Nace a Sociedade Cooperativa Galega: 'Nosa Enerxía'
Nosa Enerxía é unha cooperativa de xeración e consumo de enerxía renovábel. A primeira cooperativa de enerxía verde na Galiza e a sexta no territorio do Estado Español.
Nosa Enerxía é o proxecto cooperativo no ámbito enerxético en Galiza. O proxecto que pretende recuperar a soberanía enerxética na Nosa Terra.
Nosa Enerxía ten por obxecto "
a procura de bens e servizos para o uso ou consumo das súas persoas socias e das persoas que convivan con elas, producindo os bens e servizos que proporcionen ou adquiríndoos de terceiras persoas, así como a defensa e promoción dos dereitos dos consumidores ou consumidoras e usuarios ou usuarias".
Desde Nosa Enerxía pensan acadalo realizando as seguintes actividades:
- Subministrar enerxía, procedente de fontes renovábeis, ás persoas socias da cooperativa.
- Producir enerxía mediante fontes renovábeis para as persoas socias da cooperativa e para a rede eléctrica.
- Proporcionar produtos e servizos relacionados.
- Difundir e promover a actividade cooperativa na sociedade.
Por outra banda estas son as alternativas a nivel do territorio do, polo de agora, Reino de España que tamén traballan en proxectos cooperativos no ámbito enerxético :
Som Enerxía - A cooperativa de enerxía verde
http://www.somenergia.coop/es/
Som Enerxía cooperativa sen ánimo de lucro que comercializa enerxía 100% Verde.
Zencer - A túa enerxía.
http://www.zencer.es/
Zencer cooperativa de consumidores e usuarios de enerxía eléctrica en Andalucía.
GoiEner - Cooperativa de xeración e consumo de enerxía renovable
http://www.goiener.com/
GoiEner é unha cooperativa de consumidores/as e xeradores/as de enerxía verde que se vai xestando desde hai anos, con máis de 1000 persoas sociais, localizadas principalmente en Euskal Herria.
Ecooo - Desobendiencia solar 100.3
http://www.ecooo.es/
Ecooo empresa de non lucro onde poder participar na revolución solar. Unen persoas por unha economía real e sostíbel.
Enerpluscoop - Cooperativa
http://www.enerplus.coop/
Enerpluscoop, a primeira cooperativa de enerxías renovables de Cantabria.
Polo de agora estas son as cooperativas a nivel de estado que están procurando un novo modelo enerxético, nunha primeira fase na distribución e comercialización e nunha segunda a mesma produción, así é como se van construíndo os contrapoderes necesarios e unha nova vía de construción da economía social e solidaria, para saír do Capitalismo, amosando un novo modelo alternativo ás grandes corporacións da enerxía. Corporacións privadas que nos rouban, grandes oligopolios que nos someten e explotan, que se fixeron co que é de tod@s para facer grandes negocios, para lucrar-se uns poucos, e empobrecer-nos, aínda máis, á maioría da poboación.
A xente de 'Nosa Enerxía' presenta-se deste xeito:
"O obxectivo central que nos fixamos é converternos nunha organización de referencia no sector enerxético, ofrecendo un modelo totalmente diferente que aposte polas fontes de enerxía renovables, a promoción dos valores da economía social, a promoción do emprego, fomentar un tecido produtivo enerxético autóctono que sirva para desprendernos das técnicas de xeración de enerxía dependentes do carbono, a intercooperación, a protección do medio ambiente, a democratización do consumo enerxético e a sustentabilidade. En resumo, un actor dinámico no cambio do modelo enerxético na sociedade".
"Nosa Enerxía nace como a primeira cooperativa enerxética galega que terá por obxecto a produción, distribución e comercialización de enerxía de orixe renovable certificada, distribuíndo produtos e servizos relacionados, a un prezo competitivo e estable. Esta cooperativa promoverá proxectos de xeración de enerxía renovable de xeito distribuído e para autoconsumo, principalmente no ámbito de Galicia".
Desde
Ártabra 21 damos-lles a ben vida e desexar moito suceso no proxecto cooperativo, tan necesario para o noso país e o medio ambiente. Sómemo-nos ao proxecto impulsado pola xente de 'Nosa Enerxía', axudemos e colaboremos, este é un moi bon momento. Desde o
Encontro Social de Ferrol Terra e
Arméria Sociedade Cooperativa Galega, deberíamos de colaborar e apoiar á xente que leva adiante este novo proxecto.
Para poñer-se en contacto:
nosaenerxia@nosaenerxia.com
Twitter:
https://twitter.com/NosaEnerxia
Facebook:
https://www.facebook.com/NosaEnerxia
Tres moi interesantes artigos de
Marcos Pérez Pena en
Praza Pública:
Hai outras formas de ter enerxía
"..
comezou a traballar Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega,
na que colaboran ao redor de 120 persoas. Neste momento buscar reunir
os 3000 euros necesarios para dar de alta a cooperativa. O seu obxectico
idea é darse de alta antes de que finalice este anos e xa no 2014
comezar a comercializar enerxía renovable. No actual grupo promotor
actual hai unhas 17 persoas e buscan xuntar uns 30 socios promotores que
acheguen uns 100 euros cada un". 02.10.2013 - [
Ler máis ...]
Europa fomenta o autoconsumo enerxético e a descentralización e o Goberno español fai todo o contrario
... "
En distintos lugares de España están a nacer, e a crecer con forza, cooperativas de comercialización e produción eléctrica: a vasca Goiener, a cántabra Enerplus, a andaluza Zencer, a valenciana Nercoop, ou a catalá Som Energia, con dez mil socios en todo o Estado (tamén en Galicia, onde contan cun grupo territorial). Ademais, o pasado 21 de setembro Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega celebrou a súa asemblea constituinte e escolleu o seu Consello Reitor. Trátase dunha iniciativa netamente galega, que nestes momentos traballa nos trámites administrativos necesarios para comezar a súa actividade" ... 04.10.2013 - [
Ler máis ...]
A incerteza eléctrica eleva o interese polas cooperativas de enerxía
..."
Neste contexto cada vez máis ollos xiran cara ás cooperativas de comercialización e produción eléctrica, coma a vasca Goiener, a cántabra Enerplus, a andaluza Zencer, a valenciana Nercoop, ou a catalá Som Energia, con dez mil socios en todo o Estado (tamén en Galicia, onde contan cun grupo territorial), ou a galega Nosa Enerxía Sociedade Cooperativa Galega. Todos eles buscan 'cambiar o modelo enerxético actual e democratizar a enerxía, consumir enerxía verde e tamén apostar pola economía social e verde'."... 23.12.2013 - [
Ler máis ...]
____________