Amosando publicacións coa etiqueta Planta de Gas: fóra da Ría. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Planta de Gas: fóra da Ría. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 07, 2008

9 de Maio, marcha por Ferrol, para sinalar os responsables económicos que están destrás de REGANOSA

VENRES 9 DE MAIO, ANDAINA CONVOCADA POLO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, COMEZANDO ÁS 6 DA TARDE, DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA DE GALICIA, PARA SINALAR OS RESPONSÁBEIS ECONÓMICOS QUE ESTÁN DETRÁS DO DESPROPÓSITO GASÍSTICO DA ILEGAL E PERIGOSA REGANOSA

Quen é REGANOSA ?

REGANOSA, son grandes multinacionais da enerxía [ENDESA, UNION-FENOSA, SONATRACH] , entidades financieiras [CAIXA GALICIA, CAIXANOVA, BANCO PASTOR] e a propia Xunta de Galicia, xunto a un grupo empresarial [Grupo Tojeiro - GADISA], o promotor que utilizou mil argucias, para conseguir permisos, autorizacións, millonarios subsidios e que lle legalizaran o ilegalizábel. Realizou recheos ilegais da Ría, estamos falando de miles de metros cuadrados, para construir unha planta regasificadora, nunha Ría totalmente poboada e cunha bocana de entrada estreita e un longo canal. Unha planta regasificadora ao lado dun perigoso complexo petroquímico e unha planta térmica de coxeneración eléctrica que queima fueloil. Regasificadora que ten imposibilidade física de cumprir a Lei, e os condicionados de seguridade exixidos, polas normativas estatais, europeias e internacionais. Ademáis incumple a principal normativa que é a do SENTIDO COMÚN, o respecto á vida das persoas, da seguridade das poboacións, o respecto á nosa Ría e ao marisqueo do que viven centos de persoas.


Socios e Capital Social de REGANOSA

"O capital social de Reganosa ascende a 34,4 millóns de euros, cantidade á que chegou despois de tres operacións de ampliación, as cales acordáronse en marzo de 2001, cando se pasou de 3.005.600 euros a 9.015.182, en xuño de 2002, momento no que desta última cantidade subiu ata os 18 millóns, e en xuño de 2003, ata os 34,4 millóns. As tres modificacións indicadas non reportaron cambios no reparto accionarial que, expresado en porcentaxes, é o representado" no cadro de acima publicado pola propia empresa.


[Para ampliar clicar acima da imaxe]


VENRES 9 DE MAIO DE 2008
Roteiro reivindicativo pola cidade de Ferrol, sinalando entidades financieiras e empresas que participan en REGANOSA (Grupo Tojeiro, Caixa Galicia, Caixa Nova, Banco Pastor, ENDESA, FENOSA), con saída ás 18hs do Edificio da Xunta.

[Percorrido da marcha pola cidade de Ferrol]
__________________

martes, maio 06, 2008

O Ateneo Ferrolán demanda ao Concello que cumpra o plano de rehabilitación

De: ATENEO FERROLAN -a_ferrol@teleline.es-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 6 de maio de 2008 13:16
Asunto: ATENEO FERROLÁN: Un lugar de encontro para a Cultura. ¡REHABILITACIÓN XA!


ATENEO FERROLÁN: Un lugar de encontro para a Cultura. ¡REHABILITACIÓN XA!

COMUNICADO DA XUNTA DIRECTIVA

O Ateneo Ferrolán é unha entidade cultural sen animo de lucro con 129 anos de historia, e durante os últimos trinta anos un referente socio-cultural da Comarca, " Un lugar de encontro para a Cultura" é o lema desta entidade.

O Ateneo Ferrolán desenvolve durante todo o ano actividades como:

* O Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón"

* Certame Fotográfico de Medio Ambiente

* Certame de Teatro Infantil e Xuvenil “Atenea”

* Xornadas de Curtametraxes

* Duas publicacións : Revista Atenea (trimestral) e Os Cadernos do Ateneo (anual).

* Exposicións, teatro, proxeccións.

* E todo o que reflexa a súa Memoria de actividades.

* É un lugar de encontro para moitas asociacións culturais, politicas e veciñais que atopan no Ateneo ese sitio onde facer moitas das suas actividades e reunións.

* Así mesmo é sede de diferentes colectivos como: “Memoria Histórica Democrática”, “Colectivo OPAII”, ....

Baixo o noso punto de vista, O Ateneo, ten dúas cousas que o fan ainda máis valioso se cabe: Por unha banda, manter o posto de traballo de tres mulleres desde fai 25 anos e por outra ter no seu Patrimonio a única Hemeroteca da Comarca de Ferrolterra, que conta con exemplares editados en Ferrol no século XIX e principios do XX como Faro de Ferrol, El Eco Ferrolano, La Lucha, El Radical, La Democracia ou Diario Ferrolano dos que o Ateneo Ferrolán conserva os únicos exemplares.

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán demanda do Concello de Ferrol que :

1. Se acometan as obras de REHABILITACIÓN tal e como esta contemplado no acordo de inversións (21 millóns de euros) que en Xullo do 2002 suscribiron o Goberno Local e a Xunta para a Rehabilitación do Barrio da Magdalena e Ferrol Vello.

O Ateneo Ferrolán XA NON TEN ESPAZO para almacenar o seu patrimonio nin a súa HEMEROTECA – BIBLIOTECA (hemeroteca única na comarca de Ferrol á que acuden investigadores e consultas a nivel estatal). O perigo de derrumbe (non é demagoxia) da parte na que está situada a Biblioteca 3ª planta do nº 202 é real, as goteiras e chorros de auga que filtran polo tellado e paredes das 4 plantas, fan pensar o peor xa que afectan a toda a infraestructura do edificio no nº 202.

A necesidade de que se acometan as obras pasa tamén pola rehabilitación e restauración do nº 204 onde están situadas as oficinas do Ateneo e que corren tamén perigo xa que o tellado de encima de Dya está derrumbado, e corremos o perigo de que se veña todo abaixo.

Exisimos se executen estas intervencións APROBADAS para subsanar as deficiencias de infraestructura que padece esta entidad cultural.

2. Se respete e se valore a unha Entidade Cultural con mais de 129 anos facendo Cultura con e para o noso pobo.

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán

Ferrol, 6 de maio de 2008

Ateneo Ferrolán, fundado en 1879.
REHABILITACION DA SUA SEDE, XA !!!!


www.ateneoferrolan.org

___________________

ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
"UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA”
Rúa Magdalena 202-204, 1º
FERROL

www.ateneoferrolan.org
___________

luns, maio 05, 2008

Hoxe, luns 5 de maio, un novo gaseiro vai entrar na Ría, cargado con GNL, para a ilegal eperigosa REGANOSA, convocada unha concentración de protesta

O Comité Cidadán de Emerxencia
ante a entrada dun novo gaseiro
na Ría de Ferrol que fai o nº 20
para a ilegal e perigosa Reganosa
convoca:
CONCENTRACIÓN - MANIFESTACIÓN
HOXE, LUNS, 5 DE MAIO
ÁS 19 HORAS
Concentración diante do Edificio Administrativo
da Xunta de Galicia
e manifetación até a Praza do Concello

¡¡Planta de Gas fora da Ría!!


Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

____________

mércores, abril 30, 2008

Nova Asemblea Cidadá de Ferrol Terra, o Venres 2 de Maio, para preparar o Calendario de Mobilizacións

De: Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 29 de abril de 2008 17:02
Asunto: Venres 2 de maio: XIX Asemblea Cidadá


Venres 2 de maio: XIX Asemblea Cidadá

O Comité Cidadán de Emerxencia,
Convoca ás Asociacións, Entidades e particulares
integrados na mesma, a participar na
XIX Asemblea Cidadá
Venres, 2 de Maio de 2008,
ás 20 horas
Salón de Actos do Ateneo Ferrolán
Punto único:
Calendario e preparación das mobilizacións aprobadas
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA ¡!
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
____________

venres, abril 25, 2008

Resolucións da XVIII Asemblea Cidadá da Comarca de Ferrol Terra, celebrada o 23 de Abril

De: Comité Cidadán de Emerxencia -comitecidadan@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de abril de 2008 20:06
Asunto: CELEBRADA A XVIII ASEMBLEA CIDADÁ e CONVOCADA A XIX



CELEBRADA A XVIII ASEMBLEA CIDADÁ e CONVOCADA A XIX.

A XVIII Asemblea Cidadá, reunida onte no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, analizou as actividades mantidas desde a súa anterior convocatoria o pasado novembro:
  • Relación con outros movementos sociais (Foro Social Galego, Galiza Non Se Vende).
  • Mobilizacións e presenza en actividades cidadás.
  • Estado das demandas e recursos presentados, tanto en vía xurídica como administrativa.
  • Situación económica.
Abríndose a continuación un debate sobre a situación actual e as novas ameazas de Reganosa:
  • Voadura da canle de entrada da Ría.
  • Ampliación da capacidade de regasificación.
  • Transporte de GNL en camións cisterna.
Aprobáronse nesta Asemblea diversas propostas de traballo e mobilizacións:
  1. Rolda de encontros co movemento asociativo da Comarca (Sindicatos, AAVV, Partidos Políticos) para dar a coñecer as novas ameazas e a situación actual.
  2. Preparación dunha Mobilización Comarcal (proposta para o 8 de xuño, como data máis próxima ao Día Mundial de Medio Ambiente).
  3. Festival artístico-musical-reivindicativo, no aniversario do Peche dá veciñanza de Meá non Concello de Mugardos.
  4. Mobilizacións coincidindo co aniversario da entrada ilegal do primeiro gasero cargado na Ría (9 de maio de 2007). Convocaranse concentracións diante dos locais e sedes dos socios de REGANOSA.
  5. Realización dun mural de grandes dimensións (en cuxa confección participarán máis de 200 persoas) para mostrar de xeito permanente a ameaza constante da Planta de Gas, situada no interior da Ría, sobre a vida dos seus habitantes, e a agresión a sostenibilidade da mesma.
  6. Convocatoria da XIX Asemblea Cidadá, a celebrar o próximo 2 de maio de 2008, ás 8 da tarde, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, cun único punto de Orde do Día: Calendario e preparación das mobilizacións aprobadas.
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!


Voadura da canle de entrada
A Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, volta a insistir no dragado da canle de entrada, para favorecer o tránsito dos grandes barcos, cando o Porto Exterior xa está en condicións de recibilos. A razón da súa construcción non era outra que liberar o interior da Ría dos tráficos nocivos e perigosos. Unha vez máis quen dirixe a Autoridade Portuaria, amosa a súa supeditación aos intereses de REGANOSA e pretende levar a cabo unha nova barbaridade, xa que os gaseiros seguirían sen poder cumplir a norma 1532. Pola contra o dinamitado e dragado terían un efecto pernicioso nos bancos marisqueiros e no patrimonio: os Castelos. Realmente, os promotores do dinamitado, non teñen outra finalidade que seguir facendo uso do interior da ría, como se non existise o Porto Exterior, un paso máis na dirección sinalada no libro de Enrique Pernas e prologado polo entón Conselleiro de Pesca Sr. Landín, de sacrificar a Ría de Ferrol.


Ampliación da capacidade de regasificación de REGANOSA
Dende fai tempo, os promotores de Reganosa e os seus apoios, entre eles a Consellería de Industria, veñen reclamando ao Goberno Central, a través das campañas mediáticas, a concesión dunha maior capacidade de emisión de gas natural. Segundo a licencia de construcción, a capacidade de emisión nominal e de 322.500 m3/hora. O Consello de Ministros do 31.03.06 aprobou a revisión 2005-2011 do Plan Enerxético, incluindo (con valor indicativo) a nova cifra de 412.800 m3. A autorización ten que solicitarse e tramitarse segundo o artigo 67 da lei 34/1988 de hidrocarburos, e aplicación do R.D. 1434/2002 de 27 de decembro.

A partir de decembro de 2006 voltaron a esixir a cantidade de 825.600 m3/h..

A razón desta ampliación está na redución do marxe de beneficios (50 %) das instalacións de gas natural, aprobadas polo Consello de Ministros do 29.12.2006.

Recentemente publicouse no BOE nº 67 do 18.03.2008 o anuncio no que Reganosa invita a licitar a adxudicación de obra civil de dous novos ORV's (vaporizadores) de 160 Tm/hr, cada un. Data inicio previsible das obras: 3º trimestre 2008. Prazo execución: 50 meses.

Serían evidentes os efectos perniciosos desta posible ampliación, duplicando os verquidos e usos da auga da Ría ata 600.000 m3 diarios, e unha maior afluencia de gaseiros cargados dentro da Ría. Ademáis non ten sentido esta pretensión, xa que Reganosa so ven traballando ao 34 % da súa capacidade nominal.


Transporte de GNL en camión-cisterna
O feito de transportar polas estradas galegas camións – cisterna de 20 Toneladas de GNL, o que equivale a máis de 1.600 bombonas de gas, é unha irresponsabilidade máis de REGANOSA, que responde máis a unha necesidade propagandística que a unha verdadeira demanda enerxética das vilas e industrias a onde vai destinado.


________________

NOVA CONTA DO COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA

O Comité Cidadán de Emerxencia, necesita apoio económico, para que poida desenvolver a súa actividade:
C/C en BBVA, titular:
Ángeles Cuadrado e outros.
Para ingresar desde unha oficina bancaria desde dentro do Estado:
0182-0232-77-0201521046

Para ingresar desde unha oficina bancaria desde fóra do Estado:
Codigo BIC: BBVAESMMXXX
IBAN
ES80 0182 0232 7702 0152 1046

Blog solidario coa veciñanza de Meá
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org

martes, abril 22, 2008

Convocada a XVIII Asemblea Cidadá de Ferrol Terra, para o 23 de Abril

Na súa última reunión a Mesa de Traballo do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol acordou convocar unha Asemblea Cidadá, facendo un chamamento á participanción de todas as Entidades Cidadás e persoas integradas na Asamblea Cidadá de Ferrolterra.

A XVII Asemblea Cidadá terá lugar o Mércores, 23 de Abril, ás 8 da tarde nos locais do Ateneo Ferrolán, co seguinte orde do día:

1º.- Informe de situación

2º.- Ameaza de voladura do canal de entrada á Ría

3º.- Propostas de traballo e calendario de mobilizacións

Ferrol, 8 de abril de 2008

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org



______________________

mércores, abril 16, 2008

A oposición a REGANOSA recibeu ao Presidente Touriño diante do Teatro Jofre na entrega de Premios Mestre Mateo

[Foto Óscar Corral - 15.04.2008]

O pasado martes, 15 de Abril, entregabanse os Premios Mestre Mateo do Audiovisual Galego. Responsábeis políticos presidiron o Acto, para o que se desprazaron até o Teatro Jofre de Ferrol que foi o lugar elexido para celebrar o evento. Integrantes do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, concentraronse diante do Teatro Jofre e manifestaron a súa oposición á planta regasificadora de REGANOSA, lembrandolle ao Presidente, Emilio Pérez Touriño e ao Delegado de Goberno Sr. Ameijeiras as súas responsabilidades, na continuidade na construción e na posterior posta en funcionamento da Planta de Gas dentro da nosa Ría.
_______________

De: ASOCIACION VECIÑAL FONTELONGA -avvfontelonga@mundo-r.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de abril de 2008 08:20
Asunto: Entrega dos premios mestre mateos en Ferrol no Teatro Jofre


Unha representación do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol volveu a amosarlle á Xunta de Galicia o seu rexeitamento á Planta de Gas de Reganosa dentro da Ría de Ferrol, na entrega dos premios Mestre Mateo. O acto estaba subvencionado polo grupo Gadisa que é un dos socios de Reganosa que encheu, incumprindo as normas de funcionamento do Teatro Jofre, toda a fachada do mesmo con publicidade de GADIS.

En defensa da vida, da ría e do marisqueo.

¡PLANTA DE GAS, FÓRA DA RÍA!
____________