Amosando publicacións coa etiqueta Pablo Valeiras. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pablo Valeiras. Amosar todas as publicacións

sábado, abril 07, 2018

Miles de persoas mostran o vigor das mobilizacións da xustiza galega en Comsptela este sábdo 7 de abril: 'Frente a prepotencia, resistenncia' - Xa son 60 días en folga indefinida


"FRONTE Á PREPOTENCIA, RESISTENCIA"

Miles de persoas mostran o vigor das mobilizacións da xustiza galega
X.M. 07 Abril 2018 13:49 h.

Este 7A a greve fai exactamente dous meses e os ánimos están moi lonxe de decaer, como testemuña a presenza de miles de persoas na manifestación que as e os traballadores da xustiza convocaron para este sábado nas rúas de Compostela.

Cartaces co número 60 -os días da greve- decoraron a marcha, xunto con outros rótulos que apuntaban directamente a responsabilidade de Alfonso Rueda na non resolución do conflito: "Rueda demite, a túa proposta non se admite".

A marcha contou cun respaldo inequivoco das forzas da oposición, concretizado na presenza nela dos seus tres líderes: Luís Villares (En Marea), Gonzalo Caballero (PSdeG) e Ana Pontón (BNG).

declaracións aos meios realizadas antes do comezo da marcha, e recollidas por Europa Press, Enrique Araújo, do Sindicato de Traballadores de Xustiza, afirmou: "Non é certo que teñamos intención de que esta greve dure, é a Xunta quen a está a prolongar coa súa incapacidade e prepotencia". Desde o comité de greve, por súa parte, estímase en 80 por cento o grao de seguimento da folga, embora os intentos da Xunta por "enfrontar os funcionarios coa sociedade e cos pensionistas".

Portavoces do comité de greve que atenderon a imprensa chegaron a afirmar que a Xunta está a realizar descontos nas súas nóminas -pola súa participación na folga- superiores a aqueles que marca a lei. Tácticas que procurarían levar as e os traballadores ao desistiren das mobilizacións. Todo en van: "A greve continúa viva", declararon.

A equiparación salarial co funcionariado do resto do Estado -"no Pais Vasco cobran máis de 500 euros que nós", dicía unha manifestante-, a dotación de máis recursos para a xustiza galega e a non penalización polas baixas laborais médicas son algunhas das reivindicacións do colectivo en greve, que marcharon polas rúas do casco vello de Compostela até concluíren a súa marcha na Praza da Quintana.

A resposta da Xunta

O departamento de imprensa de Vicepresidencia da Xunta distribuíu un audio esta mesma mañá do director xeral de Xustiza, Juan José Martín, en que garante que a oferta do Goberno galego ao comite de greve representaría unha suba salarial na contorna de 14 por cento, o que viría supor "aproximadamente 300 euros mensais para cada un dos funcionarios. As cifras cantan e non hai nada máis que engadir".

Esta suposta oferta é descoñecida pola representación laboral, segundo indicou un dos portavoces das e dos traballadores, Pablo Valeiras, de Alternativas pola Xustiza: "Non sabemos de onde saen eses 300 euros. Nós pedimos 180. Nunca houbo esa cantidade [300 euros] enriba da mesa".

Fonte: Sermos Galiza.

Interesante entrevista, realizada en febreiro, para saber o que pasa no sector

A mediados de febreiro deste ano 2018, Pilar Aymara, relizaba unha interesante entrevista a Pablo Valeiras, membro do Comité de #FolgaXustiza. Paga a pena ver e difundir.

https://youtu.be/oJLB6WFUU5I
____________