venres, outubro 20, 2006

Proposta Regulamento feita pola Xunta Coordenadora [Nomativa rag]

Tags

PROPOSTA FINAL DA XUNTA COORDENADORA SOBRE O REGULAMENTO ORGANIZATIVO DA PLATAFORMA ÁRTABRA 21 (normativa da RAG)

No documento fundacional aprobado o 29 de maio do 2006, establécense un método e principios organizativos, redactados en 9 paragrafos, que é necesario desenvolver e concretar, para acadar o funcionamento áxil e dinámico que se pretende, tal como especifica o paragrafo 7 dos citados principios.

Parágrafo 1.- “O funcionamento da plataforma baséase no compromiso, individual e colectivo, de participación para lograr a consecución dos obxectivos.”

a).- O principal fundamento para o funcionamento democrático da PA21 é o do CONSENSO. En caso de necesidade, recorrerase à votación, que será decidida por maioria simple.

b).- A PA21 componse basicamente de tres estruturas organizativas:

A Asemblea Xeral, a Xunta Coordenadora e os Grupos de Trabalho.

c).- Tod@s @s membros teñen o dereito a integrarse nos órganos de goberno e representación, e o deber de participar cando sexan designad@s pola Asemblea. Exceptúanse @s membros individuais, d@s que, a participación será voluntaria.

d).- Tod@s @s membros da Plataforma teñen o deber de aceptar, apoiar e defender as decisións da Asemblea, ainda que, por causa xustificada, non participasen nesa decisión asemblear.

Parágrafo 2.- “Esta Plataforma está aberta a entidades, organizacións e persoas de xeito individual que soliciten a súa integración, que será ratificada pola Asemblea.”

a).- Toda organización, colectivo ou persoa que solicite o seu ingreso na PA21, ten o deber de:

Aceptar o Documento Constituinte, coa súa Declaración de Princípios, os seus Obxectivos Xerais e o seu Método e Principios Organizativos.

Asinar na lista de Membros da Plataforma.

Apresentar a solicitude ante a Asemblea por medio d@ solicitante ou un/unha representante.

b).- A solicitude deberase facer por escrito, no que constará o nome e sinatura da persoa solicitante, ou o nome da entidade e a sinatura d@ seu/súa representante, expresando o seu desexo de integrarse na Plataforma e a súa decisión de aceptar todas as normas, principios e obxectivos da mesma.

Parágrafo 3.- “Faranse Asembleas todas os últimos martes laborais de cada mes.”

a).- A función da Asemblea consiste en determinar as liñas básicas xerais de actuación da PA21 como resultado da coordenación e debate entre @s divers@s membros, así como as iniciativas a pór en marcha para emprender algú tipo de acción.

b).- A Asemblea estará dirixida por un/unha compoñente da Xunta Coordenadora, eleito Portavoz.

c).- Tod@ @s membros da Plataforma teñen o dereito e o deber de participar nas Asembleas con, polo menos, un/unha representante. Ningunha persoa poderá representar ao mesmo tempo a dous membros.

d).- En caso de votación, cada representante dun grupo ou colectivo, posuirá un voto. As persoas a título individual presentes na Asemblea teñen o dereito a expresárense libremente, e a efectos da votación, integraranse nun grupo ao cal lle corresponde un voto no cómputo global cos colectivos e organizacións, cuxo signo dependerá da maioria simple escollida polas persoas deste grupo. Estabelécese un mínimo de cinco persoas, non adscritas a ningún outro colectivo, para conformaren este grupo.

Os acordos da Asemblea tomaranse por maioria simple.

e).- Na Orde do Dia das Asembleas incluiranse, para o seu debate, as propostas de Resolución apresentadas pol@s membros.

f).- No último ponto da Orde do Dia de cada Asemblea - a celebrar o últimao martes laboral de cada mes – estabelecerase a data, hora e lugar da Asemblea seguinte. Non embargo, a Xunta Coordenadora enviará cunha semana de antelación a tod@s @s membros da Plataforma - via correio electrónico - as citadas circunstancias coa Orde do Dia.

Parágrafo 4.- “Constituirase unha Xunta Coordenadora formada por dous/duas coordenadores/as e dous/duas responsábeis de Actas e Contas, estes/as serán renovad@s de xeito alternativo pola Asemblea.”

a).- Como Organismo representante da PA21 entre Asembleas, a Xunta terá como misións:

Aplicar as liñas xerais establecidas polas Asembleas, determinando os medios necesarios para levar a cabo os acordos asembleares.

Coordenar os grupos de traballo.

Difundir as iniciativas propostas nas Asembleas, via correio electrónico, blogues ou comunicados nos medios informativos.

Apoiar con todos os medios disponíbeis, as accións propostas por membros da PA21, que fosen aprobadas pola Asemblea.

Elaborar a Orde do Dia das Asembleas e da propia Xunta Coordenadora.

En caso de urxencia, terá capacidade decisoria, respeito dun tema concreto, debendo xustificar a urxencia e dar conta da sua actuación, ante a Asembleia mais próxima.

b).- Para mellorar o seu funcionamento, a Xunta Coordenadora, estará formada por SEIS persoas pertencentes a seis membros distintos da Plataforma. Ademais, d@s 2 coordenadores/as e @s 2 responsábeis de actas e contas, incluiranse duas persoas suplentes. A Xunta Coordenadora concíbese como un organismo aberto a todas aquelas persoas que quixeren participar por iniciativa propia.

c).- Unha vez nomead@s @s compoñentes da Xunta Coordenadora, a Asemblea poderá designar as funcións de cada quen, ou permitir que se organicen por si mesm@s.

d).- A duración do desempeño destas funcións, será como mínimo de seis meses, sendo renovad@s @s compoñentes, alternativamente, de tres en tres. A Asemblea poderá autorizar a continuación na xunta Coordenadora de calquera membro, sempre que haxa unanimidade. Non embargo, evitarase no posíbel a permanencia dunha persoa nas mesmas funcións por mais de seis meses.

e).- @s compoñentes da Xunta Coordenadora asumirán as seguintes funcións:

Portavoz, Secretari@, Tesoureir@, Vogal 1º (suplente do Portavoz), Vogal 2º (suplente d@ Secretari@) e Vogal 3º (suplente d@ Tesoureir@).

d).- Independentemente das suas funcións como compoñentes da Xunta Coordenadora, as funcións específicas de cada quen serán as seguintes:

@ Portavoz.-

Será @ encargad@ de abrir e fechar as reunións da Xunta Coordenadora e das Asembleas, e moderar o debate.

Representará á PA21 nos seus posicionamentos públicos, encargandose de que se envien os comunicados aos medios informativos.

Estará à disposición d@s membros da PA21.

@ Secretari@.-

Recollerá as aportacións d@s asembleares - que a ser posíbel deverán ser apresentadas por escrito - e redactará as actas das Asembleias e da Xunta Coordenadora.

Redactará a Orde do Dia de todas as xuntanzas.

Tamén redactará as Resolucións e os Comunicados, segundo o acordado nas Asembleas e nas Xuntas Coordenadoras.

Ademais, levará sempre actualizada umha lista d@s compoñentes da Plataforma.

@ Tesoureir@.-

Levará controlo dos Ingresos e Gastos.

Apresentará o estado de contas en cada Asemblea.

@s Vogais.-

Cada Vogal axudará ao/á seu/súa correspondente e @ suplirá en caso necesario.

e).- A Xunta Coordenadora proporá unha persoa responsábel do blogue e do correo electrónico da PA21, que informará do tema. Este nomeamento deberá ser ratificado pola Asemblea.

f).- A periodicidade das reunións, ordinarias ou extraordinarias, será determinada pola propia Xunta Coordenadora. A estas reunións poderá asistir calquera membro da Plataforma que o desexar.

g).- Calquera membro da PA21 poderá pedir a reunión da Xunta Coordenadora, para tratar un tema urxente.

Parágrafo 5.- “Para as xuntanças urxentes, a Xunta Coordenadora fará a convocatoria o mais rápido posíbel.”

a).- En caso necesario, a Xunta Coordenadora deberá reunirse do xeito mais inmediato, e convocará rapidamente unha Asemblea Extraordinaria da Plataforma.

Parágrafo 6.- “Para cada evento ou tema concreto nomearase un Comité organizador Permanente, até rematar este feito.”

a).- Para tratar un tema concreto, a Asemblea poderá nomear unha persoa, ou unha Comisión, que se integrarán na Xunta Coordenadora até rematar este feito.

b).- Por decisión da Asemblea poderán crarse Grupos de Traballo, para debater os aspectos dunha problemática concreta (urbanismo, medio ambiente, participación veciñal, cultura, etc.) e buscar unha saída prática a unha determinada situación e ás propostas de actuación.

c).- Os Grupos de Traballo terán plena autonomia para organizar o seu funcionamento, e será un/unha responsábel de grupo quen deba informar das súas conclusións, á Xunta Coordenadora.

Parágrafo 7.- “As Asembleas acordarán por Resolucións os princípios xerais que rexerá a Plataforma, o método para un funcionamento áxil e dinámico, e as actuacións concretas a desenvolver.”

a).- As propostas de Resolución constitúen o corpo teórico da PA21.

b).- As Asembleas acordarán, por medio de Resolucións, aqueles aspectos non recollidos até agora, e que pudesen mellorar e axilizar o funcionamento da Plataforma.

c).- As Propostas de Resolución aprobaranse nas Asembleas por maioria simple.

Parágrafo 8.- “Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma Ártabra 21 a mesma persoa duas veces consecutivas.”

a).- Non poderá exercer de Portavoz da Plataforma, a mesma persoa, mais de seis meses seguidos. Para temas concretos, ou en caso de necesidade, a Asemblea poderá nomear un/unha Portavoz ocasional.

Parágrafo 9.- “Esta declaración de principios poderá ser revisada en cada Asemblea, previa presentación por escrito do texto a engadir ou corrixir.”

a).- Tanto o Método como os Principios Organizativos e o Regulamento, poderán ser debatidos e modificados pola Asemblea.

b).-As propostas de modificación deberán ser apresentadas por escrito à Xunta Coordenadora para que a poda incluir na orde do dia da seguinte Asemblea.

Das Finanzas

……………..

Artº. 1.- A Plataforma Ártabra 21, parte dun patrimonio de cero euros.

Artº. 2.- Ante a imposiblidade de prever os posíbeis gastos, non se farán orzamentos anuais.

Artº. 3.- Estabelécese unha cota semestral de 25 euros, para cada unha das asociacións membros, excepto aquelas plataformas sectoriais integradas na propia PA21, que cotizan a través dalgunha das suas organizacións constiuíntes. No caso de membros individuais, a aportación cuantifícase en 3 euros por semestre, adimitindo maiores aportacións voluntarias.

Artº. 4.- As contas da Plataforma estarán sempre a disposición da Asemblea, mediante a información apresentada pol@ tesoureir@, ou persoa em quen delegue.

Artº.5.- En caso de necesidade pontual urxente, a Asemblea poderá estabelecer unha cota extraordinaria.

Disolución da Plataforma

……………..

Artº. 1.- A Plataforma disolverase voluntariamente, por acordo asemblear adoitado polos dous terzos d@s membros presentes na Asemblea.

Artº. 2.- En caso de disolución da Plataforma, a Xunta Coordenadora encargarase de facer a liquidación de bens, entregando o patrimonio activo a unha entidade benéfica. No caso de débedas, liquidaranse polas aportacións d@s membros presentes.

2 comentarios

isto é normativa rag???? creo q normativa rag como agal son o mesmo texto nunha soa normativa.....

Foi um pequeno erro.

Que já está corregido.

Obrigad@s polo aviso !


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon