De: Fusquenlla
Para: artabra21@gmail.com
Data: 13 de xaneiro de 2007 18:47
Asunto: paremos a marea vermella
O colectivo Fusquenlla de Pontedeume quérevos invitar a colaborar na organización dunha concentración en Santiago de Compostela, que pretendemos sexa o máis concurrida posible, para amosar a nosa preocupación pola degradación urbanística que estamos a sufrir en Galicia e cuxos síntomas máis evidentes son as agresións urbanísticas no litoral, a edificación masiva e descontrolada, o deterioro dos núcleos históricos das vilas, a destrucción do patrimonio arquitectónico, a perda dos sinais de identidade territorial, o retroceso dos espazos públicos, a ausencia dunha política social de vivendas e a promoción de proxectos especulativos e lesivos cara o noso entorno.
Cremos que se dan as condicións para poder afrontar esta mobilización dada a sensibilidade social que hoxe en día hai.
Para comezar deberiamos celebrar nas próximas semanas unha reunión previa de tódolos colectivos, asociacións e plataformas interesadas coa finalidade de prepara-la convocatoria, fixa-las datas e atender a tódolos aspectos organizativos. Esta reunión previa poderiase celebrar en Santiago.
Asemesmo, e dado o elevado número de organizacións involucradas, pedímosvos que trasladedes esta invitación a cantas asociacións vecinais, grupos ecologistas e entidades do voso entorno poidan estar interesadas.
Facédenos chegar a vosa opinión sobre este proxecto ao enderezo:
fusquenlla@sospontedeume.com
Decídenos se o vedes viábel e se estades dispostos a participar, cando menos nesa reunión previa. Tamén sería interesante acadar a colaboración de destacados personaxes, intelectuales, políticos, etc. que se amosan publicamente en contra deste grave problema que afecta ao noso país.
Un saúdo de Fusquenlla
http://www.sospontedeume.com
Xurdimos a favor dunha política xusta, democrática, participativa e sustentábel, responsábel cara o futuro da humanidade e do resto das especies, respectuosa e defensora do medio natural, na convicción de que un outro mundo non só é posíbel senón que é necesario.
luns, xaneiro 15, 2007
Paremos a marea vermella [Importante convite do colectivo Fusquenlla]
✔
Saúde e Liberdade !
Diterbitkan luns, xaneiro 15, 2007
Tags
Artigos relacionados
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
1 comentarios so far
A iniciativa do Colectivo Fusquenlla de Pontedeume, parece-me acertada e penso que é moi interessante. Fai falta umha mobilizaçom social que recolha as demandas da cidadania de defensa da terra. Penso que é necessário desmantelar a opiniom extendida que progresso é defender umha economia productivista, esquilmadora dos recursos naturais e destrutora do medio ambiente. Para o movimenmto social, popular e ecologista, o progresso esta na defensa do medio ambiente, na utilización de energias renovaveis e reduzir o consumo energético, o progresso está em reabilitar, reduzir, restaurar, reciclar, reutilizar, ...
Adiante com a inicitativa do Colectivo Fusquenlla, mas penso que o lema de
"Paremos a marea vermella",
pode levar à que confundamos à gente, pois já se lhe chama marea vermelha, ao feito da existência, periódica, de toxinas nas rias que afectam ao marisco. Polo que proponho chamar-lhe
"Paremos a marea gris"
Umha outra ordenaçom do território e um outro urbanismo é possível !!
Saúde !
Inácio
[Integrante da Comunidade Menáncaro]
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon