Amosando publicacións coa etiqueta O Inferniño. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O Inferniño. Amosar todas as publicacións

venres, setembro 19, 2008

Este Sábado 20 de Setembro, actuación no "Carvalho Calero" da compañia Fredi no programa "Inferniño Circus" coa obra "Circanelo"

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 19 de setembro de 2008 21:24
Asunto: ACTUACIÓN NO CARVALHO CALERO "INFERNIÑO CIRCUS"



ACTUACIÓN NO CARVALHO CALERO "INFERNIÑO CIRCUS"

A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, informa que mañá, sábado-20 de setembro a partir das 19 horas, terá lugar unha actuación infantil do PROGRAMA " INFERNIÑO CIRCUS" DA COMPAÑIA FREDI , a obra "CIRCANELO".

Animamos as soci@s e ao público en xeral que acuda a este cita cultural no salón de actos do Carvalho Carelo a partir das 7 da tarde.

Saúdos veciñais.

asdo. Xosé M,. Sanxoán - Secretario

asdo. Ana J. López Díaz - Presidenta.

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com
_________________

A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño acordamos na ultima reunión solicitar a entrada na Plataforma do Cabo 1º Gago Chao...

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 18 de setembro de 2008 23:10
Asunto: ADHESION PLATAFORMA CABO GAGO CHAO



A Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño acordamos na ultima reunión solicitar a entrada na Plataforma do Cabo 1º GAGO CHAO...

PLATAFORMA GAGO CHAO

A Xunta directiva da Asociación Veciñal O ROSARIO-INFERNIÑO, acordou na ultima reunión solicitar a súa entrada na PLATAFORMA CABO CAGO CHAO co fin de axudar e manifestar nosa solidariedade con todos os afectados .

Nosa asociación respecta todos os acordos e comunicados desta Plataforma reivindicativa na defensa da liberdade de expresión do Cabo 1º JORGE MIGUEL GAGO CHAO, pois estimamos que súas denuncias deben ser tomadas en consideración por se houbera algún tipo de neglixencia.

Pensamos que este fatal accidente ocorrido na Fragata “Extremadura” no Nadal do 2005 en Ferrol, debe ser investigado e aclarar se ás mortes dos mariñeiros Erik Noval Gómez e Francisco Javier Pérez Castrillón puideron ser evitadas.

En canto as Ordenanzas Militares que causan este exceso co encarceramento do Cabo Gago pensamos que deben ser actualizadas e acatar o principio constitucional de todo cidadán de salvagardar a LIBERDADE DE EXPRESIÓN, sexa cal sexa a institución na que traballa.

Ferrol a 18 de Setembro de 2008.

A Presidenta
Ana J. López Díaz
O Secretario
asdo. Xosé M. Sanxoán Caamaño

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog : orosario-inferninho.blogspot.com

_________________

mércores, maio 21, 2008

Xoves 22 de Maio: Lectura no Inferniño "Día das Letras"

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de maio de 2008 09:26
Asunto: LETRAS GALEGAS- LECTURA EN GALEGO- CHARLA


LETRAS GALEGAS- LECTURA EN GALEGO- CHARLA

A Xunta directiva da Asociación Veciñal O Rosario-Inferniño, CONVICAVOS a participar nunha LECTURA en galego este xoves- 22 a partir ás 5, 30 horas da tarde no salón de actos do Centro Cultural CARVALHO CALERO.

AURORA VARELA, escritora- filologa galega , impartirá unha charla sobre o siginificado das LETRAS GALEGAS desde a súa perspectiva e visión intelectual e persoal a partir das 6, 30 horas da tarde neste centro municipal.

Animamos a veciñanza destes barrios a participar nunha breve LECTURA voluntaria e persoal, elixindo obra e autor.

asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
________________

sábado, abril 19, 2008

Concedido local veciñal no Inferniño á Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño avvorosario@gmail.com- Para: artabra21@gmail.com
Data: 19 de abril de 2008 11:08

Asunto: Concedido local veciñal no Inferniño á Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño



LOCAIS VECIÑAIS NO INFERNIÑO


Ola a tod@s

Informovos que o Alcalde xa decidiu concedernos o KIOSKO como local para o traballo de nosa Asociacion . Esperamos confirmacion para os vindeiros días.

Nos alegra a ubicación que sempre defendimos, ainda que Veloso tiña outros fins para este local ao final o Alcalde decide...

- Lamento decirvos que a Federación ROI XORDO, presentou por rexistro unha solicitude de petición dun LOCAL no Centro cultural CARVALHO CALERO, preguntando se este acordo está avaliado por seus membros.

Pregunto por que os acordos as veces se deciden unilateralmente sen a participación das demais asociacions... o de sempre.

- Lamentar tamén as declaracións de Caselas, ( listas de IF) preguntando na tertulia de Radio-coz , ONDE ESTABAMOS OS QUE NOS MANIFESTAMOS AO ANTERIOR GOBERNO POLA PRAZA DE ESPAÑA. PORTA NOVA, SARTAÑA, RECIMIL, MENANCARO, en claro TONO DESPECTIVO E DESPREZO A QUEN A DEFENDIMOS DA ESPECULACION E EVITAMOS A CONSTRUCION DE " EDIFICIO".

Isto xa é insoportable
-quen da máis.

Estas actuacions e personaxes necesitan ser respostadas..

mel sanxoán
__________
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
_______________

luns, abril 14, 2008

A Asociación Veciñal O Rosario - Inferniño, demanda apoios para a consecución dun local social e tilda a Directiva do "O Ensanche A" de insolidaria

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de abril de 2008 23:55
Asunto: DIRECTIVA D AVV. ENSANCHE-A- INSOLIDARIA




DIRECTIVA D AVV. ENSANCHE-A- INSOLIDARIA


Ola a tod@s,

Queremos informarvos que a nosa Asociación Veciñal O Rosario -Inferniño está reivindicando do Concello a necesidade de facilitarmos un LOCAL para as nosas REUNIÓNS de TRABALLO.

Pensamos que nos avala un amplo traballo cultural e social no Barrio do Inferniño ademais doutro moi REIVINDICATIVO na DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS , como o caso da Praza de España - Praza Porta Nova, Praza de Sartaña, Recimil, Fraga de Menáncaro, Praza do Inferniño , e distintas actuacións importantes como a PLANTA DE GAS, ... etc, e a nosa pertenencia a PLATAFORMA ARTABRA21 , como podes comprobar no Blog de nosa Asociación ou PA21.

Na actualidade o novo goberno vainos facilitar en concesion, un cuarto para o que sería unha SALA DE REUNIÓNS no Centro Cultural Municipal "Carvalho Calero", "ocupado" na súa totalidade por Avv. Ensanche A.

Somos conscientes de que non é o lugar máis apropiado para ubicar asociacións, como xa manifestamos en varias ocasións, pero temos que arreglarnos coa oferta do Concello para non continuar reunindonos constantemente nos bares.

Por informacions do Concello, comunican nos que a directiva do "Ensanche A" manifesta que van a utilizar toda sua forza e influencia na Federación Roi Xordo, para NON DEIXAR QUE A ASOCIACIÓN DO ROSARIO -INFERNIÑO DISPOÑA DUN LOCAL NESTE CENTRO.

Alega o Ensanche A que teñen POUCOS espazos no Carvalho Calero, cando a realidade demostra un exceso, incluído "UN SALON DE ACTOS"... como explican na súa páxina Web.

CONSIDERAMOS ESTA ACTITUDE INTOLERABLE E INSOLIDARIA, IMPROPIA DE QUEN FORMA PARTE DO ASOCIACIONISMO VECIÑAL.

SOLICITAMOS VOSA SOLIDARIEDADE E COMPRENSION PARA QUE OS ESPAZOS OFERTADOS POLO GOBERNO SEXAN COMPARTIDOS POR TODAS AS ASOCIACIONS VECIÑAIS COMO XA OCORRE NOUTROS BARRIOS.

Esperamos vosa resposta a este correo para contar co voso apoio que pensamos é de xustiza.

Saúdos veciñais

asdo. Pedro Cachaza - Secretario
asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente

ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO - INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
___________________

domingo, abril 13, 2008

O Concello de Ferrol acordou regularizar o cobro de taxas do Feirón do Inferniño

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 10 de abril de 2008 19:16
Asunto: CAMBIO NO COBRAMENTO FEIRON DO INFERNIÑO


CAMBIO NO COBRAMENTO FEIRON DO INFERNIÑO

Despois denunciar en multitude de ocasións un cobramento das taxas nos espazos publicos por quen non ten capacidade legal para autoxestionarse, por fin vemos que o novo goberno vai facer xustiza e facer uso dun novo xeito de gobernar acorde cos tempos actuais, non permitindo que nas rúas da cidade e barrios se produzan casos visibles dunha probable extorsion aos comerciantes e feirantes .

Terá que demostrar esta Asociación do Ensanche SA, onde foron destinadas as recaudacions de todos estes anos, xa que nunca amosaron nas suas Asembleas de Soci@s as memorias economicas especificando ditos INGRESOS E GASTOS DESTE FEIRON.

Solicitaremos dos representantes municipais se teñen constancia destes gastos e se presentaron memorias economicas destes TRIBUTOS OU TAXAS.

Ferrol a 10 de Abril de 2008

asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente

Artículo enviado por melsanxoan@hotmail.com (xose) que lle recomenda que lea o siguinte artígo de lavozdegalicia.es

Primeiros pasos para regularizar o pago dos feiróns en Caranza e no Ensanche A

ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO - INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
__________________

xoves, febreiro 21, 2008

O Comité de Empresa de URBASER, concesionaria da limpeza e recollida de lixo de Ferrol, informa á veciñanza do Inferniño sobre a súa situación laboral

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de fevereiro de 2008 12:05

Asunto: REIVINDICACIÓN URBASER


A Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO , mantivemos unha reunión co COMITÉ DE EMPRESA da empresa URBASER co fin de nos explicar as súas demandas laborais.

Apuntamos que contra a crenza popular de poder ter salarios recoñecidos ou soldos altos, os traballadores confirman que traballan con salarios baixos non chegando a ser "mileuristas" en varios casos.

XUNTANZA COS REPRESENTANTES DO COMITE DE EMPRESA DE URBASER S.A.

Ferrol, a 20 de febreiro de 2008.

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal O Rosario – Inferniño quer informar que o día de onte mantivo unha entrevista con representantes do Comité de Empresa de URBASER S.A.

Os representantes dos traballadores da nomeada empresa convocaron dita entrevista coa finalidade de informar a esta Xunta Directiva, dentro da rolda de entrevistas que ten previsto realizar con representantes de todas as asociacións veciñais da cidade, da situación na que se atopa a negociación do Convenio Colectivo da empresa.

Os representantes sindicais expresaron a súa preocupación ante a FALTA DE DIALOGO que, ate o momento, amosou a Dirección de Urbaser, xa que non parece disposta a sentarse a negociar o novo Convenio coa PLATAFORMA DE REPRESENTACIÓN formada por tres das catro Centrais Sindicais presentes no Comité, que contan co apoio maioritario da Asemblea de Traballadores e da maioría dos membros do Comité.

Os traballadores quixeron manifestarnos, de xeito resumido, cales son as reivindicacións básicas deste novo Convenio, coa finalidade de que a veciñanza teña información clara e non sexa intoxicada con falsas especulacións. Así informaron que reclaman, entre outras medidas: no ámbito salarial a EQUIPARACIÓN COA MEDIA SALARIAL DOS TRABALLADORES DAS EMPRESAS DE LIMPEZA DAS SETE CIDADES MAIS IMPORTANTES DE GALIZA (segundo manifestan son os que perciben o salario menor de todas, sendo incluso un 30% inferior aso traballadores de Urbaser en Lugo), no ámbito laboral solicitan A PROMOCIÓN INTERNA DOS TRABALLADORES COMO FORMA DE OCUPAR TODAS AS CATEGORIAS LABORAIS, e non a contratación externa a dedo para ocupar os postos superiores. Solicitan tamén QUE NON SE PERDAN CERTOS DEREITOS XA CONSEGUIDOS NO CONVENIO COLECTIVO APROBADO NO ANO 2005 e que a empresa de xeito unilateral pretende recortar.

A Xunta Directiva desta Asociación considera que un conflito colectivo neste sector é sempre moi prexudicial para a veciñanza, polo que APOIA AS DEMANDAS DE DIALOGO DOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES E SOLICITA DA DIRECCIÓN DA EMPRESA URBASER S.A. que ESGOTE TODAS AS VÍAS DE DIALOGO POSIBLE COS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES EN EVITACIÓN DUN POSIBLE CONFLITO COLECTIVO.

Así mesmo e, como queira que a citada empresa realiza un servizo público en réxime de concerto para o Concello de Ferrol, EISIXIMOS dos responsables municipais que, si fose necesario, medien na negociación que se propón e garanta unhas condición laborais dignas para uns traballadores que prestan un servizo esencial para a cidadanía, evitando as graves consecuencias que sempre comporta un conflito laboral neste sector.

Esta Xunta Directiva tamén quer facer público o seu total apoio e aplauso a esta iniciativa do Comité de Empresa de Urbaser, na que fai partícipe ao movemento veciñal, e por extensión a toda a veciñanza, dunha situación que pode desembocar nun problema que padeceriamos todas e todos e o fai antes de que o mesmo se produza.

O SECRETARIO.-
Pedro CACHAZA PEREIRO

O PRESIDENTE.-
Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com

sábado, xaneiro 12, 2008

Cobramento do recibo da luz as abonadas da antiga tarifa nocturna

INFORMACIÓN SOBRE O COBRAMENTO DO RECIBO DA LUZ AOS ABONADOS DA ANTIGA TARIFA NOCTURNA

Ferrol, a 11 de xaneiro de 2008.

Como xa é coñecido o Real decreto 1634/2006 de 29 de decembro, polo que se establece a tarifa eléctrica a partir do 1 de xaneiro do 2007, modificado parcialmente polo real decreto 871/2007 de 29 de xuño, polo que se axustan as tarifas eléctricas a partir do 1 de xullo de 2007, fan desaparecer a chamada Tarifa Nocturna, obligando aos consumidores aboados á mesma a escoller, antes do 1 de xullo do 2008 unha das novas tarifas recollidas na lexislación.

As novas tarifas con discriminación horaria, que sustituen á tarifa Nocturna, ofrecenlle aos consumidores un considerable aumento de horas de consumo nas chamadas HORAS VAL (a mais económica, antigamente NOITE) 6 horas ao día mais, o que implica outras tantas horas de disminución de consumo en HORAS PUNTA (a mais cara, antigamente DÍA), tamen hai que decir que para compensar este aumento de horas “baratas”, tamen se incrmentou o precio do Kw/h. consumido nas horas punta, aproximadamente un 30%. Ao mesmo tempo obliga aos consumidores a LÍMITARA A POTENCIA DE CONSUMO AS 24 HORAS DO DÍA (a anterior Tarifa Nocturna non aplicaba a limitación da contratación de potencia no consumo nas horas noite), o que implica un tamén considerable AUMENTO NA CONTRATACIÓN DA POTENCIA se o consmidor desexa manter a calidade no servicio. Tamen obliga ao cambio dos contadores por novos contadores electrónicos con posibilidade de telexestión.

Todas estas novedades fixeron que, dende hai algún tempo, moitos dos nosos veciños contrataran as novas tarifas e as novas potencias de consumo, para adaptarse á nova situación, resultando que nalgún caso os novos contadores foron instalados, pero noutros casos non, polo que estos últimos veciños CONTINUAN COS ANTIGOS CONTADORES.

Como tamén é sabido o día 26 de decembro Unión Fenosa paosu ao cobro o recibo correspondente ao consumo relizado entre o 23/10/2007 e o 24/12/2007.

A esta Asociación chegou coñecemento de que na lectura realizada NOS CONTADORES DOS CONSUMIDORES QUE, NESTE PERÍODO DE TEMPO, XA OPTARON POR UNHA DAS NOVAS TARIFAS CON DISCRIMINACIÓN HORARIA E QUE AINDA MANTEÑEN OS CONTADORES ANTIGOS houbo un “DESGRACIADO ERRO”.

O erro consiste en que no recibo do que vimos a falar e a todo consumidor que optara polo cmbio de tarifa DEBENSE REALIZAR DUAS LECTURAS :

* A primeira ate a data en que se realizou o cambio de tarifa, liquidando o consumo de día, o de noite e o consumo por potencia ao precio que tiñan contratado ate dito momento
* A segunda dende o día en que se fixo efectivo o cambio de tarifa ate o último día da lectura, LIQUIDANDO O CONSUMO DE DÍA, O DE NOITE E A CONTRATACIÓN POR POTENCIA AOS NOVOS PRECIOS

Sen embargo para os veciños que non se lles cambiou o contador SOLAMENTE HOUBO UNHA LECTURA e, “ERRADAMENTE” APLICÁRONSELLES OS PRECIOS DAS NOVAS TARIFAS, INDEPENDENTEMENTE DO MOMENTO NO QUE SE FIXERA O CAMBIO DE TARIFA, o incremento do importe do recibo variará dependendo do momento do período no que se realizara o cambio de tarifa, canto mais preto do día límite de lectura (esto é o 24 de decembro) maior cantidade de euros que pagaremos indebidamente. Temos información de veciños que sufriron un INCREMENTO DE MAIS DE 50 € no recibo

Polo tanto a Asociación Veciñal O Rosario Inferniño quere informar a toda a veciñanza que poda atoparse con dita situación que COMPROBE OS RECIBOS DA LUZ E SE OBSERVARA DITA ANOMALÍA SE DIRIXA ÁS OFICINAS DE UNIÓN FENOSA PARA QUE SE LLE ABONEN AS CANTIDADES INDEBIDAMENTE PAGADAS.

Tamén queremos aproveitar para recordarlle aos responsables da citada empresa eléctrica que unha vez detectada dita anomalía deberían proceder de oficio á devolución das cantidades indebidamente cobradas aos usuarios, así como chamar a atención das distintas Asociacións de Usuarios e Consumidores e responsables políticos tanto municipais como autonómicos e estatais, que deben estar moi atentos a estes “erros” de empresas que constitúen monopolios sobre servicios de primeira necesidade xa que se converten en verdadeiros abusos sobre o cidadán.

Asdo.. Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO
________________

venres, xaneiro 11, 2008

O recibo da "Luz", erros na aplicación das novas tarifas eléctricas

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de janeiro de 2008 00:19
Asunto: ERROS APLICACIÓN NOVAS TARIFAS ELÉCTRICAS


ERROS APLICACIÓN NOVAS TARIFAS ELÉCTRICAS.-

A Asociacion Veciñal O ROSARIO - INFERNIÑO, INFORMA que puido haber erros de cantidades importantes no cobramento do recibo da luz, polo que deben facer ás reclamacións oportunas.

Cando se produza unha situacion de dubidas respecto a contratacion de potencias máis conveniente aconsellando a veciñanza que consulten con técnicos, asociacións de consumidores, etc, e soliciten opinión profesional.

Ferrol a 11 de Xaneiro de 2008.

asdo. Pedro Cachaza .-Secretario
asdo. Xosé M.Sanxoán - Presidente


ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO - INFERNIÑO CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com

Nota de prensa da asociación veciñal nos Arquivos Ártabros [10.01.2008]
_______________

venres, decembro 14, 2007

Informe Sobre a Situación do Barrio do Inferniño, Decembro 2007

Informe Sobre a Situación do Barrio do Inferniño, Decembro 2007

En cumprimento dos compromisos adquiridos con veciños e veciñas nas distintas Asembleas de Socios e de Barrio celebradas durante estes anos, a Xunta Directiva da Asociación veciñal “O Rosario – Inferniño” realizou este informe que, sen animo de exahustividade, pretende reflectir cal e a situación actual do barrio en relación coa atención que calquera cidadán demanda da súa Administración.

O obxectivo deste informe non e facer unha crítica gratuíta, todo o contrario, preténdese encher de contido o traballo que, entendemos, debe desenvolver calquera asociación veciñal, servir de conexión entre a veciñanza e os poderes públicos, trasladándolle aos últimos as necesidades e inquedanzas dos primeiros e, levándolles a estes as propostas e solucións expostas polos segundos.

Dende esta perspectiva, nunha primeira aproximación, apreciamos unha grave situación de abandono institucional en distintos aspectos do barrio, abandono que consideramos aínda máis grave, se cabe, ao descubrir que para solucionar moitos dos problemas que padecemos non e necesario investimento algún, o simple cumprimento das obrigas de control da administración, vixiando e esixindo o respecto pola legalidade, abondarían para solucionalos.

Neste informe facemos un agrupamento das nosas demandas mais importantes, xa tantas veces repetidas, en catro apartados: URBNISMO, ESPAZOS VERDES E DE LECER, MANTEMENTO E CONTROL E ESPAZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS.


1.URBANISMO

Na década dos anos 40, ao norte da estrada de Castela, comezou a trazarse en Ferrol un novo barrio que os técnicos municipais denominaron “Ensanche Zona A”, e ao que a linguaxe popular chamou “Inferniño”. Un crecemento desordenado protagonizado pola iniciativa privada caracterizou o novo barrio, os constructores edificaban nas parcelas dispoñibles e, logo, os veciños debían dirixirse ao concello para solicitar os servizos (o pavimentado, alumado público, traída de auga, etc...), a única infraestructura pública do barrio era un novo estadio de fútbol. Case 70 anos despois e xa no século XXI, a veciñanza deste barrio continúa pagando o desastroso “urbanismo” levado a cabo neses anos. Un barrio desordenado, excesivamente edificado e poboado e con escasísimas zonas verdes e servizos.

En decembro do ano 2000 o Concello pleno de Ferrol aprobou o vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal, instrumento urbanístico de ordenación integral do territorio, sendo un dos seus obxectivos mellora-los servizos públicos, as infraestructuras, as dotacións, os equipamentos e a urbanización, dende esta Asociación esiximos aos responsables políticos que garantan o escrupuloso cumprimento do citado Plan Xeral, especialmente nas parcelas aínda sen urbanizar como son o Palco das Ánimas e o Río do Tronco, así como nas construccións que se realizan sobre solares ou edificios vellos que se derruban.

Outro dos problemas que preocupa á veciñanza neste ámbito consideramos que é o chamado “feismo urbanístico”especialmente respecto daquelas parcelas ou solares sen edificar que convértense en vertedoiros de lixo ou autenticas “selvas urbanas” niño de toda bichería posible.
A continuación acompañamos unha serie de imaxes que ilustran o exposto :

Vista aérea das parcelas sen urbanizar no barrio (Palco das Ánimas e Río do Tronco)


Vista aérea do chamado Palco das Ánimas (PXOM PU 14 e PU19) e a proposta elaborada por esta Asociación para este espazo


Vista aérea do chamado Río do Tronco (no PXOM AEI 26 Avenida da Paz)


2.ESPAZOS VERDES E DE LECER

Como xa quedou exposto, a falta de planificación nos tempos do desenvolvemento do barrio provocou a especulación cos espazos, deixándonos sen zonas verdes para o lecer, resultando que hoxe case que exclusivamente dispomos da Praza do Inferniño como lugar para divertimento e repouso dos nenos e nenas, xoves e maiores deste barrio e de barrios limítrofes que padecen unha situación semellante.

Como se pode entender a afluencia de usuarios cara esta xa emblemática Praza do barrio é enorme e, a pesar dos case 10.000 m de solo que dispón (entre zona verde e deportiva) prodúcese unha constante masificación de xente de todas as idades que impide un goce pleno da mesma. Dende esta Asociación pensamos que aínda que este feito poda responder a diversas causas, a mais importante, sen dúbida, é o deseño totalmente erróneo coa que foi construída (escasa zona de xogos para nenos e nenas, escasos bancos para repouso, un palco sen uso no medio da praza, as zonas verdes elevadas sobre o chan e rodeadas de pedra granítica cortante e perigosa, etc...), polo que creemos que a solución pasa por unha remodelación integral da mesma, remodelación na que a veciñanza deberá participar aportando ideas ou solucións ás propostas dos técnicos para que non volva a acontecer a situación actual.

Pero, conscientes de que un proxecto desta magnitude leva o seu tempo, propoñemos unha serie de medidas que podería mellorar a situación.

Consideramos urxente que o servizo de limpeza aumente a súa presencia na Praza, especialmente os fins de semana, resulta evidente que tan elevado número de usuarios esixe maior limpeza e os domingos carecemos deste servizo.

Resultaría moi positivo recubrir as pedras que rodean as zonas verdes con algún material brando (como a madeira), o cal resolvería dous problemas, reduciría o perigo de lesións e aumentaría considerablemente o número de lugares onde sentarse.

Tamén consideramos urxente a eliminación dun espazo no interior da praza que é popularmente coñecido como “a flor”, xa que o mesmo serve exclusivamente como vertedoiro de lixo, urinario de adultos e pequenos, e agocho para que dalgún drogodependente se administre a súa dose e deixe a xiringa estrada no chan.

Propomos o aumento das zonas de xogo, tanto os dos mais pequenos como os de pre-adolescente, os existentes resultan escasos.

Ademais de todo isto dende esta Asociación propomos a realización, canto antes, dun proxecto integral dun gran Parque Urbano na zona do Palco das Ánimas que vincule os dous parques recollidos no PXOM (PU 14 e PU 19) mediante a recuperación dun humidal que existiu na zona e do que aínda quedan restos. Este parque deberá dotarse con elementos que, xunto coa zona libre proxectada na rúa do inferniño, complemente a saturada Praza do Inferniño. A consecución deste proxecto lograría para o barrio case tres hectáreas mais de espazo de lecer e repouso para goce da veciñanza, saldando así unha débeda histórica coas infraestructuras do Ensanche.


A chamada “flor”, unha zona da que propomos a súa supresión por seguridade e hixiene


3.MANTEMENTO E CONTROL

Se a situación do barrio non e doada polos motivos xa expostos, empeora cando observamos as consecuencias dos incumprimentos constantes en materia de disciplina urbanística ao respecto da ocupación das beirarrúas por estadas e balados de obras xa que non se respectan as normas establecidas no PXOM.

Tampouco mellora a situación cando observamos o mantemento das roturas producidas nas rúas, beirarrúas e mobiliario urbano. Cando se produce algunha rotura, sexa fortuíta ou polo desgaste propio do paso dos anos, pasan meses e incluso anos antes de que se produza a reparación ou reposición do material, este feito traslada unha imaxe de barrio abandonado tanto á veciñanza como aos visitantes.

A todo isto debemos sumarlle a case inexistencia de pasos de peóns nas rúas do barrio, o permanente estado de ocupación de moitas das beirarrúas por carros estacionados encima delas e, como non, o xeneralizado aspecto de sucidade das rúas, moitas veces provocada polos excrementos dos cans de cidadáns pouco cívicos e insolidarios.

Dende esta Asociación opinamos que moitos deste problemas solucionaríanse con maior control deste feitos por equipos de funcionarios especializados e cunha asignación orzamentaria para o mantemento axeitada ás necesidades dun barrio que medrou á sombra do urbanismo mais especulativo.

imaxes que poden exemplificar o exposto respecto da ocupación de beirarrúas por estadas e balados de obras que incumpren o PXOM.




imaxes precedentes exemplifican o estado de moitas rúas e beirarrúas


4.ESPAZOS CULTURAIS DEPORTIVOS E DE OCIO

Xa quedou exposto que nos seus inicios a única infraestructura pública do barrio era un Estadio Municipal de Fútbol. Hoxe no espazo que no seu día ocupou o Estadio municipal Manuel Rivera dispomos do Centro Comercial Porta Nova, o Centro Cultural Carvalho Calero, a Praza do Inferniño e unha pista polideportiva descuberta.

Ademais á beira da rúa Río Xubia, no Palco das Ánimas, fai case dez anos e en plena campaña electoral autonómica, constrúese o Pavillón Municipal do Ensanche.

A enumeración dos servicios deportivos e de ocio do barrio, Centro Comercial Porta Nova, Centro Cultural Carvalho Calero, pista polideportiva descuberta, Pavillón Polideportivo do Ensanche, aparentan unha gran dotación pública, mais a realidade é completamente distinta :
-CENTRO COMERCIAL. Respecto deste Centro de titularidade pública en réxime de concesión administrativa, vimos denunciando dende fai mais de dous anos, xunto co Colectivo de Comerciantes Críticos, o sistemático incumprimento do prego de condicións que rexe a relación da concesionaria do Centro Comercial co Concello, incumprimento que provoca o afogamento da actividade comercial e da como resultado un espazo público infrautilizado, coa maioría dos locais baleiros, ben sexa porque nunca foron ocupados ou polo seu peche posterior.

Como xa manifestamos en multitude de ocasións pensamos que o principio da solución ao Centro Comercial pasa polo rescate da concesión por parte do Concello para elaborar unha estratexia que permita recuperar a plena actividade do mesmo.

-CENTRO CULTURAL. Consideramos nesta Asociación que para que un local público sexa merecedor de chamarse centro cultural, deben desenvolverse nel, actividades culturais como a musica, o teatro, conferencias ou exposicións, cando menos con certa regularidade, o cal non sucede no noso centro cultural, que como xa temos denunciado repetidas veces mais parece o local social dunha Asociación de veciños que un centro cultural.

Pensamos que é imprescindible que o Concello asuma a xestión do mencionado Centro Cultural, faga nel as modificacións estructurais que precise e que o inclúa na programación cultural da cidade, aportando así á veciñanza o servicio para o que foi deseñado.

-PISTA POLIDEPORTIVA. A pista sitúase entre a rúa Inferniño e a Praza do mesmo nome, e foi deseñada como un lugar onde nenas e nenos do barrio podan exercitarse libremente practicando deporte cos amigos e amigas. Mais acontece que dita pista ten certas carencias que a converten, incluso en perigosa.

A zona de xogo atopase moi preto das gradas, que están feitas de formigón, o que supón un risco para os usuarios, ademais non existe ningún tipo de protección para que non escapen as pelotas ás rúas próximas, polo que nenos e nenas invaden con certa regularidade as rúas detrás dos balóns, o que todos sabemos que é moi perigoso e xa por último, a pista atópase absolutamente degradada convertindoa en verdadeiro papel de lixa para os corpos de nenas e nenos, e con grandes fochancas que obrigan aos usuarios a facer carreiras de obstáculos para non caer e torcer os nocellos.

imaxes que mostran o lamentable estado da pista polideportiva


imaxe da terraza do centro Comercial Porta Nova que por si soas reflicten o denunciado abandono do mesmo por parte dos responsables

Ate aquí este pequeno informe que trasladamos á nova Corporación Municipal.
Dende esta Asociación desexamos que o novo Goberno Municipal amose maior vontade que o anterior na atención ás demandas dos cidadáns e esperamos que aposten por unha maior participación cidadá nos asuntos que a todas e todos nos incumben directamente, sendo este informe cas súas formulacións e demandas un exemplo desa vontade.

Ferrol, a 11 de decembro de 2007.

O PRESIDENTE.-

Asdo.. Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO

SR. ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE FERROL

____________
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
_________________

xoves, decembro 13, 2007

Visita do Alcalde ao Barrio do Inferniño

De: asociacion veciñal
-avvorosario@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de dezembro de 2007 15:42
Asunto: Visita do Alcalde ao Barrio do Inferniño


Visita do Alcalde ao Barrio do Inferniño

A Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, informa que na tarde deste pasado martes-11 as 6 da tarde, o Alcalde e varios concelleir@s , Miguel Reimundez, María López, Xavier Galán , R. Veloso, e varios membros desta directiva, fixemos un percorrido polo barrio co fin de achegar ao novo goberno local varias demandas e propostas veciñais.

En primeiro lugar amosamos noso enérxico rexeitamento a ocupar e invadir os ESPAZOS PUBLICOS para camións-atraccións de explotación privada , xa que como explicamos ao concelleiro de patrimonio a Praza pertence a todos os cidadáns para o LECER PUBLICO.

Demandamos o desenvolvemento da PRAZA DO RIO DO TRONCO , que leva esta parte da cidade 20 anos de retraso , sendo noso desexo unha urbanización acorde co PXOU.

Manisfetamos o malestar da veciñanza polo estado de algunhas PARCELAS PRIVADAS que teñen o deber dun MANTENEMENTO MÍNIMO ou que o concello actúe e denuncie mediante unha nova ORDENANZA DE PARCELAS, para evitar nalgúns casos de verdadeiros puntos incontrolados de lixo e silveiras.

Denunciamos as actuacións dalgúns constructores na falta de cumprimento das normativas de ACCESOS ALTERNATIVOS para os cidadán e redes de proteccións. Tamén as empresas de gas, augas, electricidade adoecen de deixar en estado moi deficiente as rúas e beirarrúas.

Noso maior empeño nestes tempos foi IMPULSAR O PARQUE URBANO DO INFERNIÑO no Palco de Animas para comezar seu desenvolvemento nun vindeiro e cercano futuro.
Informan que xa hai unha partida orzamentaria de 350.000 € para expropiar as bellas vivendas da rua Xubia como primeiro paso para comezar a desenvolver este proxecto de PARQUE.
Facemos fincapé en preservar un HUMIDAL NATURAL nesta zona.

Denunciamos o estado da Rua Rio Xubia e Rio Castro o cal demandamos unha actuacion integral nestas zonas.

Co Alcalde , que se incorporou maís tarde por razóns de axenda e entrevista de ultima hora, entramos no Centro Comercial do Inferniño para comprobar o seu estado e falla de funcionalidade comercial, diversos comercios pechados, alguns da directiva da empresa concesionaria que non poden estar máis de dous de inactividade.

Comprobamos o incumprimento do prego de condicións e falla da Gardería ou Ludoteca infantil de 250 m2..

Tiveron varios comerciantes a oportunidade de expresar ao Sr. Alcalde varias e contudentes queixas sobre o mal funcionamento, e mala xestión por parte da empresa concesionaria e xerencia posto que non explican dende hai varios anos o estado da contabilidade respecto as cotas de comunidade que pagan e pasan dos 500 € mensuais non prestando servizos e atencións que eles demandan.
Manifestan abertamente ao Alcalde que o concello RESCATE a Concesión para que este centro comercial funcione pois para este colectivo de comerciantes conta coas todas posibilidades.

O Alcalde explica que hai conversacións con algunha empresa interesada e que de momento está todo en estudo por parte destas.

Comunicánnos que vannos facilitar en concesión provisional UN LOCAL para asi poder exercer nosa actividade, que recibimos con satisfacción, significando para nós un certo recoñecemento por noso traballo reivindicativo do barrio.

Queremos rematar que a denuncia do Feiron do Inferniño está todo en proceso e que non é resolutivo nin definitivo o filtarado por un medio de comunicación xa que respecto a presunta teoría do Fiscal non se sostén xa que existen ordenanzas fiscais e ORDENANZA DO FERION DO INFERNIÑO, polo que non pode alegarse que non houbo ningún acordo en canto a taxas se refire, continuando coas imputacións os directivos da A. Vv do Ensanche A.

Demandamos da concelleira de prazas de servizos unha remoledación , con equipamento e mobiliario máis acorde e un estudo de iluminación (ecolóxica), pois esta praza é bastante escura , ademais de pedir a supresión do chamado trébol.
Denunciamos unha NOVA PISTA DEPORTIVA MULTICISPLINAR e distintos usos deportivos.

As cacas dos cans son tamén temas de reclamo para que o concello reaccione cos donos irresponsables e inicie unha campaña informativa dun aparcamento responsable evitando deixar os coches en dobre fila ou enriba das beirarrúas.

Valoramos a visita como moi positiva para todos que ilustra as verdadeiras demandas veciñais manifestadas a través de nosas ASEMBLEAS ABERTAS DE BARRIO.


Ferrol a 12 de decembro de 2007.

asdo. Pedro Cachaza - Secretario

asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente.

_______________

Informe Sobre a Situación do Barrio do Inferniño, Decembro 2007:

Ver Informe nos Arquivos Ártabros

____________
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com
_________________

domingo, maio 06, 2007

Letras galegas no Inferniño

De: asociacion veciñal
-avvorosario@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com

Data: 5 de Maio de 2007 19:44

Asunto: LETRAS GALEGAS








A Asociación Veciñal O ROSARIO DO INFERNIÑO quere convidarvos a celebrar estas xornadas das LETRAS GALEGAS-07, cunha LECTURA EN GALEGO para os nenos e nenas en compañia de suas familias, avos-as, amigos para ler no salón de actos do Centro Cultural ¿Municipal? CARVALHO CALERO.

Principiamos o vindeiro mércores-9 a partir das 6 da tarde, cunha lectura curta en galego e que terán como agasallo un libro ou conto para os participantes que colabora a XUNTA DE GALICIA .

De seguido teremos a actuación da compañía teatral TI E MAIS EU coa obra GUIÑOL para o publico infantil A BRUXIÑA MÁXICA.

Para o seguinte día , xoves-10 ás 7 da tarde, estará con nós a filóloga- escritora AURORA VARELA, para disertar as figuras femininas das LETRAS desde ROSALIA ata MARIA MARIÑO , homenaxeada este ano 2007.

Ferrol a 5 de maio de 2007

Saúdos veciñais


asdo. Pedro Cachaza - Secretario
ado. Xosé M. Sanxoán - Presidente

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473

correo-e: avvorosario@gmail.com

blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com

domingo, abril 08, 2007

Asociación veciñal O Rosario - Inferniño: Charla e abertura dunha exposición

De: asociacion veciñal -avvorosario@gmail.com-
Para: artabra212gmail.com

Data: 7 de Abril de 2007 23:34

Asunto: EXPOSICION TEMPORAL -Os habitantes dos Castros.-




Ola a tod@s.- Mándovos información da exposición que nosa Asociación está a organizar en relación co mundo castrexo.

Principiaremos esta interesante exposición cunha charla por parte do director do museo de Vilalba, Eduardo Ramil, o xoves día 12 a partir das 7 da tarde, no salón de actos do Centro Cultural Municipal "Carvalho Calero".

Daremos así comezo a unha EXPOSICIÓN TEMPORAL, do día 12 ate o día 26 de Abril-07, en horario de mañá e tarde.

Para completar este acto cultural, a Asociación está ultimando unha visita cultural a este museo de Vilalba para as vindeiras semanas que vos comunicaremos en detalle...

Estades convidados a participar nestes eventos dando comezo así a unha maior actividade e oferta cultural na nosa Asociación.

Ferrol a 7 de Abril de 2007.

responsables culturais.

Merce Salvatierra
Ana J. López

asdo. Pedro Cachaza - Secretario
asdo. Xosé M. Sanxoán - Presidente

_____________________________________________________

____________________________________________________

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com

blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com