Referentes do deporte galego reclaman o dereito de Galiza a competir coas súas seleccións
Vía Galega, dentro da campaña que baixo o lema “Galiza, un Pobo, unha selección” está levando a cabo por toda Galiza, ven de realizar un documental de duración de 11’ 31’’coa participación de 13 persoas relevantes e representativas do deporte galego. Verten a súa opinión sobre o dereito, o interese e a necesidade de poder competir representando a Galiza oficialmente e internacionalmente en todas as disciplinas deportivas. Declaran que sería a unha oportunidade moito maior para as nosas e os nosos deportistas poderen participar en competicións internacionais. Manifestan o dereito a poder escoitar o himno galego no podio, amais de ser emotivo e emocionante. Sinalan como Galiza no deporte é unha verdadeira potencia e referente en distintos deportes a nivel mundial. E subliñan a importancia que ten o deporte na loita pola igualdade de xénero.
Participaron neste documental:
- Fernando Vázquez. Adestrador da selección galega de fútbol.
- Caetano Horta. Diploma olímpico en remo nos Xogos Olímpicos de Tokio.
- Xulia Vaquero. Plusmarquista dos 5000 mts. Subcampioa europea de cros.
- Gustavo César Veloso. Ciclista. Gañador de da volta Portugal.
- Eva Castro. Podio europeo e campioa estatal de ciclismo de montaña.
- Luís Penín Alpinista. Premio estatal de escalada en xeoque coronou cumios por todo o mundo.
- Alba Cuba. Subcampioa Estatal de tríatlon.
- Alexandre ‘Jano’ Sanmartín. Seleccionador nacional de fútbol gaélico.
- Mercé Barrientos. Taekwondo: Expresidenta da Federación Galega.
- Xan Rodiño. Presidente da A.C.D de Billarda das Rias Baixas.
- Xurxo Souto. Impulsor das seleccións e de Sareirxs Galegxs.
- Manuel Polo. Adestrador de atletismo.
-
Cristina López Villar. Profesora da facultade de Ciencias do Deporte da UDC.
Canle de Vía Galega.
Web Vía Galega-
https://viagalega.gal/
Contacto:
coordenadora@viagalega.gal
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon