Amosando publicacións coa etiqueta Pobo Saharauí. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pobo Saharauí. Amosar todas as publicacións

venres, outubro 27, 2017

Lídia Senra, entre o grupo de eurodeputadas/os expulsado do Sáhara Occidental ocupado por Marrocos - Forma parte da delegación de cinco eurodeputadas/os que pretendía reunirse ca sociedade civil esta fin de semana no Sáhara Occidental - O obxectivo era compartir opinións e recabar información a fin de coñecer mellor a situación da poboación nos Territorios Ocupados

Lídia Senra, Paloma López, Bodil Valero, Josu Juaristi e Jytte Guteland - 27 de outubro de 2017
forman parte do Intergrupo do Parlamento Europeo para o Sáhara Occidental

Lídia Senra, entre o grupo de eurodeputadas/os expulsado do Sáhara Occidental ocupado por Marrocos. | Forma parte da delegación de cinco eurodeputadas/os que pretendía reunirse ca sociedade civil esta fin de semana no Sáhara Occidental. | O obxectivo era compartir opinións e recabar información a fin de coñecer mellor a situación da poboación nos Territorios Ocupados.


Fai aproximadamente unha hora as autoridades marroquís negáronlles a entrada a El Aaiun, capital do territorio ocupado do Sáhara Occidental, a cinco membros do Parlamento Europeo, entre os que viaxaba a galega Lídia Senra. Todas/os elas/es forman parte do Intergrupo do Parlamento Europeo para o Sáhara Occidental e programaran para esta fin de semana reunións coas partes interesadas da sociedade civil en El Aaiún. “Marrocos non quere ningunha testemuña da  continua violación que está a facer dos dereitos humanos do pobo saharaui nos Territorios Ocupados. Non quere testemuñas dos seus crimes”, criticou a eurodeputada galega, “unha das cuestións das que precisamente queriamos obter máis información  era sobre o feminicidio dunha moza saharaui asasinada por colonos marroquís fai apenas un par de semanas”.

Esta visita fora tamén valorada como especialmente importante polo conxunto desta delegación de parlamentarias/os por producirse precisamente nun momento no que a Comisión Europea está a negociar a modificación do Protocolo de Asociación entre Marrocos e a UE logo da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) o pasado decembro de 2016. Na súa sentenza, o TXUE reiterou que o Sáhara Occidental e Marrocos son dous territorios distintos e que ningún acordo internacional pode ser aplicado no primeiro sen o consentimento do pobo saharauí. A Eurocámara terá que votar este novo Protocolo no pleno do Parlamento Europeo nos vindeiros meses, polo que a visita ao Sáhara Occidental e os contactos ca sociedade civil resultaban esenciais para poder coñecer de primeira man a situación nos Territorios Ocupados.

Esta misión tiña tamén como obxectivo manter xuntanzas con colectivos de defensores de dereitos humanos, activistas saharauís e familiares dos presos políticos, tanto dos dazasete universitarios presos -coñecidos como “os compañeiros de El Ouali”, estudante asasinado por autoridades marroquís no ano 2016-  como dos campamentos Gdeim Izik que foron dispersados polas autoridades marroquís a centos de quilómetros das súas familias, como ten denunciado recentemente a propia Lídia Senra. “Son presos civís, Marrocos está vulnerando a Convección de Xenebra ao dispersar a estas persoas fora do territorio non autónomo do Sáhara Occidental”, recalcou hoxe a eurodeputada galega.

Denunciamos o silencio da comunidade internacional con respecto aos crimes que está a cometer o Goberno de Marrocos, e especialmente de Estados que teñen moito que ver nesta situación, como o propio Estado español e Francia”, incidiu Senra en alusión á actitude de bloqueo que neste momento  está a ter Francia no Consello de Seguridade da ONU para evitar a ampliación do mandato da MINURSO (Misión das Nacións Unidas para o referendo do Sáhara Occidental) ao monitoreo da situación dos dereitos humanos.

De feito, a propia delegación de eurodeputadas/os tiña solicitado unha xuntanza ca MINURSO, organismo co que tamén foi crítica Lídia Senra: “é inadmisíbel que logo de tantos anos non so non teña organizado inda o referendo do pobo saharauí, que é o obxectivo esencial da súa misión neste territorio, senón que, á vista das circunstancias,  tampouco parece que estea a cumprir de xeito eficaz co seu deber de velar polo respecto dos dereitos humanos e denunciar as reiteradas  e graves vulneracións cometidas polo Goberno de Marrocos que está a ocupar ilegalmente o Sáhara Occidental”.

El Aaiún, 27 de Outubro de 2017.

Lídia Senra, eurodeputada galega, integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

lidia.senra@europarl.europa.eu

@LidiaSenra
http://ageuropa.gal/

Integrada no Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL)

Enviado por:
SENRA RODRÍGUEZ Maria Lidia OFFICE
-lidia.senra-office@europarl.europa.eu-
27 de outubro de 2017 15:02
____________________

domingo, xullo 23, 2017

Chamamento a participación na concentración solidaria cos Presos Políticos Saharauís - Ás 12 do mediodía na Praza do Obradoiro en Compostela



Chamamento a participación na concentración solidaria cos Presos Políticos Saharauís. EU Narón.


Mañá domingo 23 de Xullo realizarase unha concentración solidaria cos Presos Políticos Saharauís. Ás 12 am na Praza do Obradoiro (Santiago de Compostela).

Dende EU Narón animamos a participación da para darlle visibilidade a inxusta situación que vive o Pobo Saharauí, representada esta semana polas durísimas condenas coas que Marrocos castigou aos activistas saharauís do Gdeim Izik pola súa loita pacífica, a favor dos dereitos humanos, e a autodeterminación do seu pobo.

O Concelleiro e Voceiro de EU Narón André Abeledo participará na concentración xunto con varios membros do CPL de EU Narón e militantes da organización naronesa.

Abeledo entende que debemos cumprir cun deber solidario para có pobo saharauí, un deber que tamén ten o Estado Español para có Sáhara Occidental.

Debemos facer chegar, e esixir ao goberno de España que cese dunha vez a súa irresponsabilidade, e como potencia administradora deixe de mirar para outro lado e exerza en dereito o seu deber de esixir a lei co pobo saharauí. Que responsablemente solicite a anulación desta sentenza e cúmpranse os dereitos do Pobo Saharauí.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
22 de julho de 2017 19:32

_________________

domingo, novembro 01, 2015

Esquerda Unida de Narón amosa o seu apoio e solidariedade ao pobo Saharauí


Comunicado de EU Narón en apoio o pobo Saharauí


Esquerda Unida de Narón quere amosar o seu apoio e solidariedade o pobo Saharauí, un pobo que esta a sufrir unha moi difícil situación humanitaria despois de que o pasado día 17 e 18 de Outubro, os campamentos de refuxiados fosen afectados por fortes choivas e vento que deron lugar as grandes inundacións, que provocaron importantes danos nas casas de adobe e nas tendas de campaña que son as vivendas das que dispón este pobo castigado, segundo a Media Lúa Vermella Saharauí a situación nestes momentos é dramática e faltan produtos básicos, alimentos, medicamentos, tendas de campaña, roupa, etc.

A Media Lúa Vermella Saharauí fai un chamamento os Estados, as Organizacións Internacionais, as Organizacións non Gobernamentais, as Asociacións de Amizade, a sociedade civil, e a todas as amigas e amigos do pobo Saharauí para que axuden con tendas, alimentos, medicamentos, para poder auxiliar o pobo Saharauí neste cataclismo, posto que este pobo depende totalmente da axuda humanitaria.

Pódense realizar achegas que serán transferidas integramente á Media Lúa Vermella Saharauí, ditas aportacións serán xustificadas no seguinte numero de conta de A Banca.

ES51 2080 5409 11 3040113236

Dende Esquerda Unida queremos amosar non só o noso apio solidario ante esta crise humanitaria, tamén queremos denunciar que esta situación dramática se debe en gran medida a ocupación do Sáhara por Marrocos, o pobo Saharauí vese obrigado a vivir en campos de refuxiados en condicións moi precarias, como si fosen estranxeiros na súa propia terra.

É o noso deber denunciar os abusos que sofren todos aqueles Saharauís que loitan por defender a dignidade e os dereitos do seu pobo, as detencións abritarías, as torturas, e os encarceramentos son o pan de cada día no Sáhara ocupado por Marrocos.

Esiximos a descolonización e que se inicie un proceso cara a independencia do Sáhara, xa son 40 anos de ocupación e oprobio, a comunidade internacional, e sobre todo o estado español, teñen a obrigación moral de presionar o goberno de Marrocos neste sentido, un goberno español amigo da ditadura marroquí que non esta a altura da súa débeda histórica co pobo Saharauí, para o goberno español e a comunidade internacional os intereses económicos priman sobre as persoas, e os dereitos humanos pasan así a un segundo plano, a vítima é o pobo Saharauí.

SÁHARA LIBRE!

GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter.


Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.

Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
1 de novembro de 2015 20:28
_____________

xoves, decembro 09, 2010

Hoxe, Xoves 29 de Novembro, en Ferrol, presentación do libro, de Julián Delgado Aguado, "Morrer polo Sáhara"

Este Xoves, 9 de Novembro de 2010, ás 8 da tarde, na Galería Sargadelos de Ferrol, presentación do libro: "MORRER POLO SAHARA"

Presenta:

Nuria Fernández (Directiva de Fuco Buxán)

Interveñen:

Julián Delgado Aguado (Autor)

Santiago Jiménez (Catedrático de Geografía e Historia da Universidade de Santiago)

Novela desenvolvida no escenario histórico da descolonización do Sahara (1970- 1975). O texto non deixa de ser unha novela o que o converte nunha mestura de realidade e ficción e, polo tanto, non se pode tomar o relato como fiel reflexo da historia da descolonización. Nos casos en que Julián Delgado utiliza os nomes de personaxes reais, os feitos son históricos, así foron recollidos polas fontes consultadas ou ben a través de testemuños recollidos polo propio autor. Os personaxes de ficción son fiel reflexo daqueles que protagonizaron aquel feito histórico, procurando facelos o máis verosímiles posibles tendo en canta a experiencia persoal de Delgado naquel Territorio e os testemuños de compañeiros que viviron directamente estes acontecementos. Respectáronse os nomes de autoridades, líderes saharauís, operacións militares e lugares, que xunto cos feitos históricos, axudarán ao lector a entender e situarse mellor na acción.

--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es

Información baseada na enviada por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
3 de dezembro de 2010 19:48
________________________

martes, novembro 23, 2010

"Hackeada" a web da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui

A web da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui [www.sogaps.org/], foi hackeada, o pasado venres -19.11.2010, aproveitando unha vuneralidade do programa Joomla. Esta foi hackeada por lacaios do Tirano Mohammed VI, para impedir a liberdade de información sobre o que está acontecendo nos Territorios Ocupados ilegalmente por Marrocos. No seu lugar puxeron unha imaxen do enterro dun soldado -vítima do conflito- ao servizo do Rei de Marrocos e os seus intereses imperialistas. Tamén inscrustaron cancións e música patrioticas, e proclamas en árabe, falando de supostos "martires polos dereitos nacionais de Marrocos sobre o Sáhara Ocidental", ... "Saúdos aos as bravos soldados que están no deserto" nos territorios ocupados ..., que o "Sáhara é de Marrocos", ...

Esta non foi a única páxina web solidaria co Pobo Saharaui que foi hackeada, tamén a da asociación "Por un Sáhara Libre" [www.porunsaharalibre.org], foi hakeada e no seu lugar puxeron a mesma imaxen e canción que na da asociación galega.

Ao día de hoxe a web aínda está hackeada, pois a asociación galega está consultando xurídicamente o asunto para ver a posibilidade de poñer unha denuncia.

Mentras pode-se acceder a información sobre o que está pasando nos Teritorios Ocupados en diferentes webs que se poden pillar desde os enlaces da web da Coordenadora Estatal de Asociacións Solidarias co Sáhara - CEAS-Sáhara [http://saharaindependiente.org/].

Imaxe das páxina hackeadas:


________________

luns, novembro 22, 2010

Actualidade sobre a agresión do Reino de Marrocos nos Territorios Ocupados do Sahara Occidental



Actualidade Informativa

SAHARA OCCIDENTAL / FRANCIA / ALEMAÑA
Novos franceses e alemáns protestan fronte ao muro da vergoña no Sahara Occidental

Ham Legta (territorios liberados), 21/11/2010 (SPS).-Máis de vinte mozos franceses e alemáns, xunto a un grupo de mozos saharauís protestaron este domingo, fronte ao muro da vergoña, para denunciar as violacións dos dereitos humanos labores polas autoridades marroquís nos territorios ocupados do Sahara Occidental.

