Amosando publicacións coa etiqueta Catalunya. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Catalunya. Amosar todas as publicacións

domingo, maio 30, 2021

Sobre o posible indulto do 'proces' e o dereito de autodeterminación dos pobos, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
30.05.2021


Din que no Estado español calquera pode defender as ideas que quixer, incluso ser independentista, pero só pódese ser independentista de pensamento, porque cando os independentistas intentan poñer na práctica o seu proxecto, tratan de materializar as súas ideas, nese momento son delincuentes, son terroristas.

Por eso atopámonos con presos políticos aos que o Goberno español chama políticos presos. Os teñen presos na cadea, tentando combater as ideas coa forza e as protestas con represión.

O tribunal supremo funciona como unha ferramenta política ao servizo da ultradereita, en vez de interpretar a lei e funcionar como pegamento para manter a coexistencia e a convivencia, funciona como un martelo disposto a romper pontes e a romper calquera posibilidade de concordia.

A renovación do poder xudicial, mellor dito a súa renovación por decisión política do PP é a demostración práctica de que o Supremo é un poder ao servizo do poder e declarado en rebeldía.

Os conflitos sociais e políticos non se solucionan con cadea e represión, iso os enquista, os agrava e os leva a un camiño sen saída, que os converte nunha olla a presión que tarde ou cedo acaba por rebentar.

Os indultos en Cataluña non son a mellor solución, pero son polo menos un paso para solucionar unha inxustiza, porque por moito que se trate de prostituír a realidade, os presos do "proces", son presos políticos, nunca deberían ter entrado en prisión, porque existe un problema político e social ao que debe darse unha solución política e social.

Son os mesías anunciadores do fin dos tempos e do "se rompe España", os que cada vez que se fala de negociar e dialogar, actúan como pirómanos con bidóns de gasolina no medio dun incendio. Parece que gozan destruíndo a convivencia entre as nacións e os pobos do Estado español.

As ameazas non son argumentos, nin solucionan problemas de convivencia, eso é algo que a dereita española non quere entender.

En democracia non se pode dar resposta as reivindicacións dun pobo con ameazas e represión. Esa é a linguaxe das ditaduras.

Defender o dereito de autodeterminación é lexítimo e ser independentista tamén, quen defende estas posturas non é un delincuente, nin un terrorista.

Negar o sentimento nacional dun pobo, negar que Galiza, Catalunya ou Euskadi son nacións, é un ataque a convivencia e a unidade.

A autodeterminación é un dereito fundamental, o dereito que deben ter os pobos a decidir o seu destino, o dereito a acertar ou errar.

Autodeterminación e independencia non son sinónimos, como algúns queren facernos crer, o dereito a decidir non ten como efecto a independencia, podería ser que o pobo tomase esa decisión, ou non.

Comparemos o dereito a autodeterminación có dereito ao divorcio, e a parella, o núcleo familiar que convive na casa, cós pobos e nacións que conviven no Estado.

Imaxinemos unha parella felizmente casada, que vive nun país onde non existe o dereito ao divorcio, unha parella feliz, cuns fillos sans aos que queren, en definitiva unha familia ben levada, que ten unha vida cómoda e coas necesidades cubertas. Agora imaxinemos que ese país legaliza o divorcio, ¿a alguén pode-se-lle pasar pola cabeza que esa parella feliz vai a divorciarse porque recoñezan o dereito a facelo?

Pois o mesmo pasa cós pobos, cando a convivencia é boa na casa de todos que debe ser o Estado, os pobos son moito máis conservadores e fieis que unha parella, non corren o risco de namorarse doutro e si o Estado respecta o seu feito diferencial,  garanta o seu dereito a decidir, cubre as súas necesidades básicas, e traballa pola boa convivencia dos pobos que forman este Estado plurinacional, ou unión de repúblicas, ou Estado federal, a fórmula ou sistema na que eses pobos teñan decidido organizarse, ningún pobo vaise divorciar, ningún entenderá a independencia como solución a problemas inexistentes.

O problema chega cando non hai respecto ao feito diferencial, cando as distintas nacionalidades non son recoñecidas, cando hai idiomas de primeira e de segunda, cando o dereito a autodeterminación non está recoñecido e o Estado convértese nunha prisión de pobos, en vez de na casa de todos.

Pódese ser independentista e comunista, o que non se pode é ser comunista e estar contra o dereito de autodeterminación dos pobos.

Outra cousa é antepoñer o feito nacional por encima da loita de clases, ou entender que a loita pola liberación nacional está ao marxe da loita de clases, neste caso existe unha contradición.

Pero o feito de sentirse parte dun pobo, dunha nación, e de defender o dereito a decidir non é incompatible coa militancia comunista consecuente.

É verdade que existen contextos en que o feito nacional pode ser usado pola burguesía para dividir a clase obreira. Pero é un error formular a incompatibilidade de independentismo e comunismo, sobre todo cando o Goberno da metrópole é totalitario.

Os comunistas somos internacionalistas, entre outras cousas, porque recoñecemos a existencia de nacións.

Parece que non é sinxelo para unha parte da esquerda nacional, entender a realidade plurinacional do Estado español. Nesta incomprensión comeza un grave problema de convivencia dentro do Estado.

O Estado español non é unha nación de nacións, nin é unha nación. O Estado español é en todo caso unha unión de nacións.

Pero para que exista unidade e coexistencia, ten que existir respecto e comprensión. A unidade ten que ser entre iguais. Non poden existir nacións de primeira e de segunda categoría.

Esta unidade ten que ser voluntaria, debe ser unha unión de nacións libres que deciden camiñar xuntas.

De non ser así o Estado español será sempre máis unha prisión de pobos que a casa de todos, será un Estado errado.

Nestes momentos o discurso fascista de VOX trata de enfrontar aos pobos, non quere o diálogo traballa para poder impoñer o seu modelo de Estado, un tardofranquismo neoliberal inimigo da convivencia e tamén da clase traballadora.

Pero de calquera xeito, aínda sabendo da dificultade de manobrar cando o PP-VOX pretenden enfrontar e incendiar, é necesario abrir un debate sobre o modelo do Estado, República e monarquía, e do dereito de autodeterminación dos pobos dentro do Estado español.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
28 de maio de 2021 17:41

_______

sábado, febreiro 13, 2021

Eleiçons catalanas, ... Por David Varela Riveira

Por David Varela Riveira [*]
13.02.2021


Amanhã celebram-se eleiçons na Catalunya (no Principat). Contra a lógica de preservar a saúde pública, esta data foi imposta polo Estado espanhol através dos tribunais. Como durante os últimos anos, há mais em jogo que quem governa a autonomia catalana, senom que é um confronto entre as forças soberanistas e independentistas catalanas e as diversas forças espanholistas.

Neste contexto pandémico o resultado é imprevisível e nom se vai corresponder com o resultado num contexto pre-pandémico. As forças espanholistas vam tentar aproveitar esta situaçom para reverter a hegemonia independentista, para o qual empregarom, empregam e empregarám todas as armas e ferramentas que lhes outorga contar com um Estado que as defende e protege. Por isto, é muito importante para o povo catalám, voltar mostrar sua conviçom  e firmeza de povo soberano frente ao regime espanhol do 76-78. Também é muito importante que desde o resto de naçons sob o jugo espanhol nos solidarizemos com sua causa, nom só por solidariedade internacionalista, senom também por interesse próprio, já que na vitória da causa da soberania catalana está umha grande oportunidade, a maior atualmente, de que se abra umha fenda importante no regime espanhol do 76-78.

Perante este panorama, só podo desejar a vitória clara das forças independentistas frente ao nacional-imperialismo espanhol nas eleiçons de amanhã. Além disso, também desejo que sejam as forças mais decididas e avançadas na questom nacional e mais progressistas no social e no confronto de classes, tenham o melhor resultado possível, oxalá fosse o de alcançar umha hegemonia importante no conjunto de forças soberanistas e assim criar um projeto avançado de amplo espetro frente ao espanholismo.

Visca Catalunya Lliure! Vivam os Povos Livres!

Fonte: Reflexons Branquiazuis e Vermelhas.

[*] David Varela Riveira. | Facebook | Bloguer.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
13 de fevereiro de 2021 20:02

_______

venres, febreiro 05, 2021

Algo que os medios españois ocultan deliberadamente - Con esta resposta sobre Catalunya sorprendeu Lavrov a Borrell, na súa visita a Moscú sobre o regreso de Navalni a Rusia


Con esta resposta sobre Cataluña sorprendeu Lavrov a Borrell na súa visita a Moscú. |
Borrell pediu a liberación de Alexéi Navalni e unha "investigación transparente" e Lavrov respóndelle que "os líderes independentistas cataláns están en prisión por organizar un referendo".

O Alto Representante da Unión Europea para Asuntos Exteriores e Seguridade, Josep Borrell, atópase en Moscú de visita oficial onde mantivo un encontro co ministro de Exteriores ruso, Serguéi Lavrov. Na roda de prensa posterior á reunión a cuestión principal foi o encarceramento do bloguero opositor ruso Alexéi Navalni.

Borrell pediu a súa liberación e unha "investigación transparente" sobre as causas do presunto envelenamento o pasado mes de agosto en Siberia. Ante esta demanda, Lavrov respondeu dun xeito pouco esperado que pillou por sorpresa ao representante europeo, e é que o diplomático ruso fixo referencia aos presos cataláns en España polo xuízo do procés.
"Os líderes independentistas cataláns están en prisión por organizar un referendo, unha decisión que a xustiza española non revogou pese a que tribunais de Alemaña e Bélxica fallaron en contra", sinalou, engadindo que, pese ao sucedido "cos cataláns enxuizados.
"España defendeu o seu sistema xudicial e pediu non dubidar das súas decisións. Iso é o que queremos que faga Occidente en términos de reciprocidad" co caso Navalni. Segundo as súas palabras, o caso dos presos do "procés" é un exemplo de "decisións xudiciais motivadas políticamente".

O ministro de Exteriores ruso contestou tamén ás críticas sobre o uso da forza da policía durante as manifestacións en apoio ao líder opositor, asegurando que "en Europa e Estados Unidos tamén se deron casos de brutalidade policial".

Borrell chegou o pasado 4 de febreiro á capital rusa onde permanecerá ate o próximo día 6 de leste mesmo mes. Trátase da primeira visita do xefe da diplomacia europea desde o ano 2017. Naquel momento foi o seu predecesora, Federica Mogherini, a que visitou o país euroasiático.

Pola súa banda, a ministra de Asuntos Exteriores de España, Arancha González Laya, negou que os líderes independentistas cataláns sexan "presos políticos" en resposta ás palabras do seu homólogo ruso, Serguéi Lavrov, que este 5 de febreiro cuestionou as motivacións xudiciais da súa condena.

"Quero recordar que en España todos os cidadáns teñen plenamente garantidos os seus dereitos e liberdades. En España non hai presos políticos, hai políticos presos", dixo González Laya nunha declaración difundida polo seu departamento.

Caso de Navalni

Borrell reiterou o seu chamamento a liberar ao bloguero opositor ruso Alexéi Navalni e a investigar o seu suposto envelenamento cun axente nervioso.

"A miña visita tivo lugar no medio do arresto e condena de Alexéi Navalni e a detención de miles de manifestantes (...) transmitinlle ao ministro Lavrov nosa profunda preocupación e reiterei a nosa esixencia da súa liberación e o inicio dunha investigación imparcial do seu envelenamento", sinalou Borrell na roda de prensa.

Esta semana varios países da UE e a OTAN criticaron a decisión das autoridades rusas de encarcerar por dous anos e oito meses ao blogueiro opositor e chamaron a poñelo en liberdade xunto con todos os manifestantes detidos que saíron ás rúas os pasados 2 de febreiro, 31 e 23 de xaneiro para apoiar ao opositor.

O 2 de febreiro a xustiza de Rusia fixo efectiva unha pena suspendida de 3,5 anos de cárcere contra Navalni. A pena inclúe os 10 meses que pasou baixo arresto domiciliario. É dicir, si os seus avogados non logran recorrer o fallo, o opositor enfróntase a dous anos e oito meses de prisión.

A Navalni impútanselle os delitos de estafa contra a empresa de produtos de beleza Yves Rocher e apropiación ilícita de fondos da maderera Kirovles. O opositor rexeita todas as acusacións na súa contra e considéraas politicamente motivadas.

Fonte: Sputnik / Servizo de prensa da Cancillería de Rusia. | 14:24 GMT 05.02.2021(actualizada ás 15:47 GMT 05.02.2021). | O regreso de Navalni a Rusia. | Ir á Web.
_______

xoves, maio 30, 2019

O Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU pede a libertación imediata de Junqueras, Sànchez e Cuixart


O Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU pede a libertación imediata de Junqueras, Sànchez e Cuixart.

O Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU emitiu unha opinión muito dura contra a España e até pede ao Estado que indenize os prisioneiros. Malia non ser vinculativa é xeralmente considerada nos tribunais internacionais xa que é unha entidade ligada às Nacións Unidas, formada por especialistas independentes en dereitos humanos, que analisa posíbeis casos de prisións e detencións arbritarias dos estados.

Segundo o xornal Nació Digital, o Grupo de Traballo de Detención Arbitrária da ONU mesmo afirma que o Estado deberia indenizar prisioneiros por privación de liberdade antes de emitir unha sentenza. Os pormenores desta resolución non serán coñecidos nesta cuarta-feira à tarde en Londres nunha rolda de imprensa convocada polo avogado Ben Emmerson.

No inverno de 2018, este avogado especialista en dereito internacional e dereitos humanos apresentou unha carta à ONU solicitando a opinión do grupo de especialistas sobre a prisión dos líderes pró-independencia. Fixo iso en nome de Junqueras e os Jordis,agás Joaquim Forn, que acabara deixar a acta de  deputado e abandonou a atividade política e non aderiu. O avogado argumentou que eles estaban no cárcere por razóns políticas, como a defensa do dereito à autodeterminación. Alén diso, súa detención viola os dereitos de asociación, expresión, opinión política e participación na vida pública, ou que seu dereito a un tribunal imparcial está sendo violado e a preparar a defensa.

IMPRISONMENT OF CATALAN POLITICIANS: The long awaited decision of the UN Working Group on Arbitrary Detention will be announced and discussed at a press conference in London tomorrow. Details: Wednesday 29 May, at 17:30 at the Law Society, 113 Chancery Lane, London WC2A 1PL

— Ben Emmerson 🎗️ (@BenEmmerson1) May 28, 2019


En declaracións ao Guardian Emmerson afirmou que “esta decisión debia marcar un ponto de viraxe na política española face à Cataluña. A España age en flagrante violación da lei internacional, como foi agora apontado polo organismo da ONU con mais autoridade sobre a cuestion das detencións arbitrárias”. Caso a España non liberte de imediato todos os presos políticos e se sente à mesa das negociacións, “o goberno de Madrid irá ter de enfrentar en breve a opinións pública internacional”, concluiu o avogado especialista en Dereito Internacional.

Publicado no xornal cedeirés Olloparo. 29.05.2019 |Ir á Web.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
30 de maio de 2019 01:10

___________

mércores, febreiro 20, 2019

Concentración en Ferrol, como noutros lugares da Galiza contra o 'xuízo-farsa' ao independentismo catalán, este xoves 21 de febreiro, ás 8 da tarde na Praza Amada Garcia, convocado pola Plataforma Galiza com Catalunya, coincidindo coa Folga Xeral contra o xuízo ao 'procés'


Concentración en Ferrol, como noutros lugares da Galiza contra o 'xuízo-farsa' ao independentismo catalán, este  xoves 21 de febreiro, ás 8 da tarde na Praza Amada Garcia, diante do Edificio da Xunta, convocado pola Plataforma Galiza com Catalunya, coincidindo coa Folga Xeral contra o xuízo ao 'procés'.

#GalizaCatalunya

Plataforma Galiza con Catalunya
http://galizaconcatalunya.blogspot.com.es/

As últimas novas do conflito catalán visto desde os principais xornais de Catalunya
____________

martes, maio 29, 2018

A ex-deputada das CUP Mireia Boya falará esta quarta-feira, 30 de maio, às 20.30hs, na Fundaçom Artábria do processo independentista na Catalunya - Em Ferrol, na Travessa de Batalhons nº7, de Esteiro


A próxima quarta-feira, 30 de maio,  às 20.30hs, decorrerá na Fundaçom Artábria umha conferência sob o título "Umha república sem medo" ministrada pola ex-deputada do Parlament de Catalunya e membra do secretariado nacional das CUP Mireia Boya.

A palestra enquadra-se nos atos que a entidade internacionalista Mar de Lumes tem organizados para comemorar os seus primeiros cinco anos de existência.

--
Travessa de Batalhons nº7   Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone:  +34 981 35 29 86
www.artabria.net

Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
....
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.


Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
29 de maio de 2018 01:16

______________

venres, abril 06, 2018

España cae... en desgraza, ... Por Jordi Barbeta - Algún día os demócratas españois deberán agradecer a Carles Puigdemont os seus esforzos e sacrificios para poñer en evidencia a decadencia do sistema político-institucional do Estado español - O caso de Cristina Cifuentes non é un asunto menor, porque tamén fixo un dano irreparábel ao prestixio das universidades españolas - Ao desautorizar a Xustiza alemá a instrución do xuíz Pablo Llarena no que forma o núcleo esencial da acusación contra Puigdemont, afúndese a estratexia inculpatoria - Agora é máis claro que nunca que Oriol Junqueras, Joaquim Forn, Jordi Turull, Josep Rull, Raül Romeva, Carme Forcadell, Dolors Bassa, así como Jordi Cuixart e Jordi Sanchez están inxustamente en prisión


España cae... en desgraza


Algún día os demócratas españois deberán agradecer a Carles Puigdemont os seus esforzos e sacrificios para poñer en evidencia a decadencia do sistema político-institucional do Estado español. Só a verdade faralles libres. E a verdade é que a Xustiza europea ha desautorizado á Xustiza española nun feito sen precedentes de tanta transcendencia desde a ditadura do xeneral Franco. Tampouco esta vez a Armada Invencible estaba preparada para loitar contra os elementos...da democracia europea.

Non todo está resolto nin moito menos, pero suceda o que suceda a partir de agora, queda claro que a iniciativa do president Puigdemont de exiliarse para internacionalizar o conflito catalán e buscar unha intervención de xuíces imparciais resultou un éxito.

Difícilmente podería agora o rei Felipe de Borbón repetir o discurso que lle encargou Mariano Rajoy en Davos para proclamar que España é un estado de dereito e non só polo asunto catalán... España volve vivir unha crise política similar a unha tormenta perfecta. A Xustiza española quedou desacreditada en Europa. O Goberno español de Mariano Rajoy prometeu aos aliados estabilidade política e económica e non ten nin unha cousa nin a outra. Os casos de corrupción seguen pesando como sacos de plomo nun executivo incapaz de conseguir un acordo para aprobar os orzamentos. Só faltaba o escándalo do misterioso master de Cristina Cifuentes, a presidenta madrileña, que a descarta definitivamente como a sucesora de Rajoy que debía limpar a imaxe do partido máis sucio do continente.

O caso de Cristina Cifuentes non é un asunto menor, porque tamén fixo un dano irreparábel ao prestixio das universidades españolas. Un país sospeitoso ata na expedición dos títulos académicos non ten homologación posible en Occidente. É a imaxe de marca dunha monarquía bananera, onde precisamente agora o principal entretenimiento televisivo agrava a crise de Estado: a rifa en público das dúas raíñas disparou as audiencias.

En calquera caso, a decisión do tribunal de Schleswig-Holstein de descartar a extradición a Espanya de Puigdemont polo delito de rebelión marcará un antes e un despois da causa xeral contra o soberanismo catalán. Os xuíces alemáns consideran "inadmisible desde o principio" a acusación de rebelión precisamente porque non observan "violencia" nos actos atribuídos ao president catalán e que figuran na instrución xudicial, elaborada a partir de relatos falsos construídos por policías e xornalistas colaboracionistas.

Ao desautorizar a Xustiza alemá a instrución do xuíz Pablo Llarena no que forma o núcleo esencial da acusación contra Puigdemont, afúndese a estratexia inculpatoria. Así que a prisión preventiva que sofren en Estremera e Alcalá-Meco os que o 1 de outubro eran os seus subordinados no Govern da Generalitat convértese, desde o punto de vista europeo, nunha violación flagrante de dereitos que tarde ou cedo o Estado español terá que admitir e reparar.

Agora é máis claro que nunca que Oriol Junqueras, Joaquim Forn, Jordi Turull, Josep Rull, Raül Romeva, Carme Forcadell, Dolors Bassa, así como Jordi Cuixart e Jordi Sanchez están inxustamente en prisión, cando xuíces imparciais alemáns, belgas, daneses, británicos e suizos deixaron en liberdade a Puigdemont, e ao resto de consellers exiliados, Antoni Comín, Lluís Puig, Mertixell Serret e Clara Ponsatí. Velaquí unha proba clara da regresión democrática en España.

[*] Jordi Barbeta, iniciou a súa carreira profesional a finais dos anos setenta en Mundo Diario, Tele/eXpres e O Xornal de Catalunya. Foi subdirector de Avui e O Observador e xefe de información política en TV3. participou asiduamente como comentarista político en Televisión Española (TVE), Antena 3, Tele 5, Catro, TV3, 8tv, Euskal Telebista, Radio Nacional de España (RNE), COPE, Onda Cero, RAC1, Catalunya Ràdio e varias emisoras de América Latina.

Fonte: El nacional. |  Barcelona. xoves, 5 de abril de 2018. | Ir á Web.
_____________