martes, marzo 11, 2008

Os Aturuxos do Diario de Ferrol

De: amadeo -avarela36@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 9 de março de 2008 10:43
Asunto: Os Aturuxos


Despois dun día de reflexión cheguei a esta conclusión.

Un saúdo.

Os Aturuxos

Saibamos quen é quen.

O venres 7 de Marzo o Diario de Ferrol, no seu recuncho dos “Aturuxos”, deixou ben clara a súa tendencia partidista e a súa estraña maneira de defender Ferrol, cun insidioso comentario que retrata a retorcida mentalidade do seu (¿dos seus?) autor.

Copio literalmente:

CADA cierto tiempo, los coordinados contra Reganosa exhiben las plusvalías que obtuvo Tojeiro por la venta de terrenos en Mugardos, negadas por la empresa. Insistir en el asunto forma parte de la campaña de acoso a la gasificadora, sobre todo cuando las movilizaciones ciudadanas se agotan...

Este pequeno comentario é unha auténtica obra de arte da demagoxia barata e da insidia sibilina. Vaiamos por partes:

“... coordinados contra Reganosa ...”.- ¿Como deberemos entender iso de “coordinados”? ¿Organizados, confabulados, manipulados, dirixidos, que forman parte dun contubernio antiprogreso? Pois ben, os “coordinados” expuxemos mil e unha veces, que non estamos “contra Reganosa”, senón contra do emprazamento da Planta dentro da Ría. “Eles” teñen que sabelo, pero non interesa dicilo.

exhiben las plusvalías ... negadas por la empresa”. “Eles” non dan creto ás denuncias dos “coordinados”, mais á negativa da empresa si. En calquera país avanzado, os periodistas investigarían de quen é a razón. Mais “eles” xa tomaron partido, poñéndose do lado do máis forte.

Insistir en el asunto forma parte de la campaña de acoso a la gasificadora...” .- É dicir, nós, os “coordinados”, somos os acosadores, e non os ameazados e acosados (Mehá), os encadeados (Bastida), os reprimidos e golpeados polas forzas do “desorde” (varios) e os que teñen vida e facenda en perigo (todos), por mor dos intereses económicos dos seus “amigos”...

... “las movilizaciones ciudadanas se agotan...”. Parece que “eles” alégranse diso. Será porque non son de Ferrol, non viven en Ferrol, e lles importa moi pouco o que lle pase a Ferrol e ós ferroláns. E tamén, polos importantes ingresos da publicidade de Reganosa. Está claro que con cartos cómprase todo. Xa se sabe, “El que tiene plata...

Saber quen é quen é importante.

Coido que non estaría mal que a próxima cacerolada se faga na rúa Galiano, diante de D. de F. Pero que sexa ben numerosa.

_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon