Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Letras Galegas. Amosar todas as publicacións

sábado, maio 15, 2010

Mareando as nosas Letras: Domingo 16 de Maio de 2010

A.C. Lefre de Caldereta
Mareando as nosas Letras

A asociación cultural Lefre de Caldereta convídavos a todas e todos a que colaboredes e disfrutedes o domingo 16 de maio no paseo marítimo cos patróns e patroas das embarcacións nunha saída festiva pola nosa ría en defenda das Letras Galegas.

Despois deste percorrido no que cantaremos cancións remataremos polos bares do lugar que decidiron colaborar nesta actividade pioneira que lefre pretende que sexa por moitos anos.

Non faltedes!!.

Xuntamos cartel. Agradecemos difusión

Asociación Cultural Lefre de Caldereta
www.lefredecaldereta.com
lefre@lefredecaldereta.com




[Para ampliar clicar acima do cartaz]

Enviado por:
A.C Lefre de Caldereta

-lefre@lefredecaldereta.com-
14 de maio de 2010 21:06
___________________

Ártabra 21 participará na convocatoria unitaria pola Lingua da Praza Rosalia este Sábado 15 de Maio, ás 6 da Tarde

O Colectivo Ártabra 21, na súa reunión ordinaria celebrada onte, acordou participar na autoconvocatoria unitaria pola nosa lingua, deste Sábado 15 de Maio de 2010 que se vai celebrar na Praza Rosalia de Castro de Ferrol, situada no barrio de San Xoan, próxima á estrada de Castela. E apoiar a Manifestación Nacional, en defensa do Galego que secelebrará en Santiago de Compostela o vindeiro 17 de Maio, Día das Nosas Letras, dedicado este ano ao poeta do Caurel, Uxío Novo Neyra. Mais consideramos que todos os actos en defensa do Galego, sexan particulares, institucionais ou veciñais, son merecedores do nosdo apoio.


[Localización da Praza Rosalia do Concello de Ferrol]

Na actual situación de menosprezo, por parte da Xunta de Galicia e sectores políticos da dereita, na defensa da Lingua non pode haber fisuras. A nosa Lingua é unha parte fundamental da nosa cultura que nos identifica como galegas e galegos. O noso Colectivo fai un chamamento a todas as veciñas e veciños de ben, independentemente da lingua na que se expresen a defender o noso idioma, a lingua propia da Galiza, o Galego.


[Acto unitario na Praza Rosalñia do pasado ano 2009]

O millor xeito que temos de defender a nosa lingua é emprega-la, face-la útil e normal na nosa vida diaria: nos centros de traballo, no ensino, diante da administración, no mercado, na rúa, nos xogos, coa nosa familia e amizades, ... Mais os poderes públicos teñen a obriga de promove-la e dinamizar os mecanismos legais e medios técnicos para facer da lingua propia da Galiza, o Galego, unha lingua normal e querida, onde nos sintamos con orgullo de ser o que somos, persoas libres, cidadáns dunha sociedade amante da diversidade e do diferente, mais que non renuncia ao que lle fai singular no crisol das culturas e das linguas.

Mil primaveras máis para a nosa Lingua !!

O Galego Sempre vivo !!

Ferrol, Terra de Trasancos e Bezoucos, 14 de Maio de 2010

Colectivo Ártabra 21


Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara ao futuro da humanidade, respeituosa e defensora do medio natural
_____________________

xoves, maio 13, 2010

Letras Galegas 2010 no Teatro Jofre: Sábado 15 de Maio

Sábado 15 de Maio en Ferrol: Letras Galegas no Teatro Jofre

LETRAS GALEGAS 2010 - ACTO CIDADÁN

Sábado 15 de maio, 2010, ás 20,30 h - Teatro Jofre – Ferrol

Coas actuacións de : Maite Dono & Waldo Martínez, Miguel Alonso, Cristina Pérez-Lago & Suso Pérez Lago, Lorena Calaza.

Presentación: Ghazafelhos.

Organiza : Concello de Ferrol – Cultura e Asociacións Culturais e Veciñais.

Invitacións a disposición da cidadanía, no Teatro Jofre, desde o martes 11 ata completar o aforo. Horario de 11 a 13 e de 18 a 20 h. Telefº de reservas: 981944245.

Próximos actos:
  • Venres 14 de Maio - 17,00 h Cemiterio de Catabois: Homenaxe a o noso compañeiro Tino Deibe, no 2º aniversario do seu pasamento.
  • Venres 14 de Maio - 19,00 h Centro C. Torrente Ballester. Visita guiada a exposición "Seguro?..." de Suso Basterrechea.
  • Sábado 15 de Maio - 11 a 13 h. emisión en directo de "O Recuncho" en 93.9 FM. O programa radiofónico de Fuco Buxán.
  • Sábado 15 de Maio - 20,30 h Teatro Jofre: Celebración do Día das Letras Galegas (Concello e Asoc. Veciñais e Culturais)
  • Sábado 15 de Maio - "Roteiro Pico Vello" en defensa das Fragas do Eume (organizan varias asociacións)
  • Lúns 17  de Maio - 12 h manifestación en Compostela "O Galego o Noso Existir" organiza Plataforma "Queremos Galego"
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
12 de maio de 2010 15:47

________________________

mércores, maio 12, 2010

Autoconvocatória, para o Sábado 15 de Maio, polo Dia d'As Nossas Letras

http://3.bp.blogspot.com/_QExrwfv6Cnc/S-A2rTPbb7I/AAAAAAAAMnA/QdcVCG2IuME/s1600/17maio2010.png

Celebrando a nossa Língua
Como todos os anos, na Praça Rosalia de Castro do Concelho de Ferrol, haverá umha homenagem à nossa Língua na figura da precursora da recuperaçom das nossas letras. Em anos anteriores, e em regime de autoconvocatória, várias organizaçons e colectivos vizinhais, sociais e culturais coincidíamos o 17 de Maio neste pequeno acto. Este ano, com tantos ataques para a nossa Língua, está convocada pola Plataforma Queremos Galego, umha manifestaçom nacional em Santiago de Compostela que apoia o nosso colectivo  É polo que, nos animamos a tomar a iniciativa de impulsar o acto da Praça de Rosalia trasladando-a para o sábado 15 às 18hs, mantendo o regime de autoconvocatória.

[Clicar acima da imagem para entrar na Galeria de Diapositivos a grande resoluçom]
[Achegada pola A.C. Fuco Buxan]
Todas as associaçons e colectivos podem intervir no acto com comunicados, poesias ou outras intervençons. Podem-se levar umhas flores como outros anos. As pessoas a título individual também podem fazê-lo, e desde A Revolta convidamos a quem assim o deseje a assistir co traje tradicional como um outro jeito de reivindicar a nossa identidade. Nós ponheremos a música.


GALICIA será a miña xeración quen te salve?
Irei un día do Courel a Compostela por terras liberadas?
Non, a forza do noso amor non pode ser inutil!

Uxio Novoneira

Nota.-
As entidades que decidam participar, seria bom que remitiram um comunicado aos medios, no que manifestem o seu apoio e participaçom no Acto Unitario en prol da Língua Galega que, em régime de autoconvocatoria, vai ter lugar em Ferrol, o Sábado 15 de Maio, às 6 da Tarde na Praça Rosalia de Castro.

Mil Primaveras mais para a nossa Língua !!

No,nome d'A Revolta

André Martínez Ces


Colectivo Sociocultural "A Revolta" de Trasancos

http://a-revolta-de-trasancos.blogspot.com/

__________________________

Este 17 de Maio todas e todos a Compostela en defensa da nosa lingua: Manifestacion Nacional "O Galego , o noso existir"


O GALEGO, O NOSO EXISTIR. MANIFESTACIÓN 17 DE MAIO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA. QUEREMOS GALEGO!

Prezadas amigas,

Prezados amigos,

Co obxectivo de dar o maior impulso e toda a difusión posíbel á convocatoria, xuntámosvos o texto do folleto que se distribuirá masivamente na manifestación deste vindeiro 17 de maio en Santiago de Compostela, co pedimento de que o reenviedes e distribuades, facéndollo chegar a familiares, veciñas/os, coñecidas/os, compañeiras/os de aulas ou de traballo, etc. Aproveitemos o noso potencial –nós mesmas/os– e movámonos para que ningunha galega ou galego fique o 17 na casa por non saber que ten nas rúas de Santiago de Compostela unha cita inescusábel para seguir a defender a vida e o futuro do galego frente aos intentos de desprotexelo, desmantelando a súa oficialidade en ámbitos chave como a das administracións ou o do ensino.

Todas e todos facemos Queremos Galego. Por iso, entre todas e entre todos debemos facer o posíbel para que a do 17 de maio volva ser unha xornada histórica e a máis grande mobilización cidadá de todos os tempos en defensa da nosa lingua e da nosa cultura. Porque o galego, como ben di o lema co que chamamos á manifestación, é o noso existir.

Tamén vos queremos solicitar, na medida en que poidades, a vosa colaboración para algún dos labores de organización que haberá que atender o propio día 17 para que a manifestación sexa un éxito, tamén no plano organizativo (participando no servizo de orde, repartindo ou colaborando na venda de material, recollendo sinaturas para a ILP pola garantía dos dereitos lingüísticos, etc). Por iso, se podedes axudar nalgunha destas tarefas, confirmádenolo chamando ao 981 563 885 ou enviándonos un correo a
queremosgalego@queremosgalego.org.
Dámosvos as grazas por adiantado.

Vémonos este 17 de maio en Santiago de Compostela.

Cordiais cumprimentos

web oficial: http://www.queremosgalego.org/

Autobuses desde Ferrol Terra

SAÍDA
10:00.- Ares; os autobuses que pon o Concello de Ares sairán da Porta do SolTlf. 981 468 102
REGRESO

Ao remate da manifestación

 

SAÍDA

09:30.- Cabanas, no Areal
Tlfs. 637 971 387
REGRESO
Ás 14:30; xantar campestre en Sigüeiro e volta ás 18:00 para Cabanas

PREZO: 7 €


SAÍDA
09:00.- Cedeira; os autobuses que pon a CIG sairán da Praza de Galiza
Tlf. 699 821 073 (Fernando) - 655971748 (Mari Paz)
REGRESO
Ao remate da manifestación


SAÍDA
10:00.- Fene, diante do Concello
Tlfs. 981 341 451 (departamento de Cultura)
REGRESO
Ao remate da manifestación


SAÍDA
10:00.- Ferrol, local da CIG en Esteiro
Tlfs. 981358750 - 981352676
REGRESO
Ao remate da manifestación


SAÍDA
10:00.- Mugardos, diante do Concello
Tlfs. 981 470 338
REGRESO
Ao remate da manifestación


SAÍDA
10:00.- Narón, Praza de Galiza
Tlfs. 981 337 700; ext1205, ext1063
REGRESO
Ás 15:00


SAÍDA
10:15.- Pontedeume, na parada dos autobuses
Tlfs. 639 623 781 (Manolo)
REGRESO
Ao remate da manifestación


SAÍDA
10:00.- As Pontes
Tlfs. 981 451 510 (CIG)
REGRESO
Ao remate da manifestación


SAÍDA
10:00.- San Sadurniño, Praza do Concello
Tlfs. 981 490 027 (Concello)
REGRESO
Ao remate da manifestación


Enviado por:
QUEREMOS GALEGO!
-queremosgalego@acogalo.net-
12 de maio de 2010 16:41

__________________________

venres, maio 07, 2010

Em Ferrol, na Galiza...Sair à rua e defender o direito colectivo à língua: jornada lúdica-reivindicativa a próxima sexta-feira 14 de Maio


Jornada lúdico-reinvindicativa no Dia das Letras

Com motivo do Dia das Letras a Fundaçom Artábria organiza umha jornada lúdica-reivindicativa a próxima sexta-feira 14 de Maio.

Às 20.30h terá lugar um passa-ruas que sairá da Praça do Hino Galego e rematará no Cantom de Molins após percorrer o bairro da Madalena.

Posteriormente, às 22.00h decorrerá um concerto no Cantom de Molins com as actuaçons de Ugia Pedreira e Fred Martins, Ataque Escampe, Arenga, Garcia MC e Trapalhada.

Por suposto será de graça. Contaremos com carpa e balcom com preços populares.

Em Ferrol, na Galiza...Sair à rua e defender o direito colectivo à língua

Em condiçons normais, nengum povo precisa de dedicar especiais esforços a defender o uso da sua língua. Para nós, galegos e galegas, o uso normalizado do idioma que os nossos antepassados criárom há muitos séculos atrás é hoje quase umha heroicidade.

Som inumeráveis os obstáculos que as normas legais e institucionais nos colocam, com um único objectivo, marcado há muito tempo por quem nos nega como povo diferenciado: que se consume a substituiçom lingüística e o galego passe à história em favor da língua do Estado espanhol.

A verdade é que o quadro jurídico sempre favoreceu a imposiçom do espanhol, apontando falsas concessons ao galego, com base no chamado “bilingüismo harmónico”. Hoje sabemos que a “harmonia bilingüista” conduziu para os níveis mais baixos de uso social do galego de toda a história. Quantos nenos ou nenas galegofalentes conheces em Ferrol? É um conto com final feliz... para o espanhol.

Agora que o galego está socialmente enfraquecido devido a essas falsas políticas normalizadoras, o PP pretende, à frente da Junta da Galiza, pisar o acelerador da imposiçom do espanhol. Nom podemos permiti-lo. A resposta social que se tem dado neste último ano deve alargar-se e continuar até a derrota da política lingüística do PP, a começar polo novo Decreto de ensino que quer impor a partir do próximo ano académico.

Claro que, para sermos claros, as políticas contrárias ao galego nom som aplicadas só polo PP. No nosso concelho, a sucessom de governos de todas as cores nom seriviu em nengum caso para dar ao galego o lugar que lhe corresponde em Ferrol. Nem sequer a aprovaçom unánime de umha Ordenança de Normalizaçom, há mais de umha década, foi seguida da aplicaçom dos pontos ali recolhidos, que poderiam ajudar a socializar o uso do nosso idioma.

Nem nos cargos públicos, nem no funcionariado, nem na projecçom pública do trabalho institucional... em Ferrol, o actual governo, como os anteriores, abandona o galego à sua sorte, utilizando-o só às vezes e de maneira subsidiária em relaçom ao espanhol, estendendo umha mensagem muito negativa à sociedade, fazendo aparecer o espanhl como o “verdadeiramente importante”.

Só a própria sociedade organizada poderá dar a volta a umha situaçom tam complicada como a que o galego atravessa, em Ferrol e na Galiza. Por isso, mais umha vez, a Fundaçom Artábria quer visibilizar o compromisso das ferrolanas e ferrolanos com o nosso idioma, saindo à rua para defender o direito colectivo à língua.

Porque nom queremos ser tratadas nem tratados como “objectores” ou excepçom à regra do espanhol obrigatório. Queremos compromissos claros e concretos de cada instituiçom com o galego como idioma próprio da Galiza.

Esse é o objectivo do passa-ruas reivindicativo que convocamos para este 14 de Maio, poucos dias antes do Dia das Letras Galegas.

Convidamos as entidades e pessoas que em Ferrol coincidem nesse afám normalizador do galego para, juntas e juntos, reclamarmos aos poderes públicos umha nova política lingüística que ajude a devolver o galego ao seu legítimo proprietário: o povo galego.


Sítio webda Fundaçom Artábria
http://www.artabria.net

Sítio web do festival da Terra e da Língua
http://www.artabria.net/festival
Enviado por:
Fundaçom Artábria
-artabria@artabria.net-
7 de maio de 2010 22:19
__________________

mércores, marzo 25, 2009

Xoán Xosé Pita pídelle ao goberno local que non desista de reivindicar o Día das Letras para Ricardo Carvalho Calero

Correo electronico BNG
-bng@ferrol.es-
25 de março de 2009 09:39


O BNG aposta por potenciar a candidatura do profesor ferrolán

Ferrol 24 de marzo de 2009. Xoán Xosé Pita, portavoz municipal do BNG, pediu esta mañá ao Goberno Local de Ferrol que non desista de reivindicar o Día das Letras para D. Ricardo Carvalho Calero e fixo unha chamada a sociedade local a implicarse activamente na tarefa de que a RAG recoñeza o seu intenso traballo na defensa da nosa lingua.

Coincidindo co XIX aniversario do seu pasamento (Santiago, 25 de marzo de 1990) o BNG aposta por potenciar a candidatura do profesor ferrolán da que o Concello de Ferrol debe ser o motor.

Xoán Xosé Pita, incidiu na dinámica positiva que significaría, para a nosa cidade, que Carvalho Calero fora o protagonista do Día das Letras, pois estaríanos dando a posibilidade de poder desenvolver unha intensa actividade ao redor da súa figura e do seu legado e estariamos contribuindo a achegar o seu pensamento de dignificación da nosa lingua as xeracións máis novas.

Grupo Municipal do BNG
__________________________________________