Amosando publicacións coa etiqueta Next Generation. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Next Generation. Amosar todas as publicacións

martes, abril 27, 2021

A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos (Next Generation) e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mobilizaron-se para denunciar que Reganosa non é ningún modelo de sustentabilidade para recibir fondos europeos e menos para presidir ningunha comisión que os xestione - Vídeo da concentración, intervencións e fotos


A Coordinadora Galega por un Reparto Xusto dos Fondos Europeos (Next Generation) e o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol mobilizaron-se para denunciar que Reganosa non é ningún modelo de sustentabilidade para recibir fondos europeos e menos para presidir ningunha comisión que os xestione. No acto demandou-se un reparto xusto e unha saída sostíbel para os fondos europeos. A concentración foi este sábado 24 de abril en Mehá (Mugardos), nas inmediacións da regasificadora. Denunciou-se que o gas natural licuado (LNG) é un combustíbel fósil e un factor importante destrutor da capa de ozono se sae a atmosfera e que a súa combustión como fonte de enerxía produce CO2; denunciou-se a falta de transparencia no proceso elaboración das propostas na Galiza, con a ausencia de participación pública e deixando de lado mesmo ao Parlamento; exixiseu-se un reparto xusto e sustentábel dos fondos europeos e non conceder-llos a quen contamina.


Planta de gas, fora da Ría !!

Gas Non é Solución !!


#GasNoneSolucion

Gas: os excesos dun sistema que pagas na factura. Un especial dixital realizado por "Ballena Blanca".

Gas e fracking. | Ecoloxistas en Acción.

Desde Ártabra 21 seguimos apoiando a loita do Comité Cidadán de Emerxencia.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
_______

sábado, xaneiro 30, 2021

En diversas localidades galegas tiveron lugar accións de protesta diante de diferentes sedes administrativas do goberno do estado e da Xunta de Galicia para denunciar o escuratismo e a falta de participación pública no reparto dos fondos europeos de recuperación Next Generation


Por un reparto xusto dos fondos europeos de recuperación (Next Generation), concentraron-se en diversas localidades galegas, membros de diferentes colectivos e organizacións, para protestar diante de diferentes sedes administrativas do goberno do estado e da Xunta de Galicia. En Ferrol tivo lugar diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, na Praza Amada Garcia.

Organizacións ecoloxistas, sindicais, políticas e colectivos sociais realizaron accións de protesta diante de diferentes sedes administrativas para denunciar ou escurantismo e a falta de participación pública non reparto dous fondos europeos de recuperación.

Advirten que lestes fondos van ir parar ás mesmas grandes empresas e sectores industriais que levaron á grave crise climática, social, económica e sanitaria que padecemos actualmente.

Denuncian que a Xunta de Galicia pretende repartir o pastel consultando só as grandes empresas, sen ter en conta ou tecido social e quen máis sufriu a crise, como a pequena e mediana empresa, ou sector sanitario ou ou dous coidados.

As organizacións salientan que vos fondos de recuperación non van ser de balde, senón que serán custeados por toda a cidadanía con axustes laborais, non sistema de pensións e nas contas públicas.

As organizacións reivindican:


✔ Transparencia e participación da sociedade civil na toma de decisións e nos criterios de adxudicación e inclusión de estritos controis ambientais e sociais dos proxectos.

✔ Priorización da contratación para proxectos estratéxicos de desenvolvemento local.

✔ Centrar o destino do orzamento nunha verdadeira transición ecolóxica e a descarbonización da economía. Que constrúan unha sociedade máis resiliente fronte o cambio climático e a crise da biodiversidade.

✔ Os proxectos deben plasmar perspectiva de xénero e combater a desigualdade.

✔ Os proxectos deben priorizar a colaboración público-comunitaria.

✔ Os fondos deberán dar prioridade ao apoio de iniciativas de persoas autónomas, labregas, mariñeiras artesás, cooperativas e pemes por ser os segmentos laborais que máis empregos xeran e máis repartidos están por toda a xeografía galega.

✔ Máis investimento para saúde, educación, investigación, coidados e cultura.


✅ Galería de fotos dos diferentes accións de protesta realizadas hoxe 30 de xaneiro de 2021 en diversas cidades e vilas da Galiza. | Ir á Galería.

✅ Colectivos e organizacións: Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Organización Galega de Comunidades de Montes, Extinction Rebelion, Verdegaia, Plataforma Veciñal Mina Touro O Pino Non, Petón do Lobo, Salvemos a Comarca de Ordes, Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga, Nais polo Clima, Coordinación Galega de PAH e Stop Desafiuzamentos

#NextGenerationEU #RepartoXusto

#NonInvasionEolica

#GalizaContraAmezaEolica

#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
_______

venres, xaneiro 29, 2021

En Ferrol como noutras vilas e cidades da Galiza vai ter lugar este sábado 30 de xaneiro mobilizacións por un reparto xusto, democrático e sustentábel dos fondos next generation de recuperación


Accións de protesta nas vilas galegas contra o xeito de reparto dos fondos europeos de recuperación Next Generation

En Ferrol, na Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia, este sábdo 30 dexaneiro, ás 10:30 hs.

Este sábado 30 diversas organizacións realizaremos concentracións en varias cidades e vilas (A Coruña, Chantada, Compostela, Pontevedra, Ourense, Ordes, Betanzos, Lugo, Vigo, Vilagarcía, Vilalba e Ferrol) por un reparto xusto, democrático e sustentábel dos fondos next generation de recuperación, convocadas polo Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra, Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Organización Galega de Comunidades de Montes, Extinction Rebelion, Verdegaia, Plataforma Veciñal Mina Touro - O Pino Non, Petón do Lobo, Salvemos a Comarca de Ordes, Asociación Espazo Agroecolóxico A Estruga, Nais polo Clima, Coordinación Galega de PAH e Stop Desafiuzamentos.

As organizacións ecoloxistas, sindicais, políticas e colectivos sociais convocaron  accións de protesta diante de diferentes sedes administrativas do goberno do estado e da Xunta de Galicia, para denunciar o escurantismo e a falta de participación pública no reparto dos fondos europeos de recuperación Next Generation, que nos vindeiros anos mobilizarán até 750 mil millóns de euros. Nas accións reivindicativas amosaron carteis simbolizando que o pastel xa está previamente repartido entre as grandes empresas, deixando fóra dos fondos o resto da sociedade.

As organizacións que apoian a reivindicación denuncian a falta de transparencia por parte da Xunta na toma de decisións e nos criterios de adxudicación e esixen un proceso de participación pública vinculante para decidir o destino dos cartos. Así, esixen que os gobernos estatal e galego modifiquen os criterios de reparto dos fondos Next Generation:

✔ Transparencia e participación da sociedade civil na toma de decisións e nos criterios de adxudicación e inclusión de estritos controis ambientais e sociais dos proxectos.

✔ Priorización da contratación para proxectos estratéxicos de desenvolvemento local.

✔ Centrar o destino do orzamento nunha verdadeira transición ecolóxica e a descarbonización da economía. Que constrúan unha sociedade máis resiliente fronte o cambio climático e a crise da biodiversidade.

✔ Os proxectos deben plasmar perspectiva de xénero e combater a desigualdade.

✔ Os proxectos deben priorizar a colaboración público-comunitaria.

✔ Os fondos deberán dar prioridade ao apoio de iniciativas de persoas autónomas, labregas, mariñeiras artesás, cooperativas e pemes por ser os segmentos laborais que máis empregos xeran e máis repartidos están por toda a xeografía galega.

✔ Máis investimento para saúde, educación, investigación, coidados e cultura.

As organizacións sinalan que seguir apostando por aumentar os beneficios económicos de grandes empresas contaminantes que vulneran os dereitos das persoas traballadoras é unha gran inxustiza, e non supón ningunha transición, nin ecolóxica nin socia. Para abordar a necesaria transición, estes fondos deben destinarse a favorecer unha economía de planificación e xestión democrática, unha economía feminista, social e solidaria

Os fondos europeos asignados ao Estado español ascenden a 140.000 millóns de euros, a metade como préstamos e a outra metade a fondo perdido pero condicionados a reformas estruturais no eido laboral e das pensións. Os fondos que achega a UE están a conseguirse a través da venda masiva de bonos de débeda que non sairán gratis e que, con toda probabilidade, haberá que pagar nun futuro.

O Goberno español, a través da publicación do RD 26/2020, anuncia como pedra angular a colaboración público-privada, cos bancos como xestores “a título lucrativo” do diñeiro. Ademais, limita as posibilidades de acceso, impoñendo uns investimentos mínimos que únicamente poden cumprir os grandes proxectos corporativos dunhas poucas empresas. Mentres, a Lei de Simplificación administrativa e Reactivación [1] de Galicia, que se está a tramitar no Parlamento galego, presentada polo PPdG para burlar a tramitación ordinaria como proxecto de lei do Goberno galego, é a continuidade da Lei de fomento de iniciativas empresariais, máis coñecida como Lei de Depredación [2], feita a medida das empresas extractivistas de enerxía e outros proxectos especulativos. As organizacións lembran que máis do 50% dos fondos de recuperación serán xestionados polas comunidades autónomas.

En Galiza, a Xunta formou un “Comité de expertos” onde non hai nin rastro de organizacións sindicais, profesionais da sanidade, de servizos sociais, e nin sequera da pequena e mediana empresa e aposta pola creación dunha sociedade público-privada con maioría privada que controle a xestión dos fondos. Semella ter repartido xa o pastel, e polo que se vai sabendo, enfocando unha gran parte dos recursos cara a industria enerxética e as empresas que pretenden lucrarse cun novo espolio dos recursos do sector forestal galego.

Por un reparto xusto dos fondos europeos de recuperación!

[1] Proposición de lei de simplificación administrativa e do apoio á reactivación económica de Galicia.

[2] LEI 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.
_______

sábado, xaneiro 23, 2021

BNG presenta o proxecto de Recuperación Produtiva das Rías Galegas cun investimento de 1.096 millóns de euros, un proxecto de país, de 1.096 millóns de euros de orzamento, con cargo aos fondos UE-Covid, que beneficia de cheo á economía real, con gran impacto en termos de emprego e de cohesión social de norte a sur - Vídeo


Ana Pontón: “É un proxecto de país, con cargo os fondos UE-Covid, que beneficia de cheo á economía real, con gran impacto en termos de emprego e de cohesión social de norte a sur

✔ Levará a proposta á Comisión parlamentaria de reactivación para obter o respaldo dos outros grupos da Cámara.

✔ Inclúe medidas en materia ambiental, no ámbito da investigación científica e para a dixitalización, comercialización e transformación do sector do mar.

O BNG presenta o Proxecto de Recuperación Produtiva das Rías Galegas. É un proxecto de país, de 1.096 millóns de euros de orzamento, con cargo aos fondos UE-Covid, que beneficia de cheo á economía real, con gran impacto en termos de emprego e de cohesión social de norte a sur.



[FONDOS NEXT GENERATION]

A portavoz nacional, Ana Pontón, presentou na Coruña o Proxecto de Rexeneración Produtiva das Rías Galegas cun investimento de 1.096 M€, como proposta para ser financiada con cargo aos fondos de recuperación europeos. A líder do BNG salientou que se trataba “dun proxecto de país que beneficia de cheo á economía real, a un sector produtivo estratéxico e de enorme repercusión en termos de empregos e de cohesión social de norte a sur”.

A proposta ten como obxectivo a recuperación integral dun ecosistema único, xerador de riqueza e de emprego, e recolle actuacións en tres áreas: rexeneración e recuperación ambiental, investigación científica e dixitalización, comercialización, e transformación do sector produtivo derivado das rías, explicou Pontón, quen avanzou que trasladará a proposta á Comisión parlamentaria de reactivación económica e social, para recabar o apoio das outras forzas políticas.

Trátase, indicou, dun proxecto en consonancia coas políticas definidas pola UE para obter fondos de recuperación. En concreto, encaixa en tres liñas prioritarias para acceder ás axudas: conservación e restauración de ecosistemas e da súa diversidade; preservación do espazo litoral e dos recursos hídricos e transformación e dixitalización da cadea loxística do sistema agroalimentario e pesqueiro.

O obxectivo é conseguir a recuperación ambiental integral e produtiva das rías para crear riqueza e emprego de calidade no complexo mar-industria. Todo acompañado da investigación científica oportuna e da transformación, dixitalización e comercialización da actividade marisqueira, e desde a colaboración público-privada”, explicou Pontón.

O Next Generation supón para o Estado 72.000 M€ a fondo perdido e a posición do BNG articúlase en tres premisas: Galiza debe recibir un mínimo de 12.600 M€ deses fondos, a xestión directa dos mesmos e que as axudas cheguen aos sectores máis impactados, ao tecido empresarial de pequenas e medianas empresas que sustentan o emprego e non ás multinacionais do IBEX.

As medidas no ámbito da recuperación ambiental supoñen o groso do investimento, pois absorben 950 M€ do total, e inclúen actuacións para suprimir todas as zonas C, aquelas nas que a contaminación impide o consumo do produto. Ademais, medidas para completar e modernizar a rede de saneamento en todos os concellos a carón das rías, esixencia que tamén deben cumprir as industrias.

Trátase de evitar que chegue ao mar ningún tipo de contaminación biolóxica, química ou física. Lamentablemente, as 18 rías galegas, toda e cada unha delas, precisa de actuacións en materia de saneamento, en maior ou menor medida”, salientou.

Tamén se inclúe recuperar os espazos danados por obras públicas, en particular de infraestruturas portuarias, viarias ou industrias en desuso; a rexeneración dos fondos a través das necesarias dragaxes adaptadas a cada caso, e o control dos ríos como principal fonte de auga doce e de nutrientes esenciais para a produtividade marisqueira.

Consorcio de investigación

A investigación científica é a segunda pata do proxecto cun investimento de 59 M€ , pois é a base para rexenerar e incrementar a produción das rías. Entre as medidas incluídas, a creación dun consorcio que coordine todos os centros de investigación relacionados co sector para dispoñer do maior complexo científico e tecnolóxico europeo de estudo e coñecemento do mar.

Igualmente, proxectos para a recuperación das zonas improdutivas ou de baixo rendemento, plans de explotación, crear bancos de semente autóctona para bivalvos a modo de granxas de produción de semente, desenvolvidas por un ente mixto conformado polo sector e pola Xunta. A investigación tamén pasa por un proxecto de control de doenzas e de especies invasoras así como pola reciclaxe e aproveitamento dos refugallos de bivalvos.

Sociedade público-privada para a comercialización

En relación á dixitalización, transformación e comercialización, o proxecto propón unha sociedade público-privada para a promoción e comercialización que poña en valor o produto das rías, -marisco, peixe fresco, conserva e produtos transformados-, tanto dentro como fora do país. Tamén, unificar as lonxas, ampliar mercados e a posibilidade da venda directa. Para estas medidas o proxecto suma un investimento de 29 M€.

Presentamos un proxecto esencial para Galiza que permitirá aproveitar os fondos europeos para a reactivación económica e social, un proxecto capaz de contribuír a saír da crise da COVID, revalorizando a nosa riqueza produtiva nun para xerar emprego nun sector estratéxico”, concluíu, nun acto no que tamén interveu o portavoz municipal, Francisco Jorquera, e coa presenza da deputada pola Coruña, Mercedes Queixas, da portavoz en Bruxelas, Ana Miranda, do deputado Nestor Rego, e da portavoz parlamentaria de pesca, Rosana Pérez.

Enlace ao documento: Proxecto para a Recuperación Produtiva das Rías Galegas. | 12 páxinas en formato pdf.  | Acceder/Baixar.

https://www.bng.gal/

Bloque Nacionalista Galego
Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela
GALIZA
CIF: G32014003
Correo: sedenacional@bng.gal
Teléfono: 981555850
Sigue ao BNG polo WhatsApp.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
22 de janeiro de 2021 17:47

_______