Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Praza da Porta Nova
Domingo 21 de Xaneiro, manifestación pola defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
martes, xaneiro 09, 2007
Domingo 21 de Xaneiro, manifestación pola defensa dos espazos públicos, non ao macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España]
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan martes, xaneiro 09, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios
Ao non poñer o texto e só poñer imaxes, a difusión da noticia vai ser limitada, pois o copia e pega é moito mais facil.
O pasado día 3 do mes de Decembro, manifestamonos en Ferrol, para o vindeiro 21 de xaneiro, o volveremos facer mentras non se paralicen as obras do macro-edificio na Praza da Porta Nova [Praza de España].
¿ Por que nos mobilizamos ?
Para a defensa dos espazos públicos, do patrimonio urbanístico-cultural, do medio ambiente e contra a especulación urbanística. En concreto a mobilización cidadán quere denunciar a inxusta e ilegal usurpación que se está cometendo na Praza da Porta Nova [Praza de España]; mobilizamonos para mostrar o noso desacordo, coa construción do macro-edificio, nunha zona calificada no PXOM [Plano Xeral de Ordenación Municipal de Ferrol] como Sistema Xeral Viario, é dicir vías de dominio e uso público. O macro-edificio, proxectado para a Praza, é de cinco plantas, dúas soterradas e tres de superficie, cunha altura de 21 metros e case 7.500 m2 de superficie comercial e de servizos privados, incluíndo a concesión do mesmo a unha empresa privada durante 75 anos. En xeral mobilizamonos contra a actuación do goberno municipal neste asunto e para demandar a paralización das obras.
NA DEFENSA DOS ESPAZOS PÚBLICOS, NON Á PRIVATIZACIÓN DA PRAZA !!
LIBREMOS AO PATRIMONIO PÚBLICO DA ESPECULACIÓN, FEÍSMOS E CHAPUZAS !!
CONTRA A ESPECULACIÓN URBANÍSTICA, NON AO MACRO-EDICIFIO COMERCIAL !!
SI AOS ESPAZOS PÚBLICOS ABERTOS PARA USO E GOZO DE TODA A CIDADANÍA !!
DEFENDAMOS OS NOSOS DEREITOS, DEFENDAMOS OS NOSOS BARRIOS !!
OUTRA ORDENACIÓN DO TERRITORIO, OUTRO URBANISMO É POSÍBEL !!
Asinanan:
Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga", Asociación Veciñal de Ferrol-Vello, Asociación Veciñal de Santa Mariña, Asociación Veciñal de San Xoan-Bertón, Asociación Veciñal O Cruceiro de Canido, Asociación Veciñal "O Rosario - Inferniño", Asociación San Fernando de Recimil, Asociación Cultural Fuco Buxán, CC.OO Ferrol, Colectivo Veciñal Sartaña, Esquerda Unida - IU, Federación de ANPAS de Centros Públicos de Ferrolterra, Os Verdes - Grupo Verde de Ferrol, NÓS - Unidade Popular, Plataforma Ártabra 21, UGT-Ferrol, USTG-Ferrol.
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon