Amosando publicacións coa etiqueta Diversidade Funcional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Diversidade Funcional. Amosar todas as publicacións

martes, decembro 01, 2009

A loita das persoas con diversidade funcional: outra linguaxe, outras actitudes, non ás barreiras, si á visibilidade, a diversidade é enriquecedora, normalización, dereitos iguais, ...


Manifiesto do 3 de Decembro de 2009

MANIFESTO

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

Non queremos que haxa un día adicado a nosoutros pero xa que aínda o ten que haber queremos aproveitalo non para festexar senón para denunciar e exisir:

Queremos que haxa unha nova visión de nos, unha visión que non nos nomee negativamente e por iso queremos cambiar a linguaxe e se hai que adxetivarnos que se diga persoas con diversidade funcional: non temos menos valía senón que o noso funcionamento é diferente. A diversidade sempre é enriquecedora.

Queremos loitar contra a invisibilidade e por iso imos exisir que se eliminen as barreiras e se modifiquen as actitudes que nos fan invisibles

Somos parte da sociedade, somos cidadáns de Ferrol e queremos vivir a cidade en igualdade con toda a poboación, non queremos quedar reducidos a ghettos

Defendemos o dereito á vida independente  e a responsabilidade dos nosos actos así como o respeto as nosas decisións.

Na nosa cidade pedimos que se poñan os medios para cumprir os principios de:

NORMALIZACIÓN. Que todas as persoas poidamos facer unha vida normal accedendo aos mesmos lugares, ámbitos e servizos que se poñen a disposición de calquera persoa

ACCESIBILIDADE. Que o entorno, os servizos, etc sexan utilizables por todos e todas en condicións de seguridade e da forma máis autónoma posible

TRANSVERSALIDADE. Que os proxectos e actividades que se fagan desde o concello non sexan exclusivamente para persoas con diversidade funcional senon que sexan de carácter xeral xa que así nos beneficiamos toda a poboación.

Por último, queremos que se cumpran as directrices dos dereitos das persoas con discapacidade recollidas na Convención das Nacións Unidas que entrou en vigor en todo o Estado o día 3 de maio de 2008.

Se acadamos isto será un motivo para celebrar e o faremos todos e todas moitos días ao ano.

Ferrol, 3 de decembro de 2009

COMISIÓN DA DIVERSIDADE E ACCESIBILIDADE DO CONCELLO DE FERROL


ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
C/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544
Fax: 981930544
E-mail: diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
Blog: http://rachandobarreiras.blogspot.com


Enviado por:
Asoc. Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas
diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
1 de dezembro de 2009 11:44

___________________

sábado, maio 23, 2009

A asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas, fai-se visíbel na Rede editando un interesante Blog

O pasado 22 de Abril, subia á rede o Blog da Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas, agardamos que esta importante iniciativa das compañeiras e compañeiros da asocición, serva para concienciar-nos, actuar en consecuencia e ter sempre presente nas nosas reivindicacións, nas nosas propostas, nas nosas análise ás persoas con diversidade funcional. Desde o Colectivo Ártabra 21 queremos felicitar ás compañeiras e compañeiros da Asociación Grupo Diversidade Funcional de Ferrol e Comarcas, polo seu Blog que vai axudar a visibilizar ás súas denuncias e reivindicacións, mais o máis importante cicais sexa a súa visibilidade, o estar presentes.

A continuación transcribimos a presentación que fan no seu propio Blog que convidamos a visitar e difundir.

[Cliacar acima da foto para ampliar]

"De novo pisarei as rúas do que foi Santiago ensanguentado e chorarei polos ausentes"
Victor Jara


A Asociación Grupo Diversidade Funcional Ferrol e Comarcas acabamos de crear o noso Blog coma un intento de establecer unha canle de Opinión, de Información e de Denuncia entre todas as Persoas con Diversidade Funcional e o resto da sociedade.

O cambio de denominación "minusválidos" por "Grupo Diversidade Funcional" débese o significado da palabra minusválidos que se ven usando desde fai bastante tempo e que ten unha connotación negativa, de minusvaloración das capacidades da persoa, e "Diversidade", non só non é negativa senón que é inclusiva e normalizadora, indicando cas persoas todas son diversas e distintas, outras teñen diversidade funcional tanto física, como mental, intelectual, orgánica, etc. cos mesmos dereitos cos demáis, cos soportes necesarios como cadeiras de rodas, lingua de signos, ou Asistentes Persoáis.

A participación e a colaboración de todos vós e moi importante. Precisamos que nos enviédes todas as vosas necesidades e demandas para poder facelas chegar onde corresponda e intentar dar unha resposta as mesmas.
___________

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
Rúa Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 Esteiro 15406 Ferrol
Tlf: 981930544
Fax: 981930544
http://rachandobarreiras.blogspot.com/
diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
grupominferrol@hotmail.com

_________________

sábado, marzo 28, 2009

Xornadas sobre vida independiente: 2 e 3 de Abril na Facultade de Dereito da Universidade d'A Coruña

Grupo Diversidade Funcional Ferrol e comarcas ferrol comarcas
-diversidadefuncionalferrol@hotmail.com-
27 de Marzo de 2009 18:08


Adxuntamos programa, cartaz e inscripciones para poder asistir ás mesmas, tanto para as persoas interesadas como usuarias.


Mari Morado

ASOCIACIÓN GRUPO DIVERSIDADE FUNCIONAL FERROL E COMARCAS
C/Colon esq. Mendizabal B/4 P/5 Baixos 38-39 15406 Ferrol
Tlf: 981930544 e Fax: 981930544
diversidadefuncionalferrol@hotmail.com
grupominferrol@hotmail.com

______________

Xornadas acerca da Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade
Os vindeiros 2 e 3 de abril a Asociación Asistencia Persoal para a Vida Independente, VIgalicia, organizará na Universidade da Coruña unhas Xornadas sobre a Convención das Nacións Unidas sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade.
As citadas xornadas contarán coa presenza de destacados conferenciantes dende o eido académico, como Adela Rey ou José Antonio Seoane, entre outros.
Tamén estarán presentes algúns dos máis importantes expertos do Movemento de Vida Independente, como poden ser Alejandro Rodríguez Picavea ou José Antonio Nóvoa.
Este evento realizase como unha iniciativa conxunta de VIgalicia e da Universidade da Coruña. Para VIgalicia é importante que o sector universitario da cidade herculina tome parte na difusión da Convención e que faga partícipe da mesma ao resto da sociedade.
Estas xornadas forman parte dunha campaña de difusión da Convención iniciada o pasado mes de xaneiro en Santiago de Compostela e nas que se expuxeron algúns aspectos fundamentais deste tratado de dereito internacional como é o feito de que as persoas con diversidade funcional son suxeitos de dereito e non obxectos de políticas caritativas e que, polo tanto deben ter os mesmos dereitos, opcións e control sobre as súas vidas que os demais cidadáns.
A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con discapacidade aprobouse o 13 de decembro de 2006 pola Asemblea xeral das Nacións Unidas. Esta Convención é o resultado dun longo proceso, no que participaron varios actores e entre os que tiveron un papel destacado as organizacións de persoas con diversidade funcional e as súas familias.
Este novo instrumento supón importantes consecuencias para as persoas con diversidade funcional. Unha das principais será a "visibilidade" deste grupo cidadán dentro do sistema de protección dos dereitos humanos de Nacións Unidas, a asunción do fenómeno da diversidade funcional como unha cuestión de dereitos humanos, e poder contar cunha ferramenta xurídica vinculante á hora de facer valer os dereitos destas persoas.
O Estado español, asinou e ratificou a Convención da ONU e o seu Protocolo Facultativo, que abre unha nova vía de reclamación dos dereitos, entrando en vigor no noso país dende o pasado día 3 de maio de 2008. A partir desa data, a Convención pasa a formar parte do ordenamento xurídico español e é invocable ante as autoridades políticas, xudiciais e administrativas.
Por todo isto, invitámolos a acudir a estas Xornadas sobre a Convención das Nacións Unidas acerca dos Dereitos das Persoas con Discapacidade.
Organiza:
Colaboran:
[Clicar acima da imaxe para ampliar]
________________