Amosando publicacións coa etiqueta Soberanía Alimentaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Soberanía Alimentaria. Amosar todas as publicacións

mércores, maio 08, 2013

O que debes saber sobre CARREFUR, ALCAMPO, EL CORTE INGLES... - Vídeo


Quen controla o que comemos? Que é a agroindustria e como funciona? Que relación garda coa fame no mundo? Que alternativas hai? Son algunhas das preguntas que Ester Vivas do Centro de Estudos sobre Movimentos Sociais (CEMS) da Universidade Pompeu Fabra, intenta explicar nestes 16 minutos moi clarificadores sobre o noso modelo alimentario.


__________

mércores, xuño 20, 2012

ATTAC protesta no Parlamento Europeu: contra a especulación financeira nas materias primas alimentarias que condena á fame a millóns de persoas no mundo


Protest at ECON Committee, European Parliament

ATTAC protestou no Parlamento Europeo, este Martes 19 Xuño de 2012. Asesión da Comisión de Asuntos de Assuntos Económicos e Financeiros foi interrompida por unha protesta deasociacións alenaas de ATTAC e Campact, integrado na campaña contra a especulación financeira nas materias primas alimentarias, que nos últimos anos condenou á fome varias rexións do planeta.


http://youtu.be/zzWuBno_PyM

Publicado en 19.06.2012 por beinternacionaleu Campact

Attac.de Protest Brussels |19.06.2012
http://beinternacional.eu

Situación alimentaria mundial segundo a FAO:

http://www.fao.org/worldfoodsituation/wfs-home/es/
________________________

martes, xuño 19, 2012

Os mitos do Sistema Agroalimentario - Esther Vivas - Vídeo


Esther Vivas desmonta un a un os mitos sobre os cales está construído o actual sistema agroalimentario.


http://youtu.be/9tmLmVB4olg


Visita http://esthervivas.com/

Colabora con AttacTV para que podan seguir producindo contidos.

ATTAC.TV

__________

venres, xuño 08, 2012

Fondo documental sobre Soberanía Alimentaria


Soberania Alimentaría.tv, é un fondo documental en temática de Soberania Alimentaria, loitas campesinas e conflictos no medio rural.

Acolle materiais de vídeo, de audio e de lectura e ofréceos todos eles sen ningún tipo de restrición para a súa libre descarga e difusión. Todos e cada un dos materiais dispoñibles foron cedidos desinteresadamente polos seus creadores e creadoras.

O obxectivo é xa que logo, constituír un fondo de referencia, que poida prover ás organizacións sociais e campesiñas dos materiais audiovisuais necesarios para levar a cabo as actividades de formación e sensibilización que planifiquen en temática de Soberanía Alimentaria.

Soberaniaalimentaria.tv é un proxecto conxunto do sindicato agrario vasco EHNE Bizkaia e a organización Bizilur, que conta co aval da Via Campesiña Internacional. As citadas organizacións non capitalizarán en ningún caso os materiais dispoñibles na web, soamente encargaranse da súa xestión e mantemento.

http://www.soberaniaalimentaria.tv/

Enviado por:
Paula
-pmeizoso@gmail.com-
8 de junho de 2012 10:49

http://trasancos.blogspot.com.es/
____________

xoves, maio 06, 2010

Día internacional do Comercio Xusto 2010: “O papel das grandes superficies nas condicións de vida das persoas produtoras”

Por segundo ano consecutivo AMARANTE, SINDICATO LABREGO GALEGO, VERDEGAIA, A GRADICELA e ARBORE únense para celebrar o Día Internacional do Comercio Xusto en Vigo que se celebrará co lema “Por un comercio xusto non Norte e no Sur”, o día 8 de maio en 4 cidades de Galicia.

Mercados transparentes de alimentación e roupa ou accións lúdicas sobres as condicións do téxtil serán algunhas das accións que se desenvolverán para achegar a cidadanía galega en Ourense, Vigo, Pontevedra e Santiago ás condicións de vida de moitas persoas do Norte e do Sur.

Esta ano a acción de reivindicación centrarase en analizar e reclamar a responsabilidade das grandes superficies nas condicións de vida de miles de persoas do Norte e no Sur, tanto no sector do campo como no do téxtil e o impacto ambiental que se producen co modelo empresarial destas grandes canles de distribución, que provocan grandes eivas humanas e medioambintais a nivel mundial.

Así no sector do téxtil (Amarante comenta)

Investigacións feitas pola Campaña Roupa Limpa en Asia descubriron como empresas como Carrefour ou Lidl que teñen unha liña ampla de roupa, - sendo Carrefour é o 4º comercializador de roupa de Europa- descubriron graves condicións de explotación nas miles de mulleres nas fábricas que cosen para estas transnacionais. Falamos de 60 a 80 horas semanais, 7 días á semana, 30 días seguidos en picos altos de produción, abusos físicos, verbais e sexuais son algunhas das condicións laborais. Testemuños como este se repetían en fábricas de Bangladesh, India.

Temos que traballar das 9 da mañá ata a 1 da madrugada. Non podemos elexir traballar sólo de día ou de noite. Esta xornada é así a diario, e iso durante 30 días ó mes” . Testemuño Traballadora dun provedor de Carrefour, na India. (Investigación da Campaña Roupa Limpa Internacional).

No sector da alimentación (Sindicato Labrego galego comenta)

Carrefour, Merdacona, Eroski, e Alcampo controlan máis do 50% do mercado de alimentación. Isto ten como unha das consecuencias a imposición de prezos dos alimentos que mercan ás persoas labregas onde a presión cada vez é máis grande que os prezos que marcan están levando a desaparición das explotacións agrarias por imposiblidade de vivir do que pagan. Isto están provocando unha maior diferencia entre o prezo que se paga ás persoas produtoras e os prezos de venta ás persoas consumidoras, tendo uns grandes beneficios estas grandes multinacionais.

Os mercados transparentes que se farán este sábado se poderán visibilizar estas diferenzas no que se paga ás produtoras co que paga as consumidoras.

A responsabilidade desta situación son as políticas agrarias tanto do Estado español como da UE que permite este tipo de actuacións e de modelo de produción que aumentan os beneficios das grandes corporacions agroalimentarias e de distribución. Dende o Sindicato Labrego Galego demanda un cambio na política agraria que teña en conta as persoas produtoras e da calidade dos produtos por riba dos intereses particulares das empresas.

A nivel ambiental (Verdegaia comenta)

O sistema de produción e consumo baseada nas grandes superficies ten un altísimo impacto ambiental ademais do social. Estes impactos veñen da man dos procesos e sistemas de produción industrial fundamentados nas grandes distancias e na química de síntese para manter a produción. Fabricar uns pantalóns vaqueiros de algodón cultivado cos métodos industriais convencionais precisa 350 gr de produtos tóxicos (asperxido de pesticidas, fertilizantes, etc.) [1] e dende a materia prima ate ter o produto no escaparate do centro comercial pode chegar a percorrer 65.000 km [2].

A situación das grandes superficies nos extraradio das cidades obriga aos consumidores e consumidoras a desprazarse, para o que o conxunto da sociedade realiza enormes investimentos en infraestruturas de transporte, contribuíndo así a agravar o problema do cambio climático. Segundo os datos para Galicia do Inventario de Emisións do Ministerio de Medio Ambiente (MMA), as emisións de gases causantes do cambio climático do transporte por estrada medraron o 81 % entre 1990 –ano base do Protocolo de Quioto- e 2004. Un estudo de Friends of the Earth indica que un supermercado provoca tres veces máis emisións de dióxido de carbono por metro cadrado de superficie de venda que unha tenda de barrio.

A nivel local do tecido económico (conclusións)

No 2006 existían xa no territorio español 359 hipermercados (8.000 m2) e 6.632 supermercados (870 m2) [3].

A apertura dun hipermercado ou centro comercial causa unha media de 276 perdas de postos de traballo e o peche do pequeno comercio nun radio de 12km. No 2007 se pechaban ó día 11 pequenos comercios de alimentación.

A moi citado beneficio económico de ter unha grande superficie na comarca queda desmintido cando se comproba a perda do tecido económico local do pequeno comercio, onde vemos como o que gastan as consumidoras/es nestes comercios o 50% retorna á economìa local, namentras que nas grandes superficies solo chega ó 5%.

Así, dende as demandas dos colectivos solicitamos:

mercados curtos de comercialización, outro modelo de política agraria e comercial que garantan as condicións laborais e de vida e do sustento das persoas traballadoras por riba dos intereses e os beneficios das multinacionais e as consideracións e que se mire polo impacto ambiental deste modelo insostible de comercialización.

[1] Moda sin tóxicos. Greenpeace
[2] El Viaje de un pantalón vaquero. Revista Integral
[3] Datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais.


PROGRAMA

8 de Maio DÍA DO COMERCIO XUSTO
PROGRAMA DE ACTIVIDADES

PONTEVEDRA
Martes día 4 de Maio.- Mesa Redonda sobre o impacto negativo das grandes superificies ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos. Intervirán: Lidia Senra, dirixente do SLG, Ramon Rodriguez, da cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela, e Adrian Serantes, responsable técnico de Amarante en Pontevedra.

Xoves día 6 de Maio, ás 20,00 horas, na Galeria Sargadelos, a Directora de AMARANTE Setem e responsable da CRL-Galicia, Fernanda Couñago, presentará a Iniciativa Salarios Dignos en Asia*. Presenta Eva Blanco, coordinadora de Amarante en Pontevedra.

Sábado 8 de Maio, Lugar: PRAZA 8 de MARZO (esquina rúa Peregrina ).Horario: De 11:00-14:00

Actividades:
  • MERCADO TRANSPARENTE con produtoras locais e produtos de Comercio Xusto, onde se denunciará a marxe de prezo abusiva coa que quedan os distribuidores comerciais.
  • MERCADIÑO DE TROCO con intercambio de produtos de segunda man de Roupa, Xoguetes,etc
  • DEGUSTACIÓNS de produtos de Comercio Xusto
  • ACTUACIÓN GRUPO MUSICA TRADICIONAL OS CHICHISOS
  • ACTIVIDADE TEATRAL

OURENSE
Sábado 8 de Maio,

Lugar: R/Saénz Díez.- No entrono do Centro Comercial Ponte Vella.Horario.- De 12 a 14

Realizarase un MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as condicións laborais que sufren as traballadoras do sector têxtil

COMPOSTELA
Sábado 8 de Maio,

Lugar: Porta do Camiño, Praza 8 de Marzo (Rúa de San Pedro, no marco da Feira da Primavera). Hora: de 11 ata as 15hs

Actividades:
  • MERCADO TRANSPARENTE a cargo de labregas e labregos da comarca (SLG)
  • EXPOSICIÓN E DEGUSTACIÓN de produtos de Comercio Xusto (Amarante)
  • PASARELA-REIVINDICATIVA “A moda que incomoda” ás 13:00hs celebrarase a na que se conta coa colaboración da poetisa e conta contos Iolanda Aldrei.

VIGO
Sábado 8 de Maio.

Lugar.- Mediana de Gran Vía á Altura da Rúa Venezuela. Hora.- De 11 a 14

Actividades:
  • MERCADO TRANSPARENTE DE ALIMENTACIÓN coa colaboración de produtoras que vendes directamentae á Cooperativa de Consumo Consciente Árbore
  • MERCADO TRANSPARENTE DE ROUPA no que se mostrarán as inxustizas da deslocalización do sector têxtil e poderemos achegarnos á roupa de comervcio xusto
  • TEATRALIZACIÓN a través da DANZA da cadea de producción de roupa a as súas consecuencias nas condicións laborais.

Verdegaia
info@verdegaia.org
www.verdegaia.org

Enviado por:
Xan Duro
-xan.duro@usc.es-
6 de maio de 2010 19:58
_____________

xoves, febreiro 11, 2010

Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar


Os días 27 e 28 de Febreiro celebraranse en Santiago de Compostela as Xornadas Galegas de Soberanía Alimentar, organizadas pola ISAP (Iniciativa pola Soberanía Alimentar dos Pobos) con financiamento da Cooperación Galega. Será no Salón de Actos da Faculdade de Filosofía da USC, situada na Praza de Mazarelos. Nesta Praza, ademais, haberá unha Feira pola Soberanía Alimentar Domingo 28 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.

Para unha mellor organización das Xornadas prégase confirmación de asistencia en info(a)sobreaniaalimentar.info

Programa

Sábado 27 de Febreiro de 2010
  • 10:00 h. Apresentación das Xornadas e da ISAP

  • 10:30 h. Palestra:
    Soberanía Alimentar: Democratizando a Alimentación
    Carme Freire (SLG), Paul Nicholson (EHNE)

  • 12:00 h. Mesa Redonda:
    Vivir da Terra
    Charo Sánchez (O Grelo Verde), Fuco Barreiro (Monte Cabalar), Antonio Carral (O Alle)

  • 14:00 h. Pausa para xantar

  • 16:30 h. Palestra:
    Interferencias Globais Norte-Sul e Soberanía Alimentar
    Mónica Vargas (ODG – Observatorio de la Deuda en la Globalización)

  • 18:00 h. Palestra:
    Construíndo Soberanía Alimentar en América Latina: A experiencia de Chile
    Florencia Aróstica (ANAMURI – Asociación Nacional de Mujeres Rurales e Indígenas)
Domingo 28 de Febreiro de 2010
  • 10:30 h. Palestra:
    Enfriando o Planeta: Soberanía Alimentar e Mudanza Climática
    Ferrán Garcia (VSF/No Te Comas el Mundo)

  • 12:00 h. Mesa Redonda:
    Vivir do Mar
    Emilio Louro (Mar de Lira), Representante da Confraría de Cangas, Fermín Fernández (Algamar)

  • 14:00 h. Pausa para xantar

  • 16:30 h. Palestra:
    Construíndo Soberanía Alimentar en África: A experiencia de Mozambique
    Luís Mário Muchanga (UNAC – União Nacional Camponesa)

  • 18:00 h. Mesa Redonda:
    Vivir sen Devorar: Situación e Retos do Consumo Responsábel en Galiza
    Proxecto Amorodo/Lentura, Rede Galega de Consumo Consciente e Responsábel
Propaganda para a  divulgación:
Fernada Couñago Otero - Directora da Asociación Galega AMARANTE Setem para o Ecodesenvolvemento - Avenida Romero Donallo, 17 15706 COMPOSTELA
www.amaranteong.org
www.comercioxusto.com

Enviado por:
Amarante Central
-amarante@amaranteong.org-
9 de fevereiro de 2010 13:16
______________________________

martes, novembro 24, 2009

Xornadas de Promoción do Cooperativismo: 23, 25 e 27 de Novembro no Ateneo Ferrolán



A Cooperativa de Consumo Responsable "Xoaniña", organiza os vindeiros días 23, 25 e 27 de Novembro, unhas xornadas de Promoción do Cooperativismo no Ateneo Ferrolán.

PROGRAMA:

23 de novembro [Luns]: Proxectos cooperativos socio-culturais
  • Cooperativa Armeria. Cooperativa de usuarias/os, intercultural, , sen ánimo de lucro pensada como un espazo de convivencia , cultura e traballo.
  • Proxeción: “Fasinpat: Fábricas sen patrón”
25 de novembro [Mércores]: Proxectos sociais e cooperativos agro-ecolóxicos
  • Fundación Galicia Verde. Entidad sen ánimo de lucro, que ten como principal obxectivo promover un desenvolvemento rural máis xusto e sostible.
  • Proxecto Amorodo / Asociación LENTURA. Asociación que traballa nos concellos de Ames, Rois e Dodro para o fomento dunha agricultura sustentable de calidade máis próxima ao consumidor.
  • Cooperativa Rainha Lupa. Proxecto de producción ecolóxica que traballa en Quilmas, Carnota.
27 de novembro [Venres]: Proxectos cooperativos financieiros. Banca ética en Galicia.
  • Coop-57. Proxecto de banca ética cooperativa que opera a nivel estatal, cunha sección galega constituída por 16 entidades cooperativas galegas.
  • Fiare. Proxecto de banca ética que está a nacer en Galicia.

A Xoaninha:
cooperativaxoaninha.org


________________