Amosando publicacións coa etiqueta Unión Libertaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Unión Libertaria. Amosar todas as publicacións

xoves, xuño 26, 2008

"Redacted" proxectarase este venres, 27 de Xuño, no Espazo Libertario, dentro do Ciclo de cinema Antimilitarista

De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 26 de junho de 2008 14:56
Asunto: Ciclo de cinema Antimilitarista



Pregamos a difusión da seguite información referida á actividade cultural que se sinala:

Ciclo de cinema Antimilitarista no mes de xuño:

O venres 27 de xuño ás 20:30 horas proxectarase a película "Redacted" (2007) do director Brian de Palma.
Lugar: Espazo Libertario, Avda. de Esteiro, 10 baixo.
Organiza: Unión Libertaria.
Entrada libre.
Referencia:
http://www.filmaffinity.com/es/film473147.html


____________

[+] info -> http://unionlibertaria.org
___________

martes, xuño 17, 2008

Obradoiro de GNU/Linux, charlas coloquios e Cinema Antimilitarista: Actividades organizadas por Unión Libertaria a realizar no Espazo Libertario

De:Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 17 de junho de 2008 17:27
Asunto:Obradoiro de GNU/Linux, charlas coloquios e Cinema Antimilitarista



Obradoiro de GNU/Linux, charlas coloquios e Cinema Antimilitarista

Pregamos a difusión das actividades que se sinalan:

Actividades organizadas por Unión Libertaria a realizar no Espazo Libertario, avda. Esteiro nº 10, baixo


Obradoiro de GNU/Linux

Mércores 18 de xuño ás 19:00.

Realízase o 1º e 3º mércores de cada mes sen data fixa de remate
Obradoiro básico e iniciación.
Instalación e configuración do sistema operativo GNU/Linux. Instalación de aplicacións.
Comandos básicos. manexo de aplicacións (Ofimática, internet, gráficos, multimedia...)


Charla coloquio: "Que se esconde detrás da SIDA?"

Mércores 18 de xuño ás 20:30

Falará Manuel Garrido, médico e seropositivo.
Membro da Asociación Internacional polo reestudo da SIDA


Presentación du CDROM homenaxe a Xosé Tarrío

Xoves 19 de xuño ás 20:30

Falará "Pastora", a nai do autor do libro "Huye hombre huye"


Ciclo de cinema antimilitarista

Venres 20 de xuño ás 20:30

Proxectarase a película:
La marca de Caín, Marc Munden 2007


[+] info -> http://unionlibertaria.org

xoves, xuño 12, 2008

No Espazo Libertario: Ciclo de cinema Antimilitarista no mes de xuño

De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 12 de junho de 2008 17:34
Asunto: Ciclo de cinema Antimilitarista no mes de xuño



Pregamos a difusión da seguite información referida á actividade cultural que se sinala:

Ciclo de cinema Antimilitarista no mes de xuño:

O venres 13 de xuño ás 20:30 horas proxectarase a película "El Puente" (1959) do director Bernhard Wicki.

Lugar: Espazo Libertario, Avda. de Esteiro, 10 baixo.

Organiza: Unión Libertaria.

Entrada libre.

Referencia:

http://www.filmaffinity.com/es/reviews/1/356325.html


Próximás proxeccións:

Venres 20: La marca de Caín - Marc Munden, 2007

Venres 27: Redacted - Brian de Palma, 2007
___________________

Fragmento do filme "A Ponte" de Bernhard Wicki



______________

mércores, abril 23, 2008

Do 26 ao 27 de Abril Xornadas de software libre - GNU/Linux HACKMEETING Ferrol


De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com

Data: 23 de abril de 2008 01:48

Asunto: Xornadas de software libre - GNU/Linux HACKMEETING Ferrol



Xornadas de software libre - GNU/Linux HACKMEETING Ferrol

Sábado 26 e Domingo 27 no local do Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena 202-204, 1º - Ferrol (A Coruña)

Entrada libre. Non é necesaria inscrición previa

Sábado 26

11:00 - Presentación das xornadas e Mini Palestra: ¿Qué é o software libre?

11:15 - Experiencias e experimentos con Linux

Como empezar con GNU/Linux, vantexes e dificultades....

12:00 - InstallParty: Te axudamos a indstalar GNU/Linux no teu computador compartindo ou non con windows

Se queres instalar GNU/Linux no teu computador podes traelo e axudámoste a poñelo a punto para que te inicies neste sistema operativo...
Trae tamén cable de rede ou conexión wifi e os cables e enchufes necesarios para poñer todo a funcionar...

16:30 - Edición gráfica en Linux : Gimp - inkscape - Scribus

Fai deseño gráfico e retoque fotográfico libremente e con programas libres!!!. O Gimp é un gran programa para tratamento de imaxes e debuxo, o Inkscape para facer gráficos vectoriais e o Scribus para maquetar con gran calidade todo tipo de publicacións, carteis, e o que queiras!!

19:00 - Streaming de audio en GNU/Linux

Tamén con programas libres podes facer que a túa voz se escoite e montarte unha emisora de redio por internet. Os teus berros e imaxes chegarán moi lonxe...

Domingo 27

11:30 - LTSP: Reciclaxe de ordenadores como terminais Lixeiras en GNU/Linux

Tes un computador vello? Non o tires. Con GNU/Linux e o servidor de terminais lixeiras LTSP podes poñelo a funcionar coma se fose novo. Tan rápido coma un raio. Que non o cres? Pois ven a velo!!!

12:30 - A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo...

Eres desas persoas as que lles gusta fozar en canta máquina encontra. Es un ou unha manitas? Pois esta é a túa oportunidade

16:30 - Edición de vídeo con Cinelerra

Un dos mellores programas para montar vídeos con todo tipo de posibilidades e efectos. E con calidade profesional!!!

Máis info: http://linuxferrol.org/hackmeeting_ferrol_08.jpg

Organiza: Unión Libertaria
Colaboran: Ateneo ferrolán, Kalimera, Hacktreu, OlhoLivre ...
___________________

venres, abril 18, 2008

3º Hack Meeting [gnu - linux]

Estes Sábado 26 e Domingo 27 de Abril no Ateneo Ferrolán, terá lugar o 3º Hack Meeting [GNU/Linux] organizado por Unión Libertaria.

Sábado 26

Mañá
11:00hs. - Presentación das Xornadas. "Que é o Software Libre?"
11:15hs. - Experiencias e experimentos con GNU/Linux.
12:00hs. - INSTALL PARTY: Instala GNU/Linux no teu computador, compartindoo ou non con Windows.

Tarde
16:30hs. - Edición Gráfica con GNU/Linux, Gimp, Inkscape, Scribus...
19:00hs. - Ferramentas libres para streaming de audio e video.


Domingo 27

Mañá

11:00hs. - LTSP: Reciclaxe de computadores como terminais lixeiras en GNU/Linux.
12:00hs. - A caixa branca: Todo sobre hardware e como destripalo.

Tarde
16:30hs. - Edición de video con Cinelerra e proxección de video GNU/Linux.

Ven co teu computador!!!!

Organiza: Unión Libertaria
Colaboran: Ateneo Ferrolán, Kalimera, Hacktreu e Olholivre.
_______________

xoves, novembro 15, 2007

VI Xornadas Libertarias en Ferrol, do 19 ao 23 de novembro

[Clicar acima do cartaz para ampliar]

VI Xornadas Libertarias
Ferrol do 19 ao 23 de Novembro de 2007
Espazo Libertario, Avda Esteiro, 10 baixo - Ferrol

Programa:

Luns 19
  • ás 20:00 hs Rostock: Activismo e antiglobalización
    [
    Charla cloquio na que participaran varios activistas presentes en diferentes mobilizacións antiglobalización]
Martes 20
  • ás 18:30 hs Homenaxe floral ás víctimas do franquismo no antigo cemiterio de canido
  • ás 20:00 hs Conversas coa memoria Falaremos cun militante anarquista dos anos 40
Mércores 21
  • ás 20:00 hs Crise enerxética, sustentabilidade e utopía
    Proxectarase o documental: Petróleo, fume e reflexos
Xoves 22
  • ás 20:00 hs Planta de gas ? [Mesa debate]
    Participan: ADEGA, Aguas Limpas, Ártabra 21, Fuco Buxán, Espazo Libertario
Venres 23
  • ás 18:30 hs Masa Crítica: Roteiro ciclista pola cidade con saída da Porta Nova
  • ás 20:00 hs Experiencias das masas críticas: a bicicleta como medio de transporte
Organiza: Unión Libertaria
____________

xoves, abril 12, 2007

Unión Libertaria de Ferrol organiza en Abril e Maio un ciclo de cinema e documental de interese social, histórico e medioambiental

De: Unión Libertaria -unionlibertaria@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 11 de Abril de 2007 19:57
Asunto: Unión Libertaria de Ferrol organiza en Abril e Maio un ciclo de cinema e documental de interese social, histórico e medioambiental

Clica acima da imaxen para ampliar o cartaz


Unión Libertaria de Ferrol organiza en Abril e Maio un ciclo de cinema e documental de interese social, histórico e medioambiental co seguinte programa:

Domingo 15 de Abril: Fasinpat

Domingo 22 de Abril: Terra encima

Domingo 29 de Abril: Contaminación: O ocaso da luz

Domingo 6 de Maio: Democracia nas rúas

Todas as proxeccións serán ás 19:00 horas no local situado na Avenida de Esteiro nº 10, baixo (Ferrol)

Saúde
____
Enlace relacionado:
http://www.unionlibertaria.org
______