Exposición "De boas madeiras", do escultor Xosé Manuel Rodríguez (Moxom).
A mostra permanecerá aberta ao público até o vindeiro 31 de xaneiro.
Horario de visitas:
de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas,
e os sábados, de 10 a 13 horas.
En “De boas madeiras” as obras “non teñen unha temática definida posto que cada unha é distinta e xorde do que a forma da madeira me suxire en cada momento”. Hai tamén tres pezas: "O camiñante" , "La danceuse" e "A lectora" que son unha visión persoal de obras de Caspar David Friedrich, Monet e Hooper, respectivamente. En canto aos materiais, todas as pezas son de madeiras, principalmente de uz, carballo, salgueiro, bidueiro e, ocasionalmente, de castiñeiro, plátano de sombra, etc. Son madeiras “recollidas nos encoros, nos camiños e nas leiras da Galiza, procurando sempre o aproveitamento de material sen cortar madeiras novas. Así consigo dalgunha maneira que a madeira pola que non corre xa a savia cobre vida de novo”.
Almudena Marcos
Responsable do Museo do Humor de Fene
Rúa Conces, 20-22
15.500. Fene (A Coruña)
Tfno. 981-342400 // 607-625357
Enviado por:
Museo do Humor de Fene
-museodohumor@gmail.com-
10 de janeiro de 2022 11:52
_______