Persoas destacadas dos sectores literario, artístico, musical e deportivo súmanse a explicar a condición nacional de Galiza
A Plataforma Vía Galega, que integra máis de 60 asociacións, pon en marcha a campaña “Galiza nación. Un pobo con dereitos” co obxectivo de que se asuma “con naturalidade e consciencia a realidade obxectiva de que Galiza é unha nación”, segundo explicou o portavoz Anxo Louzao.
“Galiza é unha nación con vontade de existir e de exercer como tal, como se recoñeceu oficialmente en 1933 no IX Congreso de Nacionalidades Europeas, adscrito á Sociedade de Nacións”, sinalou Louzao, “e como nación que somos asístenos o dereito a decidir e a exercer o dereito de autodeterminación”.
Na rolda de prensa de presentación, ademais de Anxo Louzao, participaron Lucía Veciño e Artai Gavilanes que destacaron que xa están previstos actos, conferencias, debates e palestras na maioría das comarcas do País. “Xa temos proxectados actos en Compostela, Arzúa, na Barbanza, na Coruña, Bergantiños, Ferrol, Lugo, na Mariña, Ourense, Pontevedra, no Salnés, na Estrada, Lalín, Vigo, no Morrazo e no Baixo Miño”, indicaron. Esta campaña estenderase até o 18 de abril, cando se convocará unha manifestación nacional en Compostela.
Ademais, editáronse 15.000 folletos explicativos da condición nacional de Galiza e da súa vontade de existir e ser libre e 2.000 cartaces. A iso súmase a realización dun vídeo que define os trazos que conforman a nación galega e un percorrido histórico-reivindicativo de Galiza e a gravación de 10 vídeos onde persoas referentes da sociedade galega dan a súas razóns de por que Galiza é unha nación. Entre elas, figuran Manolo Rivas, Isabel Risco, Suso de Toro, Olaia Maneiro, Xurxo Souto, Pilar García Negro, Francisco Rodríguez, Neves Rodríguez, Antón Ruanova e Pilar Pallarés.
Fomentar a estima colectiva
“Con esta campaña, desde Vía Galega, pretendemos combater as mentiras da Galiza subsidiada, abeirar os complexos, desfacer prexuízos e fomentar a estima colectiva para que cada vez sexa máis pobo o que acredite e tome conciencia de que a nación galega existe e ten futuro”, destacou Anxo Louzao.
Deste xeito, insistiu en que cómpre crear máis sensibilización e conciencia nacional “para contrarrestar a galopante españolización, os permanentes ataques perpetrados contra o noso ser colectivo, a nosa cultura e a lingua nacional”. “A negación dos nosos dereitos colectivos como pobo leva aparellada a limitación dos dereitos individuais e unha baixa calidade democrática, xa que non hai cidadáns e cidadás libres en nacións oprimidas; de aí a necesidade dun status político soberano para Galiza para exercitármonos todos os dereitos como pobo”, concluíu.
Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2020
https://viagalega.gal/
Para contactares, cubre este formulario ou escribe directamente a coordenadora@viagalega.gal
Enviado por:
Inacio
-inaciogz@gmail.com-
3 de novembro de 2020 18:10
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Vía Galega
Comeza a campaña 'Galiza nación: Un pobo con dereitos' para crear conciencia colectiva como país - Persoas destacadas dos sectores literario, artístico, musical e deportivo súmanse a explicar a condición nacional de Galiza
martes, novembro 03, 2020
Comeza a campaña 'Galiza nación: Un pobo con dereitos' para crear conciencia colectiva como país - Persoas destacadas dos sectores literario, artístico, musical e deportivo súmanse a explicar a condición nacional de Galiza
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, novembro 03, 2020
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon