Amosando publicacións coa etiqueta Pensións Dignas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pensións Dignas. Amosar todas as publicacións

sábado, abril 13, 2019

Concentración na Defensa das Pensións Públicas en Ferrol, como noutras cidades e vilas da Galiza e de todo o Estado - Este sábado 13 de abril, unha nova cita, ás 11:30hs, no Cantón de Ferrol - Goberne quen goberne, as pensións públicas defenden-se



Este sábado 13 de abril, unha nova cita, ás 11:30hs, no Cantón de Ferrol, na Defensa das Pensións Públicas: goberne quen goberne, as pensións públicas defenden-se

A Coordinadora Estatal en Defensa polo Sistema Público de Pensións, da que MODEPEN é parte integrante, convoca unha xornada de loita en todo o Estado o sábado 13 de abril.

Este 13 de abril, desde a Coordinadora Estatal e o Movemento pola defensa das pensións, MODEPEN, temos convocada unha Móbilizacion, á que chamamos á participación de tod@s os/as cidadás/áns e en especial aos movementos sociais, sindicatos e partidos que o consideren.

As nosas mobilizacións están relacionadas polo xeral coas pensións si, pero non tanto coas nosas pensións, senón, coas da xeracións vindeiras, xa que nos preocupa sobre todo o Sistema Público de Pensións a medio e longo prazo. Entendemos que a situación xeral, vai moito máis alá das pensións, pois é claramente visible, a degradación e perda de dereitos e liberdades en todos os aspectos, que a sociedade en xeral está sufrindo no noso país.

Por iso facemos un chamamento a tod@s, para reverter esta degradación dos nosos dereitos e liberdades que sufrimos especialmente nos últimos dez anos.

Salgamos á rúa, contra os ataques ás pensións, os recortes en sanidade, educación e dependencia, contra a violencia de xénero, contra a corrupción que impregna as Institucións, contra a politización da xustiza e a xudialización da política, contra as sentenzas machistas e tendenciosas, contra este sistema económico que nos escraviza, contra o pago da débeda inxusta, contra ese fascismo que percorre Europa e entrou nas nosas Institucións o pasado día 2 de decembro.

Sabemos que con esta concentración pechamos un ciclo xa que ata pasadas as eleccións non sería posible convocar algo similar, é por iso que cremos moi importante o que fósemos capaces que o día 13 de Abril puidésemos confluír todos os movementos sociais activos na concentración convocada. Pensamos que os cambios que necesitamos é tarefa de tod@s.

Ao final da Concentración agradecerase a presenza a cada colectivo que acuda, contamos coa súa asistencia.

Un cordial saúdo.
A Comisión de Organización.
8 de abril de 2019
______________

luns, abril 08, 2019

Este sábado 13 de abril, unha nova cita, ás 11:30hs, no Cantón de Ferrol, na Defensa das Pensión Públicas: goberne quen goberne, as pensións públicas defenden-se


Os medios de comunicación non falaron do que se votou en Europa o 4 de abril, pois aquí estamos as 280 plataformas na defensa das Pensións Públicas para faceros saber que se votou a privatización das pensions. Tentan trocar as pensións publicas por plans de pensións privadas. Iso quere dicir que os cartos sairán de nosos petos e irán a parar a os petos dos mais ricos. Por iso os facemos unha chamada urxente a todos e todas incluido a xente xoven (terán-no moi cru na súa Vellez senón loitan con nós nas rúas) pra que o sábado 13 de abril, pola mañá ás 11:30hs, xuntos con as 280 plataformas nas súas cidades e vilas, para que acudan masivamente as concentracións.

Xa que como vedes ninguén nos defende por o menos os que gobernaron até agora.

Ergamo-nos e loitemos e a única forma de que nos fagan caso. Gustaría-nos ver o Cantón ateigado de xente, dicindo alto e claro: Nooon a os plans privados de pensions ! Nooooon a precariedade ! (Sobre todo as viúvas que cobran unha miseria). Nooooon a morrer co a magoa de pensar que os nosos fill@s e net@s vivirán a súa vellez na completa miseria ! Siiiiiii as pensions publicas (Xa as temos pagadas durante toda a nosa vida laboral). Siiiiii a vivir con dignidade E por suposto o 28 de abril pensade a quen vaiades a votar (votade esquerda a que mais os guste). Xa que a dereita saída do armario do franquismo sen complexos, eles non nos defenderán, sempre defenderán as elites, son os que lles dan a boa vida que teñen. O sexa que: insistir, resistir, resistir e xamais renderse e por suposto goberne quen goberne as pensións públicas se defenden-se. Graciñas a todos e todas os agardamos no cantón o 13 de abril, pola mañá, as 11:30hs.

PLATAFORMA FERROLTERRA NA DEFENSA DAS PENSIÓNS PÚBLICAS

Evento no Facebook.

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no facebook
:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Enlaces relacionados en Ártabra 21.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
8 de abril de 2019 12:33

___________

xoves, abril 04, 2019

O BNG oponse na Eurocámara á creación dun sistema europeo de pensións privado - Ana Miranda critica que ese produto só beneficiará ás rendas máis altas e suporá perda de ingresos para destinar a políticas sociais


A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, na súa intervención no debate sobre o informe “Produto paneuropeo de pensións individuais”, expresou a oposición do Bloque á creación dun sistema de pensións privado que ao seu xuízo só beneficiaría as rendas máis altas e suporá unha perda de ingresos públicos que se poderían destinar a outras políticas sociais, como a creación de emprego, a axuda aos máis desfavorecidos e tamén á dependencia. “Este produto ten o meu voto en contra e o da organización que aquí represento”, salientou.

A eurodeputada galega salientou que o Parlamento Europeo non dispón de competencias en materia tributaria, polo que destacou que este produto “agocha de novo unha trampa”. “Despois de teren sufrido numerosos recortes pola imposición da decisión da Troika e polas sucesivas reformas que tivemos en materia de pensións, particularmente promovidas polo PP, os nosos pensionistas teñen os seus dereitos mermados e non saberemos se as futuras xeracións terán pensións”, explicou.

Ana Miranda sinalou que ao longo desta semana as deputadas e deputados europeos recibiron máis de 20.000 correos de pensionistas, particularmente do Estado español “pedindo que votásemos contra este punto”. Porén, para os pensionistas galegos, moitos deles cunha pensión de 400€, ou de 600€ ou 700€, -e esas xa son consideradas altas-, ”será moi difícil acceder a este produto”.

Alarma social

Precisamente no anterior debate sobre as pensións, na sesión plenaria do pasado mes de setembro, a eurodeputada do Bloque acusou á Comisión Europea de crear alarma social para posteriormente dar paso a estes plans paneuropeos privados de pensións. Daquela xa sinalara que non é a demografía e o aumento do número de pensionistas o que pon en perigo as pensións públicas, “senón que o que realmente pon en perigo as pensións públicas é a política económica favorable aos intereses financeiros”.

Para o BNG, o volume de negocio destes plans privados só pode aumentar “se non protexemos e defendemos o sistema de pensións públicas”, sinalou Miranda, como fan os pensionistas desde hai meses desde a Coordinadora de Defensa das Pensións. “Curiosamente, a maioría dos informes que conclúen a insostibilidade do sistema público de pensións proveñan de fundacións e entidades ligadas á banca”, denunciou.

ana.miranda@europarl.europa.eu

Ana Miranda | Eurodeputada Galega polo BNG. | Ir á Web.

Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
4 de abril de 2019 12:20

__________

A eurodeputada galega Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: 'É un insulto para a maioría social - A eurodeputada critica duramente no pleno da Eurocáramara que se vaia destinar diñeiro público, a través de vantaxes fiscais, para apoiar o PEPP - Reclama que se traballe noutro tipo de regulamento que axude aos Estados a fortalecer e blindar os sistemas públicos de pensións e as pensións dignas


Lídia Senra vota contra o Produto Paneuropeo de Pensións Individuais: “É un insulto para a maioría social” | A eurodeputada critica duramente no pleno da Eurocáramara que se vaia destinar diñeiro público, a través de vantaxes fiscais, para apoiar o PEPP. | Reclama que se traballe noutro tipo de regulamento que axude aos Estados a fortalecer e blindar os sistemas públicos de pensións e as pensións dignas.

O Produto Paneuropeo de Pensións Individuais (PEPP) que hoxe se somete a votación no pleno do Parlamento Europeo paréceme un insulto á clase traballadora, un insulto á mocidade precaria, un insulto ás mulleres, un insulto a tantas e tantas persoas que non teñen emprego. Creo firmemente que para realmente garantir sistemas públicos de pensións e pensións dignas temos que votar non a este PEPP e poñernos a traballar en outro tipo de medidas e nun regulamento que axude aos Estados a fortalecer os sistemas públicos de pensións e a ter pensións dignas. O noso futuro, o feito de que na vellez teñamos unha vida digna, non pode depender de se as persoas temos capacidade de aforro ou non.Paréceme unha falta total de ética que se destine diñeiro público, que se establezan vantaxes fiscais, para apoiar este PEPP. Vaise traspasar diñeiro público ás arcas do negocio de quen vai vender estes produtos privados. Intolerable”. Así o manifestou a eurodeputada Lídia Senra, membro do Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL), e candidata de En Marea ás próximas eleccións europeas de maio, esta mañá no pleno da Eurocámara, en Estrasburgo, durante o debate previo á votación sobre a Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello sobre un PEPP.

Tal e como xa anunciara, Lídia Senra votou NON a esta proposta de regulamento e tamén votou NON ao Informe sobre o tratamento fiscal dos produtos de pensións individuais, incluído o PEPP. En liña co traballo que ven desenvolvendo [1], a eurodeputadachama a continuar combatendo este PEPP na rúa e nas institucións, a pesar de que hoxe quedara aprobado polo pleno debido á maioría neoliberal que impera nas institucións europeas (338 votos a favor, 143 en contra e 139 abstencións).

Así, resalta a grande importancia que tivo e segue a ter a campaña #NonPEPP posta en marcha pola Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e o Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (MODEPEN). “A campaña e a oposición social a este PEPP é tan importante que incluso hoxe, no debate do pleno do Parlamento Europeo, quedou de manifesto que preocupa moito a quen sigue defenden este Produto inadmisible. Por iso, temos que seguir loitando contra el e contra a privatización dos servizos públicos”, considera Senra.

Para a europarlamentaria, non hai dúbida algunha de que as vantaxes fiscais que se lle outorgan ao PEPP implican “seguir saqueando as arcas públicas a favor de quen máis ten” e acusou ao vicepresidente da Comisión Europea (CE) e comisario de Fomento do Emprego, Crecemento, Investimento e Competitividade, Jyrki Katainen, de “mentir descaradamente” durante o debate de hoxe ao dicir que o PEPP vai reducir a fenda das pensións. “Todas sabemos que a fenda de xénero e a que a fenda entre pensións vai aumentar con este Produto Paneuropeo de Pensións Individuais”, declara Senra.

Santiago, a 4 de abril, de 2019.

ACCESO AO VÍDEO DA INTERVENCIÓN:

https://www.youtube.com/watch?v=sDvTRN4L-tY&feature=youtu.be

[1] A eurodeputada organizou en setembro do 2018, xuntos á Coordinadora Estal pola Defensa do Sistema Público de Pensións e MODEPEN, unhas importantes xornadas en Santiago sobre O futuro das pensións na Galiza, Estado español e Europa, das que despois se publicou un libro que está a ser presentado por multitude de lugares con gran acollida:

O futuro das-pensions na Galiza Estado Español e Europa | En formato pdf.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). | Tlf: 609 845 861 | lidia.senra@europarl.europa.eu

http://lidiasenra.galhttps://www.facebook.com/LidiaSenraRodriguez

Oficina de Lídia Senra na Galiza
Tlf.: +34.698.144.067 / 698.120.268
Tlf.: +34.881.817.443

Enviado por:
AGE Europa - Galiza
-age.europa.galiza@gmail.com-
4 de abril de 2019 12:21

___________

venres, marzo 22, 2019

Presentación en Ferrol do libro ''O futuro dás pensións', coa participación de Lídia Senra, Vitoria Portas e Xabier Pérez Davila, no Ateneo Ferrolán, o venres día 22 de Marzo ás 6 da tarde, organizado pola Plataforma Ferrolterra para a Defensa das Pensións Públicas


Presentación do libro "O futuro dás pensións"


Dita presentación terá lugar no Ateneo Ferrolan Rúa Magdalena, 202-204, - Ferrol.

Venres día 22 de Marzo ás 6 da tarde.

A Presentación correrá a cargo de:

LIDIA SENRA Deputada Galega no parlamento europeo polo GUE/ NGL

VITORIA PORTAS Coordinadora estatal comisión da muller e Membro de  MODEPEN

XABIER PÉREZ DÁVILA, Economista, Escritor e membro de  MODEPEN

Aos presentes regaláseselles un exemplar do libro.

Plataforma Ferrolterra para a defensa das pensións publicas

Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
20 de março de 2019 20:10

_____________________

sábado, febreiro 02, 2019

Hoxe sábado 2 de febreiro, ás 12 do medio día, no Cantón de Ferrol, está convocada unha concentración que será simultánea a outras que terán lugar en cidades e vilas da Galiza e do resto do territorio do Estado, en defensa do sistema público de pensións


Concentración no Cantón de Ferrol, como noutras cidades e vilas da Galiza e en máis de 200 lugares do resto do territorio do Estado, o sábado 2 de febreiro de 2019, ás 12 do mediodía, na defensa do sistema público de pensións.

Por un sistema Público de Pensións Digno, Xusto, Blindado e para asegurar o das novas xeracións.

Pola pensións presentes e futuras!!

Evento no facebook:
https://www.facebook.com/events/599172450505774/

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

---

Enlace relacionado:

Comunicado da III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións - ...non imos abandonar a loita, nin as rúas, que nacemos coa vontade de quedarnos e que faremos todo o que podamos, para conseguir os nosos obxectivo. | Ir á Web.
____

venres, xaneiro 25, 2019

Por unhas pensións públicas, dignas e garantidas, a CIG manifestara-se este sabado 26 de xaneiro en Compostela, nunha convocatoria nacional - Sairán autobuses desde todas ás comarcas: desde as comarcas do noroeste partirán de Ferrol e As Pontes


A CIG fai un chamamento a participar na manifestación nacional convocada para o sábado día 26 de xaneiro en Compostela, en defensa do sistema público de pensións, xunto co colectivo de xubilados/as e pensionistas da central sindical, o colectivo de emigrantes retornados/as e o colectivo de mariñeiros de Long Hope. Para facilitar o desprazamento a Santiago sairán autobuses de todas as comarcas. Para anotarse só hai que chamar ao teléfono que se adxunta.

A central sindical lembra que os orzamentos do 2018 recolleron unha suba que apenas supuxo 20 euros de media ao mes, imposibilitando a recuperación do poder adquisitivo perdido polos/as pensionistas. Denuncia que en Galiza, onde os salarios son máis baixos, tamén o son, xa que logo, as pensións e advirte de que os debates na Comisión do Pacto de Toledo, as recomendacións do FMI, da OCDE, os recentes anuncios do goberno sobre a prolongación da idade da xubilación, ou o recente decreto de contratos relevo e xubilación parcial confirman a pretensión de introducir novos recortes.

“Unha loita de todas e todos”

Para a central sindical, que vén mobilizándose desde hai anos para exixir unhas pensións públicas, dignas e garantidas, a defensa das pensións -as do presente e as do futuro-, “é unha loita de todos e todas”. Por iso chama a saír á rúa, o vindeiro sábado, en Compostela, na manifestación que partirá ás 12:00 horas da Alameda, para exixir a derrogación das reformas que atrasaron a idade de xubilación, dificultaron o acceso

ás mesmas e provocaron o empobrecemento do poder adquisitivo das/os pensionistas, mais tamén para preservalas no futuro, como dereito inalienábel da clase traballadora.

Lugares e horas de saída dos autobuses

FERROL:

Saen das Pontes, (local da CIG), ás 9:30h e de Ferrol (local da CIG) ás 10:00h, facendo paradas en Caranza, Fene e Vilar do Colo.

Telf. Comarca Ferrol: 981 358 750

VIGO:

Saen de Vigo, O Porriño, Cangas e A Guarda. Os/as interesados/as deben anotarse previamente até o venres 25 de xaneiro pola mañá.

Telf. Comarca Vigo: 986 827 900

LUGO:

Lugo: Ás 10:00h con saída desde o Edificio Sindical
Monforte: ás 09:45h con saída desde A Compañía
Ribadeo (A Mariña): ás 09:00h con saída desde a Estación de Autobuses.

Telf. Comarca Lugo: 982 581 861

A CORUÑA:

Saida ás 10:15h da praza da Palloza ou ás 10:30h da SEAT en Afonso Molina.

Telf. Comarca A Coruña: 981169293

OURENSE:

Sairá as 10:15h do Parque de S Lázaro.

Telf. Comarca Ourense: 988 233 134

PONTEVEDRA:

Sae de Pontevedra e Vilagarcía e recolle noutros puntos.

Telf. Comarca Pontevedra: 986 852 950

BARBANZA:

Sairán autobuses desde Noia, Boiro e Rianxo.

Telf. Local As Rías: 981873654

COSTA DA MORTE:

Sae ás 10:00 horas da estación de autobuses de Cee.

Telf. Local de Cee: 981745266
________