sábado, novembro 09, 2013

A Tenda de Troco, de Arméria Sociedade Cooperativa Galega, lembra á compañeira Vitoria Fernández Paredes


Desde os primeiros pasos, os primeiros debates na construción da Tenda de Troco da Cooperativa Armeria, a presencia de Vitoria aportou serenidade, equilibrio e experiencia. Nas primeiras reunións do Encontro Social de Ferrolterra apenas podiamos alcanzar a mirar o que hoxe é unha realidade. A súa enfermidade chegounos discretamente, como era ela. Deixou de fazer a súa quenda dos xoves coa compañeira Fani poucos días antes de que nos sorprendera a súa morte. Varias compañeiras estabamos na tenda na hora do seu pasamento. Estabamos montando os novos expositores dos que ela estaría orgullosa, como o estaba de termos conseguido darlle vida real a un dos proxectos soñados entre todas as persoas que conformaron ou conforman o Encontro Social de Ferrolterra e a Cooperativa Armeria, da que formaba parte do Consello Rector. Ata sempre compañeira! Seguiremos trocando para trocar o mundo!


Tenda de Troco
tendadetroco@gmail.com

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon