xoves, maio 27, 2021

Reflexións sobre a dereita traidora, a traizón ao Sáhara e a dictadura marroquí, ... Por André Abeledo Fernández


Por André Abeledo Fernández [*]
27.05.2021


Defendo o dereito a autodeterminación dos pobos, defendo os dereitos humanos, defendo ao pobo saharauí e ao pobo palestino na súa loita pola independencia, o seu dereito a ser libres na súa terra, a xustiza, loito contra a lei do máis forte, contra a barbarie.

A ditadura franquista traizoou ao pobo saharauí, o emérito entón herdeiro dun Franco moribundo, vendeu o Sáhara Occidental, entón provincia española a Marrocos, quixo facer o mesmo con Ceuta e Melilla. O Estado español traizoou ao pobo saharauí e ten unha débeda histórica.

O Sáhara Occidental está ocupado ilegalmente por Marrocos e o Estado español é culpable desa situación por acción e omisión. Marrocos é unha ditadura e unha forza de ocupación no Sáhara Occidental e o Estado español era responsable do Sáhara cando foi ocupado por Marrocos.

Na cuestión do Sáhara Occidental e as relacións con Marrocos existen dúas opcións para o Estado español, ou ser valentes e honestos recoñecendo la débeda histórica có pobo saharauí, ou seguir sendo covardes e traidores aceptando o chantaxe da ditadura marroquí.

Marrocos está ocupando ilegalmente o Sáhara Occidental dende 1974. O exército marroquí ocupou o Sáhara pola forza cando era territorio español, o pobo saharauí é vítima dunha ocupación ilegal do seu territorio.

O pobo saharauí ten dereito a decidir o seu destino.

Marrocos é unha ditadura que non respecta os dereitos humanos e o Sáhara Occidental esta ocupado ilegalmente. Verdades incómodas, pero manter boas relacións cunha ditadura que usa como arma os seus nenos e traizoar outra vez ao pobo saharauí non ten nome.

Os españolazos do PP e os periodistas mamporreros estanlle pedindo ao Goberno español que baixe os pantalóns ante a ditadura de Marrocos. O orgullo patrio o teñen na carteira e a dignidade é unha palabra da que non saben o significado, algo demostrado có Sáhara.

Periodistas de dereitas "muy españoles y mucho españoles" defendendo que hai que pedir permiso a Marrocos para tomar decisións, por sí un rei sátrapa ditador  enfadase e utiliza aos seus nenos como armas, patriotas de bolsillo e Mohamed VI  daralles unha propina por traidores.

O rei de Marrocos non é malo por ser rico, é ruín por ser un ditador e un sátrapa que mantén ao seu pobo na miseria e ten ocupado pola forza o Sáhara Occidental dende 1974.

O españolazo Casado pídelle ao goberno que bique o cu ao sátrapa Mohamed VI e que non volva a falar do Sáhara Occidental, non vaia a ser que se enfade, a próxima vez segundo Casado deben pedir permiso a Marrocos antes de tratar a alguén nun hospital. Vamos un patriota.

Mohamed VI atopa en Pablo Casado un aliado imprescindible para os seus plans. O líder do PP vai repartindo as culpas entre Pedro Sánchez e Unidas Podemos aos que acusa de ter provocado a crise de Ceuta ignorando que a decisión de abrir a fronteira veu de Rabat.

Os enfados de Mohamed VI miden as crisis migratorias, para mostra o día que a Garda Civil deulle o alto no Estreito e o caprichoso sátrapa abriu a fronteira como vinganza. Agora a ditadura marroquí ten atopado un aliado en Casado e no PP para seguir cos seus plans.

[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de Persoal da CIG en Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
25 de maio de 2021 01:20

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon