Amosando publicacións coa etiqueta Rede de Apoio Mutuo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rede de Apoio Mutuo. Amosar todas as publicacións

luns, maio 06, 2019

Lanzan a Iniciativa Cidadá Europea 'Housing For All - Vivenda para Todas' - Presentou-se o seu grupo promotor no, polo de agora, Reino de España


Lanzan a Iniciativa Cidadá Europea "Housing For All". | Presenta-se o seu grupo promotor no polo de agora Reino de España. | A vivenda debe ser social e accesíbel.

A vivenda é un dereito humano e non unha mercancía, debe ser social e accesíbel. Estamos facendo un chamamento para mellorar as condicións de vivenda.

O pasado 4 de abril deste ano 2019, presentaron o Grupo Promotor no Estado Español da Iniciativa Cidadá Europea "Vivenda para todos e todas", coincidindo co lanzamento da iniciativa desde Bruxelas e 20 países europeos, coa implicación de máis de 77 organizacións.

Europa está vivindo unha grave crise da vivenda: considerada unha mercancía máis que un dereito, os prezos dispáranse e moitas vemo-nos obrigadas a cambiar de barrio ou cidade. Aproximadamente 82 millóns de fogares destinan máis do 40% dos seus ingresos a pagar o custo da súa vivenda e as persoas sen fogar non deixan de aumentar. Neste contexto, necesitamos unha resposta coordinada, desde distintos países, para conseguir ferramentas que nos permitan avanzar no dereito á vivenda.

Esta Iniciativa Cidadá Europea de "vivenda para todas e todos" é un chamamento aos países europeos para que prioricen o investimento en vivenda e dean un paso adiante na creación de vivenda accesíbel. Queremos que sexa un punto de inflexión: necesitamos un millón de firmas en toda Europa para conseguir mellores condicións legais e financeiras, como a non aplicación dos criterios de Maastricht ao investimento público en vivenda (Quen ía dicir que tiñamos que defender, agora nós, un dos criterios de Maastricht que algo beneficiaba, mais que non se está cumprindo), mellor acceso a financiamento da Unión Europea, normas sociais para os alugueiros de curta duración baseadas na competencia e a compilación de estatísticas sobre as necesidades de vivenda en Europa.

O Estado Español conta coa décima parte da vivenda pública que outros países da súa contorna (1,5% fronte a unha media do 15%) Isto non é accidental, senón que é froito da aposta por un modelo insostíbel de propiedade e vivenda protexida de venda, que pasaba ao mercado ao cabo duns anos. Máis de 644.000 familias sufriron un desafiuzamento desde 2007, en moitos casos sen alternativa residencial por parte das administracións públicas debido á escaseza de vivenda social. Por iso, esta Iniciativa ten como prioridades:

⏩ 1. Crear un parque de vivenda social e accesíbel de alugueiro ou cesión de uso dun 15% en 10 anos e un 30% en 20 anos.

➜ Incorporar ao parque de vivenda social as vivendas de Bankia e a SAREB.

➜Recuperación dos 77.000 millóns de euros do rescate bancario, vía imposto ás entidades financeiras para destinalo a vivenda social e accesíbel.

➜Obrigar a grandes propietarios a destinar o 30% de novas construcións ou rehabilitacións integrais a VPO en zonas con demanda de vivenda.

⏩ 2. Asegurar un alugueiro estábel e accesíbel.

➜Permitir aos concellos regular os prezos do alugueiro en base ao poder adquisitivo.

➜Renovación automática dos contratos con actualización de renda limitada salvo incumprimento da inquilina ou por necesidade da vivenda da arrendataria.

⏩ 3. Priorizar a vivenda pública de alugueiro, colaborar e financiar entidades sociais, cooperativas de vivenda en cesión de uso e outros operadores sen ánimo de lucro.

Distintas entidades sociais, movementos, cooperativas de vivenda e entidades do terceiro sector uniron-se nun grupo promotor da Iniciativa no Estado Español. Propoñen sumar coas múltiples iniciativas que xa existen en materia de vivenda e dar máis forza ás reivindicacións da cidadanía mediante esta campaña europea. As organizacións que formamos parte do grupo promotor somos:
  • Plataforma de Afectados por la Hipoteca
  • Observatorio de Derechos Económicos, Sociales y Culturales
  • Sindicat de Llogaters i Llogateres
  • Taula d’Entitats del Tercer Sector Social
  • Sostre Cívic
  • Fundació Mambré
  • Fundació La Dinamo
  • Federació d’Associacions de Veïns i Veïnes de Barcelona
  • Centro de Asesoría y Estudios Sociales
  • El Rogle cooperativa
  • Fundació Habitat 3
Este lanzamento dá inicio ao proceso de recolleita de firmas, tanto en papel como electronicamente, na páxina da iniciativa:

https://www.housingforall.eu/es/la-vivienda-debe-ser-social-y-asequible/

A partir de agora hai un ano para recolleitar 1 millón de firmas en toda Europa, das cales 40.500 no Estado Español, nun mínimo de 7 países. Esta Iniciativa propón, no actual contexto de eleccións europeas (Tamén locais e algunhas autonómicas no Estado Español), solucións para o problema de vivenda a nivel europeo, sumando coas mobilizacións de decenas de cidades en Europa e o Estado Español que saíron á rúa para reivindicar.

#HousingForAll #VivendaParaTodas #PinchemosABurbulla

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferroterra
forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra


Máis información:

Texto completo da proposta de Iniciativa Ciudadá Europea .
Iniciativas Cidadáns Europeas abertas á recollida de sinaturas.
Sitio web da Iniciativa Cidadá Europea.
Regulamento sobre a Iniciativa Cidadá Europea.
Iniciativa «Housing for all» - Sitio web
____________

xoves, abril 04, 2019

Piquemos a burbulla do alugueiro! Por uns alugueiros accesíbeis! Por un parque público de alugueiro! este sábado 6 de abril mobilización internacional polo Dereito a unha Vivenda Digna e Adecuada - Na Galiza a mobilización será en Vigo e na Coruña


O vindeiro sábado 6 de abril deste 2019, vai ter lugar, en ducias de cidades de todo o Planeta, unha mobilización internacional en defensa dunha vivenda digna. Colectivos antidesafiuzamentos, sindicatos de inquilinos, organizacións por unha vivenda digna, colectivos veciñais... sairán ás rúas, en diferentes lugares do mundo, baixo o mesmo berro: Piquemos a burbulla do alugueiro!
Desde a Stop Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, damos os parabéns as compañeiras e compañeiros de Vigo e d'A Coruña, pola iniciativa que desde Ferrolterra secundaremos en posteriores convocatorias, pois a Loita polo Dereito a unha vivenda digna e adecuada, é unha loita imprescindíbel nesta comarca e máis concretamente en Ferrol onde unhas 600 familias demandan o acceso a unha vivenda pública.


#PIQUEMOSABURBULLA

Na Galiza, será nas cidades de Vigo e d'A Coruña, onde están convocadas concentracións, pola mañá, ás 11:30hs na farola de Urzáiz e na Praza do Campo da Leña, pola tarde, ás 20:00hs, as dúas baixo o lema: "Piquemos a burbulla do alugueiro! Por uns alugueiros accesíbeis! Por un parque público de alugueiro!". As mobilizacións do 6A, tamén terán lugar noutras cidades de Catalunya (Barcelona) e doutras no Reino de España (Zaragoza, Madrid, Valencia, ...), de Rumanía (Cluj-Napoca), de Belxica (Bruxelas), dos Paises Baixos (Amsterdam), de Alemaña (Munich, Berlín e 16 máis), de Canada (Burnaby), de Portugal (Lisboa), de Reino Unido (Londres), de Chipre (Nicosia), de Austria (Viena), de Francia (París), de Italia (Napoles) e doutros países.

MANIFESTO

O 6 de abril manifestámonos para denunciar o abuso dos prezos do alugueiro. Os especuladores afógannos subindo e subindo os prezos e cada vez temos máis problemas para chegar a fin de mes mentres os soldos non soben, un drama social ante a ollada pasiva dos gobernos e os poderes públicos. A vivenda non é unha mercadoría, é un dereito co que non terían que poder especular. Hai miles e miles de pisos baleiros nas nosas cidades, polo contrario hai miles e miles de persoas e familias sen lugar onde vivir.

Saímos á rúa para denunciar o negocio que as industrias inmobiliaria e turística fan cos nosos fogares. Mentres o goberno español agasallou á banca máis de 60.000 millóns de euros dos nosos petos, esta non fixo outra cousa que botar da súa casa a persoas sen dar ningunha alternativa residencial. Os propietarios físicos e xurídicos de vivendas en alugueiro, cos fondos voitres e SOCIMI á cabeza, gozan de medidas de evasión fiscal no seu favor desde hai décadas para non pagar impostos mentres as inquilinas soportan presión fiscal de até máis do 30%. Hai que substituír a LAU por unha nova lei que lexisle os alugueiros sociais no mercado libre con vantaxes fiscais vixiadas polo Estado e cidades. Como demandan Madrid e Barcelona, cómpre que os impostos directos do Estado sexan xestionados proporcionalmente polas cidades cunha descentralización solidaria como pasa en moitos países avanzados.

Os despexos disparáronse e actualmente están ao nivel dos peores anos da crise financeira: 165 despexos por vía xudicial cada día, un cada 5 minutos. Mentres os fondos voitres acumulan vivendas a unha velocidade vertixinosa, sen precedentes na historia, o alugueiro lévase máis ingresos que en calquera outro país da OCDE. E hai que engadir todos aqueles despexos invisíbeis, que non están contabilizados, pero que supoñen a expulsión de moitas veciñas dos seus barrios e pobos por non quererlles renovar o contrato ou por pretender imporlles subas imposíbeis de asumir para as inquilinas. Chegamos a un punto asfixiante da burbulla do alugueiro e queremos picala, por todos lados e desde todas as frontes.

Queremos picala e estamos determinadas a facelo. A pesar de que o novo decreto introduce medidas en cuestión de alugueiro, estas son aínda insuficientes. É por iso que o movemento pola vivenda e as organizacións, barrios e entidades que convocamos esta manifestación queremos deixar moi claro a toda a poboación os motivos polos cales non deixaremos de loitar até  desmercantilizar unha das necesidades e dereito básicas de todo ser humano: ter un teito digno onde vivir. E así reivindicamos:

- Piquemos a burbulla: esiximos medidas políticas e fiscais para adecuar os alugueiros á renda dispoñíbel do fogar.

- Alugueiros alcanzábeis: é urxente regular os prezos do alugueiro tendo en conta o poder adquisitivo real da xente, é dicir, a renda.

- Alugueiros estábeis: os contratos de alugueiro non poden rematar de forma inxustificada e unilateralmente. Teñen que renovarse automaticamente a non ser que o propietario demostre que precisa a vivenda para o seu uso persoal ou dun familiar.

- Ningún despexo sen alternativa residencial: maior autonomía financeira dos concellos (participar dos impostos directos do Estado) para xestionar o parque de vivendas das cidades.

- Contrato de alugueiro único xestionado por oficinas de vivenda e concellos: o fin dos abusos dos intermediarios: o negocio das inmobiliarias é un escándalo.

- Xustiza fiscal: eliminación de todas as figuras a medida da evasión fiscal no Imposto de Sociedades (SOCIMIs, patrimoniais, etc.) e no IRPF (persoas físicas e comunidades de bens).

- Expulsión dos fondos voitres: esiximos eliminar as SOCIMIs, que gozan de grandes privilexios fiscais, e que o goberno deixa que especulen masivamente cos nosos fogares provocando que sexan a punta de lanza da burbulla.

- Parque público de vivenda: tense que converter en parque público de vivenda as vivendas acumuladas pola Banca e polos fondos voitres para garantir a súa función social, evitar a escaseza artificial de vivenda e frear a especulación. Gravar fiscalmente as vivendas urbanas baleiras e crear un imposto sobre as vendas de vivendas “especulativas” que non sexan para primeira residencia.

- Aumentar a vivenda social: por parte de Estado, Xunta e Concello.

- Abonda de pisos turísticos: a mala xestión do turismo ten un gran impacto na vida da cidadanía e diminúe enormemente a oferta de vivenda en alugueiro.

Acabóuselles facer negocio cos nosos fogares, cos nosos barrios, coas nosas vidas. Piquemos a burbulla, e piquémola ben, que non volva incharse nunca máis.

#PiquemosABurbulla

Info baseada na enviada por:
Sindicato Vivenda
-sindicatovivenda@gmail.com-
4 de abril de 2019 09:08

_________________

mércores, outubro 31, 2018

Clara, lúcida e didáctica entrevista a José María Euraskin (Advogado de Stop Desafiuzamentos Gipuzkua) sobre a Sentenza dos Impostos da Hipoteca (Actos Xurídicos Documentados) publicada pola Sección Segunda da Sala Terceira do Tribunal Supremo o pasado 16 de outubro de 2018 - Vídeo


Clara, lúcida e didáctica entrevista a José María Euraskin (Advogado de Stop Desafiuzamentos Gipuzkua) sobre a Sentenza dos Impostos da Hipoteca (Actos Xurídicos Documentados) publicada pola Sección Segunda da Salta Terceira do Tribunal Supremo o pasado 16 de outubro de 2018 e que o presidente da Sala Terceira acordou someter a Pleno (31 maxistrad@s) a súa eficacia xurisprudencial o vindeiro 5 de novembro. Día no que van ter lugar mobilizacións do movemento antidesafiuzamentos convocadas polos 242 nodos organizados e adheridos á PAH e por outros colectivos do movemento por unha vivenda digna, das diferentes nacións e e pobos do territorio do estado. Mobilización que tivo o seu precedente o pasado de 24 de outubro diante do Tribunal Supremo, para denunciar a inxerencia da banca na xudicatura e reclamar a independencia xudicial ante os poderes económicos e democracia.


https://youtu.be/UpdHWn04YOc

Mobilizacións o 5 de novembro

O vindeiro luns 5 de novembro, ás 11 da mañá, en Ferrol, como noutras cidades e vilas da Galiza e do do resto do Estado, vai ter lugar unha concentración diante dos Xulgados, para reclamar que o Pleno da Sala Terceira do Tribunal Supremo, non pode decidir outra cousa que confirmar as sentenzas que conclúen que é obriga dos prestamistas o pago do imposto de actos xurídicos documentados, declarando abusiva a cláusula que impón ao prestatario esa obrigación.

Por outra banda para denunciar a pretensión de legalizar as cláusulas abusivas mediante a futura Lei de Contratos de Créditos Inmobiliarios (Do ex-ministro De Gindos) que se está tramitando no Congreso de Deputados que se non se emenda pode hipotecar a futura Lei da Vivenda que foi presentada pola PAH que garante o dereito á vivenda digna e adecuada.

Sentenza STS n.º 1505/2018 | 50 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/ @StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

_______________

luns, outubro 29, 2018

Mobilizacións o vindeiro luns 5 de novembro, ante a decisión da sección segunda, da sala Terceira do Tribunal Supremo, de celebrar un Pleno (31 maxistra@s), o mesmo día 5, para confirmar ou non, o xiro xurisprudencial da sentenza, publicada o pasado 16 de outubro sobre o que conclúe que o Imposto de Actos Xurídicos Documentados, corresponde abona-lo á entidade financeira


Despois da sentenza do pasado 16 de outubro, sobre o imposto das hipotecas, a sala Terceira do Tribunal Supremo decide tratar en Pleno os efectos da mesma, para confirmar ou non, o xiro xurisprudencial da sentenza.

Nota informativa do Presidente da Sala Terceira:
"O presidente da Sala Terceira, do Contencioso-administrativo, do Tribunal Supremo, Luís María Díez-Picazo, emitiu a seguinte nota informativa:

Dado que a sentenza nº 1505/2018 da Sección 2ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, relativa ao suxeito pasivo do Imposto de Actos Xurídicos Documentados, supón un xiro radical no criterio xurisprudencia ata agora sustentado e tendo en conta, así mesmo, do seu enorme repercusión económica e social, o Presidente da Sala acordou, con carácter urxente:

Primeiro.- Deixar sen efecto todos os sinalamentos sobre recursos de casación pendentes cun obxecto similar.

Segundo.- Chamar ao Pleno da Sala o coñecemento dalgún de devanditos recursos pendentes, a fin de decidir si devandito xiro xurisprudencial debe ser ou non confirmado."
Esta nota foi matizada nunha posterior polo Presidente do Tribunal Supremo e logo en declaracións públicas onde pediu perdón.

A PAH responde


Ante a decisión do Tribunal Supremo sobre o imposto hipotecario, a PAH manifesta:

Malia os máis de 700.000 desafiuzamentos executados no conxunto do territorio do estado, desde o inicio da crise, de que a inmensa maioría deses desafiuzamentos foron consecuencia de procedementos de execución hipotecaria, baseados nunha lexislación en moitos dos seus aspectos pre constitucional, e manifestamente ilegal noutros moitos, segundo a normativa europea vixente, malia todo, non temos coñecemento da reunión de ningunha Sala Xudicial que estudase a validez de devandita lexislación, que foi sistematicamente refutada e modificada grazas ao TXUE en cada unha das súas resolucións ditadas respecto diso.

Non é a primeira vez que desde o Tribunal Supremo emanan sentenzas ou acordos que, despois teñen que ser rectificadas polo TXUE, para protexer o que aquí se desprotexera (por certo, sempre á parte máis débil) ou actuando deliberadamente contra a xurisprudencia do Tribunal Europeo, intentando moderar cláusulas abusivas, para permitir así unha parte do abuso. Recórdese a sentenza da Sala do Civil nº 241/2013 de 9 de maio, sobre as cláusulas chan, limitando a restitución do indebidamente cobrado pola banca á data da sentenza. Tendo que ser o TXUE en sentenza de decembro de 2016 o que restituíse o dano provocado polo Tribunal Supremo, ao ratificar por enésima vez que non se poden moderar as cláusulas abusivas, que hai que telas por Non postas. Todo iso, sen esquecer as cuestións prexudiciais en relación coas cláusulas de vencemento anticipado e a de intereses de demora.

O acordo de suspensión dos recursos ordenada polo Presidente da Sala Terceira do Tribunal Supremo recoñece nos seus propios términos, que a decisión se toma pola súa "enorme repercusión económica e social", sen sinalar fundamento xurídico algún que xustifique esa decisión sen precedentes, segundo distintos xuristas de recoñecido prestixio.

Por iso, desde a PAH esiximos que o Pleno da Sala convocado para o próximo día 5, non faga outra cousa que confirmar as sentenzas xa coñecidas, confirmando a obrigación dos prestamistas ao pago do imposto de actos xurídicos documentados, declarando abusiva a cláusula que impón ao prestatario esa obrigación.

Pero non é isto o único que nos preocupa. Estase tramitando no Congreso a lei de crédito inmobiliario, elaborada polo ex ministro e banqueiro De Guindos, que é un novo intento de moderación e branqueo de cláusulas abusivas, e lamentablemente, o PSOE, de momento, está mantendo varios deses intentos de branqueo, entre outras da de vencemento anticipado, cando aínda estamos pendentes da decisión do TXUE respecto diso, que ademais se producirá en breve.

Desde a PAH interpelamos ao PSOE para que non ratifique as propostas do PP nesta materia e garanta todas as medidas propostas en defensa dos debedores hipotecarios, advertindo que, si non se modifica o texto actualmente defendido por Cs, PP e PSOE, poderían reactivarse miles de procedementos de execución hipotecaria actualmente suspendidos, co conseguinte aumento dos desafiuzamentos.

Mobilizacións o 5 de novembro

O vindeiro luns 5 de novembro, ás 11 da mañá, en Ferrol, como noutras cidades e vilas da Galiza e do do resto do Estado, vai ter lugar unha concentración diante dos Xulgados, para reclamar que o Pleno da Sala Terceira do Tribunal Supremo, non pode decidir outra cousa que confirmar as sentenzas que conclúen que é obriga dos prestamistas o pago do imposto de actos xurídicos documentados, declarando abusiva a cláusula que impón ao prestatario esa obrigación.

Por outra banda para denunciar a pretensión de legalizar as cláusulas abusivas mediante a futura Lei de Contratos de Créditos Inmobiliarios (Do ex-ministro De Gindos) que se está debatendo no Congreso de Deputados que se non se emenda pode hipotecar a futura Lei da Vivenda que foi presentada pola PAH que garante o dereito á vivenda digna e adecuada.

Sentenza STS n.º 1505/2018 | 50 páxinas en formato pdf. | Acceder/Baixar.

Antecedes e comentarios técnicos da Sentenza por Adrián Garzón Ximénez. | Ir á Web.

---
Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra |
forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/
@StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra


______________

xoves, xuño 28, 2018

Os Tribunais volven a condenar á Xunta pola pésima xestión da Risga - Unha pequena vitoria máis conseguida grazas ao esforzo e valentía dunha perceptora da RISGA cansa de ser obxecto de control e maltrato por parte da Xunta


Unha moi interesante nova, envian-nos as compañeiras e compañeiros de ODS de Coia (Vigo) en referencia a unha nova sentenza, logo de gañar (En 23 de novembro de 2016) contra a Consellaría de Política Social da Xunta de Galicia no Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo, unha moi importante sentenza onde lle daba a razón á persoa afectada (Lucia) por está negar-lle o Risga, por estar vivindo na mesma vivenda onde outra persoa cobraba a mesma renda de inxerción social. Despois de condenada a Consellaría de Política Social, Lucia "reclamou á Xunta os danos e prexuízos sufridos con esa decisión, tales como o aumento dos gastos que supuxo o cambio de vivenda, a mudanza... e sobre todo, o padecemento moral e a angustia psicolóxica que dita situación lle provocou… Coma sempre a Xunta negou dita responsabilidade, e Lucía tivo que volver aos Tribunais...". De novo unha sentenza da-lle a razón...

Hai pouco máis dun ano contábamos como Lucía, unha rapaza da nosa cidade, viña de gañar unha batalla persoal e xudicial coa Xunta [1].

Lucía recorreu no Xulgado a resolución da Xunta que a obrigaba á mudarse de domicilio por estar convivindo con outra perceptora da RISGA, baixo ameaza de retirarlle a prestación. Lucía levou dita decisión á vía xudicial e o Xulgado Contencioso Administrativo nº1 de Vigo, deulle a razón e ditou sentenza anulando dita resolución por ser contraria a dereito.

Así a sentenza deixaba claro que a Xunta non pode prohibir a percepción de máis dunha RISGA por domicilio e literalmente sinalaba: “Sería INVEROSÍMIL que dúas persoas que perciben sendas prestacións para eludir a sua exclusión social tiveran que excluírse mutuamente, para non incorrer en esaxerada inclusión”.

Ante dita resolución xudicial, Lucia reclamou á Xunta os danos e prexuízos sufridos con esa decisión, tales como o aumento dos gastos que supuxo o cambio de vivenda, a mudanza... e sobre todo, o padecemento moral e a angustia psicolóxica que dita situación lle provocou… Coma sempre a Xunta negou dita responsabilidade, e Lucía tivo que volver aos Tribunais.

Novamente, o Xulgado do Contencioso Administrativo de Vigo volveu a darlle a razón a Lucía e ditou a sentenza nº 153/2.018 de 20 de xuño pola que se declara a responsabilidade da Consellería de Política Social e a condena a responder polo sufrimento e prexuízos causados á compañeira, por medio do aboamento dunha indemnización económica á mesma.

Unha pequena vitoria máis conseguida grazas ao esforzo e valentía dunha perceptora da RISGA cansa de ser obxecto de control e maltrato por parte da Xunta. Como a todas nós, Lucía estaba farta das políticas miserentas desta Consellería, incapaz de solucionar os problemas das persoas, e que lonxe de garantir unha vida digna para todas, afonda na exclusión e no empobrecemento.

Non podemos seguir soportando estas situacións. Compre dicir basta. Compre unha solución íntegra e digna para as persoas. Compre a Renda Básica das Iguais e moitísimo máis, xa!

Coia, xuño 2018

Documentación.

Sentenza 000153/2018 do Xulgado do Contencioso-Administrativo de Vigo  nº1 do 20 de xuño de 2018. | Acceder/Baixar.

[1] Un xuíz recoñece que nun mesmo domicilio poden convivir varias perceptoras de RISGA. | Contencioso Administrativo nº1 de Vigo, na sentenza nº 389 de 23/11/2016. | Por ods de coia on Mar, 31.01.2017. | Ir á Web.

OFICINA DEREITOS SOCIAIS - COIA (ODS-Coia)
odscoia.arkipelagos.net | odscoia@riseup.net |@odscoia | tel: 696 618 732 - 679 758 663. | Estamos os luns de 17h00 a 19h00 en Coia, nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria (rúa Baiona 9, Vigo).
______________

martes, maio 29, 2018

Lugar de encontro e asesoría colectiva da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra - Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada - Stop-Desafiuzamentos


Lugar de encontro e asesoría colectiva da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra

Despois de seis anos de actividade: resistimos. A precariedade e a necesidade de vivenda digna e accesíbel, segue sendo unha realidade. Só en Ferrol máis de 600 familias e en Narón case 200, son demandanates de vivenda social para alugueiro, no rexistro único do IGVS da Xunta de Galicia.

A Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, ven mantendo desde hai un ano, un lugar de encontro e a asesoría colectiva. Un esforzo que beneficiou a moitas familias e situación de vulnerabilidade e en emerxencia residencial. Desde a Rede e coa colaboración da asociación "Fuco Buxán", mantemos un espazo aberto que agora conta coa colaboración do compañeiro avogado Renzo Arca Morote [renzo@ferrolterra-abogados.com].

Día, hora e lugar de encontro e asesoría colectiva

Todos os martes (Menos festivos), vemo-nos en Caranza, pola tarde entre as 17:00 e 19:00 hs, no local da Asociación Fuco Buxán (Local Social Tino Deibe, Rúa Armada Española, 32 Baixo). Estamos xente da PAH de Ferrol e Comarcal e de Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra. se queres participar achega-te! - No caso de Urxencia chama ao 645158113.


E se queredes podedes escribir-nos a:

forosocialdeferrolterra@gmail.com

Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Por un parque público de vivenda!

Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol________________

sábado, marzo 03, 2018

En apoio da Lei de Vivenda da PAH concentraron-se, este sábado 3 de marzo, en Ferrol xunto igual que noutras cidades galegas - Vídeos


En Ferrol, como noutras cidades da Galiza, non quixemos estar ausentes do importante acontecemento de Madrid, onde unha grande mobilización demandaba ao mesmo tempo que non se vetara o paso a trámite da Lei dae Vivenda PAH, unha lei fundamental para garantir o "Descanso Real Xa" para todas as persoas que sofren a emerxencia residencial: familias endebedadas para sempre, persoas en alugueiro inestábel ou ocupacións en precario e afectadas por cortes de subministros.


https://youtu.be/XfA2R5zca3g


https://youtu.be/Ggb6je_fUt4


A Lei de Vivenda Estatal que defende a PAH, conten os cinco puntos esenciais da Loita histórica do movimento antidesafiuzamentos e por unha vivenda digna, accesíbel e adecuada - "Pode-se" vivir baixo un teito digno. | Ir a Web.

---

Lugar de Encontro e Asesoría Colectiva en Ferrolterra

TODOS OS MARTES (EXCEPTO FESTIVOS) VEMO-NOS EN CARANZA, POLA TARDE, ENTRE AS 17:00 E 19:00 HORAS, NO LOCAL DE FUCO BUXÁN (RÚA ARMADA ESPAÑOLA, Nº 32 BAIXO) ESTAMOS XENTE DE STOP-DESAFIUZAMENTOS E DA PAH DE FERROL E COMARCA. SE QUERES PARTICIPAR ACHEGA-TE.


Nin Casas sen Xente, Nin Xente sen Casas !
Contra o abuso bancario !
Polo dereito a unha vivenda digna e adecuada!
Si se Pode !! Saúde e Vivenda Digna !!

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra | Está Adherida ás PAHs (17.03.2013) e forma parte da Coordinación Galega de STOPs e PAHs.

Correo-e:
forosocialdeferrolterra@gmail.com

Blogue:
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/

Páxina no facebook:
https://www.facebook.com/StopDesafiuzamentosDeFerrolTerra

Local:
Avda. Castelao S/N.
Local de Arméria Soc. coop. Galega
Traseira do Mercado Municipal de Caranza
1406-Ferrol
---