Na sexta-feira, 6 de março, às 20.00hs decorrerá na Fundaçom Artábria a apresentaçom do livro "Ferreñas & Rock and Roll. Crónica ilustrada das nosas músicas máis senlleiras", editado por Baía edicións.
No ato intervirám as autoras Laura Romero e Iria Pedreira, junto à cantora ferrolana Maria Manuela, umha das músicas protagonistas do livro.
Nota da editora:
Ferreñas e Rock and Roll é un catálogo ilustrado a toda cor no que se outorga protagonismo a trinta e unha músicas ou formacións integramente femininas que marcaron un antes e un despois tanto nos seus respectivos estilos como no conxunto da música galega.
Laura Romero ao lapis, Iria Pedreira ás letras e Baía Edicións á maquinaria xuntan os seus talentos nunha obra única que foi distinguida cun dos premios do II Concurso de ideas “Luísa Villalta” de proxectos culturais pola igualdade convocado en 2018 pola área de Benestar Social, Educación e Políticas da Deputación da Coruña.
--
Travessa de Batalhons nº7 Esteiro
15403 Ferrol - GALIZA
Telefone: +34 981 35 29 86
www.artabria.net
Segue-nos em twitter @fartabria e em facebook!
A Fundaçom Artábria é um projecto popular em defesa da língua e cultura nacional, os valores solidários e os direitos históricos da Galiza. Entidade de carácter sociocultural sem ánimo de lucro que está declarada de Interesse Galego e classificada de interesse cultural, com o nº 54 no registo de fundaçons da Xunta de Galicia.
Enviado por:
Fundaçom Artábria
-correiodeartabria@gmail.com-
4 de março de 2020 23:24
_____________