De: eu-ferrolterra@esquerdaunida.org
Para: artabra21@gmail.com
data: 12-xaneiro-2007 11:05
Asunto: Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe a vixianza do paso de vehículos pesados na Estrada de Chá-Mandiá
Esquerda Unida-IU de Ferrol ante as continuas queixas da veciñanza de Mandiá esixe do responsable de Tráfico e ao Alcalde do Concello de Ferrol que fagan cumprir a normativa vixente aos responsables das obras do acceso ao Porto Exterior no seu paso pola parroquia de Mandiá.
A situación está a ter dimensións nas que, incluso, se pon en perigo integridade das propiedades dos veciños polo paso de camións de 35 toneladas nunha estrada que ten o límite máximo permitido en 5 toneladas.
Debemos destacar tamén que, denunciando esta situación, existen varias denuncias formais presentadas ante a Policía Local e numerosas chamadas telefónicas a este departamento alertando do paso frecuente de vehículos de alta tonelaxe pola dita estrada. Polo tanto, o seus responsabeis políticos non descoñecen a situación e a súa desideia está a provocar graves prexuízos á veciñanza e ás súas propiedades.
Dende Esquerda Unida-IU de Ferrol igual que denunciamos, no seu día, pola execución das mesmas obras pero nas parroquias de Doniños e Cariño reiteramos que o Goberno Municipal está a mirar cara outro lado cando se trata de solucionar os problemas da veciñanza e, particularmente, dos da zona rural deixandoa a expensas dos intereses do Ministerio de Fomento e das empresas adxudicatarias das súas obras.
Doutra banda, no día de onte esta formación acudiu á invitación realizada pola Asociación de Veciños de Mandiá co fin de manifestar o seu posicionamento sobre o posible Polígono de Mandiá, asesorar e prestar a súa colaboración no que precise á dita Asociación neste tema.
Ferrol, 12 de xaneiro de 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
Home
Unlabelled
Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe a vixianza do paso de vehículos pesados na Estrada de Chá-Mandiá
luns, xaneiro 15, 2007
Esquerda Unida-IU de Ferrol esixe a vixianza do paso de vehículos pesados na Estrada de Chá-Mandiá
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, xaneiro 15, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon