Amosando publicacións coa etiqueta Denúncia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Denúncia. Amosar todas as publicacións

martes, abril 22, 2008

Almirantes de "racimo"

De: Jose Manuel Aracemi -josemanuelaracemi@hotmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 21 de abril de 2008 09:29
Asunto: Almirantes de racimo


Almirantes de "racimo"

Un dos soños preferidos dos nenos da miña época era o de ser almirante. Non hai máis que botar unha ollada ás vellas fotos das nosas primeiras comuñóns. Aínda que non é fácil alcanzar un soño quen se o conseguiu é o militar Francisco Torrente Sánchez que chegou nin máis nin menos que a almirante xeral da Armada Española. Outro dos postos importantes dentro da súa brillante carreira foi o de Secretario Xeral de Política de Defensa (Segenpol) . Inexplicablemente ( ou talvez intelixentemente ) Torrente renunciou de xeito voluntario a este cargo para presidir a empresa pública Expal. Convén recordar que Explosivos Alaveses S.A. ? Expal- é o cuarto fabricante do mundo de material explosivo e munición avanzada . Entre os seus produtos figuran "granadas de mortero", minas anticarro , grandes bombas penetradoras de aviación e as tristemente soadas "bombas de racimo". Tamén convén recordar algún dos seus clientes: Irán , Iraq, Turquía, Israel?

Sería extenso enumerar todos os méritos que conseguiu o almirante Torrente e que dan fe da súa calidade humana. Citar simplemente que acaba de recibir a Gran Cruz do Mérito Civil , que no ano 2005 foi nomeado "Ferrolán do ano" e que en breve será pregoeiro da Semana Santa de Ferrol, a súa terra natal. Cabe máis orgullo para unha persoa que estes recoñecementos?

Cando este ano desfile solemne encabezando as procesións da súa cidade ninguén saberá que tras el, aparte dun reguero de capuchones, deixa outro de mortos e mutilados grazas aos dispositivos que a súa empresa fabrica. Son os desherdados da Terra. Nenos que non soñan con ser almirantes senón con recuperar o brazo ou a perna que unha bomba segoulles un mal día.

Persoas sen méritos nin condecoracións pero con máis dignidade que quen desfila baixo palio co cordón dos galóns manchado de sangue.

José Manuel Aranda

Pontedeume
___________
Jose Manuel Aracemi
-josemanuelaracemi@hotmail.com-
Monográfico en "Novas da Galiza" sobre os "negocios" do almirante Torrente
____________

______________
"Bombas de Acio"
"Bombas de Racimo"

http://bombas-de-racimo

A vida baixo as bombas de racimo
__________

xoves, marzo 27, 2008

A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella

De: MpDC -mpdc@movemento.org-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de março de 2008 11:55
Asunto: A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella




A Garda Civil tomará os datos dos conductores de coches con autocolantes GZ ou da bandeira galega coa estrela vermella

Dereitos Civís tivo acceso a documentos de formación interna deste corpo, nos que se relaciona co “MOVIMENTO DE LIBERACION NACIONAL GALEGO” á Coordenadora de Asambleas de Estudantes da USC, a Galiza non se Vende, a PRES.O.S., ou a A Marcha Mundial De Mulleres, entre outros colectivos

[Para ampliar clicar acima da imaxe]

O Movemento polos Dereitos Civís tivo acceso a información facilitada pola Garda Civil en charlas de formación interna realizados, polo menos, na provincia de PONTEVEDRA. Nestas charlas repartíronse unha serie de informacións sobre o que a Garda Civil considera “o segundo maior problema de terrorismo do España” e que se centra nas siglas MLNG (MOVEMENTO DE LIBERACIÓN NACIONAL GALEGO). Na páxina 1 das copias facilitadas aos gardas civís asistentes aparecen un autocolante coas iniciais GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella (bandeira da patria) no centro e o escudo galego de Castelao coa frase “DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS” como distintivos propios do MLNG.

Noutra páxina dese mesmo informe recóllense as iniciais GZ no centro coa bandeira da patria rodeado do que a Garda Civil considera campos de actuacións do MLNG (mulleres, ecoloxismo e medio ambiente, temática cultural e deportiva, lingua, antirrepresiva e dereitos civís, xuvenil, estudantes, partidos políticos e sindicatos) e no que se relaciona co MLNG a PRE.S.O.S, CEIVAR, AMI, BRIGA, ADIANTE, COORDINADORA DE ASEMBLEAS DE ESTUDANTES DA USC, AGIR, GREI, EI, NOS-UP, FPG, CUT, GALIZA NON SE VENDE, MULLERES NACIONALISTAS GALEGAS, A MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, FAZENDO MEMORIA HISTÓRICA, AGRUPACIÓN DE MONTAÑA AUGAS LIMPAS, ERVA, QUERCUS, SCD CONDADO, A.C. CALEIDOSCOPIO, etc. Cada unha das citadas asociacións e colectivos aparece representado cos seus correspondetes logotipos para facilitar o recoñecemento por parte dos axentes.

Noutro documento ao que tivo acceso Dereitos Civís facilítase información sobre centros sociais como a: Baiuca vermelha, O Fresco e a Casa da Triga de Ponteareas, o Social Cultura Deportiva Condado, a Santa Sede e O noso Eido de Salvaterra, o Fervedoiro de Cuntis, A Tiradoura de Cangas, A Revira de Pontevedra, a Revolvía, A Cova dos Ratos, o Caleidoscopio e a Faísca de Vigo e A formiga de Redondela.

Identificacións de persoas e supostos delictos

Xa cara ao final do informe facilítase información sobre persoas por supostos delictos como “daños vidriera ayto - TUI”, “deslucimiento bienes inmuebles – iglesia – SA(L)VATERRA”, “quema fotografía S.M. El Rey – Vigo”, REQUISITORIADO e “OTROS DE INTERÉS POLICIAL”. Do mesmo xeito recóllense as inicias dos identificados nestes supostos delictos, na seguitne orden: A.A.P., A.R.M.Q, I.M.G; A.J.P.R, P.P.G; A.B.E., J.C.P.N, C.M.I, S.M.R.; A.G.M; A.F.S. e M.A.L.C.

Tamén se amosan algunhas das fotos destas persoas na rúa, incluso a de unha considerada de “INTERES POLICIAL” e coa que non se relaciona ningunha falta ou delicto.

Co acceso a esta documentación o MpDC vén de esclarecer as recentes queixas recibidas polos controles realizados polos Corpos e Forzas de Seguridade previos á eleccións xerais, nos que se denunciaban que se estaban identificando a cidadáns que dipuñan de autocolantes de ideoloxía nacionalista no seu coche e obviando aos demais.

O MpDC considera que a Garda Civil debería explicar que significa “OTROS DE INTERÉS POLICIAL” xa que a creacción de bases de datos paralelas e na que se están incluindo fotos e nomes de persoas que non cometeron ningún delicto é ilegal.

Contacto: Renato Núñez | Tel. 881972938 – 610858850
MpDC -mpdc@movemento.org-
http://mpdc.blogspot.com/
___________

Enlace relacionado no xornal dixital GZNacion.com:

A indignada rebelión do condutor investigado
Pasar a formar parte dunha base de datos "DE INTERESE POLICIAL". Renato Núñez, voceiro de MpDC, fala en GzNación sobre as repercusións reais da formación policial en Galiza contra o suposto "Movimiento de Liberación Nacional Gallego".
[GZnación / Lara Graña / 27 Mar 08]
_______________

xoves, marzo 13, 2008

NÓS-Unidade Popular rechaça as desproporcionadas ajudas públicas do governo municipal de Ferrol à Igreja Católica

De: Nosup-trasancos
Para: artabra21@gmail.com

Data: 13 de março de 2008 15:37

Asunto: NÓS-Unidade Popular rechaça as desproporcionadas ajudas públicas do governo municipal de Ferrol à Igreja Católica



NÓS-Unidade Popular rechaça as desproporcionadas ajudas públicas do governo municipal de Ferrol à Igreja Católica

Em pleno século XXI, a esquerda continua na Galiza sem contar com referentes institucionais válidos, que mantenham um mínimo de dignidade e coerência com ideias tam básicas como o laicismo e a clara divisom entre Igreja e Estado.

Se alguém pensava que IU podia representar essa esquerda tam necessária, a sua histórica decisom de financiar Semana Santa católica em Ferrol com 70.000 euros, aumentando em 45% as ajudas anteriores, esclarece onde se situa, por cima da retórica e as grandes palavras, o grupo municipal de Izquierda Unida-Esquerda Unida em Ferrol.

Naturalmente, os ultras situados à frente da Coordenadora de Confrarias mostrou já a sua satisfaçom polo que denominárom, com toda a razom, “grande salto qualitativo e quantitativo”. Com efeito, supom um salto qualitativo comprovar que umha força supostamente de esquerda, republicana e laica dedique imensos recursos ao financiamento de celebraçons religiosas tingidas ano após ano do mais rançoso sabor reaccionário. Umhas celebraçons em que os militares espanhóis desfilam com as suas bandeiras monárquicas junto às autoridades católicas que, ao longo do ano, se encarregam de esclarecer quais som as suas posiçons em temas como o aborto, a igualdade de direitos para homossexuais e o respeito à nom confissionalidade do Estado, manifestando-se do braço do PP e da extrema-direita em várias ocasions nos últimos anos.

NÓS-Unidade Popular quer lembrar que a Coordenadora de Confrarias ferrolana é liderada pola conhecida ex-dirigente do PP Meca Arcos, ligada familiarmente à extrema-direita franquista na nossa cidade. É esse sector o que é favorecido por umha instituiçom pública, a Cámara Municipal de Ferrol, que deveria dedicar o dinheiro da área cultural a tantos aspectos em que esta é deficitária polo abandono crónico das instituiçons.

Em lugar disso, IU prefere ficar bem com as confrarias católicas e com o reaccionário bispado de Mondonhedo-Ferrol. Parece-nos fundamental que o Ferrol progressista, laico e de esquerda tome nota do uso que o governo alegadamente ‘progressista’ está a fazer do voto cedido por tantos trabalhadores e trabalhadoras para reclamar umha política de esquerda.

Nem a escusa do turismo nem a defesa de umha cultura elitista e confissional podem justificar umha medida que nem o PP e IF tinham tomado, com um apoio tam desproporcionado a atender aos gastos das festas de umha Igreja milionária como é a católica, caracterizada pola sua aberta oposiçom às ideias do progresso e a justiça social.

Que será o próximo, converter a COPE em emissora de referência e dedicar-lhe o dinheiro do departamento de serviços sociais e normalizaçom lingüística?

Ferrol, 13 de Março de 2008

Assembleia Comarcal de NÓS-Unidade Popular

nosup-trasancos@nosgaliza.org
______________

martes, marzo 11, 2008

Os Aturuxos do Diario de Ferrol

De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de março de 2008 10:43
Asunto: Os Aturuxos


Despois dun día de reflexión cheguei a esta conclusión.

Un saúdo.

Os Aturuxos

Saibamos quen é quen.

O venres 7 de Marzo o Diario de Ferrol, no seu recuncho dos “Aturuxos”, deixou ben clara a súa tendencia partidista e a súa estraña maneira de defender Ferrol, cun insidioso comentario que retrata a retorcida mentalidade do seu (¿dos seus?) autor.

Copio literalmente:

CADA cierto tiempo, los coordinados contra Reganosa exhiben las plusvalías que obtuvo Tojeiro por la venta de terrenos en Mugardos, negadas por la empresa. Insistir en el asunto forma parte de la campaña de acoso a la gasificadora, sobre todo cuando las movilizaciones ciudadanas se agotan...

Este pequeno comentario é unha auténtica obra de arte da demagoxia barata e da insidia sibilina. Vaiamos por partes:

“... coordinados contra Reganosa ...”.- ¿Como deberemos entender iso de “coordinados”? ¿Organizados, confabulados, manipulados, dirixidos, que forman parte dun contubernio antiprogreso? Pois ben, os “coordinados” expuxemos mil e unha veces, que non estamos “contra Reganosa”, senón contra do emprazamento da Planta dentro da Ría. “Eles” teñen que sabelo, pero non interesa dicilo.

exhiben las plusvalías ... negadas por la empresa”. “Eles” non dan creto ás denuncias dos “coordinados”, mais á negativa da empresa si. En calquera país avanzado, os periodistas investigarían de quen é a razón. Mais “eles” xa tomaron partido, poñéndose do lado do máis forte.

Insistir en el asunto forma parte de la campaña de acoso a la gasificadora...” .- É dicir, nós, os “coordinados”, somos os acosadores, e non os ameazados e acosados (Mehá), os encadeados (Bastida), os reprimidos e golpeados polas forzas do “desorde” (varios) e os que teñen vida e facenda en perigo (todos), por mor dos intereses económicos dos seus “amigos”...

... “las movilizaciones ciudadanas se agotan...”. Parece que “eles” alégranse diso. Será porque non son de Ferrol, non viven en Ferrol, e lles importa moi pouco o que lle pase a Ferrol e ós ferroláns. E tamén, polos importantes ingresos da publicidade de Reganosa. Está claro que con cartos cómprase todo. Xa se sabe, “El que tiene plata...

Saber quen é quen é importante.

Coido que non estaría mal que a próxima cacerolada se faga na rúa Galiano, diante de D. de F. Pero que sexa ben numerosa.

_____________

xoves, febreiro 21, 2008

O Comité de Empresa de URBASER, concesionaria da limpeza e recollida de lixo de Ferrol, informa á veciñanza do Inferniño sobre a súa situación laboral

De: asociacion Veciñal O Rosario-Inferniño
-avvorosario@gmail.com-

Para: artabra21@gmail.com
Data: 20 de fevereiro de 2008 12:05

Asunto: REIVINDICACIÓN URBASER


A Asociación Veciñal O ROSARIO- INFERNIÑO , mantivemos unha reunión co COMITÉ DE EMPRESA da empresa URBASER co fin de nos explicar as súas demandas laborais.

Apuntamos que contra a crenza popular de poder ter salarios recoñecidos ou soldos altos, os traballadores confirman que traballan con salarios baixos non chegando a ser "mileuristas" en varios casos.

XUNTANZA COS REPRESENTANTES DO COMITE DE EMPRESA DE URBASER S.A.

Ferrol, a 20 de febreiro de 2008.

A Xunta Directiva da Asociación Veciñal O Rosario – Inferniño quer informar que o día de onte mantivo unha entrevista con representantes do Comité de Empresa de URBASER S.A.

Os representantes dos traballadores da nomeada empresa convocaron dita entrevista coa finalidade de informar a esta Xunta Directiva, dentro da rolda de entrevistas que ten previsto realizar con representantes de todas as asociacións veciñais da cidade, da situación na que se atopa a negociación do Convenio Colectivo da empresa.

Os representantes sindicais expresaron a súa preocupación ante a FALTA DE DIALOGO que, ate o momento, amosou a Dirección de Urbaser, xa que non parece disposta a sentarse a negociar o novo Convenio coa PLATAFORMA DE REPRESENTACIÓN formada por tres das catro Centrais Sindicais presentes no Comité, que contan co apoio maioritario da Asemblea de Traballadores e da maioría dos membros do Comité.

Os traballadores quixeron manifestarnos, de xeito resumido, cales son as reivindicacións básicas deste novo Convenio, coa finalidade de que a veciñanza teña información clara e non sexa intoxicada con falsas especulacións. Así informaron que reclaman, entre outras medidas: no ámbito salarial a EQUIPARACIÓN COA MEDIA SALARIAL DOS TRABALLADORES DAS EMPRESAS DE LIMPEZA DAS SETE CIDADES MAIS IMPORTANTES DE GALIZA (segundo manifestan son os que perciben o salario menor de todas, sendo incluso un 30% inferior aso traballadores de Urbaser en Lugo), no ámbito laboral solicitan A PROMOCIÓN INTERNA DOS TRABALLADORES COMO FORMA DE OCUPAR TODAS AS CATEGORIAS LABORAIS, e non a contratación externa a dedo para ocupar os postos superiores. Solicitan tamén QUE NON SE PERDAN CERTOS DEREITOS XA CONSEGUIDOS NO CONVENIO COLECTIVO APROBADO NO ANO 2005 e que a empresa de xeito unilateral pretende recortar.

A Xunta Directiva desta Asociación considera que un conflito colectivo neste sector é sempre moi prexudicial para a veciñanza, polo que APOIA AS DEMANDAS DE DIALOGO DOS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES E SOLICITA DA DIRECCIÓN DA EMPRESA URBASER S.A. que ESGOTE TODAS AS VÍAS DE DIALOGO POSIBLE COS REPRESENTANTES DOS TRABALLADORES EN EVITACIÓN DUN POSIBLE CONFLITO COLECTIVO.

Así mesmo e, como queira que a citada empresa realiza un servizo público en réxime de concerto para o Concello de Ferrol, EISIXIMOS dos responsables municipais que, si fose necesario, medien na negociación que se propón e garanta unhas condición laborais dignas para uns traballadores que prestan un servizo esencial para a cidadanía, evitando as graves consecuencias que sempre comporta un conflito laboral neste sector.

Esta Xunta Directiva tamén quer facer público o seu total apoio e aplauso a esta iniciativa do Comité de Empresa de Urbaser, na que fai partícipe ao movemento veciñal, e por extensión a toda a veciñanza, dunha situación que pode desembocar nun problema que padeceriamos todas e todos e o fai antes de que o mesmo se produza.

O SECRETARIO.-
Pedro CACHAZA PEREIRO

O PRESIDENTE.-
Xosé Manuel SANXOAN CAAMAÑO

--
ASOCIACION VECIÑAL O ROSARIO- INFERNIÑO
CIF-G70006473
correo-e: avvorosario@gmail.com
blog da asociación: ferrolnovo.blogspot.com