Amosando publicacións coa etiqueta Pobo Saharauí. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pobo Saharauí. Amosar todas as publicacións

venres, abril 01, 2022

Ucraína versus Sáhara Occidental. A política internacional non ten corazón, nin vergoña, ... Por André Abeledo


Por André Abeledo [*]
01.04.2022


O Sáhara Occidental está ocupado ilegalmente e militarmente por Marrocos, unha invasión, unha guerra, miles de desprazados, todo un pobo secuestrado na súa propia terra ou vivindo nos campamentos de refuxiados en Alxeria.

Marrocos ata ten chegado a levantar un muro da vergoña ao estilo de Israel, ten levado  mesma política de colonización que leva adiante Israel en Palestina.

-Onde están as sancións económicas a Marrocos?

-  Para cando o envío de armas ao Fronte Polisario, para que poidan defenderse e loitar contra a ocupación?

-  Cando se vai a prohibir a Marrocos participar en competicións deportivas?

-  Cando imos a recoller fondos nos Supermercados para os refuxiados saharauís?

-  Cando lles imos a dar a residencia?

-  Cando se vai a prohibir a Marrocos participar nas competicións deportivas?

O Sáhara Occidental ten sido entregado a Marrocos e o pobo saharaui ten sido traizoado unha e outra vez.

España é o primeiro responsable, o Sáhara Occidental era a Provincia número 53, os saharauis eran cidadáns españois cando Marrocos invadiu o territorio na chamada "Marcha Verde". As tropas españolas se retiraron dun xeito vergoñento condenando ao Sáhara Occidental a ocupación e a unha guerra que non podían gañar, pois o seu su exército, o exército español, os tiña abandonado.

España impón sancións a Rusia, pero Marrocos non o fai. España esta na OTAN e tamén os EEUU, pero Marrocos esta sendo armado e asesorado militarmente polos EEUU.

EEUU, o seu presidente Donald Trump, como último acto do seu goberno recoñeceu a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental. Pola súa parte Marrocos recoñeceu a Xerusalén como capital de Israel. E agora España recoñeceu a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental.

En política internacional, xeoestratexia e xeopolítica, palabras como honor, xustiza, verdade, honestidade ou lealdade non teñen ningún valor, non ten nin corazón, nin vergoña.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
31 de março de 2022 20:44

_______

mércores, marzo 30, 2022

Charla-Coloquio coa participación de Mayte Martínez, Benigno Prieto e Mohamed Safa en solidariedade co Pobo Saharauí - O xoves 31 de marzo, ás 7 da tarde no Centro Cívico de Canido (Ferrol) - Palestina e Sahara Occidental, dous pobos con dereito á autodeterminación


Charla-Coloquio: "Palestina e Sahara Occidental, dous pobos con dereito á autodeterminación"

Coa participación de:

Mayte Martínez e Benigno Prieto da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí.

✔ e Mohamed Safa, activista pro Palestina.

Día: xoves 31 de marzo.
Hora: ás 7 da tarde.
Lugar: Centro Cívico de Canido (Ferrol)
Organiza: A. C. Fuco Buxán.
Colaboran: Asociación Veciñal de Canido e Concello de Ferrol.
_______

xoves, marzo 24, 2022

Concentración en apoio e solidariedade co Pobo Saharaui en Ferrol, este sábado 26 de marzo, na Praza de Armas, ás 12 do mediodía, convocada por Esquerda Unida


Este sábado 26 de marzo, está convocada unha Concentración en apoio e solidariedade co Pobo Saharaui en Ferrol, ás 12 do mediodía na Praza de Armas, organizada por Esquerda Unida, despois da viraxe do Goberno Español ao recoñecer a soberanía d Marrocos sobre o Sahara Occidental, negando o dereito de autodeterminación do pobo saharaui.

✔ Delegación do Frente Polisario para España
https://frentepolisario.es/

✔ República Árabe Saharaui Democrática (RASD)
https://saharaoccidental.es/sahara/la-rasd/

✔ Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
http://sogaps.org/gl/

Relacionado:

✔ A Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental (MINURSO) | Ir á web.

Web de MINURSO.

Esquerda Unida de Ferrol
R/ do Sol 124 Entrechán Esquerda

www.euferrol.org
https://www.facebook.com/esquerdaunida.ferrol
https://twitter.com/EUFerrol
http://www.esquerdaunida.org/ferrol.html
_______

luns, marzo 21, 2022

Artigos de André Abeledo - A traizón de España ao Sáhara Occidental, un acto vergoñento que pasará a história - Ucraína unha parte do taboleiro dun xogo perverso - Folga ou paro patronal?, o problema é si hai motivos e se poñen solucións


A traizón de España ao Sáhara Occidental, un acto vergoñento que pasará a historia

saharauí: Rexeitar a ocupación rusa da Ucraína e aceptar a ocupación marroquí do Sáhara Occidental. Enviar armas aos ucraínos mentres traizoamos ao pobo saharauí, abrir as portas a refuxiadas ucraínas , mentres as pechamos nos fociños dos saharauí.

O "goberno máis progresista da historia", pasará aos libros de historia, por ser o que consumou a traizón definitiva ao pobo saharauí.

O Sáhara Occidental ten sido traizoado unha e outra vez por España. Agora tense escrito un novo capítulo de vergoña "Made in Spain".

Venden que ten sido buscando a estabilidade nas fronteiras, di o PSOE, e os outros lo fan medido por rendibilidade electoral no caso de UP.

Pero nada pode tapar a vergoña de traizoar unha vez máis ao pobo saharaui e de entregar o Sáhara Occidental a ditadura de Marrocos.

A autonomía do Sáhara Occidental proposta pola Monarquía sátrapa de Marrocos, sin o dereito a autodeterminación, significa a adhesión do Sáhara Occidental por parte de Marrocos, significa deixar sin capacidade de decisión ao pobo saharauí, e pasar por enriba de todas as resolucións internacionais contra a ocupación ilegal, é un acto de TRAIZÓN e desleixo da responsabilidade histórica que o Estado español ten para co pobo saharauí.

Me ven a mente cando en Tinduf, en novembro de 1976. Felipe González dixo aos saharauís : "Vosa experiencia é a de ter recibido moitas promesas nunca cumpridas. Comprométome coa historia. O noso partido estará con vos ata a vitoria final”. Que vergoña.

Alxeria ten chamado a consultas ao seu embaixador en Madrid polo cambio de posición do Goberno sobre o Sáhara. Están "moi sorprendidos" polo apoio de España ao proxecto de Marrocos. Como nos corte Alxeria o gas ímonos cagar, ademais de traidores, son parvos de carallo.

Por outra banda hai que lembrar unha vez máis a UP que o Goberno é un, para o bo e para o malo, e cando non se pinta nada no goberno, si realmente se é un "0" a esquerda, para que estar?, polo salario ou polo sillón?. Non se pode ser e non ser parte dun Goberno a vez, cando conveña.

A nova traizón do Goberno progre ao Sáhara Occidental é unha canallada.

O goberno "progre" español traizoa unha vez máis ao Sáhara Occidental, por enésima vez.

O Sáhara Occidental foi ocupado ilegalmente e pola forza por Marrocos cando aínda era protectorado español.

Marrocos se ten pasado polo forro o dereito internacional e tódalas resolucións, e agora o Estado español únese aos EEUU e Israel para dar o visto bo a ocupación definitiva.

EEUU reitera o seu apoio ao plan de Marrocos para o Sáhara tras o respaldo español.

EEUU reitera o seu apoio ao plan de Marrocos para o Sáhara Occidental tras o respaldo español, que apoia a iniciativa de Marrocos para el Sáhara Occidental como o xeito "máis realista" de resolver un conflito de case cinco décadas. TRAIZÓN con maiúsculas mentres lambe as botas de EEUU.

A falsa esquerda tarde o cedo tense que posicionar, e cando se posiciona sae o "progre" que leva dentro, "non hai peor fascista que un burgués asustado".

A definitiva TRAIZÓN ao pobo saharaui, amosa a hipocrisía de Occidente. Ucraínos SI pero saharauís NON.

TRAIDORES!

Debemos recuperar a memoria sobre a nosa historia e entenderemos ata onde chega a nosa responsabilidade co Sáhara, este non é un conflito alleo, foi creado por España e temos o deber moral de non esquecer a un pobo irmá.

¡Goberno traidor!.

¡VIVA O SAHARA LIBRE!


Ucraína unha parte do taboleiro dun xogo perverso

Nestes días se teñen sucedido as execucións de ucraínos por "equidistantes", "prorrusos", ou "desertores", disto os medios non informan.

España e a UE solo dan asilo a mulleres e aos nenos, considerando aos homes que tentan fuxir do conflito como "desertores", participando da política da Ucraína de non deixar saír da Ucraína aos homes de 18 a 65 anos e obrigarlles a loitar senón queren ser executados por traidores.

Queren escapar da guerra.

Cruzando o monte o vestíndose de muller: así intentan fuxir da guerra os desertores ucraínos.

Os homes maiores de 18 anos que non teñan máis de tres fillos a cargo, sexan viúvos ou presenten problemas de saúde están obrigados a quedarse na Ucraína.

A todo eso como lle chamamos?.

É unha guerra que empezou en 2014 no Donbás, cuns 14.000 mortos antes do comezo da guerra entre Rusia e a Ucraína.

Unha guerra que non lle importou a ninguén ata que os nosos políticos e os medios de comunicación o decidiron.

Triste é a sucia realidade.

Os únicos inocentes son os civís mortos dende 2014 ata o día de hoxe, pero os únicos que importan a Occidente e os seus medios de comunicación son os dos últimos 20 días.

A OTAN quería esta guerra, que aos EEUU lles convén dende un punto de vista económico e xeoestratéxico.

Ucraína se ten deixado usar para desestabilizar a Rusia e agora Zelenski tenta conseguir unha terceira guerra mundial, e de facer a guerra o máis longa e cruenta posíbel.

Todo é beneficio para los EEUU, una guerra lonxe de sus fronteiras, en Europa, y dos economías que quedarán maltrechas, la de la UE y la de Rusia.

La UE será máis dependente dos EEUU, e  refórzase a OTAN como sempre teñen querido os Ianquis, os seus socios europeos poñerán agora máis diñeiro.

Ucraína é solo un escenario para a OTAN, unha parte do taboleiro xeoestratéxico onde se xoga a partida de quen vai a gobernar o mundo.

Ucraína e a UE son os parvos útiles dos EEUU.

Mentres China solo ten que sentarse a mirar, non é o seu problema e sacará beneficio tamén deste movemento no taboleiro xeoestratéxico.

China apoiará a Rusia porque é un socio necesario para próximas batallas no mencionado taboleiro xeoestratéxico e xeopolítico mundial.

Haberá un gran perdedor a Ucraína.

Zelenski segue defendendo os intereses da OTAN na rexión, sendo un monicreque .

A UE tamén pagará caro o seu vasalaxe aos EEUU e a OTAN, "paga pantas" se lles pode chamar.


Folga ou paro patronal?, o problema é si hai motivos e se poñen solucións

A folga é un dereito constitucional que non podemos permitir que se poña en entredito por parte de ninguén. Os paquetes informativos son unha ferramenta, como os sindicatos son un contrapoder para defender aos traballadores dos abusos e as ameazas da patronal.

Unha "folga" non é un "paro patronal", as "folgas" fan-nas os traballadores asalariados e os "paros" fan-nos a patronal.

Tamén hai que distinguir entre empresario e autónomo, moitas grandes empresas se aproveitan dos autónomos para poñer todo o peso dos custos sobre os seus ombros, algo que nestes tempos de crise se fai insostible para quen teñen que asumir custos de combustible ou enerxía.

O goberno quere atallar o "paro" do transporte reuníndose coas plataformas maioritarias, cando esas plataformas non teñen convocado a folga.

Algo parecido a cando consideran e venden a CCOO e UGT como os representantes de tódolos traballadores.

Como exemplo en Galiza, sindicato maioritario é a CIG, e en Euskadi CCOO e UGT tampouco son maioritarios.

CCOO e UGT cada día son vistos menos como sindicatos de clase e máis como parte de recursos humanos das empresas, cando non como parte del aparato represor empresarial cando os traballadores esixen os seus dereitos, como por exemplo ocorre en Mercadona, empresa onde son delegado de persoal da CIG.

Cando o Goberno di que se reúne cos representantes dos traballadores mente, se reúne cos sindicatos amigos da patronal, CCOO e UGT.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.



Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
18 de março de 2022 17:08
18 de março de 2022 17:32
20 de março de 2022 21:32

_______

domingo, marzo 20, 2022

Comunicado do Goberno Saharauí ante o apoio do Goberno Español ao plan de autonomia marroquí para o Sáhara

Comunicado do Goberno Saharauí ante o apoio do Goberno Español ao plan de autonomia marroquí para o Sáhara

(SPS) -. Nunha conxuntura marcada pola guerra que vive o Sáhara Occidental, España anunciaba o seu apoio á autonomía marroquí.

Ante lamentable decisión, a Presidencia da República e o Secretariado Xeral da Fronte POLISARIO emitiron o seguinte comunicado:


Declaración

Con moitísimo asombro, o goberno da República Saharauí e a Fronte Popular para a Liberación de Saguia O-Hamra e Rio de Ouro (Fronte POLISARIO) informáronse esta tarde do contido das dúas declaracións emitidas polo ocupante marroquí e o Goberno da potencia administradora española, e en consecuencia queren expresar o seguinte:

1- A posición expresada polo goberno español está absolutamente en contradición coa lexitimidade internacional. As Nacións Unidas, a Unión Africana, a Unión Europea, a Corte Internacional de Xustiza, a Corte Europea de Xustiza e todas as organizacións rexionais e continentais non recoñecen, todas elas, ningunha soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental.

É España ademais, xunto con Francia, o país que trazou as fronteiras entre o Sáhara Occidental e os seus tres veciños, Marrocos, Alxeria e Mauritania, ten máis responsabilidades xurídicas e políticas que outros na defensa das fronteiras internacionais recoñecidas e repeler a expansión marroquí ademais das súas responsabilidades. cara ao pobo saharauí e as Nacións Unidas xuntos. Esta responsabilidade non caduca mentres o pobo saharauí non poida exercer o seu dereito inalienable á libre determinación e a independencia.

A posición emitida nas dúas declaracións carece de credibilidade, seriedade, responsabilidade e realismo, porque é unha desviación perigosa, contradí a lexitimidade internacional, apoia a ocupación, alenta a agresión e a política dos feitos consumados e a fuxida cara adiante, e pretende lexitimar a represión, crimes de guerra, crimes contra a humanidade e o saqueo de riquezas que Marrocos continúa empregando contra o pobo saharauí en violación das resolucións de lexitimidade internacional.

Isto prodúcese nun contexto moi grave polo que atravesa o conflito do Sáhara Occidental tralo estalido da guerra en novembro de 2020, e o estado de tensión na rexión pola persistencia do Reino de Marrocos nas súas políticas expansionistas e plans para perturbar a seguridade e a estabilidade da rexión.

2. Esta transformación parece ser o resultado de intensos meses de chantaxe marroquí contra España para restablecer as relacións diplomáticas ao seu estado anterior. Desgraciadamente, en lugar de que Madrid pretendese restablecer as súas relacións bilaterais co seu veciño do sur sobre bases fortes e sólidas, optou por someterse, unha vez máis, ao chantaxe marroquí.

3- A posición expresada contén elementos moi perigosos, como referirse á proposta marroquí como "a máis seria, realista e obxectiva... etc., para resolver o conflito do Sáhara Occidental", en claro apoio ao enfoque unilateral, en contradición coa lexitimidade, o dereito internacional e a libre práctica democrática por parte do pobo saharauí do seu dereito inalienable á autodeterminación e a independencia. A declaración do Goberno español non se quedou aí, senón que foi máis aló, ao referirse ao acordo de "respecto á integridade territorial dos dous países", que, no contexto do conflito do Sáhara Occidental, non é senón unha clara adopción da tese expansionista marroquí.

4. Esta posición, de forma significativamente negativa, afecta a calquera posible papel de España na solución do conflito e na descolonización do Sáhara Occidental, e os esforzos actuais para reactivar e revitalizar o proceso de paz por parte das Nacións Unidas. Esperabamos que España, por imparcialidade e sentido das súas responsabilidades legais e históricas, acompañe ás dúas partes e ao novo enviado persoal para revitalizar o proceso político. É lamentable que Madrid opte, unha vez máis, por someterse ao chantaxe marroquí e disipar as esperanzas que existían, alimentando a tensión, a escalada e empuxando cara a máis desatinos.

5- Malia todo iso, España non pode desposuírse unilateralmente das súas responsabilidades xurídicas para co Sáhara Occidental e o seu pobo, sendo potencia administradora do Territorio á espera da descolonización do mesmo. Tampouco pode dar as costas ás súas responsabilidades políticas, xa que é o principal responsable do sufrimento do pobo saharauí, e de feito de todos os pobos da rexión, que ata agora non puideron gozar da estabilidade debido á ferida sangrante deixada por España en 1975, e que segue envelenando as relacións dos pobos e países da rexión.

6- O pobo saharauí, o seu goberno e a Fronte POLISARIO fan un chamamento urxente ás forzas políticas españolas e a todos os pobos de España, para que premen ao goberno español para que corrixa este lamentable erro, e obriguen a Madrid a asumir as súas responsabilidades orixinarias , que non prescriben , na erradicación do colonialismo do Sáhara Occidental de conformidade coa Carta das Nacións Unidas, especialmente no que respecta ao goce do dereito dos pobos coloniais á libre determinación e a independencia.

Bir Lahlou, a 18 de marzo, de 2022

✔ Delegación do Frente Polisario para España
https://frentepolisario.es/

✔ República Árabe Saharaui Democrática (RASD)
https://saharaoccidental.es/sahara/la-rasd/

✔ Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
http://sogaps.org/gl/

Relacionado:

✔ A Misión das Nacións Unidas para o Referendo do Sáhara Occidental (MINURSO) | Ir á web.

Web de MINURSO.
_______

xoves, maio 27, 2021

Reflexións sobre a dereita traidora, a traizón ao Sáhara e a dictadura marroquí, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
27.05.2021


Defendo o dereito a autodeterminación dos pobos, defendo os dereitos humanos, defendo ao pobo saharauí e ao pobo palestino na súa loita pola independencia, o seu dereito a ser libres na súa terra, a xustiza, loito contra a lei do máis forte, contra a barbarie.

A ditadura franquista traizoou ao pobo saharauí, o emérito entón herdeiro dun Franco moribundo, vendeu o Sáhara Occidental, entón provincia española a Marrocos, quixo facer o mesmo con Ceuta e Melilla. O Estado español traizoou ao pobo saharauí e ten unha débeda histórica.

O Sáhara Occidental está ocupado ilegalmente por Marrocos e o Estado español é culpable desa situación por acción e omisión. Marrocos é unha ditadura e unha forza de ocupación no Sáhara Occidental e o Estado español era responsable do Sáhara cando foi ocupado por Marrocos.

Na cuestión do Sáhara Occidental e as relacións con Marrocos existen dúas opcións para o Estado español, ou ser valentes e honestos recoñecendo la débeda histórica có pobo saharauí, ou seguir sendo covardes e traidores aceptando o chantaxe da ditadura marroquí.

Marrocos está ocupando ilegalmente o Sáhara Occidental dende 1974. O exército marroquí ocupou o Sáhara pola forza cando era territorio español, o pobo saharauí é vítima dunha ocupación ilegal do seu territorio.

O pobo saharauí ten dereito a decidir o seu destino.

Marrocos é unha ditadura que non respecta os dereitos humanos e o Sáhara Occidental esta ocupado ilegalmente. Verdades incómodas, pero manter boas relacións cunha ditadura que usa como arma os seus nenos e traizoar outra vez ao pobo saharauí non ten nome.

Os españolazos do PP e os periodistas mamporreros estanlle pedindo ao Goberno español que baixe os pantalóns ante a ditadura de Marrocos. O orgullo patrio o teñen na carteira e a dignidade é unha palabra da que non saben o significado, algo demostrado có Sáhara.

Periodistas de dereitas "muy españoles y mucho españoles" defendendo que hai que pedir permiso a Marrocos para tomar decisións, por sí un rei sátrapa ditador  enfadase e utiliza aos seus nenos como armas, patriotas de bolsillo e Mohamed VI  daralles unha propina por traidores.

O rei de Marrocos non é malo por ser rico, é ruín por ser un ditador e un sátrapa que mantén ao seu pobo na miseria e ten ocupado pola forza o Sáhara Occidental dende 1974.

O españolazo Casado pídelle ao goberno que bique o cu ao sátrapa Mohamed VI e que non volva a falar do Sáhara Occidental, non vaia a ser que se enfade, a próxima vez segundo Casado deben pedir permiso a Marrocos antes de tratar a alguén nun hospital. Vamos un patriota.

Mohamed VI atopa en Pablo Casado un aliado imprescindible para os seus plans. O líder do PP vai repartindo as culpas entre Pedro Sánchez e Unidas Podemos aos que acusa de ter provocado a crise de Ceuta ignorando que a decisión de abrir a fronteira veu de Rabat.

Os enfados de Mohamed VI miden as crisis migratorias, para mostra o día que a Garda Civil deulle o alto no Estreito e o caprichoso sátrapa abriu a fronteira como vinganza. Agora a ditadura marroquí ten atopado un aliado en Casado e no PP para seguir cos seus plans.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
25 de maio de 2021 01:20

_______

mércores, maio 19, 2021

A chantaxe de Marrocos ó Estado español e a traizón do Estado español ó Sáhara Occidental, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
19.05.2021


Na cuestión do Sáhara Occidental e as relacións con Marrocos existen dúas opcións, ou ser valentes e honestos recoñecendo a débeda histórica co pobo saharauí, ou seguir sendo covardes e traidores aceptando a chantaxe da ditadura marroquí. O Sáhara está ocupado ilegalmente por Marrocos e o Estado español é culpable  desa situación por acción e omisión.

Marrocos pon agora como desculpa para esta nova chantaxe que o líder do Frente Polisario e presidente da República Árabe Saharauí Democrática (Rasd), Brahim Gali, de 73 años, atopase hospitalizado no Estado español “por razóns estritamente humanitarias”, segundo o Ministerio de Asuntos Exteriores.

A realidade é que o Goberno de Marrocos utiliza o drama da emigración do seu propio pobo como arma contra o Estado español e contra Europa para tentar de obrigar a recoñecer a súa soberanía sobre o Sáhara Occidental.

Donald Trump deixou como agasallo envelenado xusto antes de irse da Casa Branca o recoñecendo unilateral da soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental e o fixo como contrapartida a Marrocos por recoñecer e establecer relacións amistosas con Israel.

España ten traizoado ao pobo saharauí unha e outra vez para contentar a ditadura marroquí.

A pesar de que varias resolucións do Consello de Seguridade de Nacións Unidas piden dende fai case vinte anos a celebración dun plebiscito pola autodeterminación do pobo saharauí.

Un goberno "progresista" que di basar ó seu goberno na xustiza social, ten o deber de ser xusto tamén coa débeda histórica que o Estado español ten co Sáhara Occidental.

Unha vez máis vivimos a chantaxe que veñen facendo Marrocos a España cada vez que lle interesa, "si prexudicas os nosos intereses abrimos a billa da inmigración", ou "deixamos de actuar contra o xihadismo".

Ata cando imos a soportar a chantaxe de Marrocos?, ¿ata cando imos a mirar cara outro lado diante da ocupación ilegal e a represión no Sáhara Occidental?.

Temos unha débeda histórica co Sáhara Occidental, o Estado español os ten traizoado demasiadas veces. É tempo de facer o correcto, de ser xustos e de ter memoria histórica.

Un pobo que vive separado polo muro da vergoña máis longo do mundo, reprimidos na súa propia terra e desterrados no deserto  do Sáhara en Alxeria.

Un pobo empuxado a loitar porque as resolucións internacionais que obrigan a facer un referendo de autodeterminación non se cumpren, porque levan décadas agardando xustiza e liberdade.

Segundo a legalidade internacional, España segue sendo a potencia administradora do territorio ata que se peche o proceso de descolonización, mediante un referendo de autodeterminación. Marrocos, polo tanto, é unicamente a potencia ocupante, a que desenrola a administración do Sahara Occidental pola forza, mediante a represión, sin que ningún estado membro de Nacións Unidas teña recoñecido a día de hoxe a súa soberanía sobre o territorio.

O Estado Español é, polo tanto, responsable de todo o que aconteza no Sahara Occidental e debe impulsar a celebración do referendo de autodeterminación canto antes.

Porque son os intereses económicos e xeoestratéxicos os que fan que España, Europa e o mundo miren cara outro lado cando Marrocos fai ouvidos xordos as resolucións internacionais e reprime ao pobo saharauí con total impunidade.

Ademais a pandemia do COVID-19 e a crise económica teñen feito que a axuda humanitaria aos campamentos se teña reducido drasticamente, tendo duras consecuencias para a poboación. Debemos impedir que a xestión desta crise leve por diante da cooperación internacional, pero máis especialmente, debemos exixir que as axudas ao pobo saharauí conviranse nunha prioridade para o goberno do Estado Español, dada a enorme responsabilidade que teñen  neste conflito.

Non máis chantaxes, non máis traizóns.

¡Viva o Sáhara libre!

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Foto: New Press | Algerie Patriotique/. | Presidente da República Árabe Saharauí Democrática, Brahim Gali.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
19 de maio de 2021 11:25

_______