Amosando publicacións coa etiqueta Yolanda Díaz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Yolanda Díaz. Amosar todas as publicacións

sábado, febreiro 18, 2012

Guerra Social, ... Por Yolanda Díaz

Por Yolanda Díaz [*]
18.02.2012

O PP sempre dille si aos empresarios. Esa patronal que agrupa, eles si van unidos, a banqueiros e grandes empresas xa ten o que quería: a fin do acordo social que regulamentaba nas empresas o conflito entre capital e traballo: quedamos sen negociación colectiva, con todo o poder para as empresas que poderán baixarnos o salario, ou cambiar horarios e mobilidade ó seu arbitrio; empresas que poderán contratar por un ano en probas sen dereito algún para o traballador por menos do SMI; empresas que nos poderán despedir alegando menos que nada; empresas que seguiran a recibir a fartura de milleiros de millóns de euros en bonificacións e deducións demasiadas veces acadadas en puro fraude de lei tolerado polos gobernos da quenda restauracionista. Así goberna o partido da patronal (PP): nun decreto dánlle 50.000 millóns – nosos– á banca; noutro nos arrincan os dereitos gañados no final da ditadura franquista e na transición. O desafío é inmenso para os que acreditamos no valor do sindicalismo de clase e compartimos a trincheira do mundo do traballo, aquela que se cavou en 1848 e que resta aberta malia todas as tentativas de pechala cos traballadores e traballadoras dentro. Se nas empresas as illas de dereitos sempre foron fráxiles, agora restan asolagadas polo PPatronal: a resposta para derrotalos se atopa nas rúas e nos centros de traballo, en xerar neses ámbitos unidade, organización e loita. Porque temos razón, podemos vencer. Depende de nós, do que fagamos unidos dende xa e na dura xeira de mobilizacións que virán.

Publicado no Diario de Ferrol o Sábado, 18 de Febreiro de 2012 00:00

[*] Yolanda Díaz é voceira de EU, avogada, ...
__________________