Amosando publicacións coa etiqueta Manifestacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Manifestacións. Amosar todas as publicacións

venres, marzo 23, 2007

[redelitoralvivo] Mobilización do 22 de abril e xuntanza preparatoria]

De: Fusquenlla
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de marzo de 2007 0:14
Asunto: [redelitoralvivo] Mobilización do 22 de abril e xuntanza preparatoria]


---------- Mensaxe reenviado ----------
From: Xan Duro -xanduro@usc.es-
To: redelitoralvivo@verdegaia.org
Date: Thu, 22 Mar 2007 17:42:18 +0100
Subject: Re: [redelitoralvivo] Mobilización do 22 de abril e xuntanza preparatoria

Ola a tod@s,
O que debemos pretender para o día 22 e dar un berro colectivo dende os movementos sociais contra a destrución do noso litoral e por outro modelo de desenvolvemento do mesmo. O protagonismo ten que ser principalmente dos colectivos afectados directamente, e na súa localidade, por esta destrución e co apoio dos afectados "colaterais" que podemos ser os grupos ecoloxistas e a cidadanía en xeral (non partidos políticos)

O tempo non é moito pero penso que abonda na medida que cada un dos colectivos participantes se implique na súa divulgación e en mobilizar a canta xente poida.

O que si é imprescindíbel e mantermos unha xuntanza presencial de todos os colectivos interesados para definir:

1. Lema da convocatoria
2. Manifesto
3. Cartelería: deseño, nº de exemplares a imprimir e custos
4. Faixa de cabeceira (se a queremos)
5. Permisos
6. Custo económico e prorateo entre participantes.

Propoño o sábado 31 de marzo pola mañá en Santiago.
Agardo as vosas opinións
Unha aperta
-----------------------------------------
Xan Duro
Coordenador Xeral de Verdegaia
www.verdegaia.org
www.bicis.info
www.redelitoralvivo.info
www.plataformaferrocarril.org

xoves, marzo 22, 2007

Desde a Rede Litoral propopoñen unirnos a unha manifestación o día 22 de abril

De: CARMUCHAOTERO@telefonica.net
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de marzo de 2007 17:28
Asunto: mobilización


Desde a Rede Litoral propopoñen unirnos a unha manifestación o día 22 de abril (día da Terra) en Santiago aproveitando a que van facer varios grupos do Son e doutra zona onde queren poñer piscifactorías. Previamente haberá unha reunión en Santiago o día 31 deste mes (estou á espera de confirmación da data) Fusquenlla vai asistir á reunión. Decídeme si a Plataforma está dacordo. De tódolos xeitos, intentarei ir o 27 á Asemblea. Un saúdo.

Greempace e a convocatoria dunha manifestación o 22 de abril na defensa do litoral

De: "mareavermella\"@egrupos.net Marea vermella Grupo"
Para: artabra21@gmail.com
Data: 22 de marzo de 2007
Asunto: Greempace e a convocatoria dunha manifestación o 22 de abril na defensa do litoral

Pakinho escribió:
Ola a tod@s

En principio dende Greenpeace estamos dispostos a apoiar e participar na manifestación do día 22, pero dende Madrid (xa sabedes que é ali onde tomán este tipo de decisións) pídenme que me asegure de que non haberá partidos políticos involucrados e que a mensaxe oficial da manifestación limitarase a defensa do litoral ...

Daquela pediríavos que me confirmarades estes puntos e, que si xa a pensachedes, cal é a mensaxe ou consigna principal da cabeza da manifestación.

Espero que entendades estas precaucións que temos que tomar e que están nos nosos estatutos e que é a propia responsable de costas quen se ten que cubrir as costas perante da executiva.

Unha aperta a tod@s e espero a vosa resposta,

Paco González
Coordinador do grupo local de Greenpeace na Coruña

mércores, marzo 21, 2007

Diario de Ferrol: Vistos para sentenza 14 recursos contra a taxa do saneamiento rural en Narón

Polo interese da noticia transcribimos a mesma neste Blog, co ánimo de informar deste conflicto social en Narón, que co rogo de publicación e divulgación, hai uns días que a Agrupación de Asociacións Veciñais da Zona Rural do Concello Narón informounos do mesmo e da convocatoria dunha manifetación para o vindeiro domingo 25 de marzo, teñen convocado, con saída ás 12 domediodía desde o Asilo de Piñeiros, para posteriormente dirixirse até a Praza de Galiza, diante da casa do Concello de Narón.

Diario de Ferrol

Ferrol | Mércores, 21 de Marzo de 2007


Vistos para sentenza 14 recursos contra a taxa do saneamiento rural en Narón

A titular do Xulgado do Contencioso Administrativo de Ferrol deixou vistas para sentenza onte as 14 primeiras reclamaciones presentadas por veciños da zona rural contra a taxa de saneamiento cobrada polo Concello de Narón. Na actualidade hai tramitadas outras 80 e espéranse máis.

CARMELA LÓPEZ > FERROL

O desenvolvemento das vistas no Xulgado foi seguido de preto por ao redor dun centenar de veciños do rural naronés, que portaban pegatinas nas que podía lerse "Estamos aquí porque queremos xustiza. Saneamento se, negocios non", xunto con outras nas que se recollían as diferenzas existentes coas taxas doutros concellos polo mesmo cometido. En concreto, sinálanse os prezos da conexión do saneamiento en Neda -40 euros-, Cabanas -90,15-, zona rural de Ferrol -350 euros-, Ares -87,46 euros- e Narón -850 euros-.

Segundo a información facilitada polo secretario da AVV de Castro, Arturo Llago, o problema iniciouse cando o Concello acordou dotar de saneamiento as parroquias rurales e aprobou as taxas polas conexións. En resposta, en agosto de 2005 presentáronse ao redor de 1.300 alegaciones, que foron desestimadas na súa totalidade, polo que as asociacións de veciños, o 28 de decembro do mesmo ano, interpuxeron un recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza, que aínda está sen resolver.

En agosto do ano pasado, o Concello comezou a remitir aos beneficiarios as notificaciones polas conexións ao auga e ao alcantarillado, por un importe conxunto de 1.100 euros.

Para as persoas de escasos recursos, Servizos Sociais ten establecido un baremo de exención das taxas. Tamén existe a posibilidade de facer os pagos en varios prazos.

A raíz desas primeiras comunicacións, os veciños comezaron a presentar reclamaciones pola vía contencioso administrativa e onte víronse as primeiras 14, quedando pendentes outras 80, que os veciños din que van ser moitas máis, dado que o Concello continúa efectuando notificaciones.

As parroquias afectadas pola primeira fase do saneamiento rural que está acometiendo a empresa mixta Cosma afecta ás parroquias Castro, Ou Val e San Xiao, o que representa ao redor de 750 vivendas.

Nos recursos que se están vendo solicítase a nulidad da liquidación recorrida por vulneración dunha serie de artigos do texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, infracción do artigo 34 do Reglamento de Servizos das Corporacións Locais e por desviación de poder e infracción da Lei Xeral Tributaria.

Os veciños teñen convocada unha movilización cidadá para o próximo día 25, que conta co apoio do BNG.
__________
Noticia orixinal no Diario de Ferrol

martes, marzo 20, 2007

Coiva Azeda e Ortigueira Sostible: pola mobilización en defensa do Litoral Galego

De: Choiva Ázeda
Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de marzo de 2007 11:02
Asunto: Choiva Azeda e a convocatoria dunha manifestación o 22 de abril na defensa do litoral

Responder a: mareavermella@egrupos.net
Para: mareavermella@egrupos.net

Dende a Asociación Choiva Azeda de As Pontes estamos interesados en apoiar e colaborar en todo o que esté da nosa mán.

choiva-azeda.blogspot.com

Asociación Cultural Choiva Azeda

AS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

mareavermella@egrupos.net
http://www.egrupos.net/grupo/mareavermella


De: "mareavermella\"@egrupos.net Marea vermella Grupo"
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de marzo de 2007 2:22
Asunto: Ortigueira Sostible e a convocatoria dunha manifestación o 22 de abril na defensa do litoral

Recibimos o voso correo. Contade con nos. Ortigueira Sostible

http://www.egrupos.net/grupo/mareavermella