Por André Abeledo Fernández [*]
19.05.2021
Na cuestión do Sáhara Occidental e as relacións con Marrocos existen dúas opcións, ou ser valentes e honestos recoñecendo a débeda histórica co pobo saharauí, ou seguir sendo covardes e traidores aceptando a chantaxe da ditadura marroquí. O Sáhara está ocupado ilegalmente por Marrocos e o Estado español é culpable desa situación por acción e omisión.
Marrocos pon agora como desculpa para esta nova chantaxe que o líder do Frente Polisario e presidente da República Árabe Saharauí Democrática (Rasd), Brahim Gali, de 73 años, atopase hospitalizado no Estado español “por razóns estritamente humanitarias”, segundo o Ministerio de Asuntos Exteriores.
A realidade é que o Goberno de Marrocos utiliza o drama da emigración do seu propio pobo como arma contra o Estado español e contra Europa para tentar de obrigar a recoñecer a súa soberanía sobre o Sáhara Occidental.
Donald Trump deixou como agasallo envelenado xusto antes de irse da Casa Branca o recoñecendo unilateral da soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental e o fixo como contrapartida a Marrocos por recoñecer e establecer relacións amistosas con Israel.
España ten traizoado ao pobo saharauí unha e outra vez para contentar a ditadura marroquí.
A pesar de que varias resolucións do Consello de Seguridade de Nacións Unidas piden dende fai case vinte anos a celebración dun plebiscito pola autodeterminación do pobo saharauí.
Un goberno "progresista" que di basar ó seu goberno na xustiza social, ten o deber de ser xusto tamén coa débeda histórica que o Estado español ten co Sáhara Occidental.
Unha vez máis vivimos a chantaxe que veñen facendo Marrocos a España cada vez que lle interesa, "si prexudicas os nosos intereses abrimos a billa da inmigración", ou "deixamos de actuar contra o xihadismo".
Ata cando imos a soportar a chantaxe de Marrocos?, ¿ata cando imos a mirar cara outro lado diante da ocupación ilegal e a represión no Sáhara Occidental?.
Temos unha débeda histórica co Sáhara Occidental, o Estado español os ten traizoado demasiadas veces. É tempo de facer o correcto, de ser xustos e de ter memoria histórica.
Un pobo que vive separado polo muro da vergoña máis longo do mundo, reprimidos na súa propia terra e desterrados no deserto do Sáhara en Alxeria.
Un pobo empuxado a loitar porque as resolucións internacionais que obrigan a facer un referendo de autodeterminación non se cumpren, porque levan décadas agardando xustiza e liberdade.
Segundo a legalidade internacional, España segue sendo a potencia administradora do territorio ata que se peche o proceso de descolonización, mediante un referendo de autodeterminación. Marrocos, polo tanto, é unicamente a potencia ocupante, a que desenrola a administración do Sahara Occidental pola forza, mediante a represión, sin que ningún estado membro de Nacións Unidas teña recoñecido a día de hoxe a súa soberanía sobre o territorio.
O Estado Español é, polo tanto, responsable de todo o que aconteza no Sahara Occidental e debe impulsar a celebración do referendo de autodeterminación canto antes.
Porque son os intereses económicos e xeoestratéxicos os que fan que España, Europa e o mundo miren cara outro lado cando Marrocos fai ouvidos xordos as resolucións internacionais e reprime ao pobo saharauí con total impunidade.
Ademais a pandemia do COVID-19 e a crise económica teñen feito que a axuda humanitaria aos campamentos se teña reducido drasticamente, tendo duras consecuencias para a poboación. Debemos impedir que a xestión desta crise leve por diante da cooperación internacional, pero máis especialmente, debemos exixir que as axudas ao pobo saharauí conviranse nunha prioridade para o goberno do Estado Español, dada a enorme responsabilidade que teñen neste conflito.
Non máis chantaxes, non máis traizóns.
¡Viva o Sáhara libre!
[*] André Abeledo Fernández,
nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e
sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A
Coruña. | Facebook e Twitter.
Foto: New Press | Algerie Patriotique/. | Presidente da República Árabe Saharauí Democrática, Brahim Gali.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
19 de maio de 2021 11:25
_______
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
André Abeledo Fernández
Brahim Gali
Pobo Saharauí
A chantaxe de Marrocos ó Estado español e a traizón do Estado español ó Sáhara Occidental, ... Por André Abeledo Fernández
mércores, maio 19, 2021
A chantaxe de Marrocos ó Estado español e a traizón do Estado español ó Sáhara Occidental, ... Por André Abeledo Fernández
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan mércores, maio 19, 2021
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon