Amosando publicacións coa etiqueta Finanzas Éticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Finanzas Éticas. Amosar todas as publicacións

xoves, xullo 12, 2012

'Desobedecer a crise' é o título dunha moi interesante Editorial do Boletín nº21 de Coop57


Quinto ano de crise balbuceando a mesma linguaxe que os catro anteriores. Recortes e colapso, estancamento e empobrecemento, cabeza gacha ante os 'mercados' e, en consecuencia, récords históricos de endebedamento, de desigualdades e dos índices de paro. Salpimentados cinicamente con novos rescates bancarios millonarios abonados de novo con recursos públicos e o diñeiro de todas e todos. Mentres, á vez e por contra, provoca-se a peor ofensiva antisocial desde o final da ditadura: na inercia involutiva da economía de casino que todo o malogra.

Obsesionados neuroticamente polo déficit, cegados politicamente polo axuste permanente e submisos aos ditames duns mercados financeiros que ninguén escolleu, a crise segue golpeando e galopando. E segue-nos interpelando. Con toda crueza. Cinco anos atrás, o estalido da crise financeira parecía anunciar que se abriría un profundo debate para reformular a fondo a insostenibilidade económica, social e ambiental do desenvolvemento capitalista e que se anunciarían outros camiños. Un espellismo en toda regra: desde 2007, crónica maldita do gran saqueo, só se reforzaron as dinámicas máis perversas dun capitalismo xa senil. Nunha especie de doutrina do shock que pretende lanzar á papeleira da historia dereitos fundamentais irrenunciables, alicerces básicos da cohesión social e instrumentos imprescindibles para reverter a especulación e a recesión. E anuncien que é polo noso ben e que o fan por nós. No noso nome e, encima, co noso diñeiro.

Ruela sen saída ou libro aberto aínda, aquilo obvio é que desta crise sae-se. A inquietude é cando. O dilema é como. A pregunta é a que prezo. A resposta é por que camiño. A clave, baixo que modelo. Á grega? Á islandesa? Con fórmulas propias? Si ninguén nunca é neutral nun tren en marcha, desde Coop57 somos conscientes, anos ha, que o único territorio liberado do que dispoñemos para construír outro futuro é a vida cotiá. O hoxe e o aquí. Alí onde se demostra que outras formas de facer son posíbeis, o único lugar onde certificamos que si, que si podemos, que si que hai alternativas.

Sobre ese sólido firme da solidariedade que nos acolle, sobre as raíces fondas dos principios irrenunciábeis da democracia económica e social e desde a práctica e memoria acumulada polo cooperativismo, constatamos que hoxe é necesario comprometerse máis que nunca. E máis e mellor: para fortalecer as alternativas que xa funcionan, para consolidar os útiles dos que xa dispoñemos e para reforzar todas as redes sociais e comunitarias: as que xa son e as que virán.

Activos e activadas pola transformación social, na última asemblea xeral de Coop57 decidimos que unha das prioridades do 2012 sería, precisamente, o apoio á creación e mantemento da ocupación. Espremendo todas as posibilidades malia todas as dificultades, ante un contexto desbocado de crecemento da pobreza e de niveis máximos de desocupación e precariedades. O vento que nos axita a facelo, máis forte desde o Encontro 2011 celebrado en Outubro pasado, asubiar que para saír desta haberá que facelo con máis redes colectivas, con máis consolidación cooperativa e con máis, moita máis, implicación cidadá. Barrio a barrio e pobo a pobo, para poder avanzar cara a un sistema integral de finanzas éticas e solidarias.

Hoxe, semente da outra economía por vir, miles de persoas xa se comprometeron con outro modelo socioeconómico, están destinando o seu aforro a dinamizar a economía social e reactivar a economía social, están implicados con outra saída á crise. Con formas de consumo responsable e traballo cooperativo arraigadas á economía local, a innovación socioeconómica e o desenvolvemento comunitario. E é que a casa común do futuro xa a estamos construíndo. Niso estamos: as primeiras pedras dun vínculo social reforzado están postas fai anos. E si imos lentos é porque imos lonxe. E porque á parálise do non se pode facer nada? opoñemos claramente a ameaza do bo exemplo.

Sementa, rego e colleita, hoxe aínda é tempo de bater a terra. Non será o mercado quen resolverá as necesidades humanas. Non será o Estado, neste momento, quen erradique ou reduza as desigualdades sociais. E entre a teaza dun mercado toleado e un estado impotente, quedamos aínda nós e todo o potencial inexplorado do compromiso social e o apoio mutuo. Na metáfora dun equipo pequeno que xoga nun terreo hostil e adverso, pero que continúa ben disposto a seguir a partida. A cambiar de campo. A seguir labrando o futuro, sabendo que con pouco se pode facer moito e que, entre todas e todos, todo é posíbel.

Finalmente só gritan, sempre, para ver si nos calan. Pero entre a fraude e a esperanza aínda, no medio dunha sociedade mediatizada polo medo, as posibilidades e opcións dunha saída ética, solidaria e ecuánime á crise seguen sendo reais e urxentes, necesarias e posíbeis. Un novo paradigma vén incubándose fai tempo e xa está reproducíndose: a democracia económica e social, a grande descoñecida pola que andamos camiñando. Ninguén di que chegar será fácil. Nin mecánico nin automático: ningún cambio social o é. Dependerá de miles de xestos, de miles de microcoherencias, de miles de vontades agregadas. Cando todo segue empezando e acabando ao mesmo lugar: en nós mesmas.

Volver empezar de novo e outra vez, é a hora de desobedecer a saída á crise que nos pretenden impoñer. Escribía Fromm que "todo é posible porque hai persoas que se atreven a dicir non ao poder que sexa, en nome da súa conciencia; a evolución depende a capacidade da desobediencia". A economía, certamente, ou a facemos nós ou será feita contra nós. Ou a facemos cooperativa e de escala humana ou non será cooperativa. E hoxe, tras cinco anos de crises e fraudes, sobra dicir o obvio: que deixala en mans dos tabeiróns dos mercados financeiros e os seus xestores sería peor que unha irresponsabilidade colectiva. Sería unha suicidio.

Si o presente sempre é o vértice onde se cruzan pasado e futuro, percorremos incesantemente á memoria dun futuro anterior. No afastado 1809, na proclama da 'Junta Tuitiva de La Paz' (Bolivia) que proclamaba a independencia afirmaba-se: "gardamos un silencio demasiado parecido á estupidez". É tempo de non calar. De deconstuír todo silencio para saír da crise. E tal e como di a concorrida proclama do século XXI... esperade-nos, porque estamos chegando.

b21cat.png
Boletín Informativo.
Número 21. Primavera 2012.
[Desobedecer a crise]
Boletín 211,9 Mb

Web oficial de COOP57:
http://www.coop57.coop





***
Grupo de Apoio ás Finanzas e Seguros Éticos da cooperativa Arméria








_______________