Amosando publicacións coa etiqueta Esteiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Esteiro. Amosar todas as publicacións

venres, abril 20, 2012

Carta de Francisco Maceira sobre a Asemblea de Barrio: "Participación cidadá no barrio de Esteiro"


Participación cidadá no barrio de Esteiro

A asociación de  veciños á que pertenzo  -Esteiro- ven traballando dende hai anos para mellorar e suplir as carencias  deste emblemático barrio de Ferrol. Clases de pilates, encaixe de  palillos, punto canario, corte e confección, informática, exposicións, sardiñada de San Xoan, ciclos de cine, excursións, reivindicación da escola infantil, do comedor social ... Non chegaría esta folla para enumerar os centos de actividades e proxectos que saen adiante gracias ó traballo desinteresado de xente que emprega o seu tempo libre para beneficio  da comunidade.

Esta semana tivo lugar a votación  de Participación Cidadá para elexir os representantes do barrio ante o concello. Como era de esperar tamén se presentaron  persoas da  Asociación Veciñal de Esteiro. Inexplicablemente non saiu ningún elixido.  O máis votado foi un tipo que na miña vida vin polo barrio. Eu xa sospeitei algo cando vin a sala da votación ateigada e rezumando un glamour inusual en actos participativos. Recordoume  cando na miña aldea os do PP carrexan votantes cara as urnas.  Por suposto que estas artimañas non van amedrentar á asociación veciñal  que xa  confirmou a continuidade do seu traballo. A pesar de ter o concello en contra seguirán loitando pola escola, polo comedor  ou por calquer outro proxecto que supoña un ben para os veciños. Incluso para aqueles que o único que fixeron polo barrio foi ir a votar o día que alguén, dende o concello, descolgou un teléfono.

Francisco Maceira

Esteiro - Ferrol

Enviado por:
Francisco Maceira
-f.maceira@hotmail.com-
19 de abril de 2012 23:33

___________________________

venres, marzo 11, 2011

Actos de homenaxe ás vítimas do 11 M, o Martes 15 de Marzo en Esteiro - Ofrenda Floral e Conferencia de Pilar Manjón

O concello de Ferrol e a Asociación Veciñal de Esteiro celebraremos o martes 15 de Marzo de 2011, o acto de Homenaxe ás Vítimas do 11 M.

Este ano contaremos coa presencia de Dona Pilar Manjón Gutierrez, que descubrirá xunto co Alcalde de Ferrol un monolito identificativo da Praza das Vítimas do 11 M.

O mestre gaiteiro Vítor Agulló López interpretará a peza Caraveliño colorado.

Esa Praza é a comprendida entre ás rúas San Ramón, Doutor Vázquez Cabrera e Fernando VI, preto do Pavillón Municipal de Esteiro.

Este acto será o Martes 15 ás 18 Horas.

Ás 19 Horas , unha vez rematada a ofrenda floral, no Salón de Actos do Vicerrectorado en Esteiro, Dona Pilar Manjón, presidenta da Asociación 11M Afectados do Terrorismo, pronunciará a conferencia: "Son vítima do terrorismo, do persoal ao colectivo".

Desde a AV de Esteiro facemos un chamamento a que a veciñanza do noso Barrio e de toda a cidade acuda ós citados actos.



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/
_________________________

martes, febreiro 15, 2011

Acto das equipas de normalización lingüística de Ferrol Terra:

Acto das equipas de normalización lingüística de Ferrolterra

Achegámoslles información do acto das Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra

Este acto é aberto a toda a veciñanza de Ferrolterra

Actividade para os pícaros:
"O SAPO ENCANTADO"

DATA E LUGAR:

Sábado 19 de Febreiro ás 12 do mediodía, no local da Asociación Veciñal de Esteiro (preme para acceder a un mapa de localización), na rúa Fernando VI, Bloque I Baixo - Ferrol.


SINOPSE: Leticia todo Noticia, informa sobre o terrible meigallo que sufre o Principe Croberto, convertido en sapo pola Meiga Maleira. Voltará a ter apariencia de principe se consigue que unha princesa lle de un bico de amor. Os nenos e nenas teñen a misión de que a princesa Narcisa lle de un bico de amor ó principe Croberto que ten forma de sapo.

PERSOAXES: Leticia todo Noticia, Meiga Maleira, Principe Croberto, Princesa Narcisa.



Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/





Enviado por:

Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
15 de fevereiro de 2011 18:27
________________________

domingo, xaneiro 30, 2011

No pleno ordinario do Concello de Ferrol, que se celebrará o Luns 31 de Xaneiro ás 7 da Tarde, debatira-se unha moción da Plataforma en Defensa da Escola Infantil Pública de Esteiro

Escola Infantil Pública de Esteiro

No pleno ordinario do Concello de Ferrol, que se celebrará o luns 31 de xaneiro ás 19 horas, se debatirá unha moción da Plataforma en Defensa da Escola Infantil Pública de Esteiro (composta polo BNG, PSdG-PSOE, Esquerda Unida, CIG e as asociacións veciñais de: Prioriño, San Pablo, Ferrol Vello, O Rosario-Inferniño, Esteiro e Caranza e que conta co apoio da Federación de Anpas de Colexios Públicos e dos Directores dos colexios públicos de Ferrol) que foi presentada polos grupos municipais do PSdeG-PSOE, BNG e Esquerda Unida no Concello de Ferrol, na que se propón que o Pleno do Concello de Ferrol esixa á Xunta de Galicia a construcción dunha Escola Infantil Pública en Esteiro xestionada pola propia Xunta de Galicia, tal como comprometera no ano 2005.

A Plataforma ten solicitado intervir nese Pleno Ordinario a través do presidente da AV de Esteiro, Xosé Miguel López.

Desde a Plataforma facemos un chamamento a todo o tecido asociativo para que respalden coa súa presenza no Pleno a citada moción

Enviado por:

Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
29 de janeiro de 2011 18:02
http://avesteiro.blogspot.com/
___________

Enlaces relacionados:

Asociación Veciñal de Esteiro: Escola Infantil Pública de Esteiro
Escola Infantil Pública de Esteiro
. 26/01/2011 Publicado por Asociación Veciñal de Esteiro. A Federación de Anpas de Colexios Públicos e os Directores de ...

ESCOLA EN ESTEIRO

... nunha escola pública: así se pode resumir o malfacer da Xunta de Galicia gobernada polo PP no que atinxe á prometida escola infantil pública de Esteiro. ...

Los vecinos de Esteiro buscarán nuevos apoyos para lograr que se ...

23 Sep 2010... de euros para a Área Sanitaria de Ferrol desapareceron, o centro de día de Canido queda no aire e a Escola Infantil Pública de Esteiro, ...

Ártabra 21: Denuncian o peche de servizos de atención ó cidadá no ...

12 ago 2009... D. Diego Calvo, para falar da Escola Infantil Pública de Esteiro, sen ningún resultado polo momento, case catro meses despois. ...
______________________________

domingo, novembro 14, 2010

Ciclo "Cine e Sanidade" en Esteiro, os Xoves: 18 e 25 de Novembro - 2 e 9 de Decembro


Ciclo Cine e Sanidade nos Duplex de Esteiro

A Asociación Veciñal de Esteiro comezamos un novo ciclo de cine: Cine e Sanidade .

Será nos Duplex de Esteiro os xoves ás 20:30 horas e con entrada de balde.

As peliculas son:
  • 18 de Novembro - "American Cuisine": Que será presentada por Carlos Piñeiro, médico e presidente de Amicor.
  • 25 de Novembro - "Máis pena que gloria": Que será presentada por Roberto Artabe, médico de Asfedro e do Comité Anti Sida.
  • 2 de Decembro - "Un lugar no mundo": Que será presentada por Camilo Casal, profesor e presidente de Lápis Verdes.
  • 9 de Decembro - "Eu tamén": Que será presentada por Mercedes Alonso, psicóloga da Asociación Teima-Síndrome de Down.

Agradecemos a difusión dos actos e a asistencia ós mesmos.

Un saúdo.

Asdo./ Xosé Miguel López, presidente da AV de Esteiro

Local Veciñal:
Rúa Fernando VI,
Bloque I baixo
Ferrol -15403
Telef. 981933223
avesteiro@galicia.com
http://avesteiro.blogspot.com/



Enviado por:

Asociacion Veciñal Fontelonga
-avvfontelonga@mundo-r.com-
13 de novembro de 2010 18:00
____________________

sábado, febreiro 27, 2010

A Asociación Veciñal de Esteiro organiza un "Ciclo de Mulleres", dentro do Programa "Cine Esteiro 2010"

A proxección de filmes, o cine, forma parte da actividade social e cultural da Asociación Veciñal de Esteiro. Desde hai un tempo esta asociación ven programando interesantes ciclos de cine no barrio. En colaboración coa Sala Cines Dúplex e o apoio da Deputación Provincial, organiza un "Ciclo de mulleres" dentro da programación xeral "Cine Esteiro 2010". Todas as proxección será ás 8 da tarde e a entrada de balde, os Xoves 4, 11, 18 e 25 deste mes de Marzo.






Información baseada na enviada pola:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
26 de fevereiro de 2010 17:55
___________________

luns, febreiro 01, 2010

Constitúen unha Plataforma a Prol da Universidade para demandar a desafectación das propiedades e instalación que o Ministerio de Defensa ten en Esteiro


A Asociación Veciñal de Esteiro queremos promover a creación dunha Plataforma a Prol da Universidade para demandar a desafectación das propiedades e instalación que o Ministerio de Defensa ten en Esteiro: Cuartel de Dolores, a Residencia de Oficiais, a Residencia do Coronel do Tercio e a parcela do antigo INVIFAS, para dedicalas a usos universitarios.

E a nosa intención convocar ó longo do mes de febreiro a tódalas entidades de calquera tipo que queiran posibilitar o que a Universidade en Ferrol poida cumprir coas demandas do Plan Bolonia e mesmo conseguir máis titulacións, a unha xuntanza, en réxime de autoconvocatoria, para constituir unha Plataforma a prol da Universidade



Campaña a prol da Universidade

A Asociación Veciñal de Esteiro, imos iniciar unha campaña a prol da Universidade e na defensa das necesidades de crecemento que o Campus de Esteiro necesita para adaptarse ó Plan Bolonia.

O Plan Bolonia, esixe de espazos conxuntos para aulas, laboratorios, talleres, departamentos. En xeral unha Universidade unitaria e unificada.

Hai unha marxe de catro anos, como máximo para que Ferrol se adapte ó Plan Bolonia.

Mesmo o Vicerrector de Infraestructuras manifesta a necesidade de máis espazo no entorno de Esteiro.

A nosa entidade, desde sempre, ven defendendo á Universidade e mesmo fixemos unha campaña a prol da Residencia Universitaria Pública, que finalmente se fará en Sánchez Aguilera.

Sempre defendemos que era preciso desafectar o Cuartel de Dolores a Residencia do Coronel do Tercio e a Residencia de Oficiais de diante da Casa do Patín para destinala a usos universitarios. Tamén a parcela do antigo Invifas na Avenida de Esteiro

Agora, e o momento de posibilitar que a segunda empresa da cidade, a Universidade, poida seguir medrando, adaptándose ó Plan Bolonia e mesmo creando novas titulacións relacionadas coas enxeñerías.

Queremos promover a creación dunha plataforma con tódalas entidades do Barrio de Esteiro e con todo o tecido asociativo da cidade, sindicatos, partidos, colexios profesionais etc, que teña como obxectivo as desafectación desas instalacións: Cuartel de Dolores, Residencia de Oficiais, Residencia do Coronel do Tercio e parcela do Invifas, para crear novos espazos da Universidade, máis zonas verdes, de ocio e deportivas o que permitiría integrar no barrio o Conxunto Monumental de Fontelonga e facer unha importante actuación sobre todo o Cadro de Esteiro.

Ferrol a 30 de xaneiro de 2010

Enviado por:
Asociacion Veciñal de Esteiro
-avvfontelonga@mundo-r.com-
30 de janeiro de 2010 12:31
______________________