Amosando publicacións coa etiqueta Thierry Meyssan. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Thierry Meyssan. Amosar todas as publicacións

sábado, xullo 20, 2013

A caída de Morsi anuncia o ocaso da Irmandade Musulmá?, ... Por Thierry Meyssan - Interesante artigo para entender os cambios políticos no mundo árabe


Dos 84 millóns de exipcios, 33 millóns saíron ás rúas para festexar o golpe de Estado militar.

Aínda que sorprendido pola rapidez dos acontecementos, Thierry Meyssan celebra a destitución do goberno da Irmandade Musulmá, que anticipaba fai un ano. Mentres a prensa atlantista apoiaba a Mohamed Morsi e inxuriaba a Bachar a El-Assad, Meyssan expresaba a opinión oposta e denunciaba a "primavera árabe" como unha manipulación. O pobo exipcio acaba de dar o seu veredicto.

"Ante a nosa mirada"
A caída de Morsi anuncia o ocaso da Irmandade Musulmá?

Por Thierry Meyssan [*]
20.07.2013


Ao cabo de 5 días de manifestacións multitudinarias que esixían a partida do presidente Morsi, o exército exipcio destituíu ao mandatario e designou ao presidente da Corte Constitucional para asumir a xefatura do Estado até a convocatoria de novas eleccións.

Para entender a importancia do acontecemento fai-se necesario resitua-lo no seu contexto.

Unha ola de axitación política estendeu-se por unha banda do continente africano, e posteriormente polo mundo árabe, a partir da metade de decembro de 2010. Tunisia e Exipto eran os países máis sacudidos. O fenómeno explícase primeiramente por causas de fondo: un cambio xeracional e unha crise alimentaria. Aínda que o aspecto demográfico escapa ao control humano, o aspecto económico foi ampliamente provocado con pleno coñecemento de causa, primeiro en 2007-2008 e despois en 2010.

En Tunisia e Exipto, Estados Unidos preparara o "cambio de garda" con novos líderes listos a prestar servizo reemprazando aos xa devaluados. O Departamento de Estado formara mozos "revolucionarios" como reemprazo do poder establecido. Así que cando Washington comprobou que os seus aliados se quedaban sen alternativas ante a rúa, ordenou-lles deixar o lugar á oposición xa prefabricada. Non foi a rúa senón Estados Unidos quen expulsou do poder a Ben Ali e ao xeneral Hosni Mubarak. E foi tamén Estados Unidos quen os reemprazou pola Irmandade Musulmá. Isto último parece menos evidente na medida en que se organizaron eleccións, tanto en Tunisia como en Exipto. Pero a realización de eleccións non sempre é proba de sinceridade e democracia. Un estudo minucioso demostra que todo estaba arranxado.

Non cabe dúbida de que Washington previra os acontecementos e que até os guiou, aínda que algo parecido poida suceder noutros países, como en Senegal ou Costa de Marfil.

E precisamente producen-se entón disturbios en Costa de Marfil, en ocasión da elección presidencial. Pero eses feitos nada teñen que ver na imaxinación colectiva coa chamada "primavera árabe" e termínanse cunha intervención militar francesa baixo mandato da ONU.

Xa instalada a inestabilidade en Tunisia e Exipto, Francia e Reino Unido deron inicio ao movemento de desestabilización contra Libia e Siria, conforme ao previsto no Tratado de Lancaster House. Aínda que realmente se produciron neses últimos países algunhas micro-manifestacións en demanda de democracia, o certo é que os medios de prensa occidentais encargaron-se de esaxerar a súa envergadura mentres que forzas especiais occidentais ocupaban-se de organizar disturbios co respaldo de dirixentes takfiristas.

Recorrendo a constantes manipulacións, a operación de Costa de Marfil foi excluída da "primavera árabe" (non hai árabes nese país, onde un terzo da poboación é musulmá) mentres que Libia e Siria si eran incluídas nela (cando en realidade trata-se de operacións de carácter colonial). Ese verdadeiro acto de prestidixitación concretouse de xeito relativamente fácil na medida en que tamén se rexistraban manifestacións en Yemen e Bahréin, onde as condicións estruturais son moi diferentes. Ao principio, os comentaristas occidentais encaixaron-lles a etiqueta de "primavera árabe", pero despois arranxaron-se para excluír-las dela porque as situacións son moi pouco comparables.

En definitiva, o que caracteriza á "primavera árabe" (Tunisia, Exipto, Libia e Siria) non é a inestabilidade nin a cultura senón a solución preconcibida polas potencias occidentais: o acceso da Irmandade Musulmá ao poder.

Esta organización secreta, supostamente antiimperialista, sempre estivo baixo o control político de Londres. Estaba representada no equipo de Hillary Clinton a través da señora Huma Abedin, a esposa do dimítente congresista sionista Anthony Weiner. A nai Huma Abedin "Saleha Abedin" dirixe a rama feminina mundial da Irmandade Musulmá. Pola súa banda, Qatar garantiu o financiamento das operacións, ¡máis de 15 000 millóns de dólares ao ano!, e a cobertura mediática da cofradía, da que se fixo cargo a canle al-Jazzera desde fins de 2005. Para terminar, Turquía puxo o know how político proporcionando unha serie de conselleiros en comunicación.

A Irmandade Musulmá é no islam o mesmo que os trotskistas en Occidente: un grupo de golpistas que traballan para intereses estranxeiros en nome dun ideal que sempre se pospón. Logo de haberse embarcado en innumerábeis tentativas golpistas na maioría dos países árabes ao longo de todo o século XX, a Irmandade Musulmá foi a primeira sorprendida ante a súa propia "vitoria" de 2011. O problema é que, fóra das instrucións dos anglosaxóns, a cofradía non dispoñía en realidade de ningún programa de goberno. E aferrouse ás consignas islamitas: "A solución é o Corán", "Non necesitamos constitución, temos a charia" e outras polo estilo.

En Exipto, do mesmo xeito que en Tunisia e Libia, o goberno da Irmandade Musulmá abriu a economía nacional ao capitalismo liberal. Confirmou ademais a súa complicidade con Israel a costa dos palestinos. E tratou de impoñer, en nome do Corán, unha orde moral que nunca existiu nese libro.

As privatizacións da economía exipcia ao mellor estilo da señora Thatcher debían alcanzar o seu punto culminante coa venda da Canle de Suez, xoia do país e esencial fonte dos seus ingresos, que sería vendido a Qatar. Ante a resistencia da sociedade exipcia, Doha financiou un movemento separatista na rexión da Canle, seguindo o modelo xa establecido por Estados Unidos en Centroamérica cando fomentó en Colombia o movemento separatista que deu lugar á independencia de Panamá.

Pero a sociedade non soportou ese tratamento sen anestesia. Como escribín fai 3 semanas nesta mesma columna, os exipcios abriron os ollos ao ver a sublevación dos turcos contra o Irmán Erdogan. E a sociedade exipcia se rebelou, lanzando incluso un ultimátum ao presidente Morsi. Logo de verificar telefonicamente, co secretario estadounidense de Defensa Chuck Hagel, que Estados Unidos non tiña intencións de tratar de salvar ao axente Morsi, o xeneral a al-Sisi anunciou o seu destitución.

Este último punto merece unha explicación: No que foi o seu penúltimo discurso á nación, Mohamed Morsi presentouse como un "sabio". O home é enxeñeiro espacial, fixo carreira en Estados Unidos, obtivo a nacionalidade estadounidense, traballou na NASA e dispón dunha acreditación estadounidense de acceso a información clasificada. Con todo, aínda que o Pentágono abandonou a Morsi, o que si o apoiou "até o momento do seu arresto" foi o Departamento de Estado, a través da embaixadora estadounidense no Cairo, dos voceiros Patrick Ventrell e Jan Psaki, e até do propio secretario de Estado John Kerry. Esta incoherencia ilustra a confusión que reina en Washington: por unha banda, o sentido común implica que non é posible intervir, mentres que polo outro lado os seus vínculos coa Irmandade Musulmá son tan estreitos que deixan a Washington sen solución de reposta.

A caída de Morsi marca o fin do predominio da Irmandade Musulmá no mundo árabe, sobre todo tendo en conta que o exército anunciou o seu destitución rodeándose das forzas vivas da sociedade, incluíndo aos "sabios" da universidade a al-Azhar.

O fracaso de Morsi é un duro golpe para Occidente e os seus aliados, Qatar e Turquía. Agora podemos preguntarnos con toda lóxica si non marca o fin da "primavera árabe" e deixa entrever ademais a posibilidade de novos viraxes en Tunisia, en Libia e, por suposto, en Siria.

[*] Thierry Meyssan, é un intelectual francés, presidente-fundador da Rede Voltaire e da conferencia Axis for Peace. As súas análises sobre política exterior publican-se na prensa árabe, latinoamericana e rusa. Última obra publicada en español: A gran impostura II. Manipulación e desinformación nos medios de comunicación (Monte Ávila Editores, 2008).

Publicado en Rede Voltaire | 8 de xullo de 2013.
______________