Amosando publicacións coa etiqueta Llerena Perozo Porteiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Llerena Perozo Porteiro. Amosar todas as publicacións

mércores, febreiro 16, 2022

Presentación en Ferrol do libro de Llerena Perozo Porteiro: 'Pérez. Historia dun triunfo', o venres 18 de febreiro, na Central Librera (Rúa Dores, 5) - Acompañarán á autora ás feministas Sonia Mouriz e Lupe Ces; e o antropólogo e economista Marcos Lorenzo

Presentación en Ferrol do libro de Llerena Perozo Porteiro: "Pérez. Historia dun triunfo", o venres 18 de febreiro, ás 19:30 hs, na Central Librera (Rúa Dores, 5).

Acompañarán á autora ás feministas Sonia Mouriz e Lupe Ces; e o antropólogo e economista Marcos Lorenzo.

"Pérez. Historia dun triunfo"
de Llerena Perozo Porteiro [*]
Editorial Galaxia

Sen afastarse nunca do sentido do humor, apelando sempre á falibilidade humana e á empatía, a autora condúcenos nun relato áxil a través de vidas entrecruzadas. Un home de pro, machista militante e con éxito social, unha esposa sometida, unha nai rebelde, dúas migrantes vítimas do mundo da prostitución, outras dúas mulleres procedentes do rural abocadas ao servizo e unha moza urbana que conta coas ferramentas para revolucionar o mundo, dan forma a esta historia de supervivencias.

Cada unha das protagonistas, e todas xuntas, vanlle dar un novo sentido ao concepto do triunfo. Daquela, estamos tamén ante unha historia de xustiza poética, de rebelión, de esperanza.

[*] Llerena Perozo Porteiro (Vigo, 1974), non ten un oficio ao uso. Na actualidade vive na Gargalleira (Silleda), onde habita un proxecto vital e social de volta á natureza, ao rural e á cultura. Ademais do seu activismo ecofeminista, traballou ata hai un tempo nos eidos profesionais da cultura (produción audiovisual e editorial), o medio ambiente e a igualdade. Publicou dous libros de divulgación sobre estes temas e varios outros, tamén contos e narracións para xente nova, no marco de campañas educativas.
_______