Opinión
De:eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
11 de xaneiro de 2007 13:20
Esquerda Unida-IU de Ferrol ante a noticia do proxecto de construcción dunha Empresa de acuícultura na zona de Covas por parte da iniciativa privada quere manifestar o seguinte:
En primeiro lugar, sinalar que a zona onde se pretende instalar a dita empresa, e que ocupará unha superficie de 390.000 m2 , atópase nun lugar sensible, independentemente da calificación ou protección do solo, dende un punto de vista ambiental. E significativo que a anterior Xunta de Galicia recortará a franxa de protección correspondente ao LIC “Costa Ártabra” en 550 metros nesta zona. Así, mentres nas zonas limítrofes a protección é de 700 metros aquí inexplicablemente, agás que xa existirá esta vontade e non fora comunicada, recórtase nesa extensión. Se isto, como todo indica, fora así debemos denunciar a nefasta ordenación do solo, algo que reiteradamente vimos realizando pois o solo é de todos, é un recurso escaso, e a Administración non debe actuar como garante dos intereses empresariais senón que debe velar, e é un mandato constitucional, por velar polo desfrute dos recursos naturais de todos e todas, velar porque este non se vexa alterado e respectar o principio internacional e asumido pola nosa lexislación do desenvolvemento sustentábel.
Doutra parte a ninguén se lle escapa que o alto valor paisaxístico da zona e que o estado case virxe da nosa costa, de executarse a dita iniciativa, verase seriamente comprometido e, incluso, comprometido para outros usos como u turismo sustentable.
En segundo lugar, e tamén relacionado coa ordenación, non debemos caer en erros do pasado como sucedeu coas minicentrais hidroeléctricas ou os parques eólicos e lamentar hoxe os seus efectos e ter que revisar as distintas concesións. Polo tanto, dende Esquerda unida-IU consideramos unha temeridade por parte do Goberno da Xunta anunciar este tipo de iniciativas sen rematar, todavía, o Plan de Parques de Tecnoloxía Alimentaria e sen valorar ambientalmente a superficie onde se pensa localizar este enorme complexo industrial.
En terceiro lugar, este tipo de industrias atópanse na actualidade altamente mecanizadas polo que non debemos cegarnos coa creación de sesenta postos de traballo senón que debemos entrar na valoración de se para crear este tipo de industrias compensa alterar un espacio natural virxe, e valorar, tamén, a posibilidade de que outro tipo de actividades económicas máis respectuosas co medio podan crear un número de postos de traballo similar ou superior, como por exemplo, o turismo sustentábel antes dito.
En cuarto lugar, dende Esquerda Unida-IU, considerando que algúns tipos de acuicultura son ou podemos consideralos como ecoloxicamente sustentábeis, rexeitamos o argumento de que estas industrias son a solución da sobre pesca dos caladoiros, dende esta formación consideramos que a solución pasa pola recuperación destes e o apoio aos medios de pesca artesanais. Ademais, debemos advertir que este tipo de instalacións producen outro tipo de impactos cales son os derivados da producción dos pensos, ou a utilización de productos químicos e farmacolóxicos para o mantemento da explotación.
En quinto lugar, queremos denunciar, unha vez máis, a nula información recibida por parte da Alcaldía de Ferrol sobre este tema que, na nosa opinión, debe contar coa información e posterior consenso de tódolos grupos municipais antes de lanzarse aos medios de comunicación.
Por todo o anterior, dende Esquerda Unida-IU, ante a ausencia de información oficial sobre o proxecto, anunciar que permaneceremos vixiantes deste proxecto e do cumprimento da normativa ambiental na espera de que dende a Alcaldía sexanos trasladada a oportuna información.
Ferrol, 11 de xaneiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Unlabelled
Ante a noticia do proxecto de construcción dunha Empresa de acuícultura na zona de Covas
xoves, xaneiro 11, 2007
Ante a noticia do proxecto de construcción dunha Empresa de acuícultura na zona de Covas
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan xoves, xaneiro 11, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon