornal galego Sermos Galiza.


Concentración, hoxe, contra a aplicación do 155

Hoxe, venres 27 de outubro, en Ferrol como noutra cidades da Galiza e do resto do Estado, están convocadas mobilizacións contra a aplicación do artigo 155. Ás 8 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.


_____

xoves, setembro 21, 2017

Concentración de Ferrolterra en Solidariedade con Catalunya, polo dereito a decidir


Solidariedade con Catalunya, polo dereito a decidir

Como noutras cidades e vilas da Galiza, en Ferrol tivo lugar unha concentración urxente, diante da gravidade da situación e das detencións que se produciron na mañá de onte 20 de setembro de 2017, a Plataforma Galiza con Catalunya, convocou a mobilización. Sendo, onte ás oito e media da tarde, sobre unhas cincocentas persoas secundaron a convocatoria, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Polas liberdades democráticas e o dereito a decidir.


________________