Amosando publicacións coa etiqueta MODEPEN. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MODEPEN. Amosar todas as publicacións

venres, abril 16, 2021

Este sábado 17 de abril, pensionistas e non pensionistas están chamadas a defender o sistema público de pensións, polas presentes e polas futuras - En Ferrol está convocada unha concentración ás 12 do mediodía no Cantón - As mobilizacións están convocadas en todas as cidades da Galiza e no resto do territorio do Estado


Este sábado 17 de abril, pensionistas e non pensionistas están chamadas a defender o sistema de pensións públicas, polas presentes e polas futuras. En Ferrol está convocada unha concentración ás 12 do mediodía no Cantón. As mobilizacións están convocadas en todas as cidades da Galiza e no resto do territorio do Estado.

Unha vez máis a Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas - Modepen, chaman a mobilizar-se contra o empeño do ministro do goberno español Sr. Escriva, de aumentar o negocio privado das corporacións financeiras promovendo os plans de pensións privados de empresa, en detrimento do sistema público de pensións.

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensions Publicas que forma parte de MODEPEN (Movemento Galego na Defensa das Pensión Públicas). | @DefensaPensionsFerrolterra

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

_______

xoves, decembro 17, 2020

En Ferrol como en toda Galiza e no resto do territorio do estado, hoxe 17 de decembro, o movemento na defensa das pensións públicas mobilizara-se contra o fomento dos Plans de Pensións Privados de Empresa e as recomendacións do Pacto de Toledo - Na defensa das pensións presentes e futuras - Goberne quen goberne, as pensións públicas defenden-se





En Ferrol como en toda Galiza e no resto do territorio do estado, hoxe xoves, 17 de decembro, o movemento na defensa das pensións públicas mobilizara-se contra o fomento dos Plans de Pensións Privados de Empresa e as recomendacións do Pacto de Toledo. Ás 5 da tarde na Praza de España.

Na defensa das pensións presentes e futuras !!
Goberne quen goberne, as pensións públicas defenden-se !!

Mobilizamo-nos contra o Pacto de Toledo, que non recoñece aos pensionistas como interlocutores, nen os admite como integrantes do mesmo, pese a ser a súa función debater e propor medidas relativas ao sistema de pensións públicas, ditando resolucións e propostas que poden transformar radicalmente as vidas deses pensionistas.

A Plataforma, oponse a un sistema no que se pretende potenciar, desde o ámbito público, os plans de pensións privados, cabalo de Troia, para laminar no medio prazo o sistema público de pensións.

Defende ademais o establecemento dunha pensión mínima que recolla os criterios internacionalmente aprobados para combater a pobreza.

Desde a Plataforma faise especial fincapé en que "goberne quen goberne, as pensións deféndense".

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

_______

xoves, maio 09, 2019

Defendendo o sistema público de pensións, este sábado 11 de maio, en Ferrol, como noutros concellos da Galiza e en máis de 200 do resto do territorio do Estado, convocada unha concentración ás 11:30hs no Cantón


Nos actos de peche das “Marchas”, intervirán familiares dos usuarios das residencias.

CONVOCATORIA DE “MARCHAS CÍVICAS”: por uns Servizos Sociais 100% Públicos, Contra a Privatización, e en Solidariedade coas Vítimas da Covid'19 nas Residencias.

O xoves, 11 de xuño, terán lugar “MARCHAS CÍVICAS”nas sete principais cidades galegas: Vigo, Pontevedra, Santiago, Coruña, Ferrol, Lugo e Ourense. As “Marchas” están organizadas polo colectivo de pensionistas “Movemento Galego pola Defensa das Pensións e Servizos Públicos” (MODEPÉN), e o grupo de “Traballadoras das Residencias Galegas” (TReGA). As “Marchas” contan co apoio de familiares de usuarios das residencias de maiores, e representantes deses familiares tomarán tamén a palabra nos actos finais das “Marchas”.

MODEPÉN, TReGA, e os familiares dos usuarios das residencias, veñen traballando xuntos desde hai case 1 ano na denuncia das precarias condicións nas que estas se atopan. O forte exceso de mortes polo COVID'19 que houbo nas residencias, sobre todo nas de xestión privada, son unha proba máis da necesidade de introducir profundos cambios no modelo de residencias actualmente existente.

Os OBXECTIVOS das “Marchas” son os seguintes:

▪ DENUNCIAR A FORTÍSIMA PRIVATIZACIÓN das residencias e demais servizos galegos da dependencia: só o 15,6% das prazas das residencias galegas son plenamente públicas, é dicir de titularidade e xestión públicas.

▪ EXIXIR UNS SERVIZOS SOCIAIS 100% PÚBLICOS: precisamos residencias, servizos de atención no fogar, centros de día, ..., de titularidade e xestión plenamente públicos, e caracterizados por ser universais, centrados nos coidados no domicilio, e de calidade. Debemos superar o modelo actual de servizos públicos para os maiores e dependentes marcado pola súa enorme privatización, prezos moi caros, e calidade de atención moi mellorábel.

O dereito ao correcto coidado no solpor da vida debe ser garantido polos poderes públicos, como sucede nos países nórdicos; e como xa sucede no caso do ensino ou a sanidade pública.

▪ SOLIDARIZARSE COAS VÍTIMAS DA COVID-19 NAS RESIDENCIAS e demandar xustiza e reparación para as mesmas.

A HORA E LUGAR DE saída das “Marchas”, serán as seguintes:

▪ VIGO: ás 20:00 horas, no cruce de Rosalía de Castro con García Barbón

▪ OURENSE: ás 20:30 horas, na Praza Maior

▪ SANTIAGO: ás 20:00 horas, na Alameda

▪ PONTEVEDRA: ás 12:00 horas, na Praza da Peregrina

▪ CORUÑA: 12:00 horas, no Obelisco

FERROL: 12:00 horas, na Praza de Armas

▪ LUGO: 12:00 horas, na Praza do Concello,

Nos actos de peche das “Marchas”, intervirán familiares dos usuarios das residencias. Coa denominación de “MARCHAS CÍVICAS”queremos facer fincapé nos seguintes aspectos:

▪ As marchas só se realizarán se contan con todos os permisos legais preceptivos nestes tempos da Covid'19;

▪ Pedímoslle a todos e todas as participantes nas marchas que se organicen en ringleiras mantendo a distancia de seguridade de 2 metros entre as persoas, que leven máscaras de protección, e que sigan as instrucións do servizo de orde;

▪ As persoas do servizo de orde irán con chaleques identificativos, levarán máscaras de protección, disporán de solucións hidroalcóholicas para hixiene de mans, e repartirán entre os participantes cintas de 2 metros para axudar a manter a distancia de seguridade.

▪ En cada unha das 7 marchas, haberá unha única pancarta inicial co seguinte texto: “Contra a privatización e por uns servizos sociais 100%públicos”;

▪ Solicitámoslle a todas e todos os participantes nas ‘Marchas’ que respecten o seu carácter plural e transversal, e non utilicen faixas ou bandeirolas específicos dos colectivos dos que poidan facer parte;

▪ Pedímoslles a todas as persoas que estean de acordo cos obxectivos das ‘Marchas Cívicas’ que participen nelas, e esa petición estendémoslla tamén a todos os colectivos sociais, veciñais, sindicais, políticos, profesionais... que tamén os compartan.

01/06/2020

_______

luns, outubro 01, 2018

Ante o chamamento a mobilizar-se en todas as nacións e territorios do Estado, en defensa do sistema público de pensións, feito pola Coordinadora Estatal, este luns 1 de Outubro de 2018, en Santiago de Compostela, tivo lugar unha importante concentración das diferentes plataformas comarcais, hoxe integradas en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas), foi na Praza do Toural, ás 12 do mediodía - Vídeos e contacto coa Plataforma Ferrolterra


Ante o chamamento a mobilizar-se en todas as nacións e territorios do Estado, en defensa do sistema público de pensións, feito pola Coordinadora Estatal, este luns 1 de Outubro de 2018, en Santiago de Compostela, tivo lugar unha importante concentración das diferentes plataformas comarcais (Rianxo, Riveira, A Pobra, Boiro, Barbanza, Ferrolterra, Compostela, A Coruña, Monforte, Lugo, Ourense, O Carballiño, Redondela, Vigo, Pontevedra, O Salnés, O Morrazo, Marín, Valmior, Aloumiña..., hoxe case todas integradas en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas),foi na Praza do Toural, ás 12 do mediodía.

Foi un encontro galego das loitas na defensa do sistema público de pensións, con mobilizacións simultáneas en todas as nacións e territorios do estado, no "Día do Maior" declarado por Nacións Unidas (ONU).

A continuación presentamos os documentos audio/visuais, co comezo do Acto, lectura do Comunicado Unitario, por parte de Miguel (Modepen) e Manuela Fraguela (Plataforma) de Compostela e intervencións, do Presidente de Modepen Guillermo Fontán, de Victoria Portas, portavoz da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e integrante do Modepen, e detalles da do escritor e economista, tamén membro de Modepen, Xabier Pérez Davila.


https://youtu.be/UiispZLcnGc


https://youtu.be/b-dwLjg-0ok


https://youtu.be/6X-QLtghMEY


https://youtu.be/53EUxAZobY8

Unidos somos máis fortes, o futuro das pensións escribímolo hoxe.

DEFENDAMOS O SISTEMA PÚBLICO DE PENSIÓNS!!!

Todos os cidadáns teñen dereito a unha vida digna!

Plataforma Ferrolterra na Defensa das Pensións Públicas, integrada en MODEPEN (Movemento Galego pola Defensa das Pensión Públicas).

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

___________