400 metros
[*]
Recibo o mércores 27 de xuño, na sobremesa, unha chamada ao teléfono da casa. Do outro lado unha voz de muller pídeme 5 minutos para respostar a unhas preguntas. Na primeira delas quere coñecer o que para min son os tres principais problemas de Mugardos: "o primeiro a planta de gas". Tivo a súa graza, porque a partir de entón o resto das preguntas estaban claramente direccionadas para obter as respostas desexadas, sen moita marxe para as posturas críticas: que se coñezo o plan de emerxencia de Reganosa, que se a planta de gas creará postos de emprego, que se creo que Galicia precisa dunha industria deste tipo... Pregúntolle para quen é a enquisa e contéstame que ela non o sabe. De risa. Imaxínoo, inda que tanto me ten, había de contestar o mesmo. Pregúntolle entón se se vai interesar sobre o que opino da entrada e saída de buques cargados de GNL na ría, ou sobre o sistema de regasificación con 300.000 m³ diarios de auga do mar. Non, claro. Con todo, a conversa con ela é cordial. É unha curranta, así que facilítolle o traballo e procuro perder o menor tempo posible, que eu tamén teño presa. Ao final unhas pequenas confidencias en off e un "moitas grazas". Falaba galego.
Hoxe aparece na prensa que a Consellería de Presidencia vai aprobar en breve o plan de emerxencia exterior de Reganosa. Entón xorde a dúbida ¿Como carallo me preguntan se coñezo un plan que aínda non existe? E non será por non terllo pedido por escrito ao Alcalde.
Estase a comentar polo pobo que a enquisa fixéronlla aos veciños que vivimos nas proximidades da planta de gas e que incluso nalgúns fogares quixeron sondar a opinión de varios membros. Todo moi natural...
P.D.: Abstéñanse de enviarme correos coaccionantes. Dame a risa con eles.
P.D. 2: O que vedes representado na imaxe de satélite é o límite que marcan os 400 metros "de seguridade" respecto do perímetro de Punta Promontorio. Non son "unha ou dúas casas" precisamente...
_____
Enlace co artigo orixinal no Blog de Cesar Pena
Recomendase entrar no enlace orixinal, ten interesantes comentarios. Ademais todo o Blog é de moito interese.
________
[*]
Tirado do Blog de César Pena
http://artritris.blogspot.com/
[Artritis ou a visión mugardoscéntrica do universo]
- "Mugardos, Galicia,
- Din que os que nacen e medran nunha vila adoitan ter un apego moi forte a ela, moito máis que quen nace nunha cidade ou quen pasa a vida viaxando. Non vou ser eu quen o discuta"
- ___________________________
[Planta Regasificadora] - Panorámico global da zona de exclusión que prevee o Plano de Emerxencias Exterior de REGANOSA, segundo o Conselleiro da Presidencia, ... Méndez Romeu que a súa vez é o Presidente da Comisión Galega de Proteción Civil.
[Zona leste de exclusión] Parte da parroquia da Pedreira.
[Zona sur de exclusión] Case toda a parroquia da Pedreira.
[Zona oeste de exclusión] Todo o complexo Químico de Forestal do Altlántico SA e IMEGASA.
Está claro que non se corresponde a realidade co que publica o Diario de Ferrol, na súa edición do 4 de xuño de 2007, atribuíndolle ao Alcade, Xosé Fernández Barcia, o que segue:
" Piden que se negocie cos titulares das vivendas do perímetro de Reganosa | |
O alcalde de Mugardos, Xosé Fernández Barcia, manifestou onte a súa satisfacción pola aprobación do plan de emerxencias exterior de Reganosa, ó mesmo tempo que lembrou a existencia dunha ou dúas casas habitadas no perímetro de protección de 400 metros que se establece neste documento. REDACCIÓN > FERROL |
O rexedor pide á Xunta e a Reganosa a que cheguen a un acordo con estes veciños, e insiste en reclamar o asentamento no municipio dun parque comarcal de bombeiros ou, no seu defecto, dun grupo de intervención rápida. "
______________________
Enlaces relacionados:
A Comisión Galega de Protección Civil aprobou un proxecto de Plano de emerxencia exterior para a planta regasificadora de REGANOSA
A radio trae as malas novas de que Reganosa (mellor “Regadeles”) vai comezar a funcionar de xeito inmediato
__________________
Enlace co Blog que oferta un número importante de enlaces con noticias que se produzen con respeito á planta regasificadora de REGANOSA
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon