PODEMOS FERROL: liña de subvencións a hostaleríaO CÍRCULO DE PODEMOS FERROL SOLICITA Á CREACIÓN DE UNHA LIÑA DE SUBVENCIÓNS POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA PARA A COMPRA DE DETECTORES DE CO2 E FILTROS HEPA.Dende a formación local de Podemos Ferrol instan ao Concello de Ferrol a que demande á Xunta de Galicia a creación dunha liña de subvencións de concorrencia non competitiva para que o sector da hostalería poida sufragar á adquisición de detectores de CO2 e filtros HEPA.
Podemos Ferrol ven de presentar unha moción no concello de Ferrol instando o concello a que demande á Xunta de Galicia a creación dunha liña de subvencións de concorrencia non competitiva para que o sector da hostalería poida sufragar á adquisición de detectores de CO2 e filtros HEPA.
Máis aló de que a mascarilla, o uso de xel hidroalcohólico e a distancia son armas fundamentais para evitar contaxios certo é que en espazos e ambientes pechados e de certa concorrencia de xente, como pode ser na hostalería e en certos centros de comercio, hai que analizar a aparición dos aerosois como principal causa de contaxio e que repercuten na calidade do aire.
“
A Xunta xa tomou nota da necesidade de analizar a calidade do aire nos restaurantes e deixa constancia da mesma na inclusión do punto sétimo bis na orde do 14 de abril. Unha necesidade que se debe estender a outros locais de hostalería e a certos centros comerciais” apunta Xosé Iglesias voceiro do círculo de Podemos Ferrol.
“
Pero o que non pode facer a Xunta de Galicia é publicar esta orde e impor a necesidade de usar estes detectores de CO2 por parte da hostalería a partir do vindeiro 23 de abril e non quitar paralelamente unha liña de subvencións para que a xente da hostalería poida sufragar o custe da adquisición de ditos aparatos” engade Iglesias, “
segue a castigarse a este sector constantemente, e en este caso obrigándolles a facer un desembolso extra para poder adquirir estes detectores”.
É por iso que dende Podemos Ferrol se dirixen ao Concello demandando certos puntos como:
✔ Solicitar ao Goberno da Xunta de Galicia que cree unha liña de subvención de concorrencia non competitiva para cubrir os custes da adquisición de detectores/medidores de Co2 e filtros HEPA por parte dos sectores da hostalería, do comercio local e de calquera PEME ou persoa autónoma que o solicite; asemade solicitar o reembolso para quenes dentro dos sectores afectados xa comprasen ditos equipos anteriormente á data do 23 de abril de 2021 do importe dos mesmos previa presentación de factura ou xustificante de compra e dito reembolso vaia a cargo da liña de subvencións creada para tal fin.
✔ Solicitar ao Goberno da Xunta de Galicia a que dote en todas as instalacións da súa titularidade e nas dependencias que se usen con finalidades deportivas no seu ámbito pechado, culturais, sociais ou/e lectivas de ditos detectores e filtros.
✔ Que o Concello de Ferrol se comprometa no tocante ao uso de estes aparellos a dotar ás distintas instalacións de titularidade municipal dos mesmos.
✔ Solicitar que de xeito conxunto a Xunta de Galicia e a FEGAMP dote de estes detectores/medidores de CO2 e filtros HEPA a todos os centros onde se desenrolen actividades sociais, culturais, educativas, lúdicas e de calquera carácter de interese público onde fosen necesarios para manter unha correcta ventilación.
✔ Solicitar á Xunta de Galicia e ao Goberno do Estado a contratación de rastrexadores para a realización de rastrexos retrospectivos conxuntamente cos rastrexos prospectivos.
Ferrol, a 20 de abril de 2021.
Achegamos:
-
Moción presentada no Concello.
-
Infografía.
CONTACTO:
Xosé Iglesias
Voceiro Podemos Ferrol
Área de Comunicación e Prensa
Ana Guzmán
Podemos Ferrol
ferrol@circulospodemos.infohttps://www.facebook.com/PodemosFerrolOficial/Enviado por:
Podemos Ferrol
-ferrol@circulospodemos.info-
20 de abril de 2021 13:4_______