Marcha polos Montes de Brión para dar a coñecer o noso patrimonio natural, paisaxístico e arqueolóxico do lugar que está ameazado polo proxecto eólico
✅ Día: Domingo 23 de Maio de 2021.
✅ Lugar: No cruce da estrada de Brión-San Cristovo co camiño da Cheira (antes de Liñares).
✅ Hora: ás 10 da mañá.
✅ Percorrido aproximado: 4 Km.
✅ Dificultade: Baixa.
✅ Roupa: Adecuada para sendeirismo, con toda probabilidade que haberá zonas con charcas e lameiras. Levar gorra ou sombreiro para protexe-se do sol (por se hai índice alto de radiación ultravioleta).
✅ Tempo meteorolóxico: Aínda durante a fin de semana non se establece con forza o anticiclón, polo que se mantén alta a probabilidade dalgunha precipitación de carácter ocasional, con temperaturas baixas para a época do ano (70% chuvia débil, 25% Despexado e 5% nubes e claros). [+info]
Visitaremos os lugares onde pretenden poñer os eólicos. Coñeceremos as mámoas visíbeis, as turbeiras e Lagoa do Chá, os chozos de pastores e o lugar da Batalla de Brión.
Documentos de interese:
✔ PolGalicia - Plan de Ordenación do Litoral de Galicia. | Montes de Brión. | Acceder/Baixar.
✔ Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos. | Túmulos Prehistóricos no Concello de Ferrol. | Anuario brigantino, 1997 | 12 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.
✔ Mámoa da Cheira. | Web do Patrimonio Galego. | Nesta web pode-se acceder a varias das fichas de mámoas da zona. | Ir á Web.
✔ Enlace ao mapa interactivo da zona de Brión en OpenStreetMap. | Ir ao mapa.
CONTRA A ESPECULACIÓN POR UN MONTE VIVO, NON INDUSTRIALIZADO
Enlaces de interese:
✔ Revista Cerna Nº44 de ADEGA. | Especial Invasión Eólica. | A EÓLICA, RENOVÁBEL PERO INSOSTÍBEL | Galiza afronta unha vaga eólica sen precedentes. O modelo de implantación desta enerxía, malia ser fundamental no proceso de transición ecolóxica, está a seguir patróns obsoletos, abertamente antisociais e depredadores do medio; sustentados pola cobiza das grandes empresas e permisividade dos gobernos estatal e autonómico. Este número de CERNA aborda a cuestión eólica, analizando as potencialidades e riscos do seu desenvolvemento mariño e facendo unha breve presentación da iniciativa “Aldeas con Horizonte”, que reclama a urxente da moratoria aos novos proxectos e a elaboración dun novo marco normativo en materia eólica. | Acceder/Baixar.
✔ O Movemento ambientalista contra parques eólicos. | O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia. | Ir á Web.
✔ A Rede Galega Stop Eólicos. | Uma rede de coordinação horizontal, igualitária e sem personalidade jurídica sob a causa comum da luta contra o modelo atual de implantação de parques eólicos, e que agrupa por diversos coletivos autônomos e soberanos que livremente se integram nela e que no seu nome possuem absoluta autonomia de trabalho e ação. | Ir á Web.
✔ Aldeas con Horizonte. | Manifesto asinado por 85 colectivos. | Manifesto pola moratoria de novos parques eólicos e por un novo modelo de desenvolvemento eólico para Galiza. | 7 páxinas en formato pdf | Acceder/Baixar.
#NonInvasionEolica
#GalizaContraAmezaEolica
#RepartoXustoFondosEuropeosNextGeneration
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon