Un grupo de persoas convocadas polo CCE, nos dispoñiamos a realizar unha nova cacerolada de protesta pola entrada dun novo gaseiro, cando nos chegou a nova da morte de Carmelo. O vento do nordés non permitiu que atracara na Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos. Este gaseiro monocasco (Cheikh el Mokrani), que algunhas fontes marcan como incompatibel coa terminal de Mugardos, queda en espera da próxima marea. O último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sinrazón da localización de REGANOSA no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira.
PLANTA DE GAS FORA DA RIA!!!
____________
Ante a anunciada chegada do gaseiro nº 14 con carga de GNL para a ilegal e perigosa Planta de Gas, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
CONVOCA
Unha concentración
cacerolada
Mércores, 6 de Febreiro
ás 15.30 horas
no peirao de Ferrol,
para realizar logo outras posibles accións.
Características do buque "Cheikh el Mokrani"
eslora: 220 m.
manga: 35 m.
capacidade: 75.000 m3.
Bandeira: Bermudas.
¡¡ PLANTA DE GAS FORA DA RIA ¡!
_____________
O Comité Cidadán de Emerxencia quere manifestar o seu máis fondo pesar polo falecemento do seu Coordinador Carmelo Teixeiro Menéndez e amosar as súas condolencias á familia e amigos.
Carmelo, era persoa cunha traxectoria vital de exemplo en valores e principios, salientable polo seu compromiso na defensa da ría de Ferrol e na loita por unha sociedade máis xusta, solidaria e comprometida co medio ambiente.
Todas as persoas que queiran renderlle unha homenaxe, poderán facelo acompañándoo na súa despedida mañá mércores día 6 as 18:00 no cemiterio de Catabois.
Comité Cidadán de Emerxencia
para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
http://comitecidadan.org
...........
____________________
Con profundo sentimento comunicamos o falecemento do noso querido amigo e compañeiro Carmelo Teixeiro Menéndez, ocorrido hoxe día 5 de Febreiro, consecuencia da súa irreversible enfermidade.
Á súa esposa Victoria Fernández Paredes, a nosa compañeira, aos seus fillos Carmelo, José Ramón e Noé, familia e amigos,expresamos o noso fraternal e solidario abrazo.
Carmelo Teixeiro, Directivo desta Asociación e Coordinador do Comité Cidadán de Emerxencia para a Ria de Ferrol dedicou os dez últimos anos da súa vida a dirixir con eficacia, enerxía e constancia todas as actividades desenvolvidas en contra da ubicación da Planta de Gas, da defensa medioambiental de Ría e da vida dos seus habitantes.
Ademais, Carmelo Teixeiro desempeñou un importante papel na Transición política do noso país. Procedente das JOC, participou activamente no movemento sindical de Bazán dos anos sesenta ( foi xurado nas eleccións de 1963) e na reconstrución do movemento socialista na comarca, pois foi fundador da USO, posteriormente dirixente da UXT e formou parte da dirección do PS de G-PSOE, desde 1978.
O seu traballo sempre intenso, desinteresado e discreto, ao longo de toda a súa vida, polas causas sindicais, políticas e sociais, fai que nós - os seus compañeiros de tantos anos - sintámosnos enormemente orgullosos e agradecidos de compartir con el amizade, inquedanzas e tarefas.
O seu exemplo e a súa memoria compartida alentaranos sempre e estimularanos a seguir desenvolvendo cantas actividades contribúan a facer realidade o proxecto social que esta Asociación Cultural persegue.
Invitamos a toda a sociedade, cidadás e cidadáns, asociacións, entidades e institucións, a mostrar a solidariedade coa súa persoa a súa acción e o seu pensamento, participando nas súas honras fúnebres que terán lugar:
Mércores 6 de Febreiro ás 18 h. no Cimiterio de Catabais (Ferrol)
Velatorio: Tanatorio Artabria – nº 5 – (A Gándara – Ferrol)
Ferrol, 5 de febreiro de 2008.
fuco buxán
fuco buxán Asociación Cultural - Apartado de Correos, 240 – 15400 - Ferrrol -
Tº e fax 981325492 –Tº Mov: 669208499 – 664330624
fucobuxan@yahoo.es – www.fucobuxan.com
___________________
CARMELO TEIJEIRO MENENDEZ
Finou hoxe día 5.02.08 ás 14,30 horas.
Adeus amigo, recibín aínda onte o teu aviso electrónico da chegada do gaseiro nº 14. Non poido entrar pola forza do vento. O vento do nordés non permitiu que atracara na Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos. Este gaseiro monocasco (Cheikh el Mokrani), que algunhas fontes marcan como incompatíbel coa terminal de Mugardos, queda en espera da próxima marea. O último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sen razón da localización de REGANOSA no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira.. Ti non puideches continuar loitando por TOD@S. Non puideches ver o final desta monstruosidade, deste atropelo, pero imos seguir coa túa bandeira. Esperamos poder brindarche pronto éxito que ti tanto desexabas.
Dende o ATENEO FERROLÁN unha grandísima aperta de condolencia a súa dona Victoria e aos seus fillos.
Serviunos e seguirá servíndonos de exemplo e guía para acadar os obxectivos comúns.
Invitamos a toda a sociedade, cidadás e cidadáns, asociacións, entidades e institucións, a mostrar a solidariedade coa súa persoa a súa acción e o seu pensamento, participando nas súas honras fúnebres que terán lugar:
Mércores 6 de Febreiro ás 18 h. no Cimiterio de Catabois (Ferrol)
Velatorio: Tanatorio Artabria – nº 5 – (A Gándara – Ferrol)
Ferrol, 5 de febreiro de 2008
____________________
PASAMENTO DE CARMELO TEIJEIRO
_____________
NÓS-Unidade Popular quer transmitir as condolências aos companheiros e companheiras do Comité Cidadao de Emergência da Ria de Ferrol, pola perda do seu coordenador, Carmelo Teixeiro, significado durante todos estes anos de luita pola sua incansável entrega à causa da defesa da nossa ria e da segurança de toda a populaçom que vive em torno dela.
Nestes duros momentos, queremos reiterar-vos a nossa disponibilidade para colaborar em todo o que estiver na nossa mao para levarmos a bom porto os objectivos que unem um importante sector do povo da nossa comarca, entre os quais se encontrava Carmelo Teixeiro, cujo exemplo à frente do vosso Comité permanecerá na memória de todos e todas.
Ferrol, 6 de Fevereiro de 2008
Assembleia Comarcal de Trasancos de NÓS-Unidade Popular
____________
Ferrol polo Mar e a Vida
Video realizado polos alumnos asistentes ao curso de guión e gravación promovido pola ONG "Acsur-Las Segovias" e Fuco Buxán. Obtivo un accésit no Certame "Video Diversidade" de Ecoloxistas en Acción.
__________
Enlaces Relacionados:
- Martes 18 de decembro, recoñecimento a Carmelo Teixeiro e presentación do video "Ferrol polo mar e pola vida"
- Un agarimoso e fraternal abrazo
2 comentarios
Non é doado engadir máis a quen leva feito tanto pola súa cidade e o seu pobo
Gracias por todo
Planta de gas fora da ría
Asinado: Nemigo
Pasamento de Carmelo Teixeiro.
Na triste hora do pasamento de Carmelo Teixeiro portavoz do Comité Cidadá de Emerxencia para a Ría de Ferrol, desde a Asociación Veciñal de Esteiro "Fontelonga" queremos amosar a nosa solidariedade coa súa dona Victoria e con toda a súa familia.
Estamos abatidos polo seu pasamento e é un duro golpe para o conxunto da cidadanía de Ferrolterra que nos vimos opoñendo á ilegal instalación dunha Planta de Gas dentro da Ría de Ferrol.
A mellor maneira de testemuñar a nosa admiración e respecto a unha persoa leal, combativa, solidaria e desinteresada como era Carmelo é a de seguir, como estamos seguros que el querería, na loita que el capitaneaba a de conseguir o traslado de Reganosa fóra da Ría.
Desde Fontelonga , mantemos ese compromiso e imos seguir na loita pola defensa da legalidade, da vida, da ría e do marisqueo.
Compañeiro Carmelo a loita continúa.
Descansa en paz.
Ferrol 5 de febreiro de 2008.
Xunta Directiva da Asociación Veciñal de Esteiro " Fontelonga"
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon