Amosando publicacións coa etiqueta Edu Pereira. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Edu Pereira. Amosar todas as publicacións

venres, maio 05, 2017

Presentación do libro Partes de ti, no Ateneo Ferrolán, este venres 5 de maio - Lecturas dramatizadas, proxecións de fotos e vídeos, música, baile, e charla con Edu Pereira e Al Vila



Presentación do libro "Partes de ti"

Venres día 5 de maio ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán

Este venres día 5 de maio temos o pracer de anunciar que se presentará "Partes de ti" en Ferrol, nun lugar emblemático como é o Ateneo Ferrolán e rodeados dunha chea de amigos dos autores que seguro farán as delicias de todos os asistentes.

Actuarán:

Miguel Sincero, Javi Amor, Marian Rei, Carmen Blanco, Helga Méndez, Alberto Da Sinda, Fátima Blanco, Cristina Yañez e Lorena Herrera


Ao finalizar o show Al Vila e Edu Pereira atenderán todas as preguntas dos asistentes e farán unha firma de libros.

--

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055 Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK: https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Para axudas e aportacións económicas:
CC en Cajamar Cooperativa. Titular Ateneo Ferrolán.
ES72-3058-6402-9527-2000-5350

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
4 de maio de 2017 17:42
______________

martes, setembro 30, 2014

Ferrol ten dereito a existir, ... Por Alexandre Carrodeguas


Por Alexandre Carrodeguas [*]
30.09.2014


Os habitantes de Ferrol queremos seguir existindo, non ter que irnos da nosa cidade, e queremos tamén ter o dereito a poder desenrolarnos e ser felices no noso propio pobo. E para que iso ocorra sabemos que as cousas teñen que mudar xa, e que deberíamos axuntarnos todas e todos nun berro unánime de que xa estamos fartos e non aturamos mais esta lenta agonía; Estamos fartos de que a nosa cidade se vaia quedando valeira. De que moitos comercios teñan que pechar. Estamos fartos da pobreza que avanza e de que nos culpabilicen da nosa decadencia. Estamos fartos da destrución da nosa ría. Estamos fartos da precariedade laboral e da falla real de oportunidades.

A todo isto deberíamos sumar tamén un non como o do poema de Celso Emilio.

Un non a pasividade que nos mata. Un non as solucións milagreiras que sempre chegarán o ano que ven. Un non a aceptación resignada desta lenta e pausada morte anunciada.

Teríamos que asumir as nosas propias debilidades como cidade; Certo espírito derrotista, a nosa aceptación fatalista da inevitable derrota. A nosa falla de confianza nos nosos propios medios e a aceptación resignada da dependencia madrileña.

Pero nesta encrucillada histórica na que nos atopamos ten que ter chegado o momento dos sis. Do si a un desenrolo endóxeno e autosostible. Do si a xerar economías locais propias: rehabilitando, saneando, rexenerando. Do si ao sentimento de orgullo e pertenza a este Ferrol que nos legaron os nosos ancestros. Do si a nosa xuventude que quere seguir a vivir na cidade dos seus pais.

E deberíamos xa todos afirmar solidariamente a vontade de saír desta triste situación para atopar as solucións de futuro que nos garantan o porvir. Para confiar en nos mesmos e honrar os nosos pais e nais que tanto traballaron agardando un futuro mellor.

Non. Ferrol non pode ser un parque temático da decadencia urbana.

Ferrol debe seguir vivo polos séculos futuros! Ferrol ten dereito.

[*] Alexandre Carrodeguas, activista social de Ferrol Terra, promotor de plataformas cidadáns en defensa do patrimonio urbanístico e cultural; defensor dos espazos públicos e da rehabilitación dos cascos históricos; membro de Verdegaia e do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol.

Nota.- A imaxe é de Edu Pereira sobre a apocalipse que suporía un Ferrol sen o naval.

Enviado por:
Alexandre Carrodeguas
-republicadetraballadoras@gmail.com-
29 de setembro de 2014 01:16
_______________