luns, xuño 25, 2007

Non máis violencia contra as mulleres: Concentración en Ferrol polo asasinato de Estrella Geremias

De: Marcha Mundial das Mulleres
Coordenadora Local de Ferrolterra
-marchagaliza.ferrol@gmail.com-
Para:artabra21@gmail.com
Data: 25/06/2007 09:06
Asunto: concentración Estrella Geremias



CONCENTRACIÓN

polo asesinato de Estrella Geremias

Contra a violencia de xénero

Hoxe Luns, 25 de Xuño

Ás 8 da tarde, na Praza do
Concello de Ferrol


Convoca:
Coordenadora Local de Ferrol - Terra da
Marcha Mundial das Mulleres



Concentración en Ferrol polo asasinato de Estrella Geremias

A Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulleres en Ferrolterra convoca unha concentración de repulsa ante unha nova vítima mortal da violencia machista.

A concentración terá lugar na Praza do Concello ás 20 hs, de hoxe, luns, 25 de xuño de 2007.

O caso de Estrella Geremias en Oleiros, ven a engrosar unha longa lista de vítimas, que non vai deixar de medrar mentras esta sociedade non rexeite as estruturas e ideoloxias machistas que estan na raíz que alimenta esta violencia, que sega, de xeito tan tráxico a vida de tantas mulleres, e que obriga a miles a denunciar situacións de maltrato cada ano.

A sociedade non pode ser cómplice destes asesinatos pensando que se tratan de feitos individuais ou responsabilizando ás vítimas por non romper con situacións onde se ve ameazada a sua vida. Estas actitudes demostran a ignorancia que ainda existe na nosa sociedade en canto aos mecanismos de dominación que desenvolve este tipo de violencia.

Agardamos e esiximos un posicionamento unánime e radical contra a violencia machista por parte de toda a sociedade e en todos os ámbitos.

Coordenadora Local de Ferrol-Terra
Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

O seu Blog: http://feminismo-ferrolterra.blogspot.com
O seu correo-e: marchagaliza.ferrol@gmail.com

FENE [Ferrol-Terra]:
Escola Fonte do Campo S/N
15500 Fene - Galiza

Telfs 652201003 - 667685430 - 696732735

http://www.feminismo.info/
http://feminismo-galego.blogspot.com/
http://www.marchemondiale.org/

_____________________________________

3 comentarios

Esta concentraçom coincide, em hora e lugar, co recebimento do Concelho a equipa do Racing polo seu ascenso à división 2º A, Que é o que vai passar ? Está previsto algo ?

Segundo falamos algumhas mulheres da Marcha com Yolanda Díaz nom vai haver problema coa concentraçom pois a recepçom ao Racing agardará a que rematemos co nosso acto.

Está ben, mais a esa hora xa vai estar cheo de persoas que van polo do futbol, non sei que vai pasar. pois esa xente vai en plan festivo e esas cousas do futbol. Non creo que o habiente sexa bon, para a concentración. se non hai unha boa megafonía, pode que aténon deixen escoitar e non se entenda nada.


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon