Arméria é un proxecto xurdido do seo do Encontro Social de Ferrol Terra, que se constituíu en forma de sociedade cooperativa galega sen ánimo de lucro. A pretensión era a creación dunha ferramenta legalizada e con entidade xurídica propia da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.
Arméria marcou-se como obxectivo promover actividades de economía social e solidaria que incidirían favorabelmente na calidade de vida das persoas poboadoras das comarcas do noroeste galego (Ferrol Terra de Trasancos, Bezoucos, Eume e Ortegal). As actividades sempre guiadas polos principios da cooperación, da complementariedade, da reciprocidade, da autoxestión, de portas abertas, de democracia participativa, de axuda mutua, con metodoloxías creativas e enfoque intercultural. Pretendía-se que nestas actividades empregaramos xunto ao diñeiro corrente, os euros, o diñeiro social, medido en tempo, traballo voluntario ou intercambios. Para asociarse a Arméria había que contribuír con 30 euros ou 5 horas de traballo comunitario.
De tod@s nós depende que este proxecto continúe e vaia collendo forma. A Tenda de Troco é unha mostra real do que se pode facer en positivo. A promoción de hortas comunitarias como a de Caranza. Ou tarefas pendentes como o apoio, promoción e difusión das finanzas éticas e economía social e solidaria (COOP'57, FIARE, ARÇE, NOSA ENERXÍA, REAS ...). A Asemblea extraordinaria deliberativa que imos celebrar este venres 26 de setembro, en Caranza, ten ese obxectivo.
Asemblea Extraordinaria Deliberativa de Arméria Soc. Coop. Galega
Día: Venres 26 de Setembro de 2014.
Hora: Ás 18:30hs en primeira convocatoria e ás 19:00hs en segunda e última.
Lugar: Centro Cívico de Caranza.
Unha vez superados todos os tramites de legalización da cooperativa. O Consello Reitor na súa última Xuntanza do 10 de Setembro, acordou entre outros asuntos convocar unha Asemblea Extraordinaria Deliberativa, para analizar a situación do proxecto, novas ideas e compromisos. Con posterioridade, aínda sen data, imos ter que celebrar unha Asemblea Extraordinaria, para a renovación de responsabilidades e se é o caso aprobar os documentos e contas correspondentes.
Arméria Sociedade Cooperativa Galega
(Sen ánimo de lucro)
Avda de Castelao s/n.
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
15406 - Ferrol
Correo-e: armeria.soc.coop.galega@gmail.com
Sitio-e: http://armeriacooperativa.blogspot.com.es/
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon