O Bloque Nacionalista Galego de Ferrol convoca o vindeiro venres 2 de xullo (às 18:30 horas desde a porta de Navantia) un acto reivindicativo consistente nunha cadea humana para esixir a retirada do muro do arsenal.
O BNG considera que a actitude do goberno local fronte a esta actuación é totalmente pasiva ademais de considerar que carece de intención real de esixir ao ministerio de Defensa a súa derruba. Só a presión social parece facer mover ao goberno de Irisarri, polo que é interesante esixir na rua a necesidade de abrir Ferrol ao mar.
Para nós a derruba da muralla do arsenal é un vello soño do pobo de Ferrol que quere ver o mar, a perspectiva da súa ría
e contemplar a infraestrutura arquitectónica do arsenal: unha valiosa obra de enxeñería que consta de numerosos edificios de importante categoría artística.
Asi mesmo, queremos ver integrados na nosa estrutura urbanística, polo menos, os lugares que están militarmente desafectados.
Ademais decontribuír á transformación de Ferrol para convertela nunha cidade máis habitable, humana e atractiva: substituír o actual muro (que contra toda lóxica e estética aínda permanece en pé) contribuiría a acadar este obxectivo.
Bloque Nacionalista Galego Ferrol
Enviado por:

BNG-Ferrol
-bng@ferrol.es-
1 de julho de 2010 13:53
____________________