RASD / MARROCOS / SUECIA
Un parlamentario sueco négaselle o acceso ao Aiún: O Goberno Saharauí condena o bloqueo de seguridade marroquí

Chahid O Hafed, 21/11/2010 (SPS).-O Goberno Saharauí condenou o domingo nun comunicado, a "negación" por parte do Goberno de Marrocos para permitir que un parlamentario sueco, Jonas Schustid, despezarse o sábado de Casabranca con rumbo á capital ocupada saharauí O Aiún, onde pretendía viaxar para informarse de primeira man da situación do asalto criminal das forzas armadas marroquís contra o campamento de Gdeim Izik, o pasado 8 de novembro.

RASD / ESPAÑA
O Goberno saharauí expresa o seu profundo ''pesar polo menosprezo'' de Zapatero sobre a grave situación en El Aiún

Chahid O Hafed (campamentos de refuxiados), 21/11/2010 (SPS).-O Goberno Saharauí expresou este sábado, o seu profundo pesar polo "menosprezo", por parte do presidente do Goberno Español sobre a grave situación no Aiún, logo da feroz represión das forzas de ocupación marroquí contra os saharauís en Gdeim Izik, na madrugada do pasado 8 de novembro.
(máis..)

RASD / SUDAFRICA
Sudáfrica condena a represión marroquí e expresa a súa solidariedade co pobo saharauí

Chahid O Hafed, 20/11/ 2010 (SPS).-O novo embaixador de Sudáfrica ante a República Árabe Saharauí Democrática (RASD), José Kotane, condenou hoxe a recente represión marroquí contra os civís saharauís no campamento de Gdeim Izik, expresando o firme apoio e solidariedade de Sudáfrica co pobo saharauí.

RASD / SUDAFRICA
Presidente da República recibe ao novo embaixador de Sudáfrica ante a RASD

Chahid O Hafed, 20/11/ 2010 (SPS).-O Presidente da República Árabe Saharauí Democrática (RASD) e Secretario Xeral da Fronte POLISARIO, Mohamed Abdelaziz, recibiu este sábado, na sede da Presidencia, o novo embaixador da República de Sudáfrica José Kotane, ante a RASD.

RASD / VENEZUELA
Presentan en Venezuela un libro titulado "República Saharauí; tres miradas"

Caracas, 20/11/2010 (SPS).- O Grupo Parlamentario Venezolano do Parlamento Latinoamericano (GPVPL), presentou este xoves, un libro titulado "República Saharauí: Tres Miradas", como unha "mostra máis de solidariedade con saharauí e a súa nobre causa", segundo un comunicado da Embaixada Saharauí en Caracas.

SAHARA OCCIDENTAL / ESPAÑA / MARROCOS / DD HH
AI esixe a España un papel máis activo na defensa dos dereitos humanos no Sahara Occidental

Madrid, 20/11/2010 (SPS).- Amnistía Internacional (AI) esixiu este sábado, á ministra de Asuntos Exteriores e Cooperación, Trindade Jiménez, "unha maior implicación por parte do Goberno español" na "grave situación" da zona tras a brutal agresión por parte das autoridades marroquís contra os saharauís que se atopaban no campamento de protesta preto do Aiún, e os posteriores disturbios.

SAHARA OCCIDENTAL / SALVADOR / MARROCOS / DD HH
FMLN condena a "feroz" represión contra os saharauís en Gdeim Izik

San Salvador, 20/11/2010 (SPS).-A Fronte Farabundo Martí para Liberación Nacional do Salvador (FMLN), condenou este sábado, a "feroz" represión do exército marroquí contra os saharauís que se atopaban protestando de forma pacífica no campamento de Gdeim Izik, nos arredores do Aiún, capital ocupada do Sahara Occidental.

SAHARA OCCIDENTAL / ESPAÑA / MANIFESTACION
Coordinadora Vasca convoca a unha manifestación en Bilbao en apoio á causa saharauí

Bilbao, 19/11/2010 (SPS).-A Coordinadora Vasca de Organizacións Solidarias coa República Árabe Saharauí Democrática (RASD), convoca para mañá sábado, unha manifestación en apoio á causa do pobo saharauí e ten como obxectivo esixir ao Goberno español "que abandone a súa interesada equidistancia e que asuma, dunha vez por todas, a súa responsabilidade no inconcluso proceso de descolonización do Sahara Occidental, e que non deixen unha vez máis, ao pobo saharauí a mercé do invasor marroquí".

SAHARA OCCIDENTAL / ESPAÑA / MARROCOS / DD HH
O Parlamento de Canarias condena a brutal agresión marroquí contra os saharauís en Gdeim Izik

Canarias, 19/11/2010 (SPS).-O Parlamento de Canarias condenou este venres, A brutal agresión por parte das autoridades marroquís contra os saharauís no campamento da "Dignidade" de Gdeim Izik, nos arredores do Aiún, capital ocupada do Sahara Occidental, onde o goberno marroquí reprimiu de forma violenta aos pacifistas saharauís e impediu a entrada dos observadores internacionais e a prensa internacional.

[A Información en Sahara Press Service]

Documento audio/visual:

A raíz dos enfrontamentos que están a ocorrer no Sahara Occidental, chamamos á mobilización.

Para comprender os acontecimentos: presentamos un vídeo de 11 minutos. Para máis información acceder á web [en Francés]:
http://www.totasprod.com/petition-sahraouis/


____________________

Cinismos ante o Sáhara

Por Miguel Castro Serantes [*]
19.11.2010

Durante estas últimas semanas vivimos, sen velo, o ataque das forzas marroquís aos campamentos de protesta saharauís, preto do Aiún, cidade máis importante do Sahara Occidental, antiga capital do Sahara Español e, desde 1975, controlada por Marrocos.

A xusta protesta do pobo saharauí foi contestada, brutalmente, polo goberno de Marrocos. A poboación Saharauí defenestrada e vivindo o seu particular inferno no deserto, non só se atopa asediada e ameazada, senón que perdeu o apoio “teórico” que lle demostraba parte de Occidente, entre os que se atopaba España.

A sociedade española non dubida da responsabilidade do noso estado no devir do pobo saharauí, tan ligado á nosa historia e a tantas familias do agora, participantes en proxectos de adopcións temporais.

Pero, como tantas veces, mentres os cidadáns albergamos sentimentos de rabia e indignación ante o ataque, as mortes e o veto informativo, o goberno do PSOE actúa cun cinismo inimaxinable para un goberno que fai seis anos retirou as tropas de Iraq cando, sen dúbida, tiña presións moito maiores que na actualidade.

De súpeto, ese “mínimo” de resolucións aos que se chegou tras o baño de sangue que foi a Segunda Guerra Mundial, os Dereitos Humanos, quedan relegados a un segundo plano. Como dixo o presidente, os intereses económicos deben prevalecer, xustificando a cesión á chantaxe efectuada polo goberno marroquí. Á súa vez, a ministra de exteriores, Trinidad Jiménez equipara as dúas frontes e xustifica o seu discurso coas imaxes, totalmente partidarias, que mostra Marrocos. A morte duns cidadáns españois pasa a converterse nunha anécdota.

Fronte a estas actuacións do goberno, alén, é evidente o oportunismo do PP en busca de votos “centrados”. Nietzsche dicía que “os que antes tostaban herexes, agora metéronse a predicadores da xustiza e a igualdade”. Perfecto para o caso. Hai que lembrar que a cita finalizaba dicindo que “para un ollo atento, son os mesmos”.Graduemos a vista.

Desde a Asociación Cultural Fuco Buxán condenamos, sen paliativos, o ataque marroquí. En non en menor medida, pensamos que o goberno debe reformular a postura tomada, pasando a facer unha política propia, sen se deixar arrastrar polos intereses de mercado e institucións internacionais ou polas chantaxes de gobernos alleos, como é o caso. E, o máis importante, apoiamos ao pobo Saharauí e aos seus representantes da Fronte Polisario nesta loita pola dignidade, pola recuperación do seu territorio, pola celebración do Referendum de Autodeterminación aprobado pola Asemblea Xeral da ONU en 1991 e, en definitiva, pola Liberdade e a Paz.

[*] Miguel Castro Serantes, é mestre, activista internacionalista, membro de Rádio Filispim e directivo da A.C. Fuco Buxán, ...
--
fuco buxán, a.c.
Aptdo Correos 240 C.P. 15400 Ferrol
Telef. 981325492
www.fucobuxan.com
fucobuxan@yahoo.es


Enviado por:
Fuco Buxán Asoc. Cultural - Ferrol
-fucobuxan@gmail.com-
19 de novembro de 2010 11:29

_______