luns, xaneiro 22, 2007

Éxito da mobilización do domingo 21 de xaneiro, pola defensa dos espazos públicos e contra a construción do macro-edificio na Praza da Porta Nova

Para ampliar clicar acima

Muitas foron as persoas que se sumaron este domingo, para secundar a manifestación convocada en contra do macro-edificio que o Concello de Ferrol está a construír na Praza da Porta Nova [Praza de España].

Para ampliar clicar acima

"Na defensa dos espazos públicos", é un lema que forma parte dos principios constitucionais da nosa Plataforma que xunto a outras 17 entidades, convocamos a mobilización popular.

Para ampliar clicar acima

O día 3 de decembro, manifestámonos en Ferrol, de novo este domingo 21, voltámolo facer, e así pretendemos seguir mobilizándonos até acadar os nosos obxectivos que son: que se paralicen as obras e que o goberno municipal busque outras alternativas que non sexa a construción dese macro-edificio na superficie da Praza e que, esta, quede aberta e limpa para uso e gozo de toda a cidadanía.

Para ampliar clicar acima

Na convocatoria participaron as catro centrais sindicais maioritarias da comarca [CIG, UGT, CCOO e USTG] e a última hora tamém contou co apoio dos partidos políticos BNG e PSdeG-PSOE; ademais dos partidos xa convocantes das mobilizacións: Esquerda Unida - IU, Os Verdes Grupo - Verde de Ferrol e Nós-UP; asociacións veciñais ["Fontelonga" de Esteiro, a de Ferrol Vello, "O Rosario" do Inferniño, "O Cruceiro" de Canido, a de San Xoán - Bertón, San fernado de Recimil, Colectivo de Sartaña, a de Santa Mariña]; a Federación de ANPs dos colexios públicos de Ferrolterra, comerciantes, a Asociación Cultural "Fuco Buxan" e o noso organismo popular a Plataforma Ártabra 21.

A manifestación partiu ás 12 de mediodía desde a Praza Amada García, ante o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia. A manifestación foi a través da Rúa Real cara á Praza do Concello, coreándose berros como "Non ao edificio na Praza da Porta Nova", "Non, Non, á especulación", ... entre outros. Rematou a mobilización, cunha concentración na Praza, diante da Casa do Concello ferrolán, onde se deu lectura ao MANIFESTO CIDADÁN, por parte de Merce Salvatierra Ventura da Asociación Veciñal "O Rosario" - Inferniño, no nome das entidades convocantes .

A protesta da cidadanía foi, e seguirá sendo, para que os gobernantes municipais saiban que existe unha importante oposición veciñal a un proxecto innecesario, especulativo e ilegal, que non imos permitir que se siga executando.

_______________________________
Galería fotográfica da Manifestación Popular do 21 de xaneiro en Ferrol
[Arquivos Ártabros]
_______________________________


CONVOCATORIA DUNHA IMPORTANTE REUNIÓN


O Mércores, dia 24 de xaneiro, ás 19:00 hs nos locais da Asoc. Vec. de Esteiro "Fontelonga" que é o lugar onde se veñen facendo regularmente as xuntas das asociacións e organizacións convocantes das mobilizacións na defensa dos espazos públicos, en contra do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], está convocada unha nova reunión para avaliar as mobilizacións, dar conta das entrevistas mantidas, até o de agora, con diferentes organismos da administración autonómica e a do pasado mércores 17, co concelleiro de urbanismo Guillermo Evia e se é o caso convocar novas mobilizacións.

[Foto de Kiko Delgado tirada do xornal Galicia-Hoxe]
Para ampliar clicar acima

A manifestación do domingo 21 de Xaneiro, na defensa dos espazos públicos, contra a construción do macro-edificio da Praza da Porta Nova [Praza de España], segundo algúns xornais:


Diario de Ferrol

La Voz de Galicia [1]

La Voz de Galicia [2]

Galicia Hoxe

El País - Galicia

El Correo Gallego

4 comentarios

Sen animo de desprestixiar o titulo da noticia, exito seria se fosemos moitos mais dos que estivemos ali!ainda asi estivo ben poderia ser de mais afluecia de xente insisto.

saudos e parabens polo blog

Estimada comanheira ou companheiro que escreves o comentário.

Nom é que queira matizar por matizar, pois no fondo tés razom. Posivelmente poderiamos estar muitas mais pessoas das que estivemos na manifestaçom, ao melhor eramos 600, 800, 1000 ou 1200, segundo fontes, o que simsei é que nom eramos 2000, como pugérom alguns medios, mas prefiro dizer que eramos muitas as pessoas que participamos na mobilizaçom.

Por que considero que é um êxito, nom um êxito rotundo, mais sim um êxito, pois porque o fago desde o conhecemento do ponto de partida. E este é o Blog da Plataforma Ártabra 21 [o organismo popular que tomou a iniciativa], nom o das entidades convocantes que é diferente, ainda que algumhas das entidades convocantes tabém estám na nossa Plataforma.

Para PA21, aindaque polo de agora nom a temos avaliada oficialmente, cousa que faremos o vindeiro 30 de Janeiro, é um êxito, porque, pouco a pouco, se vam cumprindo os objectivos que esta tem marcados neste assunto. Como som:

- a concienciaçom popular nos objectivos concretos das mobilizaçons [defensa dos espaços públicos, que nom se construa sem necessidade, que nom se especule com o património da cidadania, a necessidade doutro urbanismo e ordenaçom do território, ...];

- que detrás destes objectivos se posicionaram um importante número de associaçons vizinhais, colectivos, centrais sindicais e partidos políticos;

- que os partidos políticos da oposiçom, com presença institucional, nom tenham mais remédio que tomar cartas no assunto dumha maneira decidida e por demanda popular [ainda que por honor á verdade tenha que dizer que EU-IU, já o tinha feito], agora agardemos que estes nom só sejam mais incisivos e constantes na sua oposición dentro da institucióm municipal, senom que ameaçem e o fagam efectivo, que se o governo municipal, nom paralisa as obras de inmediato, nom vam ter mais remédio que levar o assunto a outros ámbitos como o judicial, demandando ao Alcalde e ao concelheiro de urbanismo por prevaricaçom, pois estám fazendo um edifício dentro dumha praza pública a sabendas de que é ilegal;

- por último a própria mobilizaçom foi importante, pois nom é doado mobilizar à populaçom, e mais num assunto deste tipo, onde a inércia da apatia e deixadez na responsabilidade social, pode mais que a consciència da necessária participaçom cidadán e da assunçom dumha democracia participativa.

Também é importante o eco mediático do assunto, apesar de que temos en contra nossa do medio de comunicaçom impresso e radiofónico de mais difussom na comarca, como é o grupo voz [mas pensamos que a cidadania nom tardará em passar-lhe factura].

É por todo isto porque falamos de éxito, relativo, mas nom dedeixa de ser um éxito da cidadania ferrolám e da própria Plataforma Ártabra 21.

Saúde !

Inácio

Redactor e desenvolvedor do Blog da PA21

¿Por que dicides que tedes en contra ao Grupo Voz? Seica é o único medio que ven informando sobre a situación da praza de España e que eu saiba nunca falou en contra la Plataforma...

En canto o nº dos asistentes a manifestación , a verdade é que alguns medios pasaronse un pouquiño jajajaa.
Grazas por matizar agora entendin un pouco mellor o titulo

Saudos e adiante con esta iniciativa e con outras!


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon