luns, setembro 24, 2007

Afiliadas e afiliados á CIG, elaboran un manifesto de oposición ao despropósito gasístico de REGANOSA, realizaran unha Asemblea o 26 de setembro

Este mércores 26 de setembro, ás 7 e 1/2 da Tarde, no salón de Actos dos locais da CIG de Ferrol, en Esteiro na Rúa Pondal, está previsto celebrar unha asemblea aberta, de persoas afiliadas á Confederación Intersindical Galega [CIG]. Mais non é unha asemblea órganiza polos organismos da central sindical, senón por persoas que teñen en común estar afiliadas á mesma central sindical e rechazar o despropósito gasístico de REGANOSA.

Esta Asemblea vai ser para informar, debater e asinar un manifesto público de oposición á localización da Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol. E apoiar a manifestación do vindeiro domingo 30 de setembro no Porto de Ferrol.

Participa !!


MANIFESTO PÚBLICO DE AFILIADAS E AFILIADOS DA CIG SOBRE A PLANTA REGASIFICADORA DE REGANOSA


As persoas abaixo asinantes, sindicalistas, delegadas de persoal, de comités de empresa e xuntas de persoal, así como afiliadas en xeral, todas integrantes da Confederación Intersindical Galega [CIG], diante do conflito social que xera a imposición da instalación dunha planta regasificadora dentro da angosta Ría de Ferrol queremos manifestar o que segue:

Que estamos a favor da reindustrialización da nosa comarca, como xeito de criar riqueza, para mellorar as condicións de vida da cidadanía; estamos pola creación de postos de traballo para as persoas desempregadas, para a mocidade que agora se está formando, para as persoas que queiran mellorar no emprego e mesmo para as persoas imigrantes que queiran compartir o noso espazo para viver e traballar. Mais non apoiamos unha reindustrialización a calquer prezo. Somos conscentes de que o impacto medioambiental cero non existe, toda industria produce un impacto, mais si existe a reindustrialización racional e desenvolvimento sostíbel, e mesmo a necesidade e posibilidade de recuperación de espazos que noutro momento destruímos.

Que non podemos entender como, despois da construción do porto exterior, de grande impacto ambiental para a nosa Ría, coa disculpa de que ía a albergar o porto carboeiro; a desgasificadora, e unha futura planta de gas, para servir á central de ciclo combinado que daquela se estaba a proxectar nas Pontes, a planta regasificadora acabou-se por construír en Punta Promontorio, dentro da Ría e a poucos metros dun complexo petroquímico que xa viña ameazando aos lugares poboados próximos e á propia Ría. O que só se pode entender pola existencia de corrupción e intereses políticos e económicos inconfesábeis.

Que os buques gaseiros teñen que cruzar un angosto canal que ten unha bocana de apenas 150 metros de ancho navegábeis [entre boias], e 4.000 metros de longo, para chegar á planta regasificadora de REGANOSA. Co problema engadido de que esta operación só se pode realizar en mar morta, da pleamar diúrna, que apenas dura vinte minutos. Na citada operación participan catro remolcadores, lanchas de prácticos, de operarios de Capitanía Marítima e varias patrulleiras da Guardia Civil. Podemo-nos imaxinar o enorme custe económico que isto supón. Este é un feito que se ven repetindo desde principios de maio deste ano 2007. Xa van sete buques cargados con GNL que entraron na Ría, iso que está en probas. Teñen previsto que sexan 52 ao ano, mais están pedindo que poda duplicar a súa produción o que significaría duplicar o número de buques.

Que a Regasificadora ten imposibilidade física de cumprir a Lei, e os condicionados de seguridade exixidos polas normativas estatais, europeias e internacionais, para este tipo de industrias. Reganosa non pode cumprir os condiconados de distancia a núcleos de poboación, pois toda a parroquia de Meá, que lle rodea, está densamente poboada, a vila de Mugardos está a menos de 800 metros e Ferrol, o Arsenal Militar e Navantia-Ferrol a uns 1500. O outro condicionado de seguridade, tampouco o pode cumprir, pois en caso de emerxencia, a normativa en vigor, obriga a saír ao buque polos seus propios medios a mar aberto, é evidente que non pode. Mesmo hai dúas sentencias favorábeis á cidadanía do TSXG, que anulan a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

Que a planta regasificadora de Punta Promontorio, non só ameaza a seguridade e a vida das persoas, senón que os mariscadores e mariscadoras ven ameazados os seus postos de traballo co impacto ambiental negativo, da tecnoloxía de vaporización por auga mariña que utiliza REGANOSA, e a paralización da actividade en certos bancos marisqueiros cando entra ou sae un buque gaseiro.

Que a loita contra esta planta regasificadora, non é algo que se lle ocurrira a alguén formular agora, senón que se leva desde o ano 2000 nesta loita, muito antes de que comezase a súa construcción, mais o que si é certo é que houbo un muro de silencio mediático a todo o que significara a oposición a esta planta regasificadora dentro da Ría. Muros que comezaron a desmoronarse o 9 de maio deste ano co bloqueo do metanero Galica Spirit.

Diante disto:

MANIFESTAMOS

Que estamos no convencimento de que, REGANOSA é unha ameaza para a seguridade e a vida de miles de persoas, a Ría e a súa riqueza marisqueira, poñendo en perigo os 600 postos de traballo que esta xera.

Polo que demandamos:

1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

E por último,

APOIAMOS A MANIFESTACIÓN QUE O DOMINGO 30 DE SETEMBRO, TEN CONVOCADA O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, CON SAÍDA DESDE O PORTO DE FERROL ÁS 12 DO MEDIODÍA.

E CHAMAMOS A CLASE TRABALLADORA DA COMARCA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN, DETRÁS DO UNANIME LEMA: PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!!

Ferrol, a 26 de Setembro de 2007

  1. Xoán Fernández Sixto, Navantia - Ferrol
  2. Ana Suárez Castro, Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide - Profesor Novoa Santos
  3. Joám López Pérez, Edificios Administrativos da Xunta de Galicia en Ferrol
  4. Xosé Miguel López Pérez, SERGAS
  5. André Martínez Ces, contrución do emisario terrestre Malata- Prioriño Chico - METAL
  6. Inácio Martínez Orero, vinculación temporal SERGAS
  7. Pili Ces Rioboo, Navantia-Ferrol
________________

Os versos de Tito

De: Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá"
-ocruceiromeha@yahoo.es-
Para: artabra 21@gmail.com
Data: 24 de setembro de 2007 23:26
Asunto: Versos de TITO para O Cruceiro de Meá


Versos de TITO para O Cruceiro de Meá

___

__

Aqui tendes o link para youtube, onde subimos o vídeo dun veciño que nos adicou estas preciosas verbas

http://es.youtube.com/watch?v=Tin04Q_Bhtc

grazas TITO. Emocionachenos incluso ós vindeiros. GRAZAS de novo

PLATAFORMA VECIÑAL "O CRUCEIRO DE MEÁ"
ocruceiromeha@yahoo.es
http://ocruceirodemea.blogaliza.org/

LEMBRADE A MANIFESTACIÓN DO DOMINGO 30 DE SETEMBRO AS 12:00 HORAS

VENCEREMOS

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA
_______________________

Veciñanza da Merza -Vila de Cruces e de Oseiro - Arteixo, o 30 de setembro van vir a Ferrol

De: Ferrol CAPE
Para: artabra21@gmail.com
Data: 24 de setembro de 2007 22:36
Asunto: Remito correo de adhesión a manifestación do domingo.



Remitimos correo de adhesión a manifestación do domingo.
www.f-cape.org

---------- Forwarded message ----------
From: Veciños de Oseiro
Date: 24-sep-2007 20:48
Subject: Re: MANIFESTACION NO PEIRAO DE FERROL - DIA 30 SETEMBRO as 12 H DO MEDIODIA
To: Ferrol CAPE



¡Ola a todas e todos¡ Onte, domingo estivo unha compa ca veciñanza de O Cruceiro. Chegou soio a tempo para o visionado do vídeo das Encrobas, que é impresionante, tanto como documento como loita en minoría dos que quedan afectadísimos de tantas inxustizas. Quedamos en que tamén acudiremos a "mani do 30" en Ferrol. Somos outro máis dos colectivos afectados pola prepotencia de Fenosa e das Adminsitracións. Temos moitas cousas en común e iso axuda a que nos sintamos máis sensibles e a proposta dos de Cerceda de participar no lema conxunto que encabece a mani, pareceunos moi atinada e necesaria así como tamén os do Cruceiro.¡FELICITACIÓNS!

Alí estaremos os que poidamos e recomendamos que dedes difusión o vídeo "A ceo Aberto", abre os ollos e a conciencia.

Aproveito para que incorporedes o mail dos de Merza, "Vila de Cruces (Pontevedra)", é o persoal de Xoán Blanco, un gran loitador e dinamizador social. Nós xa lles estivemos informando e acabo de falar con él, estarán tamén algúns veciños e veciñas o domingo.
Estes afectados tentan o desvío desde fai moito tempo dunha liña de 400 kv, colocada fai anos por evitar o paso por unha canteira. Levan moitos anos a procura de solucións con Fomento e Industria.

xoanblanco@yahoo.es

Aproveitamos para deciros que seguen as probas dun dos ciclos combinados da térmica de Sabón co gas procedente de Reganosa. Como carecen de licenza de actividade do remate das obras por parte do Concello, nos informaron que teñen autorización das Consellerías para facelas. Seguiremos esixindo documentos que o ratifiquen, porque o que sí é certo e que a veciñanza mándannos máis contaminación preto das nosas vivendas.

Moitas grazas pola información, que nos chega con regularidade.

Unha aperta desde Arteixo.
___________________

Dous meses de peche, dous meses de loita, dous meses de solidariedade

Dous meses de peche, dous meses de loita, dous meses de solidariedade

Onte domingo, 23 de setembro, cumpríron-se dous meses de peche na Casa do Concello de Mugardos. Foron 63 días de loita e solidariedade, un verán inolvidábel na historia de Mugardos, na Historia de Meá, na Historia do Movimento Veciñal e Cidadán desta Comarca.

Veciñas e Veciños que teñen as súas casas máis próximas ao despropósito gasístico de REGANOSA que costruiu con todo tipo de complicidades institucionais e uns inconfesados intereses políticos e económicos, orquestados polo Grupo Tojeiro beneficiario de millóns e millóns en subsidios, dados, no seu momento, polos seus amigos en Madrid e na Xunta de Galicia dos gobernos do PP, para as súas empresas e investigado, hoxe, polo Tribunal de Contas de Galicia, por sospeitosas coincidencias. Mais non queremos falar do Grupo Tojeiro e compinches, senón da veciñanza de Mugardos en loita contra o enxendro REGANOSA. E do peche, no que a Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá", é a protagonista principal que ven loitando contra os cambalaches e cacicadas do Grupo Tojeiro, desde hai nove anos. Este construiu un complexo petroquímico en Punta Promontoiro, de perigosas consecuencias medioambientais para o ecosistema e a saúde da poboación que mora no seu contorno, co apoio e complicidade dunha "administración Fraga", mais tamén desde o propio Concello de Mugardos, facilitando o camiño con recalificacións e concesións, nunha práctica política morrallenta de cambiar a saúde do pobo por diñeiro que ainda acima mal-xestionaron.

Os gobernos actuais en Madrid e Compostela, continuan a obra do PP e o Sr Fraga, para os da Xunta por considera-la "estratéxica" para Galiza. [sic]

A Plataforma Veciñal "Cruceiro de Meá", ven loitando contra estes poderes corruptos, do capitalismo salvaxe e comprador de vontades, desde o ano 1999. Polo que a loita non só é dura, senon que tamén longa no tempo.

O peche da Veciñanza, despertou, xerou, abreu, contribueu e segue nunha liña positiva e de avanzadilla na loita contra o despropósito gasístico de REGANOSA. A solidariedade recebida en forma de visitas; comunicados; actuacións, artigos de agradecemento, recoñecemento e apopio; actuacións teatrais, musicas e doutros xéneros, viñeron a contribuir a facer do peche un lugar de lecer e debate, un lugar alegre e combativo.

Non podemos enumerar aquí a todas as persoas, asociacións e diferentes colectivos de todo tipo que pasaron pola Casa do Concello, verdadeira Casa do Pobo desde o 23 de xullo, pois case seguro que deixaríamos alguén fóra, polo que polo de agora non o imos facer, mais si comprometemo-nos a que figuren no "cadro de honor", desta loita desigual, mais cun contido galego, popular e progresista indiscutíbel.

Onte, foi un intenso día, a visita dos Blogueir@s Solidari@s, da Rede de Apoio á Loita Cidadán; a Charanga "AGresca" que alegrou a tarde coa súa música solidaria; o Teatro con Mabel Rivera e Lino Braxe; e a proxeción de "A Ceo Aberto. As Encrobas" de Xosé Bocixa, un documentário sobre a loita das Encrobas [1976] no concello de Cerceda, na defensa da terra, contra FENOSA propietaria de Lignitos de Meirama, coas consecuencias nos anos 90 na zona da Lousa, e os problemas de SOGAMA. Emocionante documentário que despertou sentimentos contradictorios e provocou un intenso debate, sobre similitudes e difencias, mais que nos unía a outras loitas que como a nosa, tornanse dificis e silenciadas. A xente das Encrobas, con unha importante representación da Asociación de Veciños e Veciñas da Lousa "A Outra Cerceda", foi a que comentou o documentario "A Ceo Aberto". Mais tamén estiveron representantes da "Plataforma pola eliminación das lineas de alta tensión de Oseiro-Arteixo", cuxa representante dunha forma clara e contundente expuso a problemática da veciñanza do lugar e a súa loita contra FENOSA e a Central Térmica de Savón. Estivo presente o propietario das terras onde REGANOSA dun plumazo e coa complicidade da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente , cortou mási de 1500 castiñeiros, para facilitar o tránsito do gasoducto até Meirama. No debate xa comezaban a xurdir os pontos de coincidencia: o gas; FENOSA; o Delegado Provincial da Consellería de Medio Ambiente, Manuel Tajes Gómez; as industrias en probas; veciñanza coacionada; veciñanza en loita; ... mais sobre todo a cita do próximo 30 de Setembro no Porto de Ferrol ás 12 do mediodía, onde non pensan faltar negunha das plataformas veciñais, xunto coa de Meá, á Manifestación Cidadán contra o despropósito gasístico de REGANOSA. Mais con demandas concretas:

1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA.

2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra.

3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA.

4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza.

PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !!

NON FALTES PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN,
DIFUNDE A CONVOCATORIA

____________________

Material para a Manifestación:

Folha da convocatoria en formato-PDF-

Cartaz da Convocatoria en formato -JPG-

Cunhas publicitarias en formato -mp3-

Bolantinas en formato -JPG-

______________

Para a publicidade xa impresa:

Quen queira pillar cartaces en gran formato a cor e follas informativas da convocatoria co cartaz en Din A4, dirixirse aos locais do Ateneo Ferrolán, aberto de 10 a 14 hrs.

_______________

domingo, setembro 23, 2007

O colectivo universitario FERROL-CAPE que apoiou sempre de forma incondicional ao CCE, estará presente nesta mobilización do dia 30 de setembro

De: Ferrol CAPE -ferrol.cape@gmail.com-
Para: artabra21@gmail.com
Data: 23 de setembro de 2007 18:03
Asunto: MANIFESTACION NO PEIRAO DE FERROL - DIA 30 SETEMBRO as 12 H DO MEDIODIA



MANIFESTACIÓN NO PEIRAO DE FERROL - DIA 30 SETEMBRO as 12 H DO MEDIODIA

Envía www.f-cape.org Colectivo universitario opositor a planta de gas da Ría de Ferrol.


Estimados amigas e amigos:

O Comité Cidadán de Emerxencia (CCE) e outras asociacións de caracter social presentaron ata agora unhas 17 accións xudiciais entre os que se atopan 10 recursos contencioso-administrativo e de alzada, así como denuncias, incidencias de nulidade, etc. nos Tribunais de Xustiza.

Tamén fixeron entrevistas aos organismos oficiais responsables da emisión do ACTA de posta en servizo da planta de GNL de Mugardos e a sí mesmo con responsables políticos nos concellos da ría de Ferrol.

Onte e como sabedes, máis de 200 intelectuais e artistas de toda Galicia asinaron un manifesto en contra da planta de Gas no interior da Ría e de apoio á manifestación que anunciamos neste comunicado.

Para apoiar estas actuacións é preciso que a cidadanía de Ferrol mostre o seu apoio ao CCE e o rexeitamento absoluto á localización desta perigosísima planta de gas e os seus buques gaseros.

Este colectivo universitario que apoiou sempre de forma incondicional ao CCE estará presente nesta mobilización do dia 30 de setembro.

Estarán presentes na mesma outras organizacións solidarias de toda Galicia polo que debemos asistir para agradecerlles o seu apoio. Non esquezamos que hoxe día 23 de setembro cúmprense dous meses do peche no Concello de Mugardos dos veciños de Mehá (lugar situado a 100 metros dos inmensos depósitos de gas licuado) e cuxos dereitos constitucionais fóronlles denegados.

Envía esta mensaxe aos teus amig@s e persoas interesadas en botarnos unha man. TOD@S A Ferrol o próximo domingo dia 30 ás 12 h no peirao de Curuxeiras!
Grazas!

Domingo 30 de Setembro
ás 12 do mediodia no porto de Ferrol

MANIFESTACIÓN
PLANTA DE GAS FORA DA RÍA

Convoca:
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol

www.f-cape.org


_____

Fundamentos e razóns que invalidan técnica e legalmente o asentamento da planta de Gas Natural Licuado (GNL) que está construíndo REGANOSA en Mugardos


FUNDAMENTO 1º: Non cumpre co RAMINP (Reglamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas) Decreto 2414/1961.

FUNDAMENTO 2º: Non cumpre o R. D. 6//2.001 do 8 de maio sobre EVALUACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL (Directiva europea 97 /11 /CEE) - NON SE TIVO EN CONTA - (Modifica o R.D. Lexislativo 1302/1986 do 28 de xuño - Directiva europea 85/337/CEE).

FUNDAMENTO 3º: Non cumpre a norma UNE - NE 1532 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS LICUADO ? Interfaz entre buque e terra ? Marzo de 1.997 SAÍDA Ao MAR DE BUQUES GASEROS EN CASO DE URXENCIA REQUERIMIENTOS PRINCIPAIS SOBRE ASPECTOS DE SEGURIDADE DE BUQUES GASEROS A CUMPRIR NOS TERMINALES DE DESCARGA DE GAS NATURAL LICUADO (GNL).

FUNDAMENTO 4º : Non cumpre o R.D. 1254 / 1999 "Medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas" (Directiva Europea 96/82/CE ? Lei Seveso II)

FUNDAMENTO 5º : Non cumpre a norma UNE - NE 1473 sobre INSTALACIÓNS E EQUIPOS PARA GAS NATURAL LICUADO - Deseño para as instalacións terrestres - Maio 1998

FUNDAMENTO 6º : Non cumpre a norma NFPA 59 A sobre Produción, Almacenaxe e Manipulación de Gas Natural Licuado (GNL). Ano 2001
__________

Relación de persoas que asinaron o Manifesto de Artistas e Intelctuais contra o despropósito gasístico de REGANOSA

COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL





MANIFESTO DE INTELECTUAIS E ARTISTAS CONTRA DUNHA PLANTA DE GAS NO INTERIOR DA RÍA DE FERROL E APOIO A MANIFESTACIÓN DO DIA 30 DE SETEMBRO DE 2007


Universidade da Coruña - Campus de Esteiro Ferrol, salón de Actos do Vicerreitorado, a 22 de Setembro de 2007

Relación de Asinantes


Abad Vidal, Xosé

Fotógrafo

Acuña Sánchez, Ramón Luis

Escritor e Xornalista

Aguiar, Pablo

Investigador

Agust, Andrés

Xestor Cultural

Alabau Albors, Sari

Profesora e Política

Aleixandre, Marilar

Escritora

Alonso Montero, Xesús

Profesor e Escritor

Alonso Rodríguez, Eduardo

Director Teatro

Alonso Villaverde, Francisco

Escritor

Alonso, Carlos Alberto

Cineasta

Ameneiros, María Rocío

Profesora Universitaria

Amorím Domínguez, Manuel Afonso

Profesor

Angueira, Anxo

Profesor e Escritor

Arboleda Clemente, Laura

Licenciada en Química

Arguello Rodríguez, Felicidad

Pedagoga

Arriaga, Mikel

Prof. Univ. Pais Vasco

Aznar Soler, Manuel

Catedr Literatura Univ BCNA

Banet, Enrique

Realizador

Barrera Beitia, Enrique

Profesor e Historiador

Beiras Torrado, Xosé Manuel

Profesor e Escritor

Berguer Sández, Alberto

Médico

Blanco, Carmen

Escritora e Prof. USC

Boix Lluch, Quim

Enxeñeiro Industrial

Bouza Álvarez, Fermín

Escritor e Catedr.Socioloxía

Bouzada, Xan

Prof. Univ. Vigo

Braxe Mendía, Lino

Actor e Dramaturgo

Braxe, Xoan X.

Artista

Cambeiro Quintela, César

Actor

Campo Freire, Xaquín

Crego e Escritor

Capitán, Ana

Docente Univ.R.Lluch.

Carbajo, Diego

Univ. Pais Vasco

Casal Pita, Manuel

Enseñeiro e Profesor

Castaño Pereiro, Yolanda

Poeta

Castro Varela, Aurelio

Xornalista

Chao Rego, Ramón

Xornalista

Clausell, Jordi

Técnico de Xestión

Constela Doce, Xesús

Filologo e escritor

Coo Martín, Alberto de

Biólogo e Investigador

Cortizas Amado, Antón

Escritor e Mestre

Couceiro Buelo, José Carlos

Profesor Universitario

Cuesta García, Carmen

Profesora

Dacosta, Henrique

Escritor

Davila, Andrés

Univ. Pais Vasco

Di Masso, Marina

Investig. Univ. Aut BCN

Díaz Arias de Castro, Xosé

Deseñador

Diaz Orjales, María Manuela

Pintora e Cantautora

Díaz Pardo, Isaac

Ceramista

Díaz Pérez, Yolanda

Avogada e Política

Díaz Seijas Raquel

Profesora Universitaria

Díaz, Xiana

Profesora

Dobarro Paz, Xosé Mª

Escritor e Catedr.UDC

Duro Fernández, Xan

Documentalista

Estévez, Xavier

Actor

Etcheverria Vázquez, Carlos

Avogado

Eull, Lluisa

Profesora

Fernán Vello, Miguel Anxo

Escritor

Fernández Campos, Leonardo Enrique

Lingüista

Fernández Paz, Agustín

Escritor e Profesor

Fernández, Mónica

Profesora

Ferrández, Guillermo

Escritor e Profesor

Ferreiro Badía, Manuel

Escultor e Pintor

Ferrer, Rufino

Empresario Cultural

Figueroa Panisse, Adela

Bióloga e Xeóloga

García Abalo, Anxela

Actriz

García Cendán, Bernardo

Sociólogo

García Novás, Victor

Pintor

García Pérez, Mónica

Actriz

Garcia Villaverde, Xosé Mª

Licdº Ciencias Políticas

García, Alvaro

Mecenas

García, Beatriz

Profesora

García, Josep María

Museógrafo

García, Ohiane

Univ. Pais Vasco

Garrido, Juan Antonio

Médico e Docente

Giner, Salvador

Catedr. Univ. BCNA

Giró, Joaquín

Prof. Sociloxía Univ La Rioja

Gómez, Cristóbal

Prof. UNED Madrid

Gómez, Luma

Actriz

González Montoto, Vicente

Dramaturgo e Actor

González Tosar, Luis

Escritor

González, Avelino

Actor

González, Manuel E.

Profesor Socioloxía

González, Meritxal

Dinamizadora Cultural

González, Miriam

Economista

Haz Gómez, Francisco E.

Sociólogo - UDC

Hernández, Gerardo

Prof. Universidad

Hernández, Margarita

Maestra

Homs, Oriol

Catedrático

Iglesias, María José

Profesora Universitaria

Insua Pardo, Xurxo

Deseñador

Jara Siguero, Orlando

Profesor de Historia

Kruckenberg Sanjurjo, Mª do Carmo

Escritora

Lamas Ermida, Leandro

Pintor

Ledo Andión, Margarita

Escritora e Cineasta

Leira López, Xosé

Prof. Socioloxia UDC e Escritor

Llano Cabado, Pedro de

Arquitecto

López de la Iglesia, Carlos

Profesional

López Gómez, Pedro

Profesor Universitario

López Lorenzo, Siro

Art.Plástico e Xornalista

López Rey, José

Profesor Socioloxía

López Rey, Mª José

Prof. Socioloxia Univ. Extremadura

López, Francisco

Libreiro

López, Inma

Escritora

López, Meritxe

Socióloga Univ.A. BCN

Luaces Ferreiro, Elina

Actriz

Máiz Vázquez, Bernardo

Profesor e Historiador

Marin Formoso, Xaquín

Debuxante e Humorista

Martínez Orero, Francisco

Capitán M. Mercante

Masafret Méndez, Maria

Música

Mato Mato, Xesús

Crego e Musicólogo

Mejuto Garcia, Jaime

Biólogo Marino

Méndez Ferrín, Xosé Luis

Escritor

Méndez Fonte, Rosa

Poeta e Profesora

Méndez García, Helga

Actriz

Méndez, Eva

Economista

Mera Naveiras, Luis

Activista Cultural

Miguel García (Miguel de Lira)

Actor

Miró Aloix, Manuel

Consultor Turismo Cultural

Molinas Daví, Anna

Enxeñeiro Técnico

Molinas Daví, María Noemí

Restauradora de Arte

Molinas Daví, Oriol

Arquitecto Técnico

Moman Noval, Alberte

Enxeñeiro e Escritor

Moncada, Alberto

Sociólogos Sin Fronteras

Monjardín, Rosario

Profesora

Monterroso Montero, Juan

Prof. Histª Arte

Montesinos de la Fuente, Ángeles

Técnico Cultural

Muiños, Iolanda

Actriz

Mulero, Paola

Dinamizadora Cultural

Narotzky, Susana

Catedr.Univ. BCNA

Navaza González, Tareixa

Xornalista / Radio

Neira, Miguel A.

Poeta

Nerium, Alexandre

Poeta

Niuebe, Eduard

Profesor

Nogueira Román, Camilo

Economista e Político

Novo, Olga

Poeta e Xornalista

Olivas, Juan

Sociólogos Sin Fronteras

Otero Fernández, David

Mestre / Escritor

Pacífico, Fabrizia

Enxeñeiro Técnico

Padró Werner, Jordi

Xestor Cultural

Pastor, Luis

Cantautor

Patinha, Manuel

Escultor

Pedregal Alfonso, Jesús

Farmacéutico

Pena López, Carmen

Catedrática Histª Arte UCM

Pereira González, Dionisio

Historiador

Pérez Landeira, Laura

Actriz

Pérez Pais, Mª del Carmen

Profesora Universitaria

Pérez Porto, Francisco

Escultor e Ceramista

Pérez, Concepción

Profesora

Pernas Cora, Gustavo

Actor e Guionista cine

Pozo Garza, Luz

Catedrática e Poeta

Prego Cabezas, Santiago

Actor

Puga Peralta, Ana

Traductora Nacións Unidas (Roma)

Pulín Moreno, Fernando

Arquitecto

Queipo, Xavier

Escritor

Ramonet Míguez, Ignacio

Dir. LeMondeDiplomatique

Regos García, Serxio

Músico

Regueira, Mario

Escritor

Reixa, Antón

Músico e Productor

Rivas Barros Manuel

Escritor e Xornalista

Rivera Ferre, Marta G.

Investig. Univ. Aut BCN

Rivera, Mabel

Actriz

Rodríguez Fer, Claudio

Escritor e Prof. USC

Rodríguez Ferrer, Anxeles

Ilustradora

Rodríguez Pardo, Xosé Luis

Avogado

Rodríguez Ruibal, Euloxio

Escritor

Rodríguez Vieites, Diego

Prof.Música e Naturalista

Rois,Adriana

Traductora

Román Alonso, Helena

Investig. Univ. Salamanca

Ron Pereiro, Xesús

Actor

Ros, Carles

Técnico Audiovisual

Rosuero Mule, Carolina

Secrtª Empresa de Patrimonio

Rubia Alejos, Xoán

Articulista e Cantautor

Rubin Garrido, Pedro

Teatro

Sabio Maroño, Mª Luisa

Administrativa

San José Otero, Manuel

Mov. Veciñal

Santos Paz, José Carlos

Profesor Universitario

Senlle, Uxía

Cantautora

Seoane, Isabel

Profesora

Solsona, Jordi

Profesor

Souto, Xurxo

Músico e Escritor

Taibo, Carlos

Escritor e Profesor

Tarrío Varela, Anxo

Filólogo, Prof. USC

Tasset, José Luis

Catedr. E.U. Filosofía Moral UDC

Toro, Suso de

Escritor

Torregrosa Rodríguez, José

Mestre e Poeta

Torres Bouzas, Celia

Dir Prensa Ed.Xerais G.

Torres Queiruga, Andrés

Teólogo

Uceda Valiente, Julia

Poeta e Escritora

Uña, Octavio

Catedr.Sociloxía

Valcárcel Ovelleiro, Juan

Pintor e Profesor

Valero, Sergio

Editor

Valle, Juan Carlos

Poeta e Escritor

Varela Pombo, Sonia

Profesora

Vázquez González, Alexandre

Prof. Univ.Vigo

Vázquez, Mª Xesús

Sanidade

Veiga Torre, Eva

Poeta e Xornalista

Veira Veira, José Luis

Catedr.Socioloxía UDC

Veredas, Sonia

Prof. Sociloxía Madrid

Viale Moutinho, José

Escritor e Xornalista - (Oporto)

Villar, Miro

Poeta e Xornalista

Yáñez Casal, Antonio

Escritor


______________