Dentro da campaña «Non Emigramos. Expúlsannos», o sábado 14, ás 12 do mediodía, Vía Galega convoca 46 concentracións simultáneas diante das casas dos concellos de diversos municipios galegos para denunciar a situación de emigración forzada á que se ven sometidas millares de persoas cada ano no noso país. Nas nosas comarcas as concentración desenvolveran-se dinate das casas dos concellos de As Pontes, Cedeira, Fene, Narón, Pontedeume e San Sadurniño, e en Ferrol diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (na Praza Amada Garcia).
Desde Vía Galega, entendemos a emigración como o síntoma principal dunha economía subalterna, que non aproveita as verdadeiras potencialidades de Galiza, e que se limita, na práctica, a fornecer materias primas en lugar de terminar os ciclos produtivos no país. E somos conscientes de que esta orientación non é casual, senón produto da falta de soberanía política, da dependencia das relacións económicas a respecto de Madrid e da falta de interese dos diferentes gobernos autonómicos en promover unha economía autocentrada.
Fronte a isto e seguindo coa campaña «Non Emigramos. Expúlsannos», que nestes días está a tramitar mocións ao respecto na maioría de concellos galegos, estas concentracións son un chamado á acción dos poderes públicos para que recoñezan a emigración galega actual como unha emerxencia nacional e activen, dunha vez, os mecanismos para remediar esta lacra.
@ViaGalega
https://viagalega.gal/
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon