Por André Abeledo [*]
01.04.2022
O Sáhara Occidental está ocupado ilegalmente e militarmente por Marrocos, unha invasión, unha guerra, miles de desprazados, todo un pobo secuestrado na súa propia terra ou vivindo nos campamentos de refuxiados en Alxeria.
Marrocos ata ten chegado a levantar un muro da vergoña ao estilo de Israel, ten levado mesma política de colonización que leva adiante Israel en Palestina.
-Onde están as sancións económicas a Marrocos?
- Para cando o envío de armas ao Fronte Polisario, para que poidan defenderse e loitar contra a ocupación?
- Cando se vai a prohibir a Marrocos participar en competicións deportivas?
- Cando imos a recoller fondos nos Supermercados para os refuxiados saharauís?
- Cando lles imos a dar a residencia?
- Cando se vai a prohibir a Marrocos participar nas competicións deportivas?
O Sáhara Occidental ten sido entregado a Marrocos e o pobo saharaui ten sido traizoado unha e outra vez.
España é o primeiro responsable, o Sáhara Occidental era a Provincia número 53, os saharauis eran cidadáns españois cando Marrocos invadiu o territorio na chamada "Marcha Verde". As tropas españolas se retiraron dun xeito vergoñento condenando ao Sáhara Occidental a ocupación e a unha guerra que non podían gañar, pois o seu su exército, o exército español, os tiña abandonado.
España impón sancións a Rusia, pero Marrocos non o fai. España esta na OTAN e tamén os EEUU, pero Marrocos esta sendo armado e asesorado militarmente polos EEUU.
EEUU, o seu presidente Donald Trump, como último acto do seu goberno recoñeceu a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental. Pola súa parte Marrocos recoñeceu a Xerusalén como capital de Israel. E agora España recoñeceu a soberanía de Marrocos sobre o Sáhara Occidental.
En política internacional, xeoestratexia e xeopolítica, palabras como honor, xustiza, verdade, honestidade ou lealdade non teñen ningún valor, non ten nin corazón, nin vergoña.
[*] André Abeledo Fernández, nado en Neda o 14 de Xullo de 1974, militante comunista e sindicalista. Delegado de persoal da CIG no comité de empresa de Mercadona na Provincia d'A Coruña. | Facebook e Twitter.
Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
31 de março de 2022 20:44
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon