Lágrimas de emoción no instante en que se proclamou a República Catalana
Foto de Francesc Melcion |
"Constituímos a República catalá, como Estado independente e soberano, de dereito, democrático e social". A revolución democrática catalá escrebe hoxe unha páxina para a historia. O Parlament aprobou a declaración de independencia de Catalunya. Nace esa República nun contexto enormemente adverso, cun Estado español disposto a utilizar toda a súa forza para aplicar o artigo 155. Que foi aprobado polo Senado, este mediodía, por 214 votos a favor e 47 en contra.
O Parlamento declara a República e inicia o processo constituinte. Junts pel Sí e a CUP defenden a lexitimidade da Declaración da Independencia, en aplicación do "mandato" do referendo do 1 de Outubro.
Máis info no xornal cartalán Ara e no xornal galego Sermos Galiza.
Concentración, hoxe, contra a aplicación do 155
Hoxe, venres 27 de outubro, en Ferrol como noutra cidades da Galiza e do resto do Estado, están convocadas mobilizacións contra a aplicación do artigo 155. Ás 8 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
_____
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon