Onte a RFEA (Real Federación Española de Atletismo) certificaba a morte da competición do atletismo en pista nesta comarca, nin Ferrol nin Narón contan coa homologación pertinente das súas instalacións para competir, o abandono das mesmas sería unha anécdota se o Ría de Ferrol non estivera na máxima categoría do atletismo feminino ou que o Club atletismo Narón estivera na máxima categoría Master masculina e contase con máis de 300 deportistas. A nefasta xestión non queda aquí vese en Noia, na universidade de Vigo, ou en Ourense, mal de moitos desastre de todos.
Os estadios de atletismo son instalación grandes precisan espazo pero son baratas de manter, o problema é que de tan barato non se gasta nin un euro para que manteñan a homologación cando non, gástanse os cartos precisamente para que a perdan como en Narón. Aló polo principio deste século fíxose un Campeonato Galego Absoluto, logo un Master, e a última competición no 18/19. Isto xunto co abandono de Ferrol forza que todos as fins de semana desde Ferrolterra haxa que viaxar a Lugo, Pontevedra ou a Pobra para un control de 60, un lanzamento un 1000 ou calquera outra proba na que poidan admitir aos atletas. Un sen sentido e unha desconsideración para este deporte que necesita espazo para adestrar e competir en condicións.
Fonte: Manuel Polo Gundín en Facebook.
Documentación:
luns, 31 de xaneiro de 2022
CIRCULAR 31/2022
Actualización de instalacións atléticas homologadas antes de 2010 - Modificada 1 febreiro. | Comité Nacional de Xuíces | Acceder/Baixar.
_